De xornalismo vai este libro, con algúns dos primeiros alentos de Álvaro Cunqueiro como articulista, hoxe diriamos columnista, no xornal Era Azul e noutros soportes impresos que viron a luz no tempo en que o autor moraba na terra de Ortigueira. O home que partira de posicións galeguistas nos albores da década de 1930 amósase aquí coa súa pluma ao servizo do ideario da Falange e dos vencedores da Guerra Civil. O furacán da historia levouno a el e a outros a dar voltas por camiños logo desandados na procura de pasos e palabras para proxectar doutro xeito a Galicia sufridora e deliberadamente invisibilizada baixo a longa noite de pedra.
Dunha fase desa peripecia cunqueiriana dá conta este libro, precedido dun moi completo estudo introdutorio de Claudio Rodríguez Fer, que contextualiza a obra ortegana do autor mindoniense.
Dunha fase desa peripecia cunqueiriana dá conta este libro, precedido dun moi completo estudo introdutorio de Claudio Rodríguez Fer, que contextualiza a obra ortegana do autor mindoniense.
| Título | Álvaro Cunqueiro en Ortigueira |
| Autoría |
Álvaro Cunqueiro |
| Introdución |
Claudio Rodríguez Fer |
| Presentación |
Ramón Villares |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 54 p. ; 21 cm. |
| Notas | Texto en castelán; introdución en galego. |
| Depósito Legal | C 1934-2011 |
| CCG. Signatura | CCG 2011 407 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Materias | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








