Temática: emigrantes [14]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos |
Ver
Transcripción da Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, BetanzosEn 1983 trasládase a escultura marmórea dos filántropos García Naveira ata a praza que leva o seu nome, con motivo do cincuentenario do falecemento de Juan. Trátase dunha estatua que estaba situada orixinalmente na parte baixa do parque do Pasatempo. A escultura representa a Jesús sinalando os edificios do asilo e as escolas creadas por ambos os benfeitores, mentres que Juan escoita polo auricular dun teléfono. Sospéitase que a realización do monumento correu a cargo da Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos (agricultores, canteiros e carpinteiros, entre outros oficios), en sinal de agradecemento aos irmáns García Naveira, e tamén que foi unha obra encargada ao artista S. Sbricoli.
|
|
Escola e asilo García Hermanos, a protección dos máis vulnerables |
Ver
Transcripción da Escola e asilo García Hermanos, a protección dos máis vulnerablesA vontade filantrópica dos indianos García Naveira vén ilustrada principalmente a través da creación do asilo e as escolas García Hermanos. Con ese obxectivo quedou constituída unha fundación benéfica de «patronato particular perpetuo», por escritura pública do 23 de agosto de 1908. O capital de base, achegado a partes iguais polos dous irmáns, foi de 500 000 pesetas. O predio para a construción de ambos os edificios anexos foi cedido polos dez concellos do partido xudicial de Betanzos. No artigo primeiro dos estatutos do Patronato Benéfico-Docente García Hermanos recóllese a súa natureza e finalidade xeral:
|
|
A perenne pegada de Pedro Murias (Santalla da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) na Devesa |
Ver
Transcripción da A perenne pegada de Pedro Murias (Santalla da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) na DevesaComo xa destacamos no especial de Historias de ida e volta dedicado á figura de Pedro Murias, este indiano devesán non só destacou por formar parte da elite empresarial da illa de Cuba, senón tamén polo legado que deixou na súa terra. Destinou parte da súa riqueza á creación dun centro de ensino pioneiro, co claro obxectivo de achegar o adianto agrícola a toda a comunidade de orixe. A escola levaría o seu nome: Escola Agrícola Pedro Murias. Este indiano foi unha das figuras máis representativas no mundo da manufactura tabaqueira e destinou parte do seu capital hereditario á construción da dita escola, como consta detalladamente no testamento outorgado o 22 de maio de 1892. Nel manifestou que estaba «deseoso del mayor adelantamiento agrícola de mi patria».
|
|
Carmen Iravedra, mestra da escola de Burela coas súas alumnas, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da Carmen Iravedra, mestra da escola de Burela coas súas alumnas, ca. 1950Non só de Cuba chegaron as remesas para construír escolas na Mariña luguesa. Tamén os mariñaos residentes na Arxentina enviaron cartos para fomentar e promover a educación e a cultura nos seus veciños e veciñas. Ademais dalgúns persoeiros que contribuíron a crear e dotar centros educativos e dos que xa falamos, a sociedade Centro Hijos del Partido de Vivero en Buenos Aires, creada en 1908, tivo un destacado papel neste eido. Grazas ao seu labor a prol da educación e a cultura da comarca construíronse as escolas de Burela, Xove e Cervo; neste último concello tamén axudou na edificación do Grupo Escolar José M. Fernández Montenegro, na localidade de San Cibrao. Por todo isto o Goberno español outorgoulle a Gran Cruz de Beneficencia.
|
|
| 1910-00-00 | Retrato do filántropo Jesús García Naveira, ca. 1910 |
Ver
Transcripción da Retrato do filántropo Jesús García Naveira, ca. 1910 en 00/00/1910Nacido en Betanzos o 11 de setembro de 1852 no seo dunha familia humilde de labradores, emigrou con apenas 18 anos a Arxentina, reclamado polo seu irmán maior, Juan María, quen, instalado no país, comezaba a ter unha posición desafogada. Os dous irmáns convertéronse en socios en diversos negocios relacionados co comercio téxtil e de importación. Jesús tamén desenvolveu unha intensa actividade financeira e na banca: foi director do Banco Español de Río da Prata, vicepresidente da Cámara Española de Bos Aires e conselleiro-delegado de varias compañías de seguros.
|
| 1912-00-00 | Jesús Rodríguez Murias e a escola de Rinlo, Ribadeo, 1912 |
Ver
Transcripción da Jesús Rodríguez Murias e a escola de Rinlo, Ribadeo, 1912 en 00/00/1912O ribadense Jesús Rodríguez Murias emigrou moi novo a Cuba, onde conseguiu facer fortuna ao dedicarse ao negocio do tabaco na illa. Foi un dos promotores e benfeitores da sociedade Unión Rinlega da Habana. Como lles acontecía ás veces a moitos emigrantes tras o seu retorno á terra natal, Jesús caeu enfermo e faleceu en 1909. O seu legado debía ir destinado á realización de obras benéficas e educativas, como a construción dun edificio escolar en Rinlo. O testamento que deixa dá conta dos seus desexos de contribuír ao benestar da súa comunidade de orixe, concretamente dos máis pequenos e desvalidos, os nenos e nenas da súa parroquia. A escola será cedida á sociedade habaneira Unión Rinlega para o seu mantemento económico. As rendas xeradas polo seu patrimonio tamén serviron para o mantemento do hospital de Ribadeo, así como para os habitantes máis pobres da vila.
|
| 1927-00-00 | Escola de Xove, 1927 |
Ver
Transcripción da Escola de Xove, 1927 en 00/00/1927A constitución de sociedades étnicas na emigración galega en América está intimamente ligada á idea de proliferación de escolas repartidas por toda a xeografía de Galicia. Co corpo alí e a mente aquí, moitos galegos e galegas vivían pensando na mellora e prosperidade dos familiares e veciños que quedaban nos lugares de orixe. Aínda que non se trata dunha pegada estritamente «indiana» no sentido de filantropía «particular», podemos amosar tamén a pegada colectiva que deixou a colectividade de emigrantes nas súas zonas de procedencia, froito dun traballo en equipo. Moitas veces, lonxe de grandes fortunas pero con grande esforzo e sacrificio, lograban os case os mesmos resultados que calquera indiano de gran renome.
|
| 1930-08-06 | A instrución como superación persoal e laboral, Pinar del Río, 1930 |
Ver
Transcripción da A instrución como superación persoal e laboral, Pinar del Río, 1930 en 06/08/1930Na imaxe podemos ver un grupo de alumnos, varios deles son galegos, cos seus diplomas, conseguidos tras finalizar os estudos de Contabilidade na Escola Nacional Mercantil de Pinar del Río. O segundo pola esquerda é Antonio Geada, natural de Alfoz, que emigrara a Cuba na década dos anos 20 do pasado século. A maioría dos emigrantes mariñaos e do resto de Galicia contaban con pouca formación académica. Sabían ler, escribir e as catro regras grazas moitas veces ao gran labor no eido educativo das escolas creadas polos emigrantes por todo o noso país e que na Mariña eran numerosas. Unha vez que chegaban ao país de acollida, o desexo de mellorar as súas condicións laborais lévaos a seguir formándose. Algunhas das principais entidades galegas na illa de Cuba, como o Centro Galego da Habana, crearon escolas para a formación dos seus socios, por exemplo o centro Concepción Arenal, no que se ofrecían cursos de contabilidade, idiomas, prácticas mercantís etc. e que tiveron unha grande acollida na colectividade. Conseguir unha maior formación académica supoñía un gran reto de tempo e esforzo. Vaise creando, así, na mentalidade da colectividade emigrada, unha asimilación clara entre progreso e educación, o que leva a realizar un inxente labor no eido educativo na terra nai.
|
| 1931-00-00 | Inauguración do grupo escolar José María Fernández Montenegro, Cervo, 1931 |
Ver
Transcripción da Inauguración do grupo escolar José María Fernández Montenegro, Cervo, 1931 en 00/00/1931José María Fernández Montenegro naceu en 1860 nunha parroquia do concello de Cervo chamada Lieiro. Sendo moi novo escolleu o camiño da emigración cara á Arxentina, país onde conseguiu alcanzar un notable éxito económico. O legado deste indiano foi de 60 000 pesetas, que foron destinadas á construción do edificio para albergar o grupo escolar que leva o seu nome, na súa parroquia de orixe. Este legado materializouno a súa viúva, Manuela Goñi Maíste.
|
| 2008-00-00 | A escola de Adelán en Alfoz, un dos exemplos do proxecto educativo dos emigrantes do Valadouro en Cuba, 2008 |
Ver
Transcripción da A escola de Adelán en Alfoz, un dos exemplos do proxecto educativo dos emigrantes do Valadouro en Cuba, 2008 en 00/00/2008Este edificio foi inaugurado en 1933 grazas ás remesas enviadas pola sociedade Hijos del Valle de Oro en La Habana, tal como figura en grandes letras na súa fachada en lembranza do seu labor a prol da educación dos nenos e nenas desta parroquia lucense. Esta sociedade habaneira foi fundada en 1907 co obxectivo prioritario de axudar moral e materialmente a súa terra natal a alcanzar prosperidade a través da educación coa creación de escolas. Ademais desta escola, contribúen na construción de varios edificios escolares nas parroquias de Bacoi, Vilacampa, O Cadramón e Moucide.
|
| 2008-00-00 | A escola de Magazos, unha das moitas escolas financiadas pola sociedade habaneira Vivero y su Comarca, 2008 |
Ver
Transcripción da A escola de Magazos, unha das moitas escolas financiadas pola sociedade habaneira Vivero y su Comarca, 2008 en 00/00/2008Unha sociedade de emigrantes que destaca polo elevado número de centros educativos creados na súa terra natal é a Ilustrísima Sociedad de Vivero y su Comarca na Habana. Este título de honra concedeullo o Goberno de España en 1919, ademais da Cruz de Beneficencia de primeira clase.
|
| 2008-00-00 | Escola do Canteiro, Barreiros, 1906 |
Ver
Transcripción da Escola do Canteiro, Barreiros, 1906 en 00/00/2008A escola do Canteiro funcionou no pasado como centro de ensino primario e como local de reunión do sindicato agrario. Foi fundada en 1906 e promovida por unha sociedade instrutiva de emigrantes procedentes, na súa maioría, da parroquia de San Pedro de Benquerencia e denominada Centro de Benquerencia, Sociedad de Instrucción y Recreo, con sede na Habana.
|
| 2008-00-00 | Escola de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo, 2008 |
Ver
Transcripción da Escola de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo, 2008 en 00/00/2008Esta escola debe a súa existencia ao labor filantrópico do indiano Manuel Candia (Cervo 1850-1930), natural de San Román de Vilaestrofe e que fixo fortuna na Arxentina. Retornou en 1889 e mandou construír esta escola para educar os nenos e nenas da parroquia; ademais das aulas, contaba tamén con vivenda para o profesorado. A súa inauguración data de 1913. Nesta vistosa edificación destaca a fachada principal, cunha escalinata de acceso, moitos elementos decorativos xeométricos nas numerosas fiestras e un frontón curvo con reloxo. Nunha das placas conmemorativas de mármore pódese ler: «Los vecinos de esta parroquia, al filántropo Don Manuel Candia. Año 1913». Nun acto de homenaxe a Manuel Candia ondearon as bandeiras da Arxentina e de Galicia. A el asistiron a corporación municipal, mestres, médicos, párrocos, gardas civís, ademais dos veciños da parroquia de Vilaestrofe e das de Viveiro e Xove, e ofreceuse un banquete para un centenar de comensais nunha das aulas do grupo escolar.
|
| 2008-00-00 | Retrato de Fernando Blanco de Lema, o filántropo de Cee |
Ver
Transcripción da Retrato de Fernando Blanco de Lema, o filántropo de Cee en 00/00/2008Poucos retratos se coñecen deste indiano e todos foron feitos despois da súa morte. En 1880 os testamenteiros encárganlle a Federico Madrazo, un dos máis grandes pintores retratistas do século XIX, a realización de varios retratos do filántropo. Para a súa execución envían unha fotografía súa dende Cuba.
|


