Material
Caligrafías musicais
Instrumentos musicais: a gaita
Detalle
O 25 de febreiro de 1985, organizada pola Asociación Cultural Terra Meiga e por Caixa Galicia de Ferrol, e dentro do ciclo Folclore e Etnografías Galegas, Xosé V. Ferreirós pronuncia a conferencia «Instrumentos musicais: a gaita». Virtuoso gaiteiro e membro do grupo musical Milladoiro dende a súa fundación, Ferreirós aproveita a clasificación de Said Armesto e os estudos de Casto Sampedro para guiarnos polos instrumentos tradicionais galegos ata chegar á gaita. Dun xeito sinxelo pero erudito, percorre as representacións iconográficas do instrumento «máis importante de Galicia», a súa presenza na nosa lírica e os contratos laborais de gaiteiros en Notas viejas galicianas de Pérez Costanti, ao tempo que nos explica os distintos xeitos de tocar e cita polo camiño os gaiteiros históricos e os artesáns actuais. Ferreirós propón ollar cara a fóra e aprender e descubrir doutras músicas en que a gaita é a protagonista. En definitiva: unha clase maxistral.Escoita a conferencia:
Datos do fondo:
Sinatura: NCFE-0464
Duración: 1:07:21 h
Colección Caixanova. Ferrol. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
Recursos en liña:
Biografía de Victor Said Armesto no Álbum de Galicia
Biografía de Casto Sampedro no Álbum de Galicia
Explora o catálogo Os instrumentos musicais na tradición galega


