Temática: viaxe

Temática: viaxe [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1964-05-21
Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964 en 21/05/1964

21 de mayo de 1964


Sr.D. Isaac Díaz Pardo
Sada, Osedo
La Coruña


Querido Isaac:

Abro agora a túa e contesto de camiño. Non-o fago por presumir de dilixencia epistolar, mais porque hoxe debo saír a Madri deica o domingo. Nesta tempada teño máis desprazamentos previstos a Cibeles que á Torre de Hércules. O 29 debo voltar alá.
Penso que hai tempo pra que Luís conteste. Na dúbida hai que absolver. Ou sexa, decidirse pol-a solución favorable. Ti podrías escoller dou ou tres cadros de Luís e con outros tantos teus poñelos a disposición dos orgaizadores.
De Laxeiro non sei nada. Supoño que autorizará á muller pra que mande algunha cousa.
Enviarei a copia da carta ao Presidente do Círculo de las Artes. Cando lle envíes os cadros debes advertirlle que van fóra de concurso, no caso de que en definitiva pensedes en facelo así.
O Faro de Vigo publicóu o editorial no noso idioma, no día dezasete, Festa das Letras Galegas. Como ves, algo se vai conseguindo. Seguimos traballando arreo no do Banco.
Pensa en dar unha volta por Vigo co-a tua xente. Cordial aperta para Mimina e pra os varóns da casa do noso trío familiar.

Valentín


1966-03-10
Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1966
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1966 en 10/03/1966

Vigo, 10/3/1966



Querido Isaac:

Estóu hai moito tempo para contestar a tua derradeira carta. Son tantas as angueiras que un ten enriba, en loita de urxencia, que nos deixan sen vagar aínda par-a o mais grato ao noso esprito. De todal-as sortes, non hai moitas cousas a contar, pois o adormecemento persiste, aínda que o tempo, bon roedor, faga tamén a sua laboura profunda.
Te supoño informado do episodio A.M. Faléi con il e escribinlle. Sempre supuxen que non levarían a cousa adiante, para non provocar resoancias ao exterior. A derradeira carta que me escribéu dende as túas mariñas anunciaba a volta a Madrid, onde supoño que se atopará arestora. O día 15 penso chamal-o, de camiño para Guinea Ecuatorial, onde pasaréi uns días, por necesidade de intervir n-unha sociedade filial de Pescanova que alí vai a fundarse. Despois demorarei en Canarias dous ou tres días.
Vin en Madrid expostos n-un escaparate de Espasa-Calpe os teus debuxos de Cecilia, que son un alarde beleza e de rigor artístico. Tamén o texto, penso que das páxinas máis logradas da mesma pruma, serán as primeiras. Teño lido algo nos xornaes galegos sobre o libro de Tomás Barros, mais do resto dos editados no Castro pouco ou nada. Nosos críticos –d-algún xeito han de ser chamados-, prefiren escribir sobre temas que deixan na indiferenza ao lector que da nosa promoción cultural auténtica, tan precisada de difusión na masa.
N-este mesmo mes suponse que ficará aprobada a nova lei de prensa. Cecais se intente facer algo en Vigo. Teño falado do asunto con Augusto Assía, que agora recalóu en Madrid con permanente ancoradoura. ¿Qué fai Seoane? ¿E Varela? Pepe Núñez dime algo da incorporación de Lourenzo a Correo de Galicia, do que non vin aínda exemprar algún. Penso que ben puideron escoller un tídoo sen antecedentes recusabres.
E nada mais. Con Mimina faléi un día dend-a Cruña. Supoño que Camiliño se defenderá ben nas novas angueiras. Anuncióume Bene, o do Faro, que vai saír para Bos Aires invitado por Mourente, e que este prepara unha volta a Galiza.
Nada máis pol-o d-hoxe. Recibe, con Camiliño, a máis forte aperta de


Valentín


P.D. Moisés Álvarez leva varios meses fora. Supoño que chegará despois do 20. Si queres que lle diga algo, podo facel-o, si aínda é tempo. Agardo calquera indicación tua si debo intervir no asunto


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz Pardo, Isaac;  Porteiro García, María Xosé;  Dieste, Rafael;  Lombao, Manuel;  Hervella Nieto, Evelina;  Paz-Andrade, Valentín;  García-Sabell, Domingo;  Campos Álvarez, Xesús “Chichi”;  Maside, Carlos;  Laxeiro, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Piñeiro López, Ramón;  Gerstein, Marika;  Picasso, Pablo;  Castelao, ;  Cuadrado, Arturo;  Cela, Camilo José;  Scheimberg, Simón;  Sofovich, Bernardo;  Cunqueiro, Álvaro;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Lamas Carvajal, Valentín;  Fole, Ánxel;  Arias “Mimina”, Carmen;  Prada, Rodolfo;  Ledo, Xohán;  Falcini, Luís;  Cancio, Miguel;  Cabanas, Constantino;  Carballo Calero, Ricardo;  Núñez Búa, Xosé;  Muñoz Manzano, Carmen;  Colmeiro, Manuel;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Neira Vilas, Xosé;  Alberti, Rafael;  Díaz, Xosé;  Castro, Rosalía de;  Dónega, Marino;  Baudizzone, Luís;  Lifschitz, Rafael;  Baltar Domínguez, Antonio;  Miró, Joan;  Palmás Casal, Ricardo;  García Lorca, Federico;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  prensa escrita;  literatura;  artes visuais;  radio;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  autores/as;  emigración;  migracións;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  asuntos particulares;  Mulleres;  Álbum de Galicia;  espazos artísticos;  xornalismo;  política;  política institucional;  axentes culturais;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  televisión;  A nova Sargadelos;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Lingua. Literatura;  entrevista;  historia;  Libro de Tapas;  artes escénicas;  Galería Bonino;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Galego;  premios;  Comunicacións mesturadas;  Figuracións;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Hora 11;  Ediciós do Castro;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  empresas;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires;  Fardel d’eisilado;  Lonxe;  Llanto por la muerte de Sánchez Mejías;  Academia Nacional de Bellas Artes [Arxentina];  cine;  El País;  Cruces de piedra;  Vida gallega;  A soldadeira ; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0