Persoa: Luís de Góngora

Persoa: Luís de Góngora [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1972-02-10
Carta de Seoane a García Sabell. 1972
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a García Sabell. 1972 en 10/02/1972

Buenos Aires, 10 de Febreiro de 1972

Sr. D. Domingo García Sabell
Santiago de Compostela

Querido Domingo:

Recibín a tua carta do 28/1/72 na que nos das noticias de Isaac. Este escribíume decíndome da sesión de sete horas que tivéchedes e participándonos a súa decisión de separarse de Mimina, remitíndome (non me lembro si xa cho escribín) unha copia dunha carta feita fai meses que pensóu remitirlle. Non me decía ren mais. Nós, que non temos os teus recursos, estamos desolados. As cartas de Isaac, encol de cuestiós da fábrica e do museo, son normales. Escribímonos coma sempre. Mimina escríbelle en troques a Maruja, desesperada. O mesmo Xosé que sufre coa nai. Tivésenos gostado facer algo, mais nós non podemos facer mais do que fixemos. Nestes asuntos de matrimonios, aínda xunguíndonos unha amistade íntima, un non pode meterse demasiado e nós, creo, xa pasamos no caso de Mimina e Isaac a liña do permitible.

Teño en conta o teu encárrego do libro de Frida Lawrence. Nono atopei nas librerías inglesas do centro da cidade, e, un destes días, cando faga menos calor, iréi as do bairro de Belgrano onde hay (sic) outras tres ou catro librerías inglesas. Perseguiréino deica atopalo.

Gostaríame moito que matinases na posibilidade de crear ahí unha editorial de bibliófilos que editase dous ou tres libros ó ano, estudiando maqueta, compaxinación tipográfica, ilustraciós, etc., de moi poucas páxinas e destinada a toda a penínsua. Libros que non terían de pasare de douscentos ou trescentos exemprares e nalgún caso aínda menos. De poucas páxinas, pois teñen de compoñerse a man. Falamos desto no vrau pasado, pero moi de paso. Eu penso calquer tídoo como Los sueños de Quevedo, A metamórfosis de Kafka, Anna Livia Plurabella de Joyce, ou Polifemo de Góngora, por poñer uns tídoos vidos de calquer xeito á memoria neste intre. Penso que é un momento bon pra unha laboura deste tipo e pra facer algús ensaios ó pasar de libro-ouxeto. Da parte literaria e artística ocuparíamonos os dous. Tería que estudarse o probrema dos suscriptores na penínsua incluíndo Portugal. Quixera que matinases nesto sin participar a ninguén aínda esta iniciativa. Penso que contribuiríamos a elevare o prestixio de Galicia en canto ós libros.
Remíteme a lista de cousas que tés encol de min y (sic) eu enviareiche as que faltan. Agradézoche as verbas, que me tivese gostado escoitar adicadas a mín, pola radio do Ferrol.

Apertas moi garimosas de Maruja e miñas pra Elena e pra tí:


1978-10-20
Carta de Seoane a Ledo. 1978
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Ledo. 1978 en 20/10/1978


Buenos Aires, 20 de Outubro de 1978

Sr. D. Ricardo García Suárez
Vigo

Querido Ricardo:

Non sei si estou en débeda contigo ou si ti me debes carta. Penso que mais ben, pódese afirmar, a primeira dúbida. Non o sei. Pasaron uns meses coa rapidez de dias, de traballos e exposicións. Fixen mostras, cinco, tres en Buenos Aires e duas fora, en Rosario e La Plata, de pintura e grabados. E non sei a data aínda, pois teño tamén outra de grabados no Museo de Santa Fe. Por outra parte, no mes que ven, en Novembro, sale o libro de grabados Imágenes de Galicia, editado por unha editorial arxentina. Comprende 72 xilografías e un prólogo meu sobre Galicia como tema e sobre o grabado. Este derradeiro publicado fai, creo, vintecinco anos, do prólogo do outro albume do que tiña feito 70 exemplares, prácticamente descoñecido. Os temas son históricos, lexendarios, de costumes, etc. Quero voltar ao tema histórico apenas tratado en Galicia no XIX e recoller o que podemos chamar mitoloxía galega que, en canto a demos ou persoaxes nocentes aínda eran vixentes na miña infancia. Matino agora cuasi vello o importante que é documentar gráficamente o pasado dunha terra como Galicia, abandoaba por séculos e rota na sua cultura. Tratados os temas coa libertade expresiva do noso tempo. Nos grabados, en canto aos temas, seguín o que comenzara a facer nos tapices. E lembrei sempre as tuas testas en papel cortado dos precursores tan boas de dibuxo, tan parecidas ao persoaxe, Pastor Diaz, Curros, etc, e moi importantes como documentos gráficos que concretan os rasgos dos retratados superando o retrato fotográfico, tan vacilante e deformador físico, pois a máquina reproduce unha realidade que non é a que perciben os nosos ollos e pola que xusgamos aos homes. Gostaríame moito que fixeras unha iconografía galega dende o século XVIII deica os mortos do XX. Algo do que fixeron Picasso e Matisse coas cabezas de Góngora e Ronsard, Baudelaire e Poe, no caso de Matisse. Podería ser un tomo moi interesante e que iniciase unha coleición de tomiños de dibuxos e grabados referentes ó pasado de Galicia. Que a Lumia, o Nubeiro, ou o Cura de Fruime, tivesen cada un a sua documentación gráfica feita por un artista.
De Galicia non sabemos nada mais que o que nos dixo Domingo cando estivo en Buenos Aires. De ahí non chega nada e as axencias ocúpanse soio de custións xenerais de España e, en todo caso, de Catalunia (sic) e Euzkadi, nada de Galicia.
Nos estamos en loita co desexo de quedarnos definitivamente en Galicia, que matinamos sería este próisimo ano, ou de ir novamente por un ano, ou cuase, e voltar no 80 pra sempre. Por outra parte eu son xa inútil pra Galicia, como en xeral os que vivimos fora tanto tempo. Temos incluso un xeito de ver os problemas totalmente difrentes.
Escribe. Perde en esto un pouco de tempo en algún fin de semana.
Unha grande e garimosa aperta pra Mimí, os fillos e pra ti, de Maruxa e miña.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Picasso, Pablo;  Maside, Carlos;  García-Sabell, Domingo;  Laxeiro, ;  Paz-Andrade, Valentín;  Colmeiro, Manuel;  Piñeiro López, Ramón;  Hervella Nieto, Evelina;  Arias “Mimina”, Carmen;  Cuadrado, Arturo;  Scheimberg, Simón;  Castelao, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Falcini, Luís;  Alberti, Rafael;  Goya, Francisco de;  Blanco Amor, Eduardo;  Fole, Ánxel;  Sofovich, Bernardo;  Díaz, Xosé;  Gerstein, Marika;  Ledo, Xohán;  Núñez Búa, Xosé;  Miró, Joan;  Burd, Lipa;  Carballo Calero, Ricardo;  Otero Espasandín, Xosé;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Cabanillas, Ramón;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Frontini, Norberto;  Unamuno, Miguel de;  Burd, Esther;  Muñoz Manzano, Carmen;  Baltar Domínguez, Antonio;  Souto, Arturo;  Cunqueiro, Álvaro;  Gil Varela, Álvaro;  Prada, Rodolfo;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Eiroa, José Gabriel;  Torrallardona, Carlos;  Klee, Paul;  Velázquez, Diego;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  literatura;  espazos artísticos;  emigración;  migracións;  asuntos particulares;  medios de comunicación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  prensa escrita;  política;  A nova Sargadelos;  historia;  artes escénicas;  Galería Bonino;  radio;  cine;  premios;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio;  Libro de Tapas;  Círculo de las Artes de Lugo;  Álbum de Galicia;  Fardel d’eisilado;  Xosé Eiroa;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Martín Fierro;  Catro poemas para catro gravados;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  Teatro Municipal General San Martín. Bos Aires;  Historia de la literatura gallega, de Del Riego;  Bienal de Venecia;  Eudeba;  Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970;  Bauhaus;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Galería Sargadelos de Barcelona;  poesía;  Tres hojas de ruda y un ajo verde;  La Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de Marfil;  Lonxe;  Luís Seoane. Gravados;  dadaísmo;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  Ediciós do Castro;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Precursores e novos;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0