Entidade: Alianza Aresana de Instrucción

Entidade: Alianza Aresana de Instrucción [3]

Data Material Ver
Data Material Ver
1905-00-00
Acta de constitución e bases da sociedade Alianza Aresana de Instrucción da Habana, 1905
Ver

Transcripción da Acta de constitución e bases da sociedade Alianza Aresana de Instrucción da Habana, 1905 en 00/00/1905

A Alianza Aresana de Instrucción foi a pioneira das sociedades de ámbito local creadas con finalidades instrutivas e benéficas para o seu concello ou parroquia natal. A partir dela comezaron a agromar centos de asociacións deste tipo, tanto en Cuba como en Arxentina e outros países de acollida, que tanto ben fixeron pola educación e o progreso da nosa terra.
Como aparece escrito, a reunión fundacional tivo lugar no domicilio de Domingo Troche López, un dos seus promotores e que foi elixido o seu primeiro presidente. O seu obxectivo era «hacer un llamamiento a todos los nativos de la villa de Ares con el fin de fundar en su pueblo natal un colegio de Instrucción elemental para niños […] a fin de fomentar y difundir la instrucción de que tan necesitada está aquella villa entre la clase pobre y menos acomodada […]». Outros aresáns destacados que estiveron no xerme deste proxecto foron Cándido Mugía Callobre, José A. Fernández, Darío e Antonio Bugallo, Ildefonso Mugía, Maximiliano Bello, Miguel Bendamio, Manuel García Curbeira, Nicolás López González… No documento podemos ler, ademais, as condicións e o plan educativo da futura escola.
Para conseguir máis fondos créanse delegacións da Alianza nos lugares con maior presenza de aresáns: na illa de Cuba, en Sagua la Grande e en Isabela de Sagua; en Veracruz (México); en Tampa (Estados Unidos), e no mesmo Ares.


1910-00-00
Dando conta aos socios do labor de dirección e administración da Alianza Aresana de Instrucción, 1909-1910
Ver

Transcripción da Dando conta aos socios do labor de dirección e administración da Alianza Aresana de Instrucción, 1909-1910 en 00/00/1910

Temos aquí a relación de traballos realizados por esta sociedade de emigrantes aresáns durante os anos 1909 e 1910. Na memoria preséntanse datos relacionados coa contabilidade e o estado xeral da entidade, a programación da construción da aula de nenas sobre o plano do grupo escolar, a ornamentación de fachadas, o mobiliario e útiles escolares mercados, o calendario de exames etc.
Xúntase tamén o informe da Comisión Glosa da Alianza Aresana de Instrucción correspondente aos anos arriba mencionados, no que se analizan os gastos da escola. En definitiva, o estado da sociedade en todos os sentidos: recadación de cotas sociais, contas bancarias, capital social, gastos da escola, gastos ocasionados na Habana ou donativos dalgúns socios entusiastas, entre os que cabe destacar a bandeira cubana para que ondee no edificio escolar da Alianza Aresana.
Na memoria preséntanse os habituais datos nominativos, tales como: relación de membros da Xunta Directiva de 1909 a 19010 e da Xunta de Propaganda, membros delegados en Sagua (Cuba) e Veracruz (México), membros da Comisión Administrativa de Ares e nomes dos socios existentes, falecidos e beneméritos.
Cabe destacar un escrito inserido nesta memoria social da Alianza Aresana, asinado por Mercedes Bieito Bouza, titulado «Mi saludo» e do que extraemos unhas palabras:
«Cabe á los aresanos la alta honra, el orgullo legítimo de haber sido los iniciadores entusiastas de ese movimiento salvador que se nota desde hace algún tiempo entre los gallegos emigrados, movimiento tendente á un fin nobilísimo que se exterioriza fundando escuelas en nuestros campos […], allí donde la negligencia de los poderes públicos ha descuidado ese deber.


2008-00-00
O edificio escolar da vila de Ares construído polos seus emigrantes, 2008
Ver

Transcripción da O edificio escolar da vila de Ares construído polos seus emigrantes, 2008 en 00/00/2008

Este magnífico edificio é o mellor símbolo para lembrar a todos os seus emigrantes e todo o ben que estes fixeron para o progreso e modernización dos seus veciños e veciñas. A edificación ten unha clara inspiración indiana, cunha rica decoración que lle proporciona uniformidade ao conxunto pese a ter varias fases na súa construción. Tal como podemos ler na memoria social da Alianza Aresana de 1908, decídese «construir el aula de los niños, la más urgente para trasladar a ella a los alumnos que se encuentran ya escolarizados, en la segunda el aula de las niñas y en la tercera el módulo de unión entre ambas. Esta subdivisión del proyecto se debe a que la disponibilidad económica actual no permite abordar el total de la obra. [...] El importe de la obra realizada asciende a 7773 pesetas, en las que se incluye mobiliario y material escolar».
As escolas Alianza Aresana foron inauguradas o 15 de novembro de 1908 como centro de ensino primario para os nenos da vila. Hoxe en día os aresáns e aresás poden gozar do edificio que funciona como centro sociocultural que leva como homenaxe o nome dos seus promotores.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Bobo Arce, Marta;  Cabeza de León, Salvador;  Cabanas, Constantino;  Murias Rodríguez, Pedro;  Blanco Santiago, Carlos;  Cañas, Pilar;  Cela, Camilo José;  Agra Romero, María Xosé;  Peña, Marina de la;  García Naveira, Jesús;  Rico Verea, Manuel;  Formoso, David;  Pajares Vales, Carlos;  Garcia, Xose Manuel;  Tena, José Luis de;  Rivas, Santiago;  Sánchez Arévalo, José;  Nuñez Centella, Ramon;  Folgueira Portela, Mariña;  Ferreiro, Marian;  Gay, Jose Antonio;  Carballo Calero, Ricardo;  DoCampo, Xabier P.;  Outeiriño, Manuel;  Marquez, Fernando;  Rial, Antonio;  Rajoy, Mariano;  Lapa, Manuel Rodrigues;  García Naveira, Juan;  Garrido, Fernando;  López Chao, Andrea;  Soto Alvariño, Elena;  Prieto Lois, Jose Ignacio;  Mosquera, Fina;  Regueiro Varela, Benito;  Tudela, Mariano;  Fernandez Obanza, Guillermo;  Garcia Bonhome, Emilio;  Suarez-Vence, Javier;  Armesto Barbeito, Xosé Luís;  Lopez Cepero, Manolo;  Mosquera, Josefina;  Piñeiro López, Ramón;  Suarez Nuñez, Jose Maria;  Lorenzo Vázquez, Ramón;  Novoa, Emilia;  Rodriguez, Julio;  Lizancos, Plácido;  Lago Pita, Pablo;  Ramos Garcia, Fernando;  Temáticas: Mulleres;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  deportes;  Historias de ida e volta;  política;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  emigración;  remesas;  Álbum de Galicia;  asociacións;  emigrantes;  literatura;  dereito;  A pegada indiana na Mariña lucense;  O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa;  entrevista;  Galego;  Ares en Cuba: unha emigración mariñeira;  universidade;  cultura;  pedagoxía;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  infancia;  historia;  vídeo;  Proxector;  Universitario;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  ensino;  A pegada educativa da emigración galega en América;  sanidade;  Secundario;  ciencias da educación;  xustiza;  Mulleres no Álbum de Galicia;  filosofía;  feminismo;  Lingua. Literatura;  economía;  pesca;  etnografía;  tradición;  antropoloxía;  agricultura;  sucesos;  Ministerio de Educación y Cultura. España;  Educación. Pensamento. Sociedade;  Fondo: Ramón Piñeiro na Fundación Penzol;  Colección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón Piñeiro; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0