Asistentes ao Primeiro Seminario do Libro Galego posando diante dun mural de Luís Seoane no Castro, Sada, 1972 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Asistentes ao Primeiro Seminario do Libro Galego posando diante dun mural de Luís Seoane no Castro, Sada, 1972

Eduardo Blanco Amor (Fotografado/a) · Isaac Díaz Pardo (Fotografado/a) · Rafael Dieste (Fotografado/a) · Marino Dónega (Fotografado/a) · Alejandro Finisterre (Fotografado/a) · Ramón Piñeiro López (Fotografado/a) · Luís Seoane (Mencionado/a)
00/00/1972
Na fotografía podemos ver a intelectuais galegos retornados do exilio como Rafael Dieste, Alejandro Finisterre e Eduardo Blanco-Amor, xunto con outros que permaneceron en Galicia durante o franquismo como Ramón Piñeiro, Manuel María, Celestino Fernández de la Vega, Euloxio Ruibal, Marino Dónega, Xesús Campos, Manuel Caamaño, Manuel Gallego Jorreto e Isaac Díaz Pardo. Todos eles contribuíron desde ambas as beiras do Atlántico á supervivencia da cultura galega e serviron de guieiros ás novas xeracións do noso país.
Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane foron os promotores do Laboratorio de Formas creado en Arxentina en 1963 como unha institución "para recuperar a memoria histórica co fin de construír o futuro de Galicia". E na súa fundación tivo moito que ver a experiencia de Díaz Pardo na fábrica de cerámica da Magdalena na Arxentina dos anos 50. Alí coñeceu e fomentou amizade con Luís Seoane e con moitos intelectuais galegos exiliados como Arturo Cuadrado, Antonio Baltar, Lorenzo Varela, Lois Tobío ... Xuntos concibiron o proxecto de restaurar a antiga fábrica de Sargadelos para convertela non só nunha fábrica de cerámica senón máis ben nun movemento cultural, social e político a prol do desenvolvemento de Galicia.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1972
Entidades
Creación: Instituto Galego de Información [IGI]
Localizacións
orixe: O Castro, Sada, A Coruña
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. Particular de Isaac Díaz Pardo