Persoa: Luís Seoane

Persoa: Luís Seoane [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1964-12-31
Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964 en 31/12/1964

Vigo, 31 de Diciembre de 1964


Sr.D. Isaac Díaz Pardo
Cerámica Celtia S.A.
Magdalena F.N.G.R.
República Argentina


Querido Isaac:

A tua carta do 16, compre meditala moito. Eu ben quixera ter tempo para dar desenvolvemento a-os puntos que tocas. Doume conta de que os enfoques tradicionaes sobre o problema socio-económico da nosa terra, teñen feito sua camada nos espritos, mais coido que non darán remedio aos nosos males.
O plan promulgado pol-o goberno, aínda con dous polos de desenvolvimento industrial, fará máis agudo aínda o disparexo contraste do agro e da vila, da masa rural empobrecida, e de duas ou tres concentracións urbáns que medran en volume moito máis que en formación cultural. Coido que o erro fundamental está no medo que ten o poder central aos plans de desenvolvimento rexional, único camiño pra que a prostración das zonas deprimidas acabara, e puderan ir reflotando ao nivel das mais adiantadas.
Non se decideu dar a estrutura rexionalizadora ao plan, penso que por non instituír unha autoridade económica ao frente de cada demarcación. Esa autoridade podería ser o xerme de un poder autónomo, ao menos no orde material, e unha experiencia así dirixida, non cabe nos miolos dos planificadores centralistas.
Si veño loitando pol-a creación do Banco Rexional do Fomento é porque coido ter concencia de que todos os demais camiños estean pechados. Si creamos en Galicia un poder económico, fortemente dotado de capacidade, tanto como de técnica e cartos, gobernado por un pensamento dinámico e autenticamente galego, teremos dado o paso fundamental. Toda obra política descansa hoxe na actividade d-un órgao económico. Si non contamos con el facemos unha casa sin cimentos.
A revolución no campo galego, que poida dar asento definitivo aos homes nados xa con vocación de emigrar, non se fai suprimindo o minifundio ou aumentando as áreas de reforestación. Hai xente demais a vivir dela. Hai unha morada rural inhumán pra acobillar xente e facenda. Hai incultura literaria e técnica, pra obter rendimento dunha terra impropiamente explotada, que dá millo, centeo, ou patacas, nos surcos que deberan reservarse pra especies moito máis selectas e valorizadas. Xa te darás conta de que unha materia tan complexa e deturpada por vellos erros, non pode ser abordada no marco dunha epístola.
A emigración ultramariña vén decrecendo, mais pra Europa aumenta moito. No ano 1962, pasaron o Pirineo os seguintes traballadores galegos:

Da Cruña 2571
De Lugo 950
De Pontevedra 2989
De Ourense 4990

Non hai estadísticas de 1963, mais é certo que superará con moito estas cifras. O pensamento de Gallástegui era posibilista, encaixado no seu tempo. Era d-un home de cencia, non dun político nin de un economista. Pra nós é un bo punto de partida, mais é preciso forxar unha doctrina moito mais completa, profunda e enriquecida das esencias da hora que vivimos.
Todo o esforzo debe conxugarse cara a metas conqueribles, non a utopías precipitadas. Teño tanto anceio de voar co pensamento e dar solta ao sentimento como calquera de nós. Mais quero ser home do meu tempo, loitar con fórmulas facedeiras aínda que non teñan feitío de tanta pureza como certas posicións sacralizadas.
Con esta disposición estou totalmente á tua, sempre que as miñas forzas respondan.
Supoño que Seoane terá recibido nestos días unha carta miña. Dille axiña pra sua tranquilidade que a licencia de importación está concedida e remitida en tempo a Monfort. Coido que hoxe quedaría resolto o despacho.
A Pepe Núñez penso tamén escribirlle. Sei que Beamonte atópase en Madrid, mais eu non puiden velo aínda. Con Álvaro tuvo varios contactos.
Pilar, Alfonso i-eu facemos os mellores votos pol-a tua fortuna no Ano Novo, desexando que sea doce e medrado, coa máis forte aperta do teu sempre incondicioal,

Valentín


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: González, Flor;  Pérez Alberti, Augusto;  Cabanas, Constantino;  Blanco Santiago, Carlos;  Santiso Blanco, Jorge Antonio;  Aranda, Jose;  Rico Verea, Manuel;  Posada, Carlos;  Bermudez Gomez, Rosa Maria;  Cañas, Pilar;  Pita, Luis;  Alvarez “Caius Apicius”, Cristino;  Gallego, Elena;  Gallástegui, Cruz;  García Negro, María do Carme;  Lopez Paramo, Celio;  Fernández Vidueira, Nieves;  Salgado Pérez, Ramon;  Pontón, Ana;  Posada Gonzalez, Jose Domingo;  González Laxe, Fernando;  Peña, Marina de la;  Fraga Iribarne, Manuel;  Díaz Pardo, Isaac;  Morate, Asuncion;  Fernandez Prieto, Aurelio;  Puga, Xose Manuel;  Paz-Andrade, Valentín;  Martinez Precide, Eduardo;  Tena, José Luis de;  Romero, Carlos;  Queixas, Xesus;  Garcia, Roberto;  Cubillo, Agustin;  Silvosa, Arcadio;  Desclaux, Jean;  Broz Rei, Xosé Manuel;  Martin, Telmo;  Perez Vidal, Tomas;  Garcia Lopez, Isidro;  Árbenz Guzmán, Jacobo;  Salgado, Manuel;  Diz Guedes, Juan Miguel;  Senra, María Lidia;  Formoso, David;  Brown, Carlos;  Martinez, Jaime;  Pereira, Geusa;  Lopez, Xaquin;  Monleón, José;  Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  etnografía;  entrevista;  economía;  xeografía;  viticultura;  tradición;  emigración;  política;  gandaría;  estatística;  música;  folclore;  Historias de ida e volta;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo;  migracións;  incendios forestais;  tabaco;  educación;  enoloxía;  gastronomía;  viño;  vídeo;  Economía. Dereito. Política;  Proxector;  antropoloxía social;  O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa;  vendimia;  adhesión á Unión Europea;  Serra de Queixa (Ourense);  pastoreo;  ámbito rural;  xeoloxía;  clima;  aceite;  olivos;  Terras do Sil;  Río Sil;  arquitectura;  flora;  Terras de Muras;  América Latina;  artesanía;  industria;  Casón [buque];  pesca;  historia;  igrexa;  relixión; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0