Rosendo Díaz Arias de Castro (1947-) / Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo / PROXECTO EPÍSTOLAS / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo

----

Rosendo Díaz Arias de Castro (1947-)
Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo

Fillo de Isaac Díaz Pardo e Carmen Arias.
Temos 1 epístola/s relacionada/s con Rosendo Díaz Arias de Castro (1947-) en Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
1977-06-26
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1977
Sargadelos - Vigo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1977 en 26/06/1977

Sargadelos, 26.6.77


Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo


Querido Valentín:

Ben. Polo teu éisito senatorial xa te felicitei por telegrama. Meu fillo Rosendo empezou onte a mellorar e, inda que non se pode cantar vitoria, hai máis esperanza.
Estamos empezando a enviar o proieto do xornal. Da lista que ti diche (vai unha fotocopia dela) mandouse aos que están con raia negra. Dos outros, que teñen o círculo roxo, non hai enderezo.
Mándote por correo aparte un lote de proietos. Hai que ver o que se pode facer ahí. Si non facemos o xornal non faríamos ren. Hai moito folklore. E hai un pobo desinformado e uns equipos medios incapaces e desorientados. E os demais xornales, os que hoxe temos en Galicia, no fan mais que contribuír á desorientación. Mais o xornal farase. Con razón ou sin ela. A ver canta razón e cantos cartos aporta Vigo.
Nos primeiros do mes que ven irei por Vigo. Verémoste.
Apertas tensas pra ti, pra os fillos, pra o neto

Isaac