Temática: música popular

Temática: música popular [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998)
Ver

Transcripción da Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998)

María Isaura Vázquez Blanco, máis coñecida como Maruxa Villanueva, naceu na Barrela e iniciouse no canto da man da súa nai. En 1926, con tan só vinte anos, cruza o charco cara a Arxentina seguindo a dous irmáns que se anticiparan na aventura migratoria. En Bos Aires desenvolvería o seu talento como cantante e actriz, non sen antes traballar como dependenta nun comercio téxtil, como o facía calquera outra muller emigrante galega da época. O desenvolvemento da súa carreira artística foi impulsado da man dun matrimonio formado polo pianista vasco Juan Gueresta e a súa muller, a cantante galega Esperanza Blanco. En 1936 deixa o seu traballo no sector do comercio debido ao éxito alcanzado, sobre todo entre a colectividade galega residente en Bos Aires. Maruxa colaborou de maneira activa nas actividades desenvolvidas a favor da República española levadas a cabo pola colectividade emigrante na cidade. Nese tempo coñece ao dramaturgo estradense Daniel Varela Buxán, que a convidou a cantar na estrea da obra Se o sei… non volvo á casa, que tivo lugar no famoso Teatro Maravillas. Casou con Daniel pero non sería un matrimonio estable. Formaron a Compañía de Teatro denominada Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva, coa que se estreou "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao. Ademais deste último, Maruxa Villanueva tiña amizade con Salvador de Madariaga, Eduardo Blanco-Amor e Fernando Iglesias “Tacholas”, entre outras figuras destacadas da cultura galega alén mar. O seu retorno a Galicia foi intermitente, regresa en 1949 pero, ao fallar os seus plans de traballo, volve a Bos Aires en 1958, para retornar definitivamente en 1962. Esta vez desempeñaría un importante labor na Casa Museo Rosalía de Castro, da man do Dr. Agustín Sixto Seco, presidente do Padroado Rosalía de Castro. Converteuse nunha especialista no mundo rosaliano e coidadora da dita Casa Museo. Recibiu numerosas distincións polo seu labor activo na difusión da cultura galega fóra e dentro de Galicia. Finou en Santiago de Compostela aos noventa e dous anos de idade, o 24 de novembro de 1998.


Ana Kiro (A Castañeda-Arzúa, 1942 – Mera 2010)
Ver

Transcripción da Ana Kiro (A Castañeda-Arzúa, 1942 – Mera 2010)

María Dolores Casanova González naceu na Castañeda (Arzúa) o 24 de xaneiro de 1942. Con tan só dezaoito meses os seus pais levárona vivir a Barcelona. O seu pai, José Casanova Novás, era garda civil e fora destinado á Cidade Condal. Como a maioría das familias de emigrantes galegos no resto de España, a de María Dolores visitaba cada verán a súa aldea natal. Aos seis anos de idade foi vivir á Castañeda coa súa avoa paterna durante un ano. A súa convivencia coa avoa Dolores marcou fondamente a súa identidade cultural e persoal. Durante aquel ano vivindo na Castañeda aprendeu a “ser galega”; a Galicia labrega exerceu unha forte influencia no que, máis adiante, sería unha extensa e brillante carreira musical. De volta a Barcelona e sendo menor de idade, foi ás agachadas coa súa irmán a un programa radiofónico dominical de Sant Feliu de Llobregat, no que deixaban participar libremente e mostrar o talento artístico a toda persoa que o desexase. Resultou gañadora do concurso pero os seus pais truncaron, nun primeiro momento, o que sería o impulso para comezar unha carreira artística.
Foi un exemplo máis de muller independente que sacou adiante soa á súa filla, froito dun primeiro matrimonio que tan só durou tres anos. A partir da súa separación escolleu recoñecerse a si mesma e buscar firmemente o seu desenvolvemento como cantante. Non foi un camiño doado. Cando non tiña galas traballaba vendendo xabón americano. Así continuou ata alcanzar unha estabilidade laboral que lle permitirá sufragar todos os gastos e incluso aforrar cartos. O traballo era duro e a loita ás veces facíase eterna. Pouco a pouco todo comezou a harmonizarse a favor, de maneira que a partir de 1966, ano en que gravou coa discográfica Belter, a carreira de Ana Kiro fíxose imparable.
Galicia Terra Meiga (Belter, Barcelona, 1974), de Manuel Muñiz, foi a canción coa que introduciu o galego nos seus álbums, conquistando a propios e alleos alí onde chegaba . En dúas semanas vendéronse máis de 100.000 casetes. As letras e compases das súas cancións renderon culto aos costumes e á lingua galega na súa faceta de canción lixeira, que finalmente foi a súa marca de distinción. Ana Kiro converteuse nunha icona entre a colectividade emigrante que residía dentro e fóra de España. Nas súas viaxes a América leváballes un “suspiro da nosa terra”, como ela dicía, aos emigrantes galegos. Un exemplo do seu éxito foi a enorme multitude que acudiu ao concerto que deu en Caracas, organizado pola Hermandad Gallega de Venezuela, nada menos que 24.000 galegos na súa actuación.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Rivera, MabelSeoane, LuísSeoane, MaruxaDíaz Pardo, IsaacGay, FinitaBurd, LipaVarela, LorenzoLaxeiro, Arias “Mimina”, CarmenScheimberg, SimónCastelao, Picasso, PabloSuárez, MarcialDieste, RafaelAlvajar, AmparoBurd, EstherValle-Inclán, Ramón MaríaCasares, MaríaMaiztegui, Isidro B.Alberti, RafaelShand, WilliamDíaz, XoséFalcini, LuísGerstein, MarikaSofovich, BernardoBrecht, BertoltSalvat i Ferré, RicardCuadrado, ArturoRey Gómez, BeatrizCortázar, JulioShakespeare, WilliamGerstein, NoemíDíaz Arias de Castro, RosendoMiró, JoanMaside, CarlosDíaz Arias de Castro, CamiloSoto, MarisaMuñoz Manzano, CarmenChagal, MarcPrada, Lala deWhitelow, GuillermoUnamuno, Miguel dePiñeiro, RamónBernárdez, AuroraMatisse, Núñez Búa, XoséCoppola, HoracioRotzait, PerlaFernández-Albalat Lois, AndrésDürrenmatt, Friedrich Temáticas: Mulleresartes“cartografías” do Álbum de mulleres Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artes visuaisautores/asespazos artísticosasuntos particularesliteraturasociedadeMulleres no Álbum de GaliciaA nova SargadeloscineColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoanepolíticaTeatro Municipal General San Martín. Bos Airesemigraciónmedios de comunicaciónmigraciónsprensa escritamúsicaO divino SaineteOs vellos non deben namorarseradioÁlbum de GaliciaTeatro Colón. Bos AiresExposición de Luís Seoane. Colonia. 1967Historias de ida e voltaMemoria e voces femininas da diáspora galegapremiosDía de GaliciaLa casa de Bernarda AlbaThéâtre national populaireGalería BoninoBauhausEl AdefesioExposición de Luís Seoane. Madrid. 1973Ballet Gallego Rey de VianaTeatro María Guerrero. MadridExposición de Luís Seoane. Madrid. 1963MacbethAcademia Nacional de Bellas Artes [Arxentina]Imprenta Moretcaretas de CastelaoartistasteatroEsperando a GodotFausto, de GoetheLa Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de MarfilComédie-Française

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0