Manuel María
Outeiro de Rei, 6/ 10/1929 - A Coruña, 8/9/2004Autoría: Alberte Ansede
A creación literaria ao servizo de Galiza
Un mozo inquieto e desacougado
Con 19 anos imparte a súa primeira conferencia no Círculo das Artes de Lugo, que lle supón a entrada no faladoiro que mantiñan na cidade escritores e artistas da xeración anterior: Pimentel, Ánxel Xohán, Fole, Iglesia Alvariño, Fernández de la Vega, Ramón Piñeiro, Carvalho Calero, Cunqueiro, etc. Cando realiza o servizo militar en Santiago, tamén se suma ao faladoiro do café Español, onde entra en contacto con Otero Pedrayo, Bouza-Brey e Carlos Maside. Esta atmosfera intelectual vai reforzar a súa identificación con Galiza e o seu idioma.
Após os primeiros pasos dados na adolescencia, a súa prolífica produción literaria comeza con Muiñeiro de brétemas (1950), escrito cando tiña 19 anos e primeiro libro en galego dun autor novo despois da Guerra Civil.
Aos 23 anos xa tiña escritos nada menos que oito libros de versos, que mostran unha notábel vocación literaria e unha grande habilidade para levar á escrita un mundo interior moi rico marcado polo desacougo persoal que lle provocan as contradicións familiares, o desengano relixioso, o falecemento do seu irmán máis novo nun accidente e mesmo a temática amorosa. Son títulos escritos por estas datas Elexías á miña vida pequeniña, Advento, Libro de pregos, Morrendo a cada intre, Panxoliñas, Poemas a Compostela e Miño. Esta abondosa produción, de enfoque existencial, vai dar un xiro moi axiña, pois, segundo confesión propia, busca «unha maior sinxeleza formal que posibilite chegar ao corazón do pobo e que a poesía sexa verdadeiramente popular»; cada vez máis, interésalle unha perspectiva do ser humano no seu contexto social. Con esa focaxe escribe en 1953 o Terra Chá, unha das súas obras máis recoñecidas, na cal se identifica coa vida labrega e se rebela contra a súa destrución. Tamén neste tempo, 1952, sae Contos en cuarto crecente, primeiro libro de narracións curtas en galego publicado por un mozo após a Guerra Civil.
En 1956 vai coñecer Saleta Goi. O encontro suporá a superación definitiva da atmosfera de pesimismo, incomprensión e soidade en que vivira o poeta. Casan en 1959 e fixan a súa morada en Monforte para exercer el como procurador e para ela, desde 1970, rexentar a libraría Xistral. Foi unha vida de 45 anos de amor, amizade e camaradaría, reiteradamente reflectidos na súa obra. Entre 1954 e 1963 escribe sete poemarios, de que só consegue publicar dous: Documentos persoais(1958) e Mar Maior (1963). Tamén neste período aparecen 19 contos seus na revista Vida Gallega. As dificultades económicas iniciais como procurador obrígano a compaxinar ese labor durante 10 anos coa docencia nunha academia e coas colaboracións xornalísticas. Nese momento rexeita o cargo de xefe de programación da radio La Voz de Vigo por obrigalo a se afiliar á Falanxe.
Por Galiza ten verdadeiro sentido a nosa vida
A súa orientación nacionalista cada vez máis definida, tanto no plano cultural como no político, lévao a facer parte, xuntamente con Saleta, da Unión do Povo Galego tan axiña como este partido se funda en 1964. Tamén isto se vai reflectir na súa obra, ao se sentir conscientemente parte dun proxecto de liberación non só do franquismo, mais tamén da función dependente e subordinada de Galiza a respecto do Estado español. A censura franquista toma boa nota, de maneira que das seis obras poéticas publicadas entre 1964 e 1970 aparecerán no exilio a metade: Versos para un país de minifundios, Bos Aires, 1969; Versos para cantar en feiras e romaxes, Bos Aires, 1969; e Remol, Montevideo, 1970.
En maio de 1967 Manuel María é o encargado de presentar o recital do cantante catalán Raimon no Estadio da Residencia de Estudantes de Santiago diante de 2 000 universitarios, acto que vai supor o punto de referencia para o impulso da Nova Canción Galega. En decembro de 1968 é tamén Manuel María quen vai presentar o concerto inaugural deste movemento renovador da música galega, sendo Xistral, a editorial por el creada un ano antes, a que publique moitos destes traballos discográficos en alianza coa catalá Edigsa. Tamén Xistral vai contribuír á difusión da poesía en galego publicando obras de Lois Diéguez, Neira Vilas, Celso Emilio, Darío X. Cabana, Margarita Ledo, Álvarez Pousa, Fiz Vergara, Xosé L. García e Bernardino Graña, ademais do propio Manuel María.
Perante a falta de poesía para crianzas no noso idioma, inaugura o xénero en Galiza con Os soños na gaiola (1968), obra referencial que acada grande difusión tanto no ámbito familiar e escolar como mediante as múltiplas composicións musicais que se teñen feito sobre os seus poemas. A esta obra, destinada ás crianzas de contexto rural, váiselle sumar As rúas do vento ceibe (1979), de carácter semellante, mais destinada á rapazada urbana.
Para ver se Galiza esperta dunha vez...
Nos últimos anos do franquismo e nos primeiros do posfranquismo, mantén unha actividade frenética tanto no plano creativo como no activismo cultural e político: de 1971 a 1977 escribe oito libros de poemas, oito obras teatrais, dous libros de relatos, numerosas colaboracións xornalísticas e dirixe a editorial Xistral, en que se publican cinco libros, alén de protagonizar numerosos actos culturais e participar nas actividades políticas.
En 1973 vai publicar unha triloxía moi significativa en que o carácter diferencial do pobo galego aparece remarcado: Aldraxe contra a xistra, Informe para axudar a alcender unha cerilla e Laio e clamor pola Bretaña. As tres obras son publicadas no exilio (Xenebra, Montevideo e Lisboa). Como era de agardar, o réxime ditatorial acentúa a represión sobre o escritor non só prohibindo ou mutilando a súa obra, senón tamén impedíndolle conferencias e recitais, impóndolle cuantiosas multas, estabelecendo a vixilancia domiciliaria a el e a Saleta, e mesmo someténdoo a detencións arbitrarias. Sen vocación política nin, quizais, moitas habilidades para a exercer, á caída do franquismo vai participar nas candidaturas electorais do BN-PG ao Senado, marzo de 1979, e á alcaldía de Monforte en maio dese mesmo ano, como un xeito de contribuír ao espertar de Galiza.
O regreso aos espazos íntimos
As mudanzas producidas coa desaparición da ditadura ficaron moi lonxe das súas expectativas, pois considerábaas moi desfavorábeis para os intereses do pobo galego. Sen nunca emendar ou rectificar a súa traxectoria de compromiso directo coa causa nacionalista, vai deixar a militancia política activa no ano 1985.
No plano literario prodúcese unha especie de retorno aos inicios, que na realidade nunca abandonara totalmente. Agora a melancolía, a nostalxia e a alegría aparecen mesturadas nun equilibrio clásico e maduro, sen que desapareza o desacougo polo preocupante futuro de Galiza. Este novo camiño xa está anticipado en Poemas do outono, escrito en 1976, e Cecais hai unha luz, en 1979, mais defínese finalmente a partir de 1981, en que recupera a poesía amorosa, volta ás paisaxes da nenez e da infancia, lembra os espazos familiares máis queridos, canta á natureza e á terra, e reflexiona sobre a morte, a poesía, a arte ou os mitos en obras como Poemas da labarada estremecida (1981), Os lonxes do solpor (escrita en 1981, aínda que publicada en 2012), A luz resucitada (1984), O camiño é unha nostalxia (1985), Oráculos para cavaliños do demo (1986), Ritual para unha tribo capital de concello (1986), As lúcidas lúas de outono (1988), Compendio de orballos e incertezas (1991), A primavera de Venus (1993), Poemas para dicirlle a dúas lagoas (1994) ou Sonetos á Casa de Hortas (1997). Neste período creativo, realmente fecundo e magnífico, móstrase como un escritor en plenitude con grande diversidade temática e elevada perfección estética.
A súa marcada vocación poética non debe ocultar as significativas achegas no teatro, na narrativa, no ensaio e nas colaboracións xornalísticas, nun afán de cubrir todos os ámbitos e darlle normalidade á literatura galega. Era o teatro o seu xénero preferido, despois da poesía, deixándonos un corpus de 35 obras en que teñen grande presenza as pasaxes máis relevantes da historia de Galiza. Tamén é abondosa a súa narrativa, unha vintena de obras, e aínda máis as súas colaboracións nos xornais, que sobrepasan as 1 600. A súa obra ocupa toda a segunda metade do século XX e tórnase a máis completa e mellor crónica literaria do esforzo do pobo galego por tomar as rendas do seu destino e normalizar a súa lingua e cultura. Foi o escritor desta época con obra máis extensa, máis diversa en xéneros, rexistros e destinatarios, e tamén a que acadou máis popularidade. A constatación do volume e calidade da súa obra e a coherencia da súa traxectoria acabaron por se impor con clareza aos receos de quen non admitía unha defensa tan nidia de Galiza desde unha óptica nacionalista, de modo que lle chegaron xa en vida os numerosos recoñecementos, entre eles o ingreso na RAG en 2003.
O oito de setembro de 2004 falece na Coruña, cidade en que moraba desde a súa xubilación. Foi velado no Panteón de Galegos Ilustres e soterrado na súa vila natal, con asistencia de numerosas persoas chegadas de toda a Galiza. O seu legado pode visitarse na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei.
Bibliografía
Blanco Torrado, Alfonso (coord.)(2001): Manuel María [libro-homenaxe da Asociación Cultural Xermolos]. Lugo: Ophiusa.
Freixeiro Mato, Xosé R. (2007): Cucou o cuco cuqueiro. Lingua e estilo na obra de Manuel María. Lugo: Fundación Caixa Galicia.
García Fernández, Xosé Lois (2015): Manuel María reencontrado. Noia (A Coruña): Toxosoutos.
García Negro, Mª do Pilar; Pardo Amado, Diego (eds.)(2005): Actas do Congreso Manuel María: Literatura e Nación (A Coruña, 3-5 de Novembro de 2005). A Coruña: Universidade, AS-PG, Fundación Manuel María de Estudos Galegos.
Gómez Torres, Camilo (1996): «Manuel María e o seu tempo». En Ansede Estraviz, Alberte; Sánchez Iglesias, Cesáreo (dirs.), Historia da literatura galega, vol. 4, 1217-1248. Vigo: AS-PG, A Nosa Terra.
Gómez Torres, Camilo (2001): Manuel María: os traballos e os días. Santiago de Compostela: Laiovento.
Gómez Torres, Camilo (2005): Bibliografía de Manuel María. Lugo: Fundación Manuel María da Terra Chá.
Gómez Torres, Camilo (2005): O tempo vital de Manuel María. Vigo: A Nosa Terra.
Gómez Torres, Camilo (2016): A poesía de Manuel María. A Coruña: Casa-Museo Manuel María.
Mato Fondo, Miguel A. (2011): Señardade da luz (A obra poética de Manuel María). A Coruña: Asociación Cultural Alexandre Bóveda.
Queixas Zas, Mercedes (2016): Labrego con algo de poeta. Vigo: Galaxia.
Veiga Taboada, Manuel (2016): Manuel María, buscando un país. Vigo: Xerais.
Como citar: Ansede, Alberte : Manuel María. Publicado o 6/10/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1424. Recuperado o 07/07/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Correspondência de Manuel María com Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez . Ver Documento. Artigo
Fonte: Pernas Rubal , Cristian (ed.): «Correspondência de Manuel María com Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez», Agália. Revista de Estudos na Cultura, 113 (2016), 145-160. [Descarga: 2023-09-18]
Entrevista a Manuel María. Ver Documento. Entrevista
Fernández Naval, Francisco X. e López Gómez, Felipe Senén: «Manuel María : testemuña da tribo», Tempos Novos, 37 (2000), 70-76.
Fonte: CDSG - Consello da Cultura Galega
Manuscrito autógrafo de Manuel María a Díaz Castro. Ver Documento
Arquivo Saleta Goy
Fonte: Real Academia Galega. Galicia, a forza da palabra. Catálogo da exposición con motivo do centenario da RAG.
Manuel María escribe en El Progreso sobre o poemario Non de Antón Tovar. Ver Documento. Artigo
Fonte: Manuel María: «Da nova lírica galega: Non de Antón Tovar», El Progreso
Facsímile da publicación Xistral. Revista de Poesía. Ver Documento. Publicación impresa
Fonte: Alonso Girgado, Luis, Piñeiro Pais, Laura (eds.) (2016): Xistral. Revista de Poesía (Lugo 1949). Facsímile. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. [2023-05-08]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Oitava de voces para Manuel María. Ver Documento
Boletín de Estudos Xerais, 7 (2016)
Fonte: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo https://areal.gal/wp-content/uploads/2022/01/CEX7.pdf [2023-09-25]
Boletín especial da Fundación Penzol sobre Manuel María e os fondos relativos a el conservados na institución. Ver Documento
Novas Penzol, 13 (2016)
Fonte: Fundación Penzol https://hoxe.vigo.org/pdf/PENZOL/NOVASPENZOL13.pdf [2023-05-08]
Artigo de Xurxo Souto sobre a poesía de Manuel María e a Nova Canción Galega. Ver Documento. Artigo
Souto, Xurxo: «Unha canción marabillosa, galega e panteísta», Boletín da Real Academia Galega, 377 (2016), 169-177.
Fonte: Boletín da Real Academia Galega
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=6481587 [2023-05-08]
«A Manuel María Fernández Teixeiro». Ver Documento. Artigo
Rodríguez Otero, Margarita: «A Manuel María Fernández Teixeiro», Anduriña. Portavoz del Lar Gallego de Sevilla, 75 (2012), 24-25.
Fonte: Anduriña : portavoz del Lar Gallego de Sevilla
https://www.largallegosevilla.com/2012/12/01/andurina-75/ [2023-05-08]
Artigo de Carlos Quiroga sobre a relación de Manuel María con Portugal. Ver Documento. Artigo
Quiroga, Carlos (2012): «Manuel Maria em Portugal - Lusofonía e tomada de consciência identitária na Galiza». En Rodríguez, Olivia, Carballo, Laura e Baltrusch, Burghard (eds.): Novas achegas ao estudo da cultura galega II: enfoques socio-históricos e lingüístico-literarios. A Coruña : Universidade, 151-172.
Fonte: Portal Galego da Língua
https://pgl.gal/wp-content/uploads/2016/05/Manuel-Maria-em-Portugal-Lusofonia-e-tomada-de-consci%C3%AAncia-identit%C3%A1ria-na-Galiza.pdf [Descarga: 2023-09-25]
«Enunciación e estilo na obra de Manuel María». Ver Documento. Artigo
Freixeiro Mato, Xosé Ramón: «Enunciación e estilo na obra de Manuel María», Madrygal, 10 (2007), 67-76.
Fonte: Madrygal. Revista de Estudios Gallegos
https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/MADR0707110067A [2023-05-08]
Necrolóxica de Manuel María no Boletín da Real Academia Galega. Ver Documento. Artigo
Cabana, Darío Xohán: «Manuel María Fernández Teixeiro», Boletín da Real Academia Galega, 366 (2005), 423-427.
Fonte: Boletín da Real Academia Galega
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/issue/view/29 [2023-09-13]
Homenaxe de Darío Xohán Cabana no falecemento de Manuel María. Ver Documento. Artigo
Cabana, Darío Xohán: «Memoria con Manuel María. Do discípulo ao mestre», Tempos Novos, 89 (2004), 70-72.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Homenaxe de Francisco Rodríguez a Manuel María no seu falecemento. Ver Documento. Artigo
Rodríguez Sánchez, Francisco: «Manuel María. O grande poeta nacional», Terra e Tempo, 131 (2004), 14-15.
Fonte: Terra e Tempo. Revista Galega de Pensamento Nacionalista
https://terraetempo.gal/revista-terra-e-tempo-no-131 [2023-09-13]
Homenaxe de Xoán Carlos Garrido a Manuel María no seu falecemento. Ver Documento. Artigo
Garrido Couceiroz, Xoán Carlos: «Manuel María. O poeta necesario», Terra e Tempo, 131 (2004), 16-17.
Fonte: Terra e Tempo. Revista Galega de Pensamento Nacionalista
https://terraetempo.gal/revista-terra-e-tempo-no-131 [2023-09-13]
Manuel María: a voz natural dun 'Labrego algo poeta'. Compilación de artigos. Ver Documento
Ínsua López, Emilio Xosé: «Manuel María: a voz natural dun 'Labrego algo poeta'» I-III, Cerna, 12-13 (outono-inverno. 1994), 42-44; 14 (primavera 1995), 32-34; 15 (verán 1995), 26-28.
Fonte: <Cerna. Revista Galega de Ecoloxía e Medio Ambiente
https://adega.gal/revistacerna/revistas.php?sec=150&idioma=gl [2023-09-25]
Ligazóns de interese
Casa-Museo Manuel María. Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Fonte: http://www.casamuseomanuelmaria.gal/portada.htm [Consulta: 2023-05-08]
Manuel María no Centro de Documentación da AELG
Fonte: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/manuel-maria [Consulta: 2023-05-08]
Manuel María na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Mar%C3%ADa [Consulta: 2022-09-01]
Manuel María na Biblioteca Virtual Galega
Fonte: https://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=ManFern%E1&alias=Manuel+Mar%EDa&solapa=obras [Consulta: 2023-05-08]
Manuel María na páxina da Real Academia de la Historia
Fonte: https://dbe.rah.es/biografias/46231/manuel-maria-fernandez-teijeiro [Consulta: 2023-05-08]
Obra completa de Manuel María
Web que recolle a produción do autor organiza por xéneros literarios. Ofrece as portadas, ficha bibliográfica e fragmentos das obras.
Fonte: Casa Museo Manuel María
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/obras/listarPorXenero.htm?xenero=POESIA [Consulta: 2023-09-29]
Boletín da Real Academia 377 (2016) dedicado a Manuel María
Fonte: Real Academia Galega
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/issue/view/40 [Consulta: 2023-05-08]
Programación do Diario Cultural da Radio Galega arredor da figura de Manuel María
Fonte: Radio Galega
https://www.crtvg.es/rg/destacados/etiqueta/letras-galegas-2016 [Consulta: 2023-05-08]
Páxina sobre Manuel María na web da Real Academia Galega
Fonte: https://academia.gal/letras-galegas/2016/manuel-maria-fernandez-teixeiro [Consulta: 2023-05-08]
Historia dunha espiña de toxo chamada Berenguela
Páxina que recolle materiais relacionados coa obra de Manuel María «Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo», incluído o mecanoscrito ou a gravación inédita da estrea.
Fonte: Real Academia Galega
http://portaldaspalabras.gal/historia-dunha-espinha-de-toxo-chamada-berenguela [Consulta: 2023-05-08]
Primavera das Letras 2016: Manuel María
Fonte: Real Academia Galega
https://primaveradasletras.gal/edicions-anteriores/2/manuel-maria-2016 [Consulta: 2023-05-08]
Concerto das Letras en homenaxe a Manuel María
Contén varios audios do libro-disco «Poetas e narradores nas súas voces».
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/especial/concerto-letras-2016/#programa [Consulta: 2023-05-08]
Manuel María. Cecais hai unha luz
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
http://www.cirp.gal/pub/docs/crp/crp35.pdf [Consulta: 2023-05-08]
Manuel María: paixón de palabra e terra
Documental
Fonte: CRTVG
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/ciclo-autores-galegos-manuel-maria-paixon-de-palabra-e-terra [Consulta: 2023-05-08]
Abril de lume e ferro, obra de teatro de Manuel María
Fonte: Casa Museo Manuel María.
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/recursos/cat_3/35/abril-de-lume-e-ferro.pdf [Consulta: 2022-09-01]
Arredor de Manuel María
Blog colaborativo con motivo do Día das Letras Galegas 2016
Fonte: Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega do CPI Luís Díaz Moreno
http://arredordemanuelmaria.blogspot.com [Consulta: 2023-05-08]
Manuel María. O territorio do escritor
Biografía de Mercedes Queixas Zas a través dos versos do autor. En galego, alemán, castelán, inglés, francés e italiano.
Fonte: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
https://territorio.aelg.gal/Resources/manuelmaria_xunto.pdf [Consulta: 2023-09-18]
Actas do Congreso Manuel María. Literatura e acción (A Coruña, 3-5 de novembro de 2005)
Fonte: Repositorio da Universidade da Coruña
https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/12701 [Consulta: 2023-09-18]
«A Terra Chá: poesía e paisaxe». Discurso de entrada na RAG de Manuel María e resposta de X. Luís Méndez Ferrín
Fonte: Real Academia Galega
https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/170/166/74 [Consulta: 2023-05-08]
Revista Alba. Edición facsímile
Manuel María colaborou en Alba (1948-1956), mesmo publicando poemas inéditos de Mar maior. Tamén contén artigos sobre o poeta.
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
https://www.cirp.gal/pub/docs/revrec/crpih_alba_1995.pdf [Consulta: 2023-09-18]
Lectura poética de Manuel María na Asociación A Nosa Galiza de Xenebra, Suíza (1972)
Audio coa lectura e explicación de poemas publicados en diversas obras ata esa data.
Fonte: Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/noticia.php?id=4859 [Consulta: 2023-05-08]
Manuel María e Darío Xohán Cabana recitan xuntos (1970)
Testemuño de Darío Xohán Cabana e documento sonoro cos recitados de ambos máis Alfonso Rodríguez e Manuel Blanco Rábade.
Fonte: Real Academia Galega
http://portaldaspalabras.gal/manuel-maria-dario-xohan-cabana-recitan-xuntos/ [Consulta: 2023-05-08]
Epístolas de
Carta de Manuel María a Sabino Torres (2004)
Videos
Un delito de calumnias: proceso contra o escritor Manuel María
Vídeo (11´ 16´´) de divulgación científica no que a investigadora Tamara López Fernández nos fala do delito de calumnias recollido no Código Penal de 1944, no marco dunha investigación que está a desenvolver sobre a delincuencia común en Lugo entre os anos 1945 e 1960. Nesta charla céntrase concretamente no sumario 275, do ano 1955, onde os procesados son o escritor Manuel María e Carlos Ángel Bellón por delito de calumnias a través da difusión dunhas coplas.
A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.
Fonte: Youtube
«A Fala». Uxía con Tanxugueiras e Faia
Audio baseado no concerto gravado ao vivo na Casa-Museo de Manuel María o 6 de outubro de 2015.
Fonte: Uxía Oficial
https://www.youtube.com/watch?v=qBnq9FrpT8g [Consulta: 2023-05-08]
Vilalba, dona da Chaira. Homenaxe a Manuel María
Intervención de Margarita Ledo Andión
Fonte: Instituto de Estudos Chairegos
https://www.youtube.com/watch?v=C8w_ygkhjqg [Consulta: 2023-05-08]
A rebelión das ovellas
Poema «Conto de medo» da obra de Manuel María Rúas do vento ceibe (1979). Musicado por Manuel R. Crespo.
Fonte: canle de Manuel R. Crespo
https://www.youtube.com/watch?v=EjKjFHx4M00 [Consulta: 2023-05-08]
Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María
Homenaxe a Manuel María con guión de Lois Diéguez e produción de Terra e Tempo TV.
Fonte: Terra e Tempo TV
https://vimeo.com/7263961 [Consulta: 2023-09-18]
Audios
Manuel María presenta e le o poema «Canción para cantar todos os días», do libro Cancións do lusco ao fusco (1970)
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.1, CD 1 (Poetas) 34: MANUEL MARÍA Presentación
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.1, CD 1 (Poetas) 35: MANUEL MARÍA Canción da claridade das palabras
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.1, CD 1 (Poetas) 36: MANUEL MARÍA Terra Cha
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.1, CD 1 (Poetas) 37: MANUEL MARÍA O povo que deixa
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.1, CD 1 (Poetas) 38: MANUEL MARÍA Cervo, flor dun soño
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.1, CD 1 (Poetas) 39: MANUEL MARÍA Ó Regato de Cepelo
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.1, CD 1 (Poetas) 40: MANUEL MARÍA O poema
Manuel María nun acto de animación á lectura na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo de Sada
Manuel María nun acto de animación á lectura na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo de Sada
«O asubío», composición de Paz Valverde sobre un poema de Manuel María e interpretada pola Coral Polifónica do Círculo Recreativo Cultural do Porriño
Audio da gravación de As aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela
Publicacións periódicas
Nosa Galiza, A (-) .
Xornal da Sociedade A Nosa Galiza
Lar (1934-) .
Revista mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad
Revista del Hospital Gallego
Nosa Terra, A (1942-1972) .
Periódico galego
Lugo (1943-) .
Órgano oficial del Centro Lucense de Buenos Aires
Publicación del Centro Lucense de Buenos Aires
Vocero del Centro Lucense de Buenos Aires
Órgano del Centro Lucense
Opinión Gallega (1945-1965) .
Alborada (1952-1956) .
2ª época ata a actualidade: Órgano del Centro Gallego de Barcelona
Ecuador 0º, 0', 0 (1965-1965) .
Revista de poesía universal
Correo de Galicia (1965-) .
El periódico para los 600.000 hogares gallegos del Río de la Plata
Triviana (1971-) .
Órgano oficial informativo del Centro Viana-Trives y Partidos Valdeorras-Verín
Rego (1974-) .
Documentos pró galeguismo
Aturuxo (1974-) .
Esmorga (1985-) .
Artigos Manuel María
BOUZA BREY, F. BUGALLAL Y MARCHESI, J. MANUEL MARíA. PIñEIRO, R. TAVANI, G. (3/1965) Apareció el Boletín de la Academia Gallega [vol. n.º 327-332] | Orientación Gallega. 1ª (29), 7.
MANUEL MARíA. (1972) As mulleres galegas | muller e a loita, A. (7), 1.
MANUEL MARíA. (12/1977) Andando a terra | Nosa Terra, A. , 17.
MANUEL MARíA. (1/1978) Andando a terra: O pintoresco grupo poético amanecer | Nosa Terra, A. (1), 17.
MANUEL MARíA. (1/1978) Andando a terra: Encol da «festa do cocido» de Lalín | Nosa Terra, A. (2), 17.
MANUEL MARíA. (1/1978) Andando a terra: As penas de Rodas | Nosa Terra, A. (3), 17.
MANUEL MARíA. (1/1978) Libros: Antífona da Redención | Nosa Terra, A. (3), 18.
MANUEL MARíA. (2/1978) Andando a terra: As pinturas murales de Seteventos | Nosa Terra, A. (4), 17.
MANUEL MARíA. (2/1978) Libros: Obra poética de Luís Seoane | Nosa Terra, A. (4), 18.
MANUEL MARíA. (2/1978) A pequena e sinxela historia do Tío Valentín | Nosa Terra, A. (5), 17.
MANUEL MARíA. (2/1978) Andando a terra: O castro da Recadieira | Nosa Terra, A. (6), 17.
MANUEL MARíA. (2/1978) Andando a terra: O mestre Silva | Nosa Terra, A. (7), 17.
MANUEL MARíA. (2/1978) Libros: Mar e Naufraxio de Alfonso Pexegueiro | Nosa Terra, A. (7), 18.
MANUEL MARíA. (3/1978) Andando a terra: Retrato dun parente e algunhas novas máis | Nosa Terra, A. (8), 17.
MANUEL MARíA. (3/1978) Andando a terra: As «pampornigas» da Ermida | Nosa Terra, A. (9), 18.
MANUEL MARíA. (3/1978) Andando a terra: A «Cofradía do Santo Matías» | Nosa Terra, A. (10), 17.
MANUEL MARíA. (3/1978) Libros, Dous libros de relatos: «A Cadea» e «O Fotógrafo» | Nosa Terra, A. (10), 18.
MANUEL MARíA. (3/1978) Andando a terra: Noticias dalgunhas xentes do Caurel | Nosa Terra, A. (11), 17.
MANUEL MARíA. (3/1978) Andando a terra: O sartego de Diego de Lemos | Nosa Terra, A. (12), 17.
MANUEL MARíA. (3/1978) Libros: «La Iglesia en la Galicia contemporánea» | Nosa Terra, A. (12), 18.
MANUEL MARíA. (4/1978) Andando a terra: Carral dos Martires | Nosa Terra, A. (13), 17.
MANUEL MARíA. (4/1978) Andando a terra: O Maio en Laza | Nosa Terra, A. (14), 17.
MANUEL MARíA. (4/1978) Andando a terra: Lembranza do xardín do Pazo de Sistallo | Nosa Terra, A. (15), 17.
MANUEL MARíA. PICOUTO, M. (4/1978) Dúas farsas dos medios de comunicación: «Semente de dramón dos Medios de Comunicación» e «A Gran Candonga» | Nosa Terra, A. (16), 14.
MANUEL MARíA. (4/1978) O Castelo de Pambre | Nosa Terra, A. (16), 21.
MANUEL MARíA. (4/1978) A prensa galega | Nosa Terra, A. (16), 24.
MANUEL MARíA. (5/1978) Andando a terra: Lembranza da Pastoriza | Nosa Terra, A. (17), 17.
MANUEL MARíA. (5/1978) Andando a terra: Os milagres de Saavedra | Nosa Terra, A. (18), 17.
MANUEL MARíA. (5/1978) Andando a terra: «Considerandos» e algunha nova máis | Nosa Terra, A. (19), 17.
MANUEL MARíA. (5/1978) Andando a terra: Viaxe a Castro Caldelas | Nosa Terra, A. (20), 17.
MANUEL MARíA. (5/1978) Libros: Problemática nacional e e colonianismo. O caso galego (1) | Nosa Terra, A. (20), 18.
MANUEL MARíA. (6/1978) Andando a terra: O «lobo de pino» | Nosa Terra, A. (21), 17.
MANUEL MARíA. (6/1978) Andando a terra: Aldina, princesa do San Xohán | Nosa Terra, A. (22), 17.
MANUEL MARíA. (6/1978) O San Xohán en Outeiro de Rei da Terra Cha | Nosa Terra, A. (22), 20.
MANUEL MARíA. (6/1978) Andando a terra: A Santa Isabel de Outeiro de Rei | Nosa Terra, A. (23), 17.
MANUEL MARíA. (6/1978) Andando a terra: Dous viaxes a Xenevra | Nosa Terra, A. (24), 17.
MANUEL MARíA. (6/1978) Andando a terra: Noticia da bisbarra de Viana | Nosa Terra, A. (25), 17.
MANUEL MARíA. (7/1978) Andando a terra: Pequena historia da «Misa de Rosalía» | Nosa Terra, A. (26), 21.
MANUEL MARíA. (8/1978) Andando a terra: Do San Ramón lembranza de Villalba | Nosa Terra, A. (27), 17.
MANUEL MARíA. (9/1978) Subida o Faro con parada en Chantada | Nosa Terra, A. (28), 17.
MANUEL MARíA. (9/1978) Andando a terra: A apaña das patacas | Nosa Terra, A. (29), 17.
MANUEL MARíA. (9/1978) Andando a terra: Lembranza dun viaxe a Bretaña | Nosa Terra, A. (30), 17.
MANUEL MARíA. (10/1978) Andando a terra: Eloxio e nostalxia do San Froilán | Nosa Terra, A. (31), 17.
MANUEL MARíA. (10/1978) Andando a terra: As San Lucas | Nosa Terra, A. (33), 17.
MANUEL MARíA. (10/1978) Andando a terra: Viaxe ó Cadavo | Nosa Terra, A. (34), 17.
MANUEL MARíA. (10/1978) Andando a terra: Visita a Cospeito | Nosa Terra, A. (35), 17.
MANUEL MARíA. CURT MARTíNEZ, J. (10/1978) Libros: «Galicia Viva. La fauna gallega y algo más» | Nosa Terra, A. (35), 18.
MANUEL MARíA. (11/1978) Andando a terra: Un curioso e estrano persoaxe | Nosa Terra, A. (36), 17.
MANUEL MARíA. (11/1978) Andando a terra: Por Goián do Miño | Nosa Terra, A. (37), 17.
MANUEL MARíA. (11/1978) Andando a terra: A cortesía portuguesa | Nosa Terra, A. (38), 17.
MANUEL MARíA. (11/1978) Andando a terra: Os magostos, San Martiño e o outono | Nosa Terra, A. (39), 17.
MANUEL MARíA. (12/1978) Andando a terra: Na consulta do menciñeiro | Nosa Terra, A. (40), 17.
MANUEL MARíA. (12/1978) Andando a terra: Encol das cartas | Nosa Terra, A. (41), 17.
MANUEL MARíA. (12/1978) Andando a terra: Noticia de Asteriz | Nosa Terra, A. (42), 17.
MANUEL MARíA. (12/1978) Andando a terra: O menciñeiro de Larín | Nosa Terra, A. (43), 17.
MANUEL MARíA. LEDO, M. (12/1978) Manuel María: Fidelidade á poesía e ao país | Nosa Terra, A. (44), 7.
MANUEL MARíA. (12/1978) Andando a terra: Versos do Nadal | Nosa Terra, A. (44), 17.
MANUEL MARíA. (1/1979) Libros: Silvania | Nosa Terra, A. (45), 18.
MANUEL MARíA. (3/1979) A bandeira | Nosa Terra, A. (52), 17.
MANUEL MARíA. (4/1979) Luís Seoane | Nosa Terra, A. (58), 20.
MANUEL MARíA. (6/1979) Nota encol das guías de Galicia | Nosa Terra, A. (66), 10.
MANUEL MARíA. (7/1979) Andando a terra: A romaría de Santa Isabel | Nosa Terra, A. (69), 17.
MANUEL MARíA. (7/1979) Tres meses de concellal | Nosa Terra, A. (71), 14.
MANUEL MARíA. (7/1979) Andando a terra: Encol do «hino galego» | Nosa Terra, A. (71), 21.
MANUEL MARíA. (9/1979) Andando a terra: O indalecio de bonxe | Nosa Terra, A. (73), 17.
MANUEL MARíA. (9/1979) Andando a terra: Cartas de Manuel Hortas Vilanova o seu amigo Manuel-María encol dos sucesos das festas patronales de Monforte de Lemos | Nosa Terra, A. (75), 17.
MANUEL MARíA. (10/1979) Andando a terra | Nosa Terra, A. (77), 17.
MANUEL MARíA. (10/1979) andando a terra: Os vellos regos do país | Nosa Terra, A. (79), 17.
MANUEL MARíA. (11/1979) Andando a terra: O cruceiro de Mourente | Nosa Terra, A. (80), 17.
MANUEL MARíA. (11/1979) Andando a terra: O señor Boullosa | Nosa Terra, A. (81), 17.
MANUEL MARíA. (11/1979) Andando a terra: A festa dos difuntiños | Nosa Terra, A. (82), 17.
MANUEL MARíA. (11/1979) Andando a terra: Un grupo de gaiteiros | Nosa Terra, A. (83), 17.
MANUEL MARíA. (11/1979) Andando a terra: Os vascos-navarros | Nosa Terra, A. (84), 17.
MANUEL MARíA. (12/1979) Andando a terra: En col do moi inxenioso xogo da baraxa | Nosa Terra, A. (85), 17.
MANUEL MARíA. (12/1979) Eduardo Blanco Amor | Nosa Terra, A. (85), 20.
MANUEL MARíA. (12/1979) Andando a terra: O señor victoriano de Toiral | Nosa Terra, A. (86), 17.
MANUEL MARíA. (12/1979) Andando a terra: Pan e loureiro | Nosa Terra, A. (87), 17.
MANUEL MARíA. (12/1979) Andando a terra: A editora de discos RUADA e VOCES CEIBES | Nosa Terra, A. (88), 17.
MANUEL MARíA. (1/1980) Andando a terra: Noticias dalgunhos sedentos | Nosa Terra, A. (90), 17.
MANUEL MARíA. (1/1980) A realidade máxica | Nosa Terra, A. (91), 17.
MANUEL MARíA. (2/1980) Os pintores da terra de Lalín | Nosa Terra, A. (93), 14.
MANUEL MARíA. (2/1980) Andando a terra: Breves consideracións encol das traducións | Nosa Terra, A. (93), 21.
MANUEL MARíA. (2/1980) Andando a terra: Algunhas noticias do mes de febreiro | Nosa Terra, A. (94), 17.
MANUEL MARíA. (2/1980) Andando a terra: O que aconteceu co diñeiro dunha quiniela | Nosa Terra, A. (95), 17.
MANUEL MARíA. (2/1980) Andando a terra: Breve noticial encol de posesiís diabólicas e «hachizos» | Nosa Terra, A. (96), 21.
MANUEL MARíA. (3/1980) Andando a terra: Anticipo de testamento | Nosa Terra, A. (97), 17.
MANUEL MARíA. (3/1980) Andando a terra: A casa constitucional de Viveiro | Nosa Terra, A. (98), 17.
MANUEL MARíA. (3/1980) Andando a terra: O casamento dos paxaros | Nosa Terra, A. (99), 21.
MANUEL MARíA. (3/1980) Andando a terra: Unha sentencia do século XVI | Nosa Terra, A. (100), 37.
MANUEL MARíA. (3/1980) Libros: Historia de Galicia do Frente Cultural da AN-PG | Nosa Terra, A. (100), 38.
MANUEL MARíA. (4/1980) Andando a terra: Unha curiosa imaxe de Santa Ana | Nosa Terra, A. (101), 17.
MANUEL MARíA. (4/1980) Andando a terra: Un poema singular | Nosa Terra, A. (103), 17.
MANUEL MARíA. (5/1980) Andando a terra: O señor cosmede de robra | Nosa Terra, A. (104), 17.
MANUEL MARíA. (5/1980) Andando a terra: Os petos de animas | Nosa Terra, A. (105), 17.
MANUEL MARíA. (5/1980) Andando a terra: O San Sidro | Nosa Terra, A. (106), 25.
MANUEL MARíA. (5/1980) Andando a terra: O troveiro de San Miguel do Monte | Nosa Terra, A. (107), 17.
MANUEL MARíA. (5/1980) andando a terra: Manuel-Antonio Sopena | Nosa Terra, A. (108), 21.
MANUEL MARíA. (6/1980) Andando a terra: O pozo mouro | Nosa Terra, A. (109), 17.
MANUEL MARíA. (6/1980) Andando a terra: A taberna do señor Xesús dos Mollos | Nosa Terra, A. (110), 21.
MANUEL MARíA. (6/1980) O viaxe a Sarria | Nosa Terra, A. (111), 14.
MANUEL MARíA. (6/1980) Andando a terra: Noticias dun galego no Amazonas | Nosa Terra, A. (111), 21.
MANUEL MARíA. (6/1980) Andando a terra: Un novo poeta: Claudio Rodríguez | Nosa Terra, A. (112), 17.
MANUEL MARíA. (7/1980) Fuxida ao val de lemos e as terras de Quiroga | Nosa Terra, A. (113), 8.
MANUEL MARíA. (7/1980) Andando a terra: A Carballeira de San Xusto | Nosa Terra, A. (113), 21.
MANUEL MARíA. (7/1980) Andando a terra: Anxel Fole | Nosa Terra, A. (114), 17.
MANUEL MARíA. (7/1980) Andando a terra: Santa Marta de Ortigueira | Nosa Terra, A. (115), 17.
MANUEL MARíA. (7/1980) Andando a terra: O pazo de Tor | Nosa Terra, A. (116), 25.
MANUEL MARíA. (8/1980) Andando a terra: «A leiteira» de Eiroa | Nosa Terra, A. (117), 17.
MANUEL MARíA. (8/1980) Andando a terra: O señor Gonzalo Andrade | Nosa Terra, A. (118), 17.
MANUEL MARíA. (8/1980) Andando a terra: Silveira, un poeta lugués do Século XVI | Nosa Terra, A. (119), 17.
MANUEL MARíA. (8/1980) Andando a terra: Caaveiro | Nosa Terra, A. (120), 21.
MANUEL MARíA. (8/1980) Viaxe pola Terra Chá | Nosa Terra, A. (121), 8.
MANUEL MARíA. (8/1980) Andando a terra: A pena de hedra | Nosa Terra, A. (121), 21.
MANUEL MARíA. (9/1980) Andando a terra: O encuadernador crende | Nosa Terra, A. (122), 17.
MANUEL MARíA. (9/1980) Andando a terra: Unha carta semiinedita de Valle-Inclán | Nosa Terra, A. (123), 17.
MANUEL MARíA. (9/1980) O xogo das bolas | Nosa Terra, A. (124), 15.
MANUEL MARíA. (9/1980) Andando a terra: Lembranza de Carlos Varela Veiga | Nosa Terra, A. (124), 17.
MANUEL MARíA. (9/1980) Andando a terra: Chismes literarios | Nosa Terra, A. (125), 21.
MANUEL MARíA. (10/1980) Andando a terra: Viaxe a Fisterra | Nosa Terra, A. (126), 21.
MANUEL MARíA. (10/1980) Andando a terra: Noticia da «Sociedad filantrópico dramática» e do seu presidente | Nosa Terra, A. (127), 17.
Libros do ccg sobre Manuel María
Ofrenda lírica á nena Silvia Santiago Conde no día da súa Primeira Comuñón.
2017 | Afonso Vázquez-Monxardín, Edición. Patricia Arias Chachero, Edición.
7 de setembro, 1960
Advento.
2016 | Manuel María, Autoría.