Persoa: Fernando Pereira Caamaño

Persoa: Fernando Pereira Caamaño [4]

Data Material Ver
Data Material Ver
1970-10-02
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1970
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1970 en 02/10/1970


Montevideo, 2 outubre 1970

Benquerido Seoane:

Somentes unhas liñas, pra decirlle que lle adxunto o supremento dominical do xornal El día, no que vén unha nota sobor Sargadelos e algo da Estampa. Con bastantes erros, pro importante é que saíu. El día é un xornal de dereitas, sendo, nembargantes, o supremento devandito moi leído.
Nestos días remesaremos un pra Díaz Pardo e outro pra Patiño. Vostede dirá si a alguén máis.
Agardo novas, confirmando a autenticidade de Heriberto Bens (por médeo de Soto). Dende logo, si se ratifica o noso desexo, hai que pubricalo de calquera maneira.

Saúdos para Maruxa, cunha aperta fonda pra vostede de

Pereira


1971-03-17
Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1971
Ver [Carta mecanografada con correccións manuscritas]

Transcripción da Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1971 en 17/03/1971


Buenos Aires, 17 de marzo de 1971

Sr. D. Fernando Pereira
Montevideo

Meu querido amigo:

Supoño terá recibido a miña derradeira carta. Hoxe remítolle os dibuxos e a tapa pra o libro de Heriberto Bens. Iría no formato de Manuel María e seguindo a mesma distribución tipográfica e tipo de letra. Coidado co papel. Os dibuxos, que son catro, aparte da tapa, distribúienos vostedes coma conveña, non ilustran concretamente nengún poema, senón o esprito do libro. Que na imprenta sexan fideles coas coores da tapa. Perdóneme todas estas indicaciós. Nós marcharemos a meiados do mes que vén e estaremos fóra seis ou sete meses. A miña direición na Cruña é: Paseo de Ronda 15, 6º izquierda. La Coruña, por si vostedes necesitan algo de min, xestiós ou o que sexa.
As mostras de adhesión da coleitividade deiquí con motivo do ataque estúpido de A Nosa Terra foron moitas. O periódico Galicia púxose á miña disposición e pubricaron no derradeiro número a carta que lle remito. O autor da nota contra min foi un señor, Benito Cupeiro, con quen non falei, penso, nunca, e que fixo, con seguranza, por enfermo. Mais o ataque raposo é probábel que seña da persoa que está disposta a gobernar esta coleitividade.

Un saúdo pra tódolos amigos, e a súa dona e vostede reciban o moi cordial da miña e meu:

[Seoane]

Nota: Permítome pubricar un poema do libro de Heriberto Bens en Cuco-Rei. Dígame si fago mal e si podo anunciar a súa pubricación.


1971-06-25
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1971
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1971 en 25/06/1971


Montevideo, 25 de xuño de 1971

Sr. Don
Luis Seoane
Paseo de Ronda 15, 6º izq.
A CRUÑA (Galicia)

Benquerido irmán:

Quero botar esta carta hoxe, aproveitando a saída do avión de Iberia. Fago, pois, atallando.
1 Nestas xvi Xornadas de Cultura Galega imos a pubricar un libro de Núñez Búa, que é, no cerne, un pequeno compromiso moral pola nosa banda e a de Canabal. Tan logo salgamos destos festexos (nos que teremos gastos de abondo), ocuparémonos de H. Bens.
2 Prégolle que nos faga un grandeiro favore. Que fale con Victoria Armesto, pra decirlle que virá a Montevideo o día 1º de agosto con Augusto Assía, xa que queremos telos con nós no Xantar de confraternidade, onde se entregará a anual Viera de Prata á audición Sempre en Galiza, pola súa laboura en 20 anos a prol da cultura galega. Nesta esmorga (que vostede sabe ben que non lle damos un senso de trangallada), queremos que interveña Augusto Assía, en galego, tocando temas socio-económicos da Terra. En canto a Victoria, desexamos que desenrole a conferencia de Os irmandiños, en galego na Asociación Universitaria (non no Paraninfo, xa que o forno non está para bolos..). Isto é moi importante, xa que en Bos Aires fará a devandita parola en castelán. Nós vamos a tiduar a conferencia así: A insurreución dos irmandiños. Será o día seguinte, ou sexa, o 2 de agosto. Fálelle tamén do trocamento do tiduo.
3 Estamos agardando nestos días a revisación derradeira da Aduana (houbo outro atraso por unha perda, no Banco da Repúbrica, dun certificado que tivemos que sacar de novo), pra xa meternos de cheo á venda. Cáseque seguro levará o diñeiro un amigo en man, posto que eiquí agora os xiros están prohibidos.

Nada máis. Agardo a resposta axiña, pra podere confeucionare o programa e imprimilo. Recordos garimosos prá súa Maruxa de todos nós, e vostede reciba unha aperta moi fonda.

Pereira


1975-10-29
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1975
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1975 en 29/10/1975


Vigo, 29 de outono de 1975

Sr. D. Luis Seoane
Paseo de Ronda, 15-6º
A CRUÑA

Meu apreciado irmán:

Dende que cheguei (pasando por aquel día tan tristeiro do homaxe a Castelao), non atopo acougo. Matino, ás vegadas, que sería o máis axeitado voltar ao Uruguai. E outras, pousarme, pra sempre, en Galicia.
Pro, denantes, necesito decirlle que participei no aito de Rianxo por unha razón, que coido de moito peso. Estaba alí representando a unha Sociedade, o Patronato da Cultura Galega, con quen tiña a obriga morae (dixen morae, posto co viaxe leiveno a cabo pola miña conta) de entregar o busto ao pobo de Rianxo, logo de cumprirse coas esixencias mínimas que impuxéramos; descoberta do moimento coa bandeira galega, as intervencións en idioma galego e a interpretación, somente, do hino galego. Pro craro, eu tiña prena concencia de que iso non abondaba. Eu ben sabía que aínda non se deran as condiciós ouxetivas pra facer o homaxe (o grande e popular homaxe) que se merece Castelao. Que nalgún presentido día se lle fará, pra honra da Galicia emigrada e da Galicia metropolitán. E logo, na mesma xornada, aquelas mortes, que se me antoxan cheas de agoiros, de premonicións, pros verdugos... Falei, pois, baleiramente. Sen saber, a cencia certa, o que decir. Sin forza. Sin o pulo interior máis axeitado. En fin, todas estas ferintes, lacerantes refresións, matino expoñelas na charliña que darei o vindeiro 7 de San Martiño na Asociación Cultural de Vigo (Entidade, por certo, que se opuxera ao devandito homaxe), baixo o tíduo de A emigración galega no Uruguay. Daquela, o meu esprito, cecais, pousarase algo.
Cando lle fixen a chamada por teléfono, era pra ver a posibilidade de acadar, no xornal A Voz de Galicia, algunha posibilidade de traballo alí. Coido que podía faguer unha laboura de colaboración, vencellando a presencia da emigración galega no Uruguai (unha modalidade de etnia) coa Terra Nai. Si houbera icomenentes no orde económico, estou disposto a realizar a tarefa gratis. Dígame, con sinceiridade, si elo é posíbel. Namentras, con saúdos moi garimosos pra Maruxa, reciba unha aperta fonda.

Pereira


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Fernández del Riego, Francisco;  Porteiro García, María Xosé;  Díaz Pardo, Isaac;  Dieste, Rafael;  Lombao, Manuel;  Hervella Nieto, Evelina;  Paz-Andrade, Valentín;  García-Sabell, Domingo;  Campos Álvarez, Xesús “Chichi”;  Maside, Carlos;  Laxeiro, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Piñeiro López, Ramón;  Gerstein, Marika;  Castelao, ;  Cuadrado, Arturo;  Cela, Camilo José;  Picasso, Pablo;  Scheimberg, Simón;  Sofovich, Bernardo;  Cunqueiro, Álvaro;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Lamas Carvajal, Valentín;  Arias “Mimina”, Carmen;  Prada, Rodolfo;  Ledo, Xohán;  Fole, Ánxel;  Falcini, Luís;  Núñez Búa, Xosé;  Carballo Calero, Ricardo;  Cancio, Miguel;  Cabanas, Constantino;  Colmeiro, Manuel;  Muñoz Manzano, Carmen;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Neira Vilas, Xosé;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Dónega, Marino;  Baudizzone, Luís;  Alberti, Rafael;  Díaz, Xosé;  Castro, Rosalía de;  Miró, Joan;  Palmás Casal, Ricardo;  Lifschitz, Rafael;  Baltar Domínguez, Antonio;  García Lorca, Federico;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  prensa escrita;  literatura;  artes visuais;  radio;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  autores/as;  emigración;  migracións;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  asuntos particulares;  Mulleres;  Álbum de Galicia;  espazos artísticos;  xornalismo;  política;  política institucional;  axentes culturais;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  televisión;  A nova Sargadelos;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Lingua. Literatura;  entrevista;  historia;  Libro de Tapas;  artes escénicas;  Galería Bonino;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Galego;  premios;  Comunicacións mesturadas;  Figuracións;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Hora 11;  Ediciós do Castro;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  empresas;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires;  Fardel d’eisilado;  Lonxe;  Llanto por la muerte de Sánchez Mejías;  Academia Nacional de Bellas Artes [Arxentina];  cine;  El País;  Cruces de piedra;  Vida gallega;  A soldadeira ; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0