Persoa: Pedro Murias Rodríguez

Persoa: Pedro Murias Rodríguez [7]

Data Material Ver
Data Material Ver
Lembranza dos ribadenses á memoria de Pedro Murias, ca. 1934
Ver

Transcripción da Lembranza dos ribadenses á memoria de Pedro Murias, ca. 1934

A comisión delegada da Devesa foi creada pola fundación habaneira en 1919 para ter un maior control sobre as obras e o funcionamento da escola agrícola pois, debido á distancia, era moi difícil desde Cuba organizar os traballos, controlar os gastos e lograr que se impuxesen as súas ideas para a boa marcha do proxecto. Estivo integrada ao longo dos anos por persoeiros políticos e económicos da Mariña, moitos deles emigrantes enriquecidos retornados de Cuba, polo que se pode considerar que a escola agrícola foi tamén obra destes "habaneiros". O seu nomeamento como membros da comisión era unha honra e sentían como un deber axudar para que o legado do indiano chegase a bo fin. Supoñía, ademais, acadar prestixio social e unha reafirmación na elite da comarca. Desde 1934 e ata 1949, a comisión estivo presidida por Ramón Maseda Villamil, emigrante retornado de Cuba.
Nesta imaxe podemos ver varios membros desta comisión delegada con autoridades e persoeiros da sociedade ribadense posando ante o monumento a Pedro Murias.


Clases prácticas de agricultura do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias, anos 20
Ver

Transcripción da Clases prácticas de agricultura do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias, anos 20

No regulamento da fundación habaneira de 1913 aprobouse a organización da escola agrícola e o proxecto pedagóxico que se quería implementar. As materias debían estar relacionadas coa agricultura seguindo os estudos máis modernos e dispoñía de xeito expreso que tiñan prioridade os coñecementos prácticos e aplicables ao medio en que vivían sobre as clases teóricas, con aulas impartidas por enxeñeiros agrícolas. Como vemos, tratábase dun plan moi ambicioso que, de aplicarse, suporía un grande avance na capacitación agropecuaria dos futuros labregos da comarca ribadense.
Pero a realidade foi moi distinta. O primeiro director da escola, Enrique Suárez Couto, cambiou o plan pedagóxico segundo as necesidades que el percibía na comarca. Prevaleceu a gandaría dedicada á produción leiteira, coa mellora das crías a través de cruzamentos con outras razas. Como complemento, a modernización da agricultura estaría baseada na rotación de cultivos das especies máis acordes co clima e o chan da comarca mariñá. Nas terras da escola, o alumnado encargábase da semente cíclica de remolacha, patacas, millo, coles, nabos e avea, moitas veces destinada a alimentar o gando.


Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20
Ver

Transcripción da Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20

A Escola Agrícola Pedro Murias foi un centro pioneiro, enfocado a abrir o acceso e abano de posibilidades para os rapaces da súa comunidade de orixe. O ingreso na escola garantía a experiencia directa do alumnado nos labores do agro. Os coñecementos prácticos ían engarzados de xeito directo cos teóricos. Esta metodoloxía facía que a aprendizaxe se consolidase sobre os terreos dedicados a tal fin, seguindo de xeito directo todos os procesos, desde a composición e preparación da terra, plantar as sementes, sistemas de rego e drenaxe, ata a colleita dos froitos. En canto á cría dos animais, o seu manexo nas granxas, alimentación e aproveitamento tamén formaban parte do proceso ensino-aprendizaxe do alumnado.


O retorno simbólico do filántropo á súa parroquia natal, ca. 1950
Ver

Transcripción da O retorno simbólico do filántropo á súa parroquia natal, ca. 1950

Unha das mandas testamentarias do indiano foi que os seus restos mortais repousasen na súa parroquia natal. Deixou disposta unha cantidade de cartos para a construción dun mausoleo no cemiterio da Devesa, onde debía ter "o repouso eterno", pero este desexo non se realizou ata os anos 50.
A demora está relacionada cos atrancos que se xeraron arredor da construción dun novo camposanto na Devesa. Nos anos 20, os veciños aproban a súa construción e a xunta de patróns da Habana decide que o mausoleo debía erixirse no novo cemiterio. Este non se remata ata os anos 40 e de novo xorde unha polémica entre a fundación e Maximino Debén, sobriño e herdeiro do filántropo, sobre quen debía encargarse do traslado dos seus restos desde a necrópole de Colón da Habana, onde fora enterrado. Esta disputa xudicial tivo amplo eco nos xornais ribadenses. Finalmente será a xunta de patróns quen sufrague o mausoleo por valor de 13 900 pesetas.
O enterro definitivo de Pedro Murias nos anos 50 converteuse nun verdadeiro acto de homenaxe á súa figura e acudiron gran parte da veciñanza, as autoridades locais, membros da comisión delegada e o alumnado da escola que o indiano fundara.


A perenne pegada de Pedro Murias (Santalla da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) na Devesa
Ver

Transcripción da A perenne pegada de Pedro Murias (Santalla da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) na Devesa

Como xa destacamos no especial de Historias de ida e volta dedicado á figura de Pedro Murias, este indiano devesán non só destacou por formar parte da elite empresarial da illa de Cuba, senón tamén polo legado que deixou na súa terra. Destinou parte da súa riqueza á creación dun centro de ensino pioneiro, co claro obxectivo de achegar o adianto agrícola a toda a comunidade de orixe. A escola levaría o seu nome: Escola Agrícola Pedro Murias. Este indiano foi unha das figuras máis representativas no mundo da manufactura tabaqueira e destinou parte do seu capital hereditario á construción da dita escola, como consta detalladamente no testamento outorgado o 22 de maio de 1892. Nel manifestou que estaba «deseoso del mayor adelantamiento agrícola de mi patria».
A Escola Agrícola Pedro Murias foi un centro pioneiro, enfocado a facilitar o acceso e abrir o abano de posibilidades para os rapaces da súa comunidade de orixe, aínda que quedaron algúns puntos do proxecto sen desenvolver. O ingreso na escola garantía a experiencia directa do alumnado nos labores do agro pois os coñecementos prácticos ían unidos de xeito directo cos teóricos. Actualmente é un Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de referencia nacional.


1925-00-00
Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925
Ver

Transcripción da Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925 en 00/00/1925

A grandiosidade do proxecto provocou que a construción dos edificios se levase a cabo en dúas fases. Unha vez rematado o edificio principal, en 1925 comezan as obras doutras edificacións destinadas a almacéns, palleiras, cortes para o gando, vivendas do persoal, talleres e incluso unha estación meteorolóxica.
Para o acto de colocación da primeira pedra desta segunda fase organízase un acto público ao que asisten autoridades e persoeiros vinculados coa emigración en Cuba. Entre eles destaca a presenza de Francisco Pego Pita, indiano natural de Ortigueira, presidente do Centro Galego da Habana e que como tal presidía a xunta de patróns da fundación, como deixara escrito Pedro Murias.


2006-00-00
Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930
Ver

Transcripción da Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930 en 00/00/2006

En 1929 remátase a construción de todos os edificios que forman a escola agrícola fundada polo filántropo. Como homenaxe e recoñecemento, a xunta de patróns mandou erixir este monumento que lembra a figura do indiano. Na placa pódese ler «La Junta de Patronos de esta escuela radicada en La Habana ha levantado este monumento en honor a la memoria de su fundador Don Pedro Murias y Rodríguez».
O seu desexo de figurar na memoria colectiva dos seus paisanos converteuse nunha realidade e o seu labor benéfico era enxalzado non só na comarca de Ribadeo, senón en toda Galicia. A prensa do momento destaca esta magnífica obra educativa e loa a figura do filántropo Pedro Murias xunto cos legados dos irmáns García Naveira en Betanzos, o ceense Fernando Blanco de Lema ou o verinés García Barbón, entre outros indianos acaso menos coñecidos, que tanto ben fixeron polo progreso da nosa terra.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Bobo, MartaCabeza de León, SalvadorCabanas, ConstantinoMurias Rodríguez, PedroBlanco Santiago, CarlosCañas, PilarCela, Camilo JoséPeña, Marina de laGarcía Naveira, JesúsRico Verea, ManuelAgra Romero, María XoséFormoso, DavidGarcia, Xose ManuelTena, José Luis dePajares, CarlosGarrido, FernandoLópez Chao, AndreaSoto Alvariño, ElenaPrieto Lois, Jose IgnacioMosquera, FinaNuñez Centella, RamonRegueiro Varela, BenitoTudela, MarianoFernandez Obanza, GuillermoGarcia Bonhome, EmilioSuarez-Vence, JavierArmesto Barbeito, Xosé LuísLopez Cepero, ManoloMosquera, JosefinaPiñeiro, RamónSuarez Nuñez, Jose MariaLorenzo Vázquez, RamónNovoa, EmiliaRodriguez, JulioLizancos, PlácidoLago Pita, PabloRamos Garcia, FernandoRios Fernandez, Miguel AngelRivas, SantiagoSánchez Arévalo, JoséFolgueira Portela, MariñaFerreiro, MarianGay, Jose AntonioCarballo Calero, RicardoDoCampo, Xavier P.Outeiriño, ManuelMarquez, FernandoRial, AntonioRajoy, MarianoLapa, Manuel Rodrigues Temáticas: Mulleres“cartografías” do Álbum de mulleresdeportesHistorias de ida e voltapolíticaFondos de Radio Nacional de España en GaliciaemigraciónremesasÁlbum de GaliciaasociaciónsemigrantesliteraturadereitoA pegada indiana na Mariña lucenseO indiano Pedro Murias e o seu legado na DevesaentrevistaGalegoAres en Cuba: unha emigración mariñeirauniversidadeculturapedagoxíaFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José CelaO labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos infanciahistoriavídeoProxectorUniversitario100º Aniversario da ABC del Partido de CorcubiónensinoA pegada educativa da emigración galega en AméricasanidadeSecundariociencias da educaciónxustizaMulleres no Álbum de GaliciafilosofíafeminismoLingua. LiteraturaeconomíapescaetnografíatradiciónantropoloxíaagriculturasucesosMinisterio de Educación y Cultura. EspañaEducación. Pensamento. SociedadeFondo: Ramón Piñeiro na Fundación PenzolColección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón Piñeiro

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0