Temática: Mulleres

Temática: Mulleres [123]

Data Material Ver
Data Material Ver
Fotografía de Finita Gay en Caracas
Finita Gay interpretando un tema nunha actuación
Retrato fotográfico de Finita Gay cunha flor, na súa estadía venezolana
Anuncio da apertura da cafetería A Martela, en Tabeaio
Finita Gay cantando, con acompañamento de acordeón, nunha actuación en Venezuela
Actuación de Finita Gay na sala de Tabeaio
Fotografía de Finita Gay
Na cafetería A Martela, Finita Gay sostendo garimosa unha meniña
A Bella Otero (Valga 1868 - Niza 1965). A raíña valguesa da escena
Ver

Transcripción da A Bella Otero (Valga 1868 - Niza 1965). A raíña valguesa da escena

Filla de nai solteira, Agustina Carolina del Carmen Otero Iglesias naceu na parroquia pontevedresa de San Miguel de Valga, o 4 de novembro de 1868. Viviu xunto á súa nai e catro irmáns. Tratábase dunha familia sumida na miseria. A súa nai, Carmen Otero Iglesias, era coñecida como “A piñeira”, pois alimentaba os fillos grazas a recoller piñas no monte e vendelas como combustible para facer lume e dar calor. O seu destino estivo marcado por un suceso nefasto de violencia, pois foi vítima dunha brutal violación no monte Terroeira, sendo aínda unha rapaza preadolescente, de once anos de idade. Logo do acontecido, foi trasladada ao Hospital Real de Santiago, debido a unha aparatosa e preocupante hemorraxia. As secuelas psíquicas e físicas, xunto ao rexeitamento de parte da veciñanza, foron un dos desencadeantes da fuxida da súa localidade. Existen varias versións sobre a forma en que a Bella Otero fuxiu de Galicia e descoñécense os detalles sobre a súa aparición en Barcelona e máis tarde en París. A historia da súa vida está envolta nun halo de fantasía e misterio. Fálase dunha historia de vida chea de datos autobiográficos inventados. O certo é que a súa sona tivo unha repercusión internacional. A Bella Otero logrou moverse en círculos culturais de vangarda da Belle Époque. A súa fermosura, destrezas artísticas, sedutora indumentaria e bo manexo de idiomas abraiaron a poderosos homes da elite; o que provocou que algúns perdesen a cordura e a fortuna. O seu ciclo vital pecharíase dun xeito pouco afortunado, en soidade e sen luxo, debido á súa afección polos xogos de casino, que a levaron á ruína. A pesar da condición económica na etapa final da súa vida, Carolina Otero non esqueceu a súa terra natal —á que nunca máis volveu—, pois deixou unha misiva, dirixida ao alcalde de Valga, na que manifestaba a súa intención de facer beneficiarios de súa herdanza os residentes máis pobres. O dito desexo non se cumpriría, xa que non tiña bens, nin cartos que achegar á comunidade menos favorecida de Valga. A Bella Otero morreu aos noventa e sete anos en Niza, o 10 de abril do ano 1965.


Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998)
Ver

Transcripción da Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998)

María Isaura Vázquez Blanco, máis coñecida como Maruxa Villanueva, naceu na Barrela e iniciouse no canto da man da súa nai. En 1926, con tan só vinte anos, cruza o charco cara a Arxentina seguindo a dous irmáns que se anticiparan na aventura migratoria. En Bos Aires desenvolvería o seu talento como cantante e actriz, non sen antes traballar como dependenta nun comercio téxtil, como o facía calquera outra muller emigrante galega da época. O desenvolvemento da súa carreira artística foi impulsado da man dun matrimonio formado polo pianista vasco Juan Gueresta e a súa muller, a cantante galega Esperanza Blanco. En 1936 deixa o seu traballo no sector do comercio debido ao éxito alcanzado, sobre todo entre a colectividade galega residente en Bos Aires. Maruxa colaborou de maneira activa nas actividades desenvolvidas a favor da República española levadas a cabo pola colectividade emigrante na cidade. Nese tempo coñece ao dramaturgo estradense Daniel Varela Buxán, que a convidou a cantar na estrea da obra Se o sei… non volvo á casa, que tivo lugar no famoso Teatro Maravillas. Casou con Daniel pero non sería un matrimonio estable. Formaron a Compañía de Teatro denominada Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva, coa que se estreou "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao. Ademais deste último, Maruxa Villanueva tiña amizade con Salvador de Madariaga, Eduardo Blanco-Amor e Fernando Iglesias “Tacholas”, entre outras figuras destacadas da cultura galega alén mar. O seu retorno a Galicia foi intermitente, regresa en 1949 pero, ao fallar os seus plans de traballo, volve a Bos Aires en 1958, para retornar definitivamente en 1962. Esta vez desempeñaría un importante labor na Casa Museo Rosalía de Castro, da man do Dr. Agustín Sixto Seco, presidente do Padroado Rosalía de Castro. Converteuse nunha especialista no mundo rosaliano e coidadora da dita Casa Museo. Recibiu numerosas distincións polo seu labor activo na difusión da cultura galega fóra e dentro de Galicia. Finou en Santiago de Compostela aos noventa e dous anos de idade, o 24 de novembro de 1998.


Ana Kiro (A Castañeda-Arzúa, 1942 – Mera 2010)
Ver

Transcripción da Ana Kiro (A Castañeda-Arzúa, 1942 – Mera 2010)

María Dolores Casanova González naceu na Castañeda (Arzúa) o 24 de xaneiro de 1942. Con tan só dezaoito meses os seus pais levárona vivir a Barcelona. O seu pai, José Casanova Novás, era garda civil e fora destinado á Cidade Condal. Como a maioría das familias de emigrantes galegos no resto de España, a de María Dolores visitaba cada verán a súa aldea natal. Aos seis anos de idade foi vivir á Castañeda coa súa avoa paterna durante un ano. A súa convivencia coa avoa Dolores marcou fondamente a súa identidade cultural e persoal. Durante aquel ano vivindo na Castañeda aprendeu a “ser galega”; a Galicia labrega exerceu unha forte influencia no que, máis adiante, sería unha extensa e brillante carreira musical. De volta a Barcelona e sendo menor de idade, foi ás agachadas coa súa irmán a un programa radiofónico dominical de Sant Feliu de Llobregat, no que deixaban participar libremente e mostrar o talento artístico a toda persoa que o desexase. Resultou gañadora do concurso pero os seus pais truncaron, nun primeiro momento, o que sería o impulso para comezar unha carreira artística.
Foi un exemplo máis de muller independente que sacou adiante soa á súa filla, froito dun primeiro matrimonio que tan só durou tres anos. A partir da súa separación escolleu recoñecerse a si mesma e buscar firmemente o seu desenvolvemento como cantante. Non foi un camiño doado. Cando non tiña galas traballaba vendendo xabón americano. Así continuou ata alcanzar unha estabilidade laboral que lle permitirá sufragar todos os gastos e incluso aforrar cartos. O traballo era duro e a loita ás veces facíase eterna. Pouco a pouco todo comezou a harmonizarse a favor, de maneira que a partir de 1966, ano en que gravou coa discográfica Belter, a carreira de Ana Kiro fíxose imparable.
Galicia Terra Meiga (Belter, Barcelona, 1974), de Manuel Muñiz, foi a canción coa que introduciu o galego nos seus álbums, conquistando a propios e alleos alí onde chegaba . En dúas semanas vendéronse máis de 100.000 casetes. As letras e compases das súas cancións renderon culto aos costumes e á lingua galega na súa faceta de canción lixeira, que finalmente foi a súa marca de distinción. Ana Kiro converteuse nunha icona entre a colectividade emigrante que residía dentro e fóra de España. Nas súas viaxes a América leváballes un “suspiro da nosa terra”, como ela dicía, aos emigrantes galegos. Un exemplo do seu éxito foi a enorme multitude que acudiu ao concerto que deu en Caracas, organizado pola Hermandad Gallega de Venezuela, nada menos que 24.000 galegos na súa actuación.


1940-00-00
Orquestra Guiliade na década de 1940, coa súa estrela Finita Gay
1940-00-00
Postal con dedicatoria e sinatura de Finita Gay
1940-00-00
Retrato de Finita Gay
1954-00-00
Mabel Rivera con dous anos (Domingo de Ramos de 1954)
1954-01-08
Carné que identifica a Finita Gay como membro da Asociación Musical do Distrito Federal e Estado de Miranda (Venezuela)
1956-00-00
A bebé Mabel Rivera
1956-00-00
Mabel Rivera coa súa irmá, Sara, e a nai de ambas, Sara Torres (1956)
1957-00-00
María Casares, símbolo e referente do exilio galego, en 1957
Ver

Transcripción da María Casares, símbolo e referente do exilio galego, en 1957 en 00/00/1957

Filla de Santiago Casares Quiroga, último presidente do Goberno da República, con 14 anos tivo que fuxir a Francia coa súa nai. Alí viviu o seu exilio, tal como relata na súa biografía, Residente privilegiada, na que fai alusión ao permiso de residencia que lles outorgou o Goberno francés.
Estudou interpretación e chegou a converterse nunha das grandes damas do teatro francés. No cume da súa brillante carreira, viaxou a Arxentina coa compañía do Teatro Nacional Popular, dirixida por Jean Vilar. Para todos os galegos emigrados e exiliados a súa presenza e actuacións teatrais supuxeron momentos de afirmación colectiva e de orgullo. María Casares, ademais dunha actriz de gran sona, era unha muller que defendía nas súas declaracións as súas ideas republicanas e democráticas. E, como non, amosábase orgullosa da súa condición de galega, como podemos ler nunha entrevista realizada nesta viaxe por Víctor Luis Molinari, a quen lle afirma: «En este futuro yo me veo en Galicia, por los caminos de Galicia, representando para mi pueblo y dándole a él lo mejor de mi espíritu».
Nesta visita a Bos Aires participou en varios eventos coa colectividade: fixo unha ofrenda floral á estatua de Rosalía de Castro no Centro Galego e recibiu diversas homenaxes de varias entidades como o Centro Lucense, AGUEA ou o Consello de Galiza, con cuxos membros aparece retratada.
O Consello da Cultura Galega ten publicado un libro de María Lopo no que podemos coñecer máis en profundidade a súa vinculación coa súa terra natal baixo o título de O tempo das mareas. María Casares e Galicia.


1958-00-00
Mabel Rivera con seis anos
1959-00-00
Sara e Mabel Rivera de nenas
1960-00-00
Mabel Rivera co traxe de comuñón (comezos de sesenta)
1960-00-00
Mabel Rivera, no medio do grupo, con 8 ou 9 anos
1961-10-23
Foto de grupo. Mabel Rivera con nove anos é a segunda da dereita (23-10-1961)
1963-10-15
Tarxeta escolar de Mabel Rivera dos cursos escolares 1963 a1968. Instituto Nacional de Ensino Concepción Arenal, Ferrol
1964-00-00
Equipo de atletismo do Instituto Nacional de Ensino «Concepción Arenal» de Ferrol, curso 1964-1965. Mabel Rivera é a primeira pola esquerda
1967-00-00
Equipo de fútbol do Instituto Nacional de Ensino «Concepción Arenal» de Ferrol. Mabel Rivera está de pé, é a primeira da dereita despois do xuíz de liña (1967)
1968-00-00
Tres amigas. Mabel Rivera é a da dereita
1969-00-00
Mabel Rivera na casa familiar de Ferrol (finais dos sesenta)
1969-08-00
Mabel Rivera está de pé, no medio deste grupo de amigas e amigos (Doniños, agosto 1969)
1971-01-16
Mabel Rivera con tres amigos (Ferrol, 16-01-1971)
1972-00-00
Mabel Rivera asistindo á botadura do petroleiro Arteaga (Fene, 1972)
1973-00-00
Mabel Rivera (no centro) unha fin de semana de primavera, nunha excursión á praia de Ber con amizades e mais membros do grupo de teatro (década dos setenta)
1975-00-00
Mabel Rivera nunha viaxe a Cádiz (1975)
1975-00-00
Mabel Rivera (arriba) antes dunha función no Casino de Ares con Mara Vargas, Francisco Oti, Carlos Basoa e Ramón Espada, entre outras (1975)
1976-00-00
Programas da posta en escena de Un lóstrego na noite e de Romería ás covas do demo nas que participa Mabel Rivera
1976-00-00
Grupo de Teatro do Círculo de Perlío, sen Celestino Ledo, na estrea do O Circo de tiza caucasián. Mabel Rivera, con maquillaxe branca, é a oitava comezando pola esquerda (1976)
1976-00-00
Luíz Rivas, Mabel Rivera e Carlos Neira na estrea de O Circo de tiza Caucasián (1976)
1976-02-14
Nos camerinos, antes da actuación , Mabel Rivera maquilla a Ramón Espeda para a representación de O inglés de Castelao (Perlío, 14-2-1976)
1976-12-00
Mabel Rivera nos camerinos antes da representación de A tía Lambida de Eduardo Blanco Amor (Perlío, decembro de 1976)
1976-12-00
Reunión de traballo do grupo de Teatro do Círculo de Perlío (decembro de 1976)
1977-00-00
Mabel Rivera coa gata Chiruca en Senande (abril 1977)
1978-00-00
Mabel Ribera con roupas de xigante nun teatro de rúa nas Pontes de García Rodríguez (Entroido, finais dos setenta)
1978-00-00
Mabel Rivera é Facunda na posta en escena da obra de Manuel María Farsa de Bululú realizada polo grupo Tagallo (1978)
1978-00-00
Momento de ensaio da Farsa de Bululú do grupo Tagallo (1978)
1979-00-00
Programa da representación A farsa de Bululú na que participa Mabel Rivera
1979-00-00
Mabel Rivera nun momento da súa viaxe por Bretaña e Inglaterra (1979)
1979-04-26
Nova sobre as orixes do grupo de teatro Tagallo, proceso no que participa Mabel Rivera
1979-12-29
A farsa de Bululú, programa do teatro Tagallo do que fai parte Mabel Rivera
1980-00-00
Programa da posta en escena de Memoria de Mortos e Ausentes na que participa Mabel Rivera
1983-02-01
Documento do Sindicato Profesional de Músicos Españoles que autoriza a Finita Gay a exercer como acordeonista
1984-00-00
Mabel Rivera dá vida a dona Tereixa na representación de Agasallo de sombras do Centro Dramático Galego.
1984-00-00
Momento da representación de Os vellos non deben namorarse. Mabel Rivera é a bruxa
1984-10-07
Artigo sobre a posta en escena de Agasallo de sombras
1986-00-00
Rosa Álvarez, Marisa Soto e Mabel Rivera con motivo da constitución da Compañía Teatro do Malbarate (1986)
1986-00-00
Retrato de Mabel Rivera (1986)
1986-00-00
Momento da representación de O enfermo imaxinario polo Centro Dramático Galego. Belisa (Mabel Rivera) está no centro da fotografía (1986)
1986-04-28
Pepe Marqués “Chocolate” no local A Martela (Carral) con Finita Gay. 1986
1987-00-00
Marisa Soto con Mabel Rivera en Xogos de damas (1987)
1987-00-00
Mabel Rivera nun momento da representación de Xogos de damas. Primeira montaxe do Teatro do Malbarate (1987)
1987-00-00
Mabel Rivera e Luma Gómez na gravación de El bosque animado (1987)
1988-00-00
Momento do ensaio de Galicia SL (Meixon Frío, 1988)
1989-00-00
O programa de Xogos de Damas inclúe información sobre a formación teatral e das actrices Rosa Álvarez, Mabel Rivera e Marisa Soto
1989-00-00
Mabel Rivera é a señora Paxe na posta en escena de As alegres casadas do Centro Dramático Galego (1989)
1990-00-00
Marisa Soto con Mabel Rivera en Inventarios (1990)
1990-00-00
Marisa Soto con Mabel Rivera en Inventarios (1990)
1990-00-00
Programa da posta en escena de Inventarios na que participa Mabel Rivera
1990-00-00
Carme Rábade conversa con Malbarate, grupo do que fai parte Mabel Rivera
1990-00-00
Angèle é a personaxe á que dá vida Mabel Rivera na posta en escena da obra de Philippe Minyana Inventarios dirixida por Fernanda Lapa (1990)
1991-00-00
Programa de Xogos a hora da siesta, onde actúa Mabel Rivera
1991-00-00
Programa de Xogos a hora da siesta, onde actúa Mabel Rivera
1991-00-00
Abaixo á esquerda Mabel Rivera caracterizada de Carolina, co resto do elenco de Xogos a hora da sesta (1991)
1992-00-00
Marisa Soto con Xan Cejudo e Mabel Rivera, na montaxe de Xogos á hora da sesta de Roma Mahieu (1992)
1995-00-00
Capítulos de Pratos combinados (1995-2004)
1996-00-00
Momento de celebración do equipo de Pratos combinados (1996)
1998-00-00
Ensaio de Galicia SL (Meixon Frío, 1988)
1998-00-00
De esquerda a dereita, Xaime Cagiao, Ernesto Chao e Mabel Rivera nas Conclusións do Primeiro Encontro de Teatro Profesional realizado no Ateneo Ferrolán (xuño 1988)
1998-00-00
Fotograma de Pratos combinados (1998)
1999-00-00
Fotograma de Pratos combinados (1999)
2000-00-00
Mabel Rivera fai parte do elenco da posta en escena de Compañía
2000-00-00
Mabel Rivera, Rosa Álvarez e Ernesto Chao son, respectivamente, Magda, Ana e Ovidio na posta en escena de Compañía de Manivela & Galería (2000)
2001-00-00
Dúas amigas. Rosa Álvarez e Mabel Rivera (2001)
2001-00-00
Mabel Rivera nunha escena de Cartas de amor (2001)
2001-00-00
Mabel Rivera nunha escena de Cartas de amor (2001)
2001-00-00
Foto do casamento de Mabel Rivera, no centro, con Enrique Banet, que está á súa dereita (2001)
2001-01-15
Nova sobre a posta en escena da obra Compañía de Eduardo Rover por Manivela & Galería
2004-00-00
Pilar Comesaña entrevista a Mabel Rivera
2004-00-00
Manuela Sanlés, cuñada de Ramón Sampedro, é a personaxe interpretada por Mabel Rivera na longametraxe de Alejnadro Amenábar Mar adentro (2004)
2004-10-01
Camilo Franco entrevista a Mabel Rivera
2004-11-07
Nova na que se destaca a interpretación de Mabel Rivera en Mar Adentro
2005-00-00
Mabel Rivera dramaturga
2005-00-00
Retrato de Mabel Rivera (2005)
2005-00-00
Mabel Rivera recolle o Premio Goya á mellor actriz de reparto pola súa interpretación de Manuela en Mar adentro (Gala dos Goyas, 2005)
2005-01-30
Rocío García entrevista a Lola Dueñas, Mabel Rivera e Belén Rueda
2005-03-21
Artigo de Rubén Ventureira sobre o teatro en Galicia e no que se fala do lugar ocupado por figuras como Mabel Rivera
2005-03-23
Unha conversa con Mabel Rivera
2005-06-15
Carmen Avendaño, Luísa Castro e Mabel Rivera son as protagonistas deste artigo de Xosé Manuel Pereiro
2006-00-00
Mabel Rivera e José Luis Gómez son María Isabel de Bilbatúa e Tomás Pío Bilbatúa na película de Milos Forman Goya’s Ghosts (2006)
2007-00-00
Mabel Rivera caracterizada de avoa Claudia xunto co director Rigoberto Castañeda na gravación de Blackout (2007)
2007-00-00
Josefa (Mabel Rivera) nun momento da rodaxe da longametraxe de Antón Reixa Hotel Tívoli (2007)
2007-00-00
Mabel Rivera é Pilar en El Orfanato.
Fotografía de Víctor Bello
2007-03-15
Entrevista a Mabel Rivera no X Festival de Cine de Málaga
2007-06-07
Mabel Rivera productora de El salario del silencio
2008-00-00
Curtametraxe Galiza non se vende (2008)
Ver

Transcripción da Curtametraxe Galiza non se vende (2008) en 00/00/2008


2008-00-00
Mabel Rivera no Dicionario do cine en Galicia 1896-2008
2008-01-01
A orquestra Guiliades, da que formou parte Finita Gay, aparece recollida neste artigo sobre a música de baile nas mariñas
2009-05-00
ROCAMONDE, Teresa(2009): «Entrevista a Dorotea Bárcena e Mariana Carballal»
2009-11-06
Presenza de Mabel Rivera no ciclo de documentais en Bueu
2009-11-15
Artigo da xornalista Ana Rodríguez sobre Finita Gay
2009-11-17
Artigo sobre o premio Cineuropa outorgado a Mabel Rivera
2010-00-00
Capítulos da serie Libro de familia (2010)
2011-00-00
Sobre Galicia SL e a súa posta en escena
2011-00-00
Mabel Rivera é Rosa en Lobos de Arga
2012-04-20
Isabel Bugallal recolle opinións de Mabel Rivera sobre o premio Goya a Mar adentro
2012-07-08
Sandra Faginas escribe sobre Mabel Rivera
2013-00-00
Instantánea de Mabel Rivera, caracterizada como Elvira, nun momento da rodaxe da longametraxe Agallas de Samuel Martín Mateo e Andrés Luque (2013)
2013-00-00
María Elena é a matriarca da serie de Telecinco Familia. Un papel interpretado por Mabel Rivera (2013)
2013-00-00
Mabel Rivera, co seu galardón á mellor interpretación feminina de reparto, no fotocol dos Premios Mestre Mateo 2013
2013-01-00
Eduardo Vallejo entrevista a Mabel Rivera
2013-04-09
Patricia Fraga fala dos Premios Mestre Mateo 2013 nos que tivo presenza Mabel Rivera
2017-04-14
Xurxo Souto homenaxea a Finita Gay no espazo «La ventana de A Coruña» de Cadena Ser. 2017
2019-00-00
Xurxo Souto trata as novas formas da música popular neste capítulo da XII xornada de literatura de tradición oral
2022-00-00
José Luís Méndez Romeu aborda unha das facianas das relacións de María Casares con España.
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Rivera, MabelSeoane, LuísSeoane, MaruxaDíaz Pardo, IsaacGay, FinitaBurd, LipaVarela, LorenzoLaxeiro, Arias “Mimina”, CarmenAlvajar, AmparoScheimberg, SimónCastelao, Picasso, PabloSuárez, MarcialDieste, RafaelValle-Inclán, Ramón MaríaBurd, EstherAlberti, RafaelCasares, MaríaMaiztegui, Isidro B.Shand, WilliamSofovich, BernardoBrecht, BertoltSalvat i Ferré, RicardDíaz, XoséFalcini, LuísGerstein, MarikaCortázar, JulioShakespeare, WilliamGerstein, NoemíCuadrado, ArturoRey Gómez, BeatrizMaside, CarlosDíaz Arias de Castro, CamiloSoto, MarisaMuñoz Manzano, CarmenChagal, MarcPrada, Lala deWhitelow, GuillermoUnamuno, Miguel dePiñeiro, RamónBernárdez, AuroraDíaz Arias de Castro, RosendoMiró, JoanRotzait, PerlaFernández-Albalat Lois, AndrésDürrenmatt, FriedrichSerrano Plaja, ArturoColmeiro, ManuelFernández del Riego, Francisco Temáticas: Mulleresartes“cartografías” do Álbum de mulleres Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artes visuaisautores/asespazos artísticosasuntos particularesliteraturasociedadeMulleres no Álbum de GaliciaA nova SargadeloscineColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoanepolíticaTeatro Municipal General San Martín. Bos Airesemigraciónmedios de comunicaciónmigraciónsprensa escritamúsicaO divino SaineteOs vellos non deben namorarseradioÁlbum de GaliciaTeatro Colón. Bos AiresExposición de Luís Seoane. Colonia. 1967Historias de ida e voltaMemoria e voces femininas da diáspora galegapremiosDía de GaliciaLa casa de Bernarda AlbaThéâtre national populaireGalería BoninoBauhausEl AdefesioExposición de Luís Seoane. Madrid. 1973Ballet Gallego Rey de VianaTeatro María Guerrero. MadridExposición de Luís Seoane. Madrid. 1963MacbethAcademia Nacional de Bellas Artes [Arxentina]Imprenta Moretcaretas de CastelaoartistasteatroEsperando a GodotFausto, de GoetheLa Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de MarfilComédie-Française

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0