Persoa: Jesús Neira Vilas

Persoa: Jesús Neira Vilas [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1976-06-24
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1976
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1976 en 24/06/1976


Habana, 24 de xunio do 1976

Queridos Luis e Maruxa:

Unhas letras que son ben pouco pra vos espresar canto vos lembramos. Non é literatura; é a pura, auténtica verdade (dentro de catro días, por exemplo, cumpriranse quince anos daquela despedida no restaurante Cuenca, que moito lembramos; catro servilletas adicadas están no noso poder e días atrás saqueille fotos a dibuxos e palabras). Logo hai outros motivos, outras noticias que nos acirran e traen a lembranza vosa: esposiciós, libros, traballos, éisitos (que nos aledan moi de certo) e tamén palabras directas e testemuños persoales como é o caso do derradeiro viaxe do meu amigo Lois, da UNESCO, a esa. Entregoume ese mañífico traballo que é Arte mural/La ilustración, garimosamente adicado, que contén –texto e reproduciós– a imprenta do seu quefacer tan singular i elevado. Formidable, esclarecedor traballo sobre arte mural seu e sobre a ilustración do libro. Quero decirlle que todos os seus libros, catálogos, grabados, etc. circulan máis do que pode supoñer. Unha chea de amigos están pouco menos ca pendientes do que sei de vostede, da súa andaina artística, da súa obra. E uns avisan a outros, e hai unha grande ademiración polo seu estilo, pola súa orixinalidade. (Fai menos de unha hora inda estiveron na miña oficina os diseñadores da revista do orgaismo onde traballo, ademirando o grabado que acompañan á monografía de García Sabell (a de 1965 sobre grabados).
Por Isaac, sabemos dos vosos viaxes. Soupemso no seu momento do malfadado acidente, do que desexamos non teña quedado en ningún dos dous secuela algunha. E máis recentemente tamén nos dixo dunha ciática que o tiña a vostede algo amolado. Sei por un amigo que eso doi de raio. Pero o mesmo Isaac nos contou que cando se foron pra Bos Aires xa andaba ben.
Un médico do meu povo mándame os suplementos de La Voz de Galicia, onde vexo acotío as súas Figuraciós, que vou coleccionando. Formidable xeito de periodismo, pra o que ten demostrado vostede unha auténtica vocación.
De nós: Anisia a escribir pra nenos. Saíron recentemente dous libros dela aquí (amais do de Arealonguiña con dous contos dela en galego). Eu: escribindo sempre algo, e pubricando sempre algo tamén; libros en Galicia e algo de xornalismo aquí. As Memorias sairán este ano en Roma, en italiano. Talvez vaian a outros idiomas. En Portugal, tamén. Traballo noutras cousas, e non soio de ficción. Xa veremos que irá saíndo.
Seguimos de perto os aconteceres de ahí. Doinos o que pasa, dende hai uns anos, esa sangue sin sentido que se verque a diario, esa inestabilidade, esa inflación incontrolada. En fin...

E namais por hoxe. Apertas de Anisia pra os dous. E pra os dous unha aperta garnde, tensa, fraterna de

X Neira Vilas

Se lle queda algún exemplar de A maior abundamento ¿sería moito pedir que lle mande un exemplar a meu irmao a Madrid? El ten maneira de facermo chegar deseguida. Jesús Neira, Ponferrada 44-2º Barrio del Pilar, Madrid-29, España. Cualquier libro, cualquier papel, cualquier catálogo, poño por caso, é unha boa vía. Moitas gracias, moitas. (Vin o comento de Luz Pozo e interésame vivamente ler esa nova entrega poética súa).


1977-09-28
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1977
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Neira Vilas a Seoane. 1977 en 28/09/1977


Habana, 28-9-77

Querido Seoane, vello e entrañable amigo:

Soupen por Isaac e por Xosé que anda vostede a ilustrar unha nova edición de Memorias dun neno labrego. De novo estaremos xuntos, como ocorreu naquela primeira, de Buenos Aires, de finales do ano 1960. Alédame certamente. E xa dende agora espero velo pubricado. Nunca pensei que este libro tivese tal éxito, e esto non me marea, pero proime certa curiosidade que cai no ámeto da chamada socioloxía literaria. Tiven a clave en Santiago en outubre pasado. Estaba eu na librería Abraxas, con moitos mozos agardando, facendo literalmente cola pra que lles firmase libros (e, coma sempre, dos que máis firmei foi deste) e achegóuseme un home da miña edade, da Arzúa. E abrazoume e fíxome perguntas e falamos de traballos, costumes, posguerra, e resulta que tivemos unha vida semellante, de nenos labregos mal mantidos, romendados, etc., e dixo que había moitos máis, da súa comarca que se vían retratados nesas páxinas, e contoume a min mesmo detalles, anécdotas do libro, con enorme entusiasmo. Un home sinxelo, pero moi emotivo, e esto, repito, deume a clave de todo, o espello.
Outra cousa: ando á pescuda de persoaxes galegos no folklore de Cuba (contos, coplas, refrás, etc.). Os galegos salen en veces mal parados, pero outras o galego é o listo, o pillastre, o que engaña a outros, etc. Penso que no Prata esto non se dá así. Pode decirme algo? Penso que nesa zona do Sul, salimos perdendo decote. Amais: tense feito, que vostede sepa, algunha recolleita deste tipo en Bos Aires ou Montevideo? Considera vostede que é útil?

[Manuscrito:] Apertas de Anisia e pra Maruxa. Apertas fortes.

X. Neira


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Otero Pedrayo, Ramón;  Carballo Calero, Ricardo;  Díaz Pardo, Isaac;  Dieste, Rafael;  García-Sabell, Domingo;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Piñeiro López, Ramón;  Paz-Andrade, Valentín;  Hervella Nieto, Evelina;  Cela, Camilo José;  Maside, Carlos;  Cunqueiro, Álvaro;  Castelao, ;  Cuadrado, Arturo;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Colmeiro, Manuel;  Laxeiro, ;  Fole, Ánxel;  Murguía, Manuel;  Cabanillas, Ramón;  Ledo, Xohán;  Blanco Amor, Eduardo;  Lapa, Manuel Rodrigues;  Martínez López, Ramón;  Bouza Brey, Fermín;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Magariños Negreira, Xulián;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Picasso, Pablo;  Arias “Mimina”, Carmen;  Castro, Rosalía de;  Cabana, Darío Xohán;  Prada, Rodolfo;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Rei, Luís;  Neira Vilas, Xosé;  Porteiro García, María Xosé;  Valcárcel, Marcos;  Campos Álvarez, Xesús “Chichi”;  Scheimberg, Simón;  Núñez Búa, Xosé;  Fariña Cobián, Herminia;  Rónai Pal, Paulo;  Pondal, Eduardo;  Muñoz Manzano, Carmen;  Dónega, Marino;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  Álbum de Galicia;  artes visuais;  asuntos particulares;  migracións;  emigración;  autores/as;  medios de comunicación;  historia;  política;  Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero ;  prensa escrita;  espazos artísticos;  Mulleres;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  exilio galego;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  axentes culturais;  lingua;  A nova Sargadelos;  poesía;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  Álbum Nós;  exilio;  radio;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  dereito;  nacionalismo;  Lingua. Literatura;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  ensino;  Historia da Literatura Galega Contemporánea;  música;  premios;  Colección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón Piñeiro;  etnografía;  Fondo: Ramón Piñeiro na Fundación Penzol;  Libro de Tapas;  Fardel d’eisilado;  sociedade;  Galería Bonino;  artes escénicas;  teatro;  novela;  entrevista;  patrimonio;  violencia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0