Persoa: Alexandre Bóveda

Persoa: Alexandre Bóveda [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1974-04-17
Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1974
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1974 en 17/04/1974

Buenos Aires, 17 de abril de 1974
Sr. D. Francisco Fernández Del Riego
Vigo

Meu querido amigo:
Recibín fai xa uns vinte días a tua carta. Agradézoche a reseña que ides facer dos meus álbumes derradeiros; e, no que se refire ó artigo de Corredor Matheos, o crítico de arte de Barcelona, apareceu no nº 27, Novembro do 73 en Bellas Artes 73 e teno Isaac en Sargadelos. Penso que é importante non soio pola autoridade que ten pola sua laboura de historiador de arte e crítico en Barcelona e Madride, senón tamén polo xeito de “situarme” en relación co arte galego e peninsuar. Podes pedirlle a Isaac que te remita unha fotocopia. Él remitíuma a mín. En canto ó “noso novo Curros” como o calificaron, refírome a C. E. F., non me preocupa moito o que escribíu. Proba o seu resentimento. Primeiro penséi en escribir un pequeno artigo referíndome ós seus romances de guerra, o que podería probar a sua precedencia, senón fose que ó mesmo tempo pubriquéi, en publicaciós galegas deiquí, algúns poemas referidos a Bóveda, a unha cubana da Cruña, etc., que non citei nunca e que quedan esquecidos. Gostaríame, eso sí, que pubricásedes o estudo que fixo Luz Pozo Garza, que a mín, aparte do agasallo que supón, paréceme un bon intento de facer unha cousa seria. Aledoume moito que se venda, aínda que sexa de a pouco, Comunicacións mesturadas. Preparo o segundo tomo que levaréi conmigo cando volte a esa. En canto ó libro sobre Maside teño moitas notas tomadas e refírense a Maside e tamén á nosa época compostelán. Vai ser encol do dibuxo social e grabados de Maside e ten de ser un traballo preliminar do gran libro que se faga mais tarde. Non teño mais que poñerme a escribilo defiñitivamente, prácticamente está feito.
Aledounos a todos moito o éxito da reedición do libro de narraciós en castelán de Dieste, é un grande libro. Leín as críticas do A.B.C., Informaciones, La Vanguardia, e as duas páxinas que lle adicáchedes en La Voz. Góstame moito que en xeral tivesen os críticos fixado a sua atención no aporte que Galicia fai á literatura española, o galeguismo que aportan obligados como están a escribir en castelán pra poder vivir do seu oficio de escritores.
O que me pon nunha situación difícil é Carballo Calero o ter aceptado vir no mes de Xulio. Trataréi de velo, mais non acudiréi a nengún dos actos que faga no Centro Galego, pois fai anos que non vou a ningún e nada me fará cambear. Por ahí debe de andar Castro Couso que non ten interés algún como dibuxante e pintor e que é un “servidor” de Valentín Fernández. A miña proposta de becas feita fai anos rematóu nesta que lla diron a un que non pode aproveitala.
A quen se ve moi mal é a Emilio Pita. Pergúntome polo seu libro e díxenlle que pensábades publicalo. ¿Por qué non o facedes?. É un libro pequeno e de un home como Pita a quen Galicia débelle moito polo seu traballo arreo encol déla. Ten unha arterioesclerosis moi avanzada.
Apertas pra os dous, Evelina e tí de Maruja e miñas:
Seoane

[Escrito a man na marxe superior dereita:] Montevideo, 1985-13º-Dpto. 68


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Otero Pedrayo, Ramón;  Carballo Calero, Ricardo;  Díaz Pardo, Isaac;  Dieste, Rafael;  García-Sabell, Domingo;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Piñeiro López, Ramón;  Paz-Andrade, Valentín;  Hervella Nieto, Evelina;  Cela, Camilo José;  Maside, Carlos;  Cunqueiro, Álvaro;  Castelao, ;  Cuadrado, Arturo;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Colmeiro, Manuel;  Laxeiro, ;  Fole, Ánxel;  Murguía, Manuel;  Ledo, Xohán;  Cabanillas, Ramón;  Blanco Amor, Eduardo;  Lapa, Manuel Rodrigues;  Martínez López, Ramón;  Bouza Brey, Fermín;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Magariños Negreira, Xulián;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Picasso, Pablo;  Arias “Mimina”, Carmen;  Castro, Rosalía de;  Cabana, Darío Xohán;  Prada, Rodolfo;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Rei, Luís;  Neira Vilas, Xosé;  Porteiro García, María Xosé;  Valcárcel, Marcos;  Campos Álvarez, Xesús “Chichi”;  Núñez Búa, Xosé;  Scheimberg, Simón;  Rónai Pal, Paulo;  Pondal, Eduardo;  Fariña Cobián, Herminia;  Muñoz Manzano, Carmen;  Dónega, Marino;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  Álbum de Galicia;  artes visuais;  asuntos particulares;  migracións;  emigración;  autores/as;  medios de comunicación;  historia;  política;  Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero ;  prensa escrita;  espazos artísticos;  Mulleres;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  exilio galego;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  axentes culturais;  lingua;  A nova Sargadelos;  poesía;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  Álbum Nós;  exilio;  radio;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  dereito;  nacionalismo;  Lingua. Literatura;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  ensino;  Historia da Literatura Galega Contemporánea;  música;  premios;  Colección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón Piñeiro;  etnografía;  Fondo: Ramón Piñeiro na Fundación Penzol;  Libro de Tapas;  Fardel d’eisilado;  sociedade;  Galería Bonino;  artes escénicas;  teatro;  novela;  entrevista;  patrimonio;  violencia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0