Álvaro Cunqueiro
Mondoñedo, 22/ 12/1911 - Vigo, 28/2/1981Autoría: Adrián Estévez Iglesias
Un dos grandes autores das letras galegas e españolas
Naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911, fillo do boticario Joaquín Cunqueiro Montenegro e de Xosefa Mora Moirón, quen lle transmitiu a capacidade para inventar contos. Vivían ao pé da catedral mindoniense, e a familia legoulle coñecementos sobre botánica, zooloxía, farmacoloxía e natureza, aspectos ambos que tiveron unha forte pegada na súa obra.
Fixo o Bacharelato en Lugo, onde coincidiu cos autores Evaristo Correa Calderón e Ánxel Fole, e en 1927 foi vivir a Santiago de Compostela. Matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras, coa idea de especializarse en Historia, mais abandonou os estudos e traballou como xornalista en El Pueblo Gallego. Frecuentou os faladoiros do Café Español, onde coincidiu con Paco del Riego, Domingo García-Sabell, Torrente Ballester, Carballo Calero ou Carlos Maside entre outros.
De volta en Mondoñedo promoveu a aparición de varias publicacións de carácter vangardista como Papel de color ou Galiza (1930-32), así como Editorial Un. Afiliouse ao Partido Galeguista e desenvolveu a súa obra poética coas obras Mar ao norde (1932, libro de iniciación, xa con pegada dos vangardismos), Cantiga nova que se chama Riveira (1933, neotrobadorista, con esquemas métricos tradicionais) e Poemas do si e non (1933, con certo carácter surrealista). Nesta época escribiu no semanario literario Vallibria, fundado por Xosé Trapero Pardo en 1930.
Colaborou en catro ocasións na revista Nós. No n.º 110 (febreiro 1933) publicou o poema «Fiestra», dedicado a Raimundo Aguiar. No n.º 121 (xaneiro de 1934) aparecen seis fragmentos de «O mundo i-outras vísperas». O n.º 130 (outubro 1934) recolle a súa tradución de dous poemas de Friedrich Hölderlin, «Adeus» e «Primaveira», xunto cunha introdución biográfica. E no nº 131-132 (nov.-dec. 1934) plublica «Primeira elexía», poema do que se di que forma parte do libro inédito Favorábel prisión de sono.
Tras o alzamento nacional non foi represaliado. Grazas á influencia da súa familia conservadora, e en outubro de 1936 comezou a dar clases en Ortigueira nun colexio privado. Colaborou coa publicación falanxista Era Azul e militou en Falanxe Española, chegando a ser xefe de Prensa e Propaganda comarcal. En 1937, a instancias de Jesús Suevos, comezou a traballar como redactor na sección literaria de El Pueblo Gallego, e nesa etapa en Vigo deu clases de portugués no instituto da cidade. En novembro de 1938 trasladouse a Donostia á redacción de La Voz de España, e foi subdirector de Vértice, revista nacional de Falanxe. Estableceuse en Madrid en 1939, tras a toma da cidade polas tropas nacionais, e pasou a escribir no ABC.
En 1944 foille retirado o carné de xornalista, logo de non entregar uns textos sobre o Camiño de Santiago polos que xa cobrara, e regresou a Mondoñedo. Seguiu escribindo poesía, e en 1950 publicou Dona do corpo delgado, mais nesta época comezou a publicar de forma habitual obras de narrativa, como Merlín e familia (1955), As crónicas do Sochantre (1956), Escola de menciñeiros (1960) ou Si o vello Sinbad volvese ás illas... (1961), e tamén obras teatrais como Don Hamlet (1958).
En 1961 regresa ao xornalismo en Faro de Vigo, diario que dirixiu entre novembro de 1964 e xuño de 1970. Un ano antes exerceu como cronista oficial da vila de Mondoñedo. Polifacético, proseguiu a súa actividade literaria con guías turísticas e libros de gastronomía, destacando neste campo A cociña galega (1973).
Ingresou na Real Academia Galega o 21 de abril de 1963, a proposta de Ricardo Carballo Calero, Domingo García-Sabell, Aquilino Iglesia Alvariño e mais Ramón Otero Pedrayo. O discurso Algunhas imaxinacións sobre tesouros foi respondido por Francisco Fernández del Riego.
Acadou o Premio da Crítica española en 1959 pola tradución ao castelán d’As crónicas do sochantre e o Premio Nadal en 1968 por Un hombre que se parecía a Orestes. Como xornalista recibiu en 1966 o Premio Conde de Godó. En 1980 foille concedido o Pedrón de Ouro, do Padroado Rosalía de Castro, e foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela.
Morreu en Vigo o 28 de febreiro de 1981. Foille adicado o Día das Letras Galegas en 1991.
Obra en galego
Poesía
Mar ao norde. Santiago: Nós, 1932.
Poemas do si e non. Lugo: Edicións 1, 1933.
Cantiga nova que se chama Riveira. Santiago de Compostela: Resol, 1933. Premio Gil Vicente.
Dona do corpo delgado. Pontevedra: Colección Benito Soto, 1950.
Herba aquí ou acolá. Vigo: Galaxia, 1980.
Narrativa
Merlín e familia i outras historias. Vigo: Galaxia, 1955.
As crónicas do Sochantre. Vigo: Galaxia, 195.
Si o vello Sinbad volvese ás illas. Vigo: Galaxia, 1961.
Xente de aquí e de acolá. Vigo: Galaxia, 1971.
Os outros feirantes. Vigo: Galaxia, 1979.
Teatro
O incerto señor don Hamlet, Príncipe de Dinamarca. Vigo: Galaxia, 1958.
A noite vai coma un río. Vigo: Galaxia, 1974. Antes publicado en Grial, 1965).
Rúa 26. Diálogo limiar. Santiago de Compostela: Laiovento, 1995.
Ensaio
Tesouros novos e vellos. Vigo: Galaxia, 1964.
A cociña galega. Vigo: Galaxia, 1973.
Laude da camelia. Pontevedra: Deputación Provincial, 1981.
Ollar Galicia. Barcelona: Destino, 1981.
Bibliografía
Armesto Faginas, Xosé (1987): Cunqueiro, unha biografía. Vigo: Edicións Xerais.
Besteiro, Xosé María (2021): Un hombre que se parecía a Cunqueiro. A Coruña: Ediciones del Viento.
Nicolás, Ramón (ed.) (1994): Entrevistas a Cunqueiro. Vigo: Nigra Trea.
Requeixo, Armando (2017): Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo. Guía literaria. Mondoñedo: Concello.
Rodríguez Vega, Rexina (1997): Álvaro Cunqueiro: unha poética da recreación. Santiago de Compostela: Laiovento.
Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Álvaro Cunqueiro. Publicado o 24/5/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=989. Recuperado o 13/05/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Álvaro Cunqueiro.
Álvaro Cunqueiro acolle unha inusual actividade polifacética, vangardista e de significativa repercusión na cultura galega: novelista, poeta, xornalista, dramaturgo, gastrónomo... Todas estas aptitudes súas revístense dunha gran facilidade para fabular, para crear e entender o noso mundo máxico. Entrar no mundo cunqueiriano supón resignificar os mitos e reinterpretar as paisaxes, mentres nos fai partícipes dunha viaxe inaudita e chea de novos sentidos.
Las estructuras del mundo mágico gallego
“Las estructuras del mundo mágico gallego” é o título da conferencia pronunciada no Instituto Popular de Conferencias de la Prensa en Bos Aires o 21 de xullo de 1967. Álvaro Cunqueiro fala do pobo galego como pobo “credor”, como pobo que se rexe polas relacións secretas, polo trasmundo, no que a súa orde moral se fundamenta na maxia. Cun pensamento influenciado polo estruturalismo de Lévi-Strauss, o escritor mindoniense enumera distintos elementos máxicos de Galicia: cidades somerxidas, tesouros, a capacidade creadora dos soños..., para destacar a función da veracidade da palabra. Unha lección maxistral de antropoloxía.
Duración: 51:09 min.
Sinatura: COBA-CON/68
Fondo: Colección Segundo Pampillón. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG
Entrevista en "Poetas de Galicia"
Álvaro Cunqueiro participa, en 1968, no programa radiofónico de RNE-A Coruña Poetas de Galicia. Nel ofrécenos as claves do que entende por poesía: “a única posibilidade, radical, de expresar o misterio”. A gravación está trufada de recitados dos seus poemas e finaliza, na súa voz, con “No niño novo no vento”, publicado en Cantiga nova que se chama Riveira.
Duración: 26:21 min
Sinatura: ACRN00082_01
Fondo: Fondo RNE- Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.
O Camiño de Santiago
Nesta conferencia, incompleta, Cunqueiro mostra a súa ampla bagaxe histórica sobre o Camiño de Santiago. Dende Mostar (antiga Iugoslavia) ata Vilar de Donas (Lugo), nesta ruta de peregrinación aparece un colorido mosaico de personaxes que abranguen un amplo período histórico. Unha lección para apaixonados deste itinerario cristián. A data desta disertación sitúase entre 1964-1970.
Duración: 26:21 min
Sinatura: ACRN00029_01
Fondo: Fondo RNE- Arquivo Sonoro de Galicia. CCG.
O gran fabulador da literatura galega
Cunqueiro entrevistado por Antón Risco e Ignacio Soldevilla. Ver Documento. Entrevista
Risco, Antón e Soldevilla, Ignacio : «Entrevista a Álvaro Cunqueiro», Boletín galego de literatura, 2, (1989), 107-119
Fonte: Minerva. Universidade de Santiago de Compostela
http://hdl.handle.net/10347/1616 [Descarga: 2022-05-19]
Entrevista de Xavier Navaza a Álvaro Cunqueiro na revista Teima. Ver Documento. Entrevista
Navaza, Xavier: «Álvaro Cunqueiro: As puñeteras manías do noso país», Teima: revista galega de información xeral, 30 (7-10 de xullo de 1977), 24-26
Fonte: Mediateda. Consello da Cultura Galega.
http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_em_pub4436_teima_030.pdf [Descarga: 2022-5-19]
CUNQUEIRO, Álvaro (1970): «Las academias y las mujeres».. Ver Documento
O académico Álvaro Cunqueiro aproveita a polémica que abre a feminista Françoise Parturier respecto da composición da Académie française para defender o ingreso de escritoras como académicas de número na RAG. Defende dúas candidatas: Victoria Armesto e Xohana Torres. Artigo publicado en Faro de Vigo (21/10/1970)
Fonte: Faro de Vigo
Dous artigos de Álvaro Cunqueiro non que incorpora as figuras de Afonso Eanes do Cotón e Pero da Ponte. Ver Documento. Artigo
Cunqueiro, Álvaro: «Guidarello Guidarelli», El Progreso, 15632 (3 de novembro de 1957), 10; «Una epístola a Pera da Ponte», El Progreso, 16359 (6 de marzo de 1960), 8.
Fonte: Biblioteca Pública de Lugo / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Colaboracións de Álvaro Cunqueiro na revista Nós. Ver Documento
Cunqueiro, Álvaro: «Os homes, os feitos, a verbas», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, 106 (15 de outubro de 1932), 196; «Fiestra», 110 (15 de febreiro de 1933), 21; «Os homes, os feitos, a verbas», 111 (15 de marzo de 1933), 55-56; «O mundo i-outras vísperas: fragamentos», 121 (15 de xaneiro de 1934), 2-3; «Hölderlin», 130 (15 de outubro de 1934), 151-152; «Primeira elexía», 131-1932 (15 de novembro de 1934), 161-162.
Fonte: Revista Nós>/cite>. Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Carta de Montero Díaz a Luís Seoane formou parte de Soma de craridades, obra de Álvaro Cunqueiro con ilustracións de Seoane, que publicou a editorial coruñesa Cuco-Reu en 1977. Ver Documento
Montero Díaz, Santiago.: «Carta a Luís Seoane». En Cochón, Luis e Alonso Girgado, Luís (ed.): Soma de craridades por Álvaro Cunqueiro e unha carta a Luís Seoane por Santiago Montero Díaz. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2011;
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
[Accesible en https://www.cirp.es/publicacions/pub-0327.html]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Ensaio de Ana Sofía Pérez-Bustamante sobre Cunqueiro na revista Volvoreta. Ver Documento. Artigo
Pérez-Bustamante Mourier, Ana Sofía: «Un
Fonte: dialnet.unirioja.esnocturno del huecopara Álvaro Cunqueiro», Volvoreta: revista de literatura, xornalismo e historia do cinema, 3 (2019), 91-110
https://b847efec-f217-41e6-810b-7579ae3a4165.filesusr.com/ugd/1b4cc4_ad5f8fc6c7ad46f2aa9cb2c2e919d838.pdf [Descarga: 2022-05-19]
Alfonso Zulueta inaugura, con esta presentación, a exposición No niño novo do vento, conmemorativa do centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. Ver Documento. Artigo
Zulueta de Haz, Alfonso: «Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro: Itinerario por Galicia», Grial: revista galega de cultura, 192 (outubro-decembro de 2011), 8-9.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Dirixida por Quico Cadaval, n'O ano do cometa, de Cunqueiro, Pico interpreta a
Xulio César. CDG, 2004. Ver Documento«O ano do cometa, de Álvaro Cunqueiro,». En Centro Dramático Galego: 20 anos, 1984-2004. Santiago de Compostela: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais IGAEM, 2004.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Artigo sobre a obra de Cunqueiro Rondeau en loor de un botánico del siglo XVIII que regresa de Cipango y de Catay, y de todas las Indias. Ver Documento. Artigo
Nogueira Pereira, María Xesús: «Un rondeau privado de Álvaro Cunqueiro», Boletín galego de literatura, 29 (2003), 139-145.
Fonte: Minerva. Universiade de Santiago de Compostela.
http://hdl.handle.net/10347/2024 [Descarga: 2022-05-19]
Ficha de Si o vello Sinbad volvese ás illas..., de Álvaro Cunqueiro. CDG, 1999. Ver Documento
«Si o vello Sinbad volvese ás Illas..., de Álvaro Cunqueiro,». En Centro Dramático Galego: 20 anos, 1984-2004. Santiago de Compostela: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais IGAEM, 2004.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Luz Pozo Garza escribe sobre Álvaro Cunqueiro en Festa da palabra silenciada. Ver Documento. Artigo
Pozo Garza, Luz: «A estética de Álvaro Cunqueiro», Festa da palabra sileciada, 8 (inverno de 1991), 83.
Fonte: Fonte: CDIF. Consello da Cultura Galega.
http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ig_pub2001_Festa-da-Palabra_08.pdf [Descarga: 2022-05-19]
Colaboracións de Cunqueiro na revista Vallibria de Mondoñedo, desde marzo ata agosto de 1930. Ver Documento. Artigo
Gómez Rivas, Isabel: « As primeiras publicacións de Álvaro Cunqueiro», Boletín Galego de Literatura, 4, (1990), 101-111
Fonte: Minerva. Universidade de Santiago de Compostela
http://hdl.handle.net/10347/1697
Ligazóns de interese
Revista Yunque
Edición facsimilar: Alonso Girgado, Luís; Moreda Leirado, Marisa e Vilariño Suárez, María (eds.) (2006): Yunque: periódico de vanguardia política: (1931-1932). Lugo: 1931-1932. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Fonte: https://www.cirp.es/publicacions/pub-0212.html [Consulta: 2023-03-22]
Biografía de Cunqueiro na DB-e da Real Academia de la Historia
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://dbe.rah.es/biografias/5658/alvaro-cunqueiro-mora [Consulta: 2022-05-18]
Álvaro Cunqueiro en El país
Fonte: El país.
https://elpais.com/noticias/alvaro-cunqueiro/ [Consulta: 2022-05-18]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Acceso en liña ao artigo de Laura Tato Fontaíña «Álvaro Cunqueiro na historia do teatro galego»
Tato Fontaíña, Laura: «Álvaro Cunqueiro na historia do teatro galego». En Forcadela, M.; T. López e D. Vilavedra (coords.): Mil e un cunqueiros. Novas olladas para un centenario. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega: 725-736.
Fonte: Repositorio da Universidade da Coruña.
http://hdl.handle.net/2183/16994
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
«Presencia y ausencia de Álvaro Cunqueiro», discurso de ingreso de Elena Quiroga na Real Academia Española. 8 de abril de 1984
Fonte: Real Academia Española
Homenaxe da revista Grial a Álvaro Cunqueiro
Grial: revista galega de cultura, 72 (abril-xuño de 1981)
Fonte: Hemeroteca dixital da editorial Galaxia.
https://editorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2020/12/grial/Grial_072.pdf [Consulta: 2022-05-18]
Cartas e poesía inédita de Cunqueiro
Franco, Fernando: «Cartas y poesía inédita de Cuqnueiro enamorado»., Faro de Vigo, (9 de febreiro de 2020).
Fonte: https://afondo.farodevigo.es/estela-plus/te-besaria-como-muy-pocos-pueden-besar.html [Consulta: 2022-05-24]
Biografía de Cunqueiro no Centro Virtual Cervantes
Fonte: https://cvc.cervantes.es/actcult/cunqueiro/biografia/compostela.htm [Consulta: 2022-05-24]
Videos
Enntrevista a Álvaro Cunqueiro no programa A Fondo de TVE. 1978
Fonte: youtube.com
https://www.youtube.com/watch?v=oJB4F6-Xh0M&ab_channel=GuglielmoBin [Consulta: 2022-05-18]
Cunqueiro. A grande ilusión. Curtametraxe divulgativa de investigación sobre a obra poética descoñecida de Álvaro Cunqueiro. Ouvirmos, 2021
Fonte: youtube.com
https://www.youtube.com/watch?v=G_LNVUgqgiw&ab_channel=politicalinguistica [Consulta: 2022-05-18]
Cunqueiro no programa Imprescindibles de TVE. Inclúe o documental El incierto señor Cunqueiro de Antón Reixa, 2010
Fonte: www.algundiaenalgunaparte.com
https://www.youtube.com/channel/UCjpaHY2eaInP47H55BD_ieQ [Consulta: 2022-05-18]
Audios
«No niño novo do vento», letra de Álvaro Cunqueiro e música de A. Paz Valverde
Conferencia de Álvaro Cunqueiro A realidade histórica de Galicia
Publicacións periódicas
Galicia [Bs As 1926] (1926-) .
Revista del Centro Gallego de Buenos Aires. Mutualidad - Cultura - Beneficencia
Finisterre (1943-1946) .
Revista de Galicia
Airiños (1944-) .
Revista de la Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires
Airiños do Carballiño (1954-) .
Ruada (1960-) .
Revista anual de Lar Gallego
Abrente (1960-) .
Casa de Galicia de Valladolid
Ecuador 0º, 0', 0 (1965-1965) .
Revista de poesía universal
Aturuxo (1974-) .
Centro Gallego de Ermua (1980-) .
Xornada das Letras Galegas
Artigos Álvaro Cunqueiro
BEIRAS GARCíA, A. CASTRO, P. CUNQUEIRO, Á. FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. FILGUEIRA VALVERDE, X. FOLE, Á. FRAGUAS, A. GONZáLEZ GARCíA-PAZ, S. MANTEIGA, L. MARTíNEZ LóPEZ, R. MASIDE, C. GUERRA DA CAL, E. PIñEIRO, R. VALENZUELA, R. VILLAR PONTE, A. GOLáN, N. BLANCO TORRES, R. BRAñAS CANCELO, P. VáZQUEZ MARTíNEZ, A. MORANDEIRA, D. EDREIRA PEDREIRA, M. LóPEZ DURá, X. REY, E. CARNERO VALENZUELA, J. REBOREDO FERNáNDEZ, I. ESCARIZ BUGALLO, M. MONTERO CORBEIRA, M. NOYA RODRíGUEZ, C. FREIRE VAAMONDE, M. ARIAS PARGA, E. (2/1934) A xuventude galega ao lado de «Galicia». Nun manifesto que nos remiten dendes Compostela, corenta representantes da nova Galicia - profesores, mestres, obreiros, periodistas - eisprésannos a súa simpatía e solidaridade entusiastas | Galicia [Bs As 1930]. 2ª (349), 1.
CUNQUEIRO, Á. (6/1944) Ela | Acción Gallega. 2ª (11), 2.
CUNQUEIRO, Á. (9/1983) Lugo en una página | Airiños. 1ª (50º aniversario), 4-5.
Libros do ccg sobre Álvaro Cunqueiro
Ofrenda lírica á nena Silvia Santiago Conde no día da súa Primeira Comuñón.
2017 | Afonso Vázquez-Monxardín, Edición. Patricia Arias Chachero, Edición.
7 de setembro, 1960
Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario.
2014 | Manuel Forcadela, Coordinación. Teresa López Fernández, Coordinación. Dolores Vilavedra, Coordinación.
Do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011
Álvaro Cunqueiro en Ortigueira.
2011 | Álvaro Cunqueiro, Autoría.
A realidade histórica de Galicia.
1996 | Afonso Cid González, Locución. Álvaro Cunqueiro, Autoría. Afonso Vázquez-Monxardín, Coordinación.
Autopoética e poesías 1935.
1991 | Álvaro Cunqueiro, Autoría.
Autógrafos e inéditos de Álvaro Cunqueiro