Persoa: Luís de Góngora

Persoa: Luís de Góngora [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1972-02-10
Carta de Seoane a García Sabell. 1972
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a García Sabell. 1972 en 10/02/1972

Buenos Aires, 10 de Febreiro de 1972

Sr. D. Domingo García Sabell
Santiago de Compostela

Querido Domingo:

Recibín a tua carta do 28/1/72 na que nos das noticias de Isaac. Este escribíume decíndome da sesión de sete horas que tivéchedes e participándonos a súa decisión de separarse de Mimina, remitíndome (non me lembro si xa cho escribín) unha copia dunha carta feita fai meses que pensóu remitirlle. Non me decía ren mais. Nós, que non temos os teus recursos, estamos desolados. As cartas de Isaac, encol de cuestiós da fábrica e do museo, son normales. Escribímonos coma sempre. Mimina escríbelle en troques a Maruja, desesperada. O mesmo Xosé que sufre coa nai. Tivésenos gostado facer algo, mais nós non podemos facer mais do que fixemos. Nestes asuntos de matrimonios, aínda xunguíndonos unha amistade íntima, un non pode meterse demasiado e nós, creo, xa pasamos no caso de Mimina e Isaac a liña do permitible.

Teño en conta o teu encárrego do libro de Frida Lawrence. Nono atopei nas librerías inglesas do centro da cidade, e, un destes días, cando faga menos calor, iréi as do bairro de Belgrano onde hay (sic) outras tres ou catro librerías inglesas. Perseguiréino deica atopalo.

Gostaríame moito que matinases na posibilidade de crear ahí unha editorial de bibliófilos que editase dous ou tres libros ó ano, estudiando maqueta, compaxinación tipográfica, ilustraciós, etc., de moi poucas páxinas e destinada a toda a penínsua. Libros que non terían de pasare de douscentos ou trescentos exemprares e nalgún caso aínda menos. De poucas páxinas, pois teñen de compoñerse a man. Falamos desto no vrau pasado, pero moi de paso. Eu penso calquer tídoo como Los sueños de Quevedo, A metamórfosis de Kafka, Anna Livia Plurabella de Joyce, ou Polifemo de Góngora, por poñer uns tídoos vidos de calquer xeito á memoria neste intre. Penso que é un momento bon pra unha laboura deste tipo e pra facer algús ensaios ó pasar de libro-ouxeto. Da parte literaria e artística ocuparíamonos os dous. Tería que estudarse o probrema dos suscriptores na penínsua incluíndo Portugal. Quixera que matinases nesto sin participar a ninguén aínda esta iniciativa. Penso que contribuiríamos a elevare o prestixio de Galicia en canto ós libros.
Remíteme a lista de cousas que tés encol de min y (sic) eu enviareiche as que faltan. Agradézoche as verbas, que me tivese gostado escoitar adicadas a mín, pola radio do Ferrol.

Apertas moi garimosas de Maruja e miñas pra Elena e pra tí:


1975-06-08
Carta de Martínez López a Paz Andrade. 1975
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Martínez López a Paz Andrade. 1975 en 08/06/1975

Santiago de Compostela, 8-S. Xoan, 1975



Meu querido Valentín:

Denantes d’escrevir estas liñas xa botei no correio unha carta para o meu excelente amigo Enrique (Martínez López) que estaba no ano 1971 efectivamente na Universidade de California en Santa Bárbara (Hai 14 universidades naquel Estado). Enrique é granadino, casado e dimpois divorciado dunha rapaza brasileira que nos congresos foi considerada a miña muller por aquelo dos apelidos, etc. etc. Enrique traballou sobre todo no período barroco brasileiro –influencias do Góngora no Gregorio de Matos- e algo fixo tamén en literatura brasileña contemporánea. Ensinou en Recife dous ou tres anos denantes de vir aos EE.UU. Se me ouveras dado a data do traballo sería máis rápido pedir aos meus amigos de Texas un Xerox. De todos modos –supondo que non se foi de Santa Bárbara- non tardará en mandarme copia do seu artigo.
Xa vexo que estás metido en fariña e que a entrada será pronto. Interésame porque estoy facendo cola e ando a voltas xa con meu «rollo» que «rollo» e todo prometo non durará máis de 50 minutiños. Xa lle dixen a Isidoriño que fora un pouco longo. Perto de duas horas...
Nada sei do catalán Francisco Faus... pero coido que será fácil localiza-lo nesta nosa penínsoa.
Tan cedo como teña novas de California, craro, enviareichas. Os nosos amigos académicos según me dixo ainda hoxe Vidal Abascal están nervosos e até ameazantes contra nos os «electos»... Eu vou ver si acabo con ista tarefa despois de ti. Os nosos mellores saudos pra Pilar e pra ti unha grande aperta de

Ramón


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Otero Pedrayo, Ramón;  Carballo Calero, Ricardo;  Díaz Pardo, Isaac;  Dieste, Rafael;  García-Sabell, Domingo;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Piñeiro López, Ramón;  Paz-Andrade, Valentín;  Hervella Nieto, Evelina;  Cela, Camilo José;  Maside, Carlos;  Cunqueiro, Álvaro;  Castelao, ;  Cuadrado, Arturo;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Colmeiro, Manuel;  Laxeiro, ;  Fole, Ánxel;  Murguía, Manuel;  Cabanillas, Ramón;  Ledo, Xohán;  Blanco Amor, Eduardo;  Lapa, Manuel Rodrigues;  Martínez López, Ramón;  Bouza Brey, Fermín;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Magariños Negreira, Xulián;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Picasso, Pablo;  Arias “Mimina”, Carmen;  Castro, Rosalía de;  Cabana, Darío Xohán;  Prada, Rodolfo;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Rei, Luís;  Neira Vilas, Xosé;  Porteiro García, María Xosé;  Valcárcel, Marcos;  Campos Álvarez, Xesús “Chichi”;  Scheimberg, Simón;  Núñez Búa, Xosé;  Fariña Cobián, Herminia;  Rónai Pal, Paulo;  Pondal, Eduardo;  Muñoz Manzano, Carmen;  Dónega, Marino;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  Álbum de Galicia;  artes visuais;  asuntos particulares;  migracións;  emigración;  autores/as;  medios de comunicación;  historia;  política;  Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero ;  prensa escrita;  espazos artísticos;  Mulleres;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  exilio galego;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  axentes culturais;  lingua;  A nova Sargadelos;  poesía;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  Álbum Nós;  exilio;  radio;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  dereito;  nacionalismo;  Lingua. Literatura;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  ensino;  Historia da Literatura Galega Contemporánea;  música;  premios;  Colección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón Piñeiro;  etnografía;  Fondo: Ramón Piñeiro na Fundación Penzol;  Libro de Tapas;  Fardel d’eisilado;  sociedade;  Galería Bonino;  artes escénicas;  teatro;  novela;  entrevista;  patrimonio;  violencia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0