Persoa: Ricardo Palmás Casal

Persoa: Ricardo Palmás Casal [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1972-05-02
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1972
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1972 en 02/05/1972


Montevideo, 2 de maio de 1972

Benquerido Seoane:

Por Vilanova estou enterado da súa volta a Bos Aires.
Teño varias novas pra vostede, coidando que unha delas non ademite máis demoras, xa que trátase do finamento de Eladio Dieste (pai) o que, cecais, iñore. Morreu en Artigas e, según o seu fillo Eladio, “foi todo o pobo a despedilo... i el, si poidera velo, estaría moi ledo...”.
O Patronato tomou o acordo de concederlle a Vieira de Prata. A úneca dúbida que temos é si darlla neste próisimo Sant-Yago, ou ben agardar ao 1974, en que cumpriremos dez anos de vida, querendo celebralo elo con certa sona. Dende logo, a maioría da Direitiva queremos que sexa en 1974. Pro (entre nós) quero sabere a súa opinión, no senso de que escolla o que sexa máis comenente pra vostede (prégolle que o faga axiña, ó meu enderezo).
Adxúntolle a derradeira Memoria do Patronato.
Supoño que Palmás haberalle entregado o tomo III da Guerra Civil.

Deica pronto. Unha aperta garimosa e prá súa dona saúdos querendosos.

Pereira

[Escrito na marxe esquerda:] P.D. Nestes días (en man) entregarémoslle 200 dólares a Díaz Pardo. Restan aínda uns 150.


1972-05-09
Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1972
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1972 en 09/05/1972


Buenos Aires, 9 de maio de 1972

Sr. D. Fernando Pereira
Montevideo

Meu querido amigo:

Estou en deuda con vostede dende que cheguei, fai xa uns meses. Dende entón foron a esa Vilanova, Palmás e outros amigos comús. Palmás tróuxome o terceiro tomo da historia da Guerra Civil española que lle agradezo moito, e dos que ten que decirme o costo. Escribo urxentemente. Por vostede recibín a primeira noticias da morte de Eladio Dieste, irmán de Rafael, persoa que coñecín en Buenos Aires fai uns trinta anos. Sentímolo moito. Teño que escribirlle ó seu fillo Eladio, e a Rafael.
O Patronato é moi xeneroso conmigo. Non creo merecer a Vieira de Prata, mais, si teño que recibila e non poden sustituírme con outro de méritos maiores, prefiro que sexa este ano, pois, si podo, o ano que vén estarei novamente en Galicia. Teño unha grande exposición en Madrid se non se voltan atrás os orgaizadores, en marzal ou abril do 73 e, si me vai ben, ficarei en Galicia todo o que poda. Enmais é posíbel aproveitar o que poda pra facer algunha outra mostra en Europa.

Saúdos de miña dona e meus pra a súa e pra vostede. Unha grande aperta:

[Seoane]


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Dieste, Rafael;  Paz-Andrade, Valentín;  Fernández del Riego, Francisco;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Blanco Amor, Eduardo;  Gil Varela, Álvaro;  Laxeiro, ;  Cela, Camilo José;  Gerstein, Noemí;  Arias “Mimina”, Carmen;  Dónega, Marino;  Gerstein, Marika;  Filgueira Valverde, Xosé;  Alberti, Rafael;  Pereira Caamaño, Fernando;  Hervella Nieto, Evelina;  Cuadrado, Arturo;  González López, Emilio;  Muñoz Manzano, Carmen;  Rónai Pal, Paulo;  Drummond, Carlos;  Díaz Dorado, Diego;  Dieste, Eladio;  Lifschitz, Rafael;  Castelao, ;  Goldstein, Enrique;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Rey Romero, José;  Martínez-Risco y Macías, Sebastián;  Castagnino, Juan Carlos;  Fole, Ánxel;  Vilanova Rodríguez, Alberto;  García-Sabell, Domingo;  Neruda, Pablo;  García Lorca, Federico;  Shand, William;  Vázquez Freire, José Luís;  Maiztegui, Isidro B.;  Prada, Rodolfo;  Cunqueiro, Álvaro;  Díaz, Xosé;  Souto, Arturo;  Fernández, Valentín;  Iglesias Corral, Manuel;  Cabanillas, Ramón;  Piñeiro López, Ramón;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  literatura;  espazos artísticos;  artes visuais;  Premio Palanza;  autores/as;  emigración;  migracións;  asuntos particulares;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Pedrón de Ouro;  A nova Sargadelos;  medios de comunicación;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  política;  Academia Nacional de Bellas Artes [Arxentina];  Galería Bonino;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  radio;  prensa escrita;  Vieira de Plata;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  artes escénicas;  Día das Letras Galegas;  Seminario de Estudos Galegos;  enfermidade;  Mar de histórias: antologia do conto mundial;  A galeguidade na obra de Guimarães Rosa ;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  I Congreso da Emigración Galega. 1956;  Dos arquivos do trasno;  Grandeza y decadencia del Reino de Galicia;  Llanto por la muerte de Sánchez Mejías;  La insepulta de Paita;  Sobre los ángeles;  historia;  Premio Benson & Hedges;  Fondo Nacional de las Artes;  Exposición de Luís Seoane. Münster. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery International;  Ediciós do Castro;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia;  Xornadas da Cultura Galega. Patronato da Cultura Galega de Montevideo;  viaxe;  Medalla de Ouro de Santiago de Compostela;  Exposición de Luís Seoane. Córdoba. 1956;  Teatro Municipal General San Martín. Bos Aires;  Obra Completa de Ramón Cabanillas; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0