"Este COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGAS é o texto máis importante do Padre Sarmiento (1695-1772) dende o punto de vista galego", afirmou o profesor Henrique Monteagudo, na presentación desta edición facsímile do orixinal autógrafo, preparada por iniciativa do Consello da Cultura Galega. A obra, unha mostra máis das accións levadas a cabo por esta institución na conmemoración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS con Sarmiento como figura homenaxeada, foi presentada hoxe, na sede do Consello, nun acto presidido polo titular da entidade, Alfonso Zulueta de Haz.
Ler máis
Amosando noticias 3141 a 3160 de 3248


