A xustiza devolveu ao concello de Santiago de Compostela as célebres esculturas do Pórtico da Gloria retidas pola familia Franco no pazo de Meirás. Pero esas extraordinarias obras de arte foran reivindicadas durante moito tempo pola cultura do país. Explora, a través desta documentación histórica, a dilatada biografía destas pezas medievais ata o seu traslado ao Pazo de Meirás, residencia estival do ditador.
Os profetas do Pórtico e a cultura galega. Unha viaxe que non cesa
A reconstrución do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago
O proxecto KosmoTech_1200 (USC-CISPAC-Fundación Catedral de Santiago), dirixido por Francisco Prado Vilar, presenta unha reconstrución dixital en 3D que permite ver as oito esculturas tal e como foron concibidas polo obradoiro do Mestre Mateo. Unha peza que recupera as policromías orixinais, baseándose nos estudos de pigmentos e motivos decorativos da primeira policromía do Pórtico e en documentación comparativa, para facilitar unha lectura iconográfica da composición e movemento das vestimentas e do simbolismo dos personaxes. O vídeo foi elaborado por Francisco Prado-Vilar (dirección científica) e Alexandre González Rivas (virtualización e restauración dixital) co apoio do Consello da Cultura Galega
Cronoloxía Monumental
Os fitos que marcaron o devir das figuras mateanasOs Protagonistas
-
Condesa de Ximonde.
-
Conde de Ximonde.
-
Galeguista, arqueólogo, gran coñecedor da Catedral de Santiago, foi un personaxe esencial en todo o relacionado co patrimonio
-
Sánchez Cantón tivo un papel central na xestión do patrimonio español dende 1922
-
Xurista, historiador, arqueólogo, poeta, unha das almas máis sensibles e comprometidas do galeguismo no século XX.
-
Tivo especial relevancia, xunto con Sánchez Cantón, na adquisición das esculturas de Enoc e Elías á Condesa de Ximonde en 1955 para o Museo de Pontevedra.
-
Como comisario da Primera Zona de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional, foi o máximo responsable do patrimonio en Galicia.
-
Lider falanxista e alcalde de Santiago
-
Un dos personaxes máis importantes na xestión do patrimonio en Cataluña
Francisco Prado-Vilar
Autor do especialFrancisco Prado-Vilar é Investigador Distinguido da Universidade de Santiago, no Grupo de Investigación Síncrisis e director científico do Programa A.W. Mellon para o Pórtico da Gloria, cuxa primeira publicación O Pórtico da Gloria: Arquitectura, materia e visión inclúe a reconstrución completa da fachada mateana da Catedral de Santiago coa restitución de todas as esculturas coñecidas aos seus lugares orixinais Foi membro e coordinador do comité científico da restauración do Pórtico da Gloria desde os seus inicios en 2008. Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario de Licenciatura, tras o cal obtivo os títulos de Máster e Doutoramento pola Universidade de Harvard. Posteriormente exerceu postos investigadores e docentes nas universidades de Princeton, Londres, Complutense e máis recentemente Stanford, onde foi Burke Visiting Professor, e Harvard como Director de Proxectos do Real Colexio Complutense. Foi membro fundador do Comité do Selo de Patrimonio Europeo da UE, do que agora é asesor (Heritage Label amb.). Entre as bolsas e premios internacionais que obtivo, cómpre destacar: bolsa Charles Elliot Norton, bolsa A.W. Mellon, bolsa Cotsen/Society of Fellows Princeton, dúas bolsas Aga Khan e Premio de Harvard á Excelencia no Ensino.






