Temática: enfermidade

Temática: enfermidade [3]

Data Material Ver
Data Material Ver
1977-04-20
Carta de Delgado Gurriarán a Paz Andrade. 1977
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa:]

Transcripción da Carta de Delgado Gurriarán a Paz Andrade. 1977 en 20/04/1977

Guadalajara, 20 abril 1977


Sr. Don Valentín Paz-Andrade
Policarpo Sanz, 22
Vigo


Benquerido amigo:

Soupen da boa acollida que lle diche ao meu sobriño Florencio e á súa filla Tereixa, que anda a procura dun traballo en Vigo, e douche as gracias.
Polos meus parentes e por carta que che escribín dende Madrid, supóñote enterado do infarto que tiven, naquela cidade, pouco antes da data de volta a México, e que nos obrigóu a retrasar a viaxe. Agora estou moi recuperado. O doutor que me atende fíxome a proba de Bruce por fatiga muscular e respondín moi ben a ela. Di o médico: «Todo ello garantiza un perfecto estado de la función ventricular izquierda y mejora pronóstico que será dirigido a aumentar eficiencia miocárdica». Por outra parte, o doctor que me atendéu en Madrid e máis un terceiro que me viu ao chegar a México, coincidiron na boa recuperación que tiven. Queira Deus que siga a cousa ben.
Seguín, namentras estiven en Madrid e polos xornais, o labor da comisión dos nove, na que tan ben representas a Galiza. Esquí tamén veñen moitas noticias da política española, na prensa da capital e na local, pero fai tempo que non aparece nada relacionado coas vosas xestións. Leo tamén a revista Cambio 16, edición internacional, mais tampouco comenta nada nos derradeiros números. ¿Cómo vai a cousa? ¿Qué posibilidades hai para a nosa causa? Teño moitísimas arelas de coñecer o que pasa e, abusando da nosa amistade, quixera me informaras de todo aquello que non sexa segredo, pois sei que hai cousas que non compre pubricar. Por outra parte, se podo ser útil para algo, conta conmigo.
Qué todo vaia con ben pra Galiza e a democracia «civilizada». Dádesme envexa os que vivides arastora na Terra, pois podedes facer moito por ela.
Garimosas apertas da miña dona e miñas, pra ti, Pilar e o voso fillo. ¡Que a xeira do quince de xuño sexa proveitosa!


Florencio


1977-05-02
Carta de Filgueira Valverde a Paz Andrade. 1977
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Filgueira Valverde a Paz Andrade. 1977 en 02/05/1977

Pontevedra 2-V-1977


Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo


Benquerido Valentín:

Podes maxinar cánto teño agradecido a tua gasalleira ideia de que te fixera compañía na candidatura senatorial pontevedresa. Tornóu o choio á consulta e a negativa médica foi total; o meu fillo dixo que razoaría os motivos nunha carta que has recibir un destes días. Ademáis de tódalas outras razóns, xurdiu un impeitizo legal que é decisorio. Non renunciéi a tempo ao cargo, gratuito e incómodo, mais, eso sí, por decreto, de «Consejero Provincial de Bellas Artes».
Sinto ben contrariarte, anque sei recoñecer o moitísimo que sinificóu pra min a tua xenerosa proposta.


[Manuscrito:] Apertas garimosas de


Xosé Filgueira Valverde


1984-11-19
Carta de Paulo Ronai a Paz Andrade. 1984
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa:]

Transcripción da Carta de Paulo Ronai a Paz Andrade. 1984 en 19/11/1984

Sítio Pois é, 19 de novembro de 1984


Querido Amigo,

Como vão vocês? Estamos com muitas saudades do casal amigo. Mandem notícias.
Você encontrará anexo à presente um discurso do Prof. Luis Otávio Savassi Rocha, da Faculdade de Medicina da Universidade de Minas Gerais, conterrâneo de Guimarães Rosa e eminente estudioso de sua obra. Há nele oportunas referências à Galeguidade na obra de Guimarães Rosa, que devem interessá-lo. O endereço do Prof. Savassi Rocha é Rua Maranhão 1305, apto. 104, Belo Horizonte, 30000.
E, por falar em nosso livro, você gostará de saber que sua tradução me valeu o Prêmio Jabuti desse ano: é uma estátua de bronze oferecida pela Câmara Brasileira do Livro.
Depois de muita demora, acaba de sair o vol. VII de Mar de Histórias, de que já lhe mandei um exemplar.
Mais noticias daqui:
Carlos Drummond de Andrade encerrou suas atividades de cronista. Essa decisão, lamentada por seus leitores e por muitos articulistas, foi anunciada há mais de um mês numa crônica de adeus.
O nosso Aurélio continua doente, afetado que está do mal de Parkinson, que lhe dificulta escrever e até locomover-se.
A situação política do Brasil está muito inquieta por causa das próximas eleições presidenciais. O candidato do governo se vê ameaçado de perder, mas teme-se que o da oposição, se vencer, não venha a ser empossado. Enquanto isto, a inflação chegou a 300% ao ano. Nós outros tentamos viver sossegados no isolamento do nosso sítio, entre flores e bichos, e pensamos muito em você e em D. Pilar. Recebam nossas melhores lembranças e nossos abraços cordiais.



Paulo


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaAgra Romero, María XoséCabanas, ConstantinoDíaz Pardo, IsaacFernández Albor, GerardoBarreiro Rivas, Xosé LuísCastelao, Blanco Campaña, Xose LuísGarcía-Sabell, DomingoFraga, ManuelCañas, PilarVarela, LorenzoPerón, Juan DomingoScheimberg, SimónPaz-Andrade, ValentínRosón, AntonioDieste, RafaelVelo Mosquera, XoséVázquez, FranciscoPiñeiro, RamónFernández Lores, Miguel AnxoSofovich, BernardoMurguía, ManuelPicasso, PabloFalcini, LuísGonzález Laxe, FernandoPita, LuisMontero Díaz, SantiagoDónega, MarinoFernández del Riego, FranciscoPeña, Marina de laLaxeiro, Rajoy, MarianoCabeza de León, SalvadorArias “Mimina”, CarmenGerstein, MarikaQuiroga Suárez, JoséLifschitz, RafaelAlberti, RafaelBeiras, Xosé ManuelGonzález Mariñas, PabloCuiña, XoseShand, WilliamLanusse, Alejandro AgustínDíaz Dorado, DiegoGómez Román, ManuelFaraldo, AntolínMarfany, EnriqueGarcia Labandeira, Xosé Luís Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galiciaentrevista Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesxustizaensinofeminismofilosofíaMulleresMulleres no Álbum de GaliciaÁlbum de Galicialiteraturaartes visuaisnacionalismoFondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transiciónhistoriaacción políticaespazos artísticosasuntos particularesprensa escritaautores/asmigraciónseconomíaemigraciónorganizaciónsmedios de comunicaciónParlamento de GaliciaProcesos electoraisEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981nacionalismo galegoeducaciónColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoanegaleguismoindustriaelecciónsexilioA nova SargadelosensaioarquitecturaperonismoculturasindicalismoEleccións ao Parlamento de Galicia. 1981socioloxíaTransición“cartografías” do Álbum de mullerescinereconversión navalExposición de Luís Seoane. Madrid. 1973sociedade

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0