Entidade: Libraría Arenas

Entidade: Libraría Arenas [4]

Data Material Ver
Data Material Ver
Nota de Mariano Tudela a Camilo José Cela.
1976-01-28
Carta de Ledo a Seoane. 1976
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Ledo a Seoane. 1976 en 28/01/1976



Vigo, 28 xaneiro 1976

Querido Luis:

Recibin o teu Nadal. Recibin a tua carta. Recibin, chegou hoxe o teu Insectario.
Ben. Por todo elo, téñoche de dar unha ves mais as gracias. Por todo elo, teño unha ves mais que dar conta do meu reconocemento. Como sempre amosas a tua derramada xenerosidade e un aprecio por min que quixera certamente ser merecente.
Fíxose a presentación do Index na librería Arenas da Cruña, foi unha cousa sinxela e mais ben intima, ainda sobrepasando as posibilidades que ofrecian os meus dibuxos. Garcia Sabell pronunciou unha fermosa disertacion chea de atinadas suxerencias esteticas e antropoloxicas baseandose nunha interpretacion, moi falagadora pra min, dos dibuxos.
A min o libro gustoume moito cando o vin, e non poido por menos de facerme sentir certo orgullo persoal; pois fixeche cos dibuxos un fermoso libro. Non cheguei a maxinar tal posibilidade, ainda sabendo ben do teu labor como diseñador de libros, ainda conocendo toda isa mañífica obra esparexada en cartafoles de grabados, e dibuxos con seu derradeiro eslabon niste Insectario que agora teño diante. Que fermosa imaxinacion, que fermoso traballo, que de suxerencias nises bechos. Mais gracias ainda, non polo galano, senon polo don da tua obra polo agrandamento que nos da ao esprito, polo esparexemento dos nosos ollos.
Eu quixera que o meu Index poidera levarte un algo de todo iste agradecemento, eu quixera que tivera o poder de falar de ademiracion con que enxergamos todos a tua obra e que non é doado cheguemos a poñer enteira nas palabras. Palabras... palabras... sí, pero en verdade sentementos.
E mais nada por hoxe. Gracias.
Unha forte aperta de todos nos pra Maruxa e mais pra tí.

Ricardo


1976-03-23
Carta de García Sabell a Seoane. 1976
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:] DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 11/TELÉFONO 592116/SANTIAGO

Transcripción da Carta de García Sabell a Seoane. 1976 en 23/03/1976






23-III-1976
Querido Luis:

Recibín o dibuxo de Caparrós. Xa o ten ele. Entregueillo nunha pequena festa na nosa casa. Quedou tolo de ledicia e sumamente agradecido. Supoño que terá escrito dándoche as gracias.
A mín paréceme un dibuxo espléndido. É difícil de comprender cómo por unha soia foto, e apenas conocendo ao modelo, se pode chegar a isa especie de adiviñación psicolóxica que tí amosas en todas e cada unha das liñas. Por outra banda, é dunha extraordinaria seguridade de trazo. En suma, un novo acerto das túas mans miragreiras.
Xa apereceu, no derradeiro número de Grial, o texto de miña pequena intervención cando apresentei o teu álbum na librería Arenas. Vai co dibuxo da cabeza de Maruxa ao que aludo nas miñas verbas. Díme si precisas que o remita, e fareino deseguida.
Respeito a Lorenzo Varela, descuida. En coanto chegue por eiquí, atendereino como ele se merece. Endemáis teño moitos desexos de escoitalo, de que falemos de tantas cousas interesantes e curiosas como están acontecendo. Gardo do poeta un bó recordo, e arelo anovalo.

[Escrito a man]
Apertas de Elena e miñas para Maruxa. Unha moi fraternal para tí.

Domingo


1976-04-20
Carta de Seoane a García Sabell. 1976
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a García Sabell. 1976 en 20/04/1976



Buenos Aires, 20 de Abril de 1976

Dr. Domingo García Sabell
Santiago

Querido Domingo:

Recibín, fai dias, a tua carta que agradezo moito. E recibín tamén, de Galaxia, o númaro de Grial onde ven a presentación que fixeches en Arenas de Ramallos, Caracolas... etc que me parece espléndida logo de friamente leída –fríamente é un decir–, lonxe da mistura de sentimentos que produce o estar esposto ao público escoitando os eloxios encol de un. E a min a tua presentación prodúxome unha fonda emoción que che agradezo, o mesmo que as verbas adicadas a Maruxa e o meu amor por ela. Quixera que me conseguises e gardaras outro númaro de Grial para o meu regreso, pois quero telo ahí, na Coruña, aparte do que teño aquí.
E, agora, unha consulta. Levo feito mais de duascentas Figuracións na Voz de Galicia e non sei si esta sección cansa ou non ás xentes. Si é util. A min góstame facela aínda que me amole a cantidade de erratas que deixa pasar o corrector, erratas que ás veces trocan o senso de algún párrafo. E aínda tamén que estando en Buenos Aires non poda adicala unicamente a xentes galegas como é o meu desexo, e deba facelo con xentes arxentinas ou de outras terras que pasen por aquí, ou que viven aquí. A min, o facela, descánsame de outros traballos.
Este ano teño moitas exposicións, Buenos Aires, Rosario, Mar del Plata, outra de grabados en Buenos Aires e unha que me pedíu a Sociedade Arxentina de Arquitectos, dos bocetos dos murales que fixen, como un acto mais da celebración do seu 90 aniversario. É un ano para mín de moito traballo.
Recibín carta de Caparrós agradecemento o dibuxo que lle fixen. Contestareina facéndolle outro do natural na Coruña.
Recibide Elena e tí unha aperta coa fonda amistade de Maruxa e miña:

Seoane.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Otero Pedrayo, Ramón;  Carballo Calero, Ricardo;  Díaz Pardo, Isaac;  Dieste, Rafael;  García-Sabell, Domingo;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Piñeiro López, Ramón;  Paz-Andrade, Valentín;  Hervella Nieto, Evelina;  Cela, Camilo José;  Maside, Carlos;  Cunqueiro, Álvaro;  Castelao, ;  Cuadrado, Arturo;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Colmeiro, Manuel;  Laxeiro, ;  Fole, Ánxel;  Murguía, Manuel;  Cabanillas, Ramón;  Ledo, Xohán;  Blanco Amor, Eduardo;  Lapa, Manuel Rodrigues;  Martínez López, Ramón;  Bouza Brey, Fermín;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Magariños Negreira, Xulián;  Picasso, Pablo;  Arias “Mimina”, Carmen;  Castro, Rosalía de;  Cabana, Darío Xohán;  Prada, Rodolfo;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Rei, Luís;  Neira Vilas, Xosé;  Porteiro García, María Xosé;  Valcárcel, Marcos;  Campos Álvarez, Xesús “Chichi”;  Scheimberg, Simón;  Núñez Búa, Xosé;  Fariña Cobián, Herminia;  Rónai Pal, Paulo;  Pondal, Eduardo;  Muñoz Manzano, Carmen;  Dónega, Marino;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  Álbum de Galicia;  artes visuais;  asuntos particulares;  migracións;  emigración;  autores/as;  medios de comunicación;  historia;  política;  Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero ;  prensa escrita;  espazos artísticos;  Mulleres;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  exilio galego;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  axentes culturais;  lingua;  A nova Sargadelos;  poesía;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  Álbum Nós;  exilio;  radio;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  dereito;  nacionalismo;  Lingua. Literatura;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  ensino;  Historia da Literatura Galega Contemporánea;  música;  premios;  Colección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón Piñeiro;  etnografía;  Fondo: Ramón Piñeiro na Fundación Penzol;  Libro de Tapas;  Fardel d’eisilado;  sociedade;  Galería Bonino;  artes escénicas;  teatro;  novela;  entrevista;  patrimonio;  violencia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0