Temática: A literatura galega da posguerra en Ámerica

Temática: A literatura galega da posguerra en Ámerica [5]

Data Material Ver
Data Material Ver
1949-00-00
Obra colectiva de Lois Tobío Fernández, Viveiro (1906) - Madrid (2003); Plácido R. Castro del Río, Corcubión (1902) - Cambados (1967) e Florencio Delgado Gurriarán Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987)
Ver

Transcripción da Obra colectiva de Lois Tobío Fernández, Viveiro (1906) - Madrid (2003); Plácido R. Castro del Río, Corcubión (1902) - Cambados (1967) e Florencio Delgado Gurriarán Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) en 00/00/1949

Esta antoloxía xurdiu nun certame literario convocado pola Federación de Sociedades Gallegas, (FSG), no que participaron escritores exiliados ben coñecedores da poesía universal e das linguas orixinais nas que foran escritas. Entre eles Lois Tobío, destacado galeguista, tradutor e xornalista exiliado en Montevideo, Florencio Delgado Gurriarán dende México e Plácido Ramón Castro del Río dende Inglaterra. A calidade dos seus traballos levou á Federación a publicalos como unha obra colectiva que saíu do prelo en 1949. Contaba coa tradución de 57 textos poéticos, dos cales 24 eran obra de Plácido Castro, 13 de Gurriarán e 20 de Lois Tobío. Na nómina de autores traducidos figuran os escritores románticos ingleses Shelley, Keats, Tennyson e Longfellow e os franceses Baudelaire, Verlaine, Paul Bourget, Rimbaud, René Laporte e Louise de Vilmorin, entre outros. No limiar, redactado por Tobío, deféndese que a lingua e a literatura galegas se enriquecen polo contacto con outras literaturas pois “a voz de Galicia ten que se ouvir no mundo e as do mundo en Galicia”. Esta obra serviu para divulgar a moitos destes poetas entre os e as galegas.


1952-00-00
Luís Seoane, Bos Aires (1910) - A Coruña (1979)
Ver

Transcripción da Luís Seoane, Bos Aires (1910) - A Coruña (1979) en 00/00/1952

O seu autor, Luís Seoane, foi o paradigma do intelectual polifacético, unha das personalidades máis activas e creativas da nosa cultura. Como defensor da integración de todas as artes, destacou en todas as iniciativas que emprendeu: pintor, debuxante e ilustrador; editor; escritor: poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta ou crítico literario; e promotor de multitude de iniciativas a prol da cultura galega.
A súa obra poética iniciouse en 1952 coa publicación de Fardel de eisilado, libro en que relata, dende a súa visión máis persoal, a epopea anónima da emigración galega e do exilio, vítimas da situación sociopolítica que se estaba a vivir. Considerado como a primeira obra de poesía social da posguerra, é un libro icónico da lírica galega cheo de ideais sociais e artísticos, no que prevalece unha linguaxe prosaica con remorsos épicos.


1962-00-00
María Victoria Villaverde Otero, Vilagarcía de Arousa (1922) - Ribadumia (2017)
Ver

Transcripción da María Victoria Villaverde Otero, Vilagarcía de Arousa (1922) - Ribadumia (2017) en 00/00/1962

Esta obra autobiográfica narra as experiencias de Mariví Villaverde (tamén coñecida polo apelido do seu marido) durante a República, a Guerra Civil e o exilio coa súa familia en Francia e Arxentina, así como os seus anos no réxime franquista tras a súa volta a Galicia para casar con Ramón de Valenzuela. Nestas memorias relata, cunha profunda nostalxia, os fitos e ideais do período republicano e os seus recordos dunha infancia e xuventude feliz; tamén a loita e o sufrimento nos anos de exilio, baixo unha mirada feminista de defensa do papel das mulleres e da igualdade de xénero. Tres tiempos y la esperanza foi publicado en Bos Aires en 1962, prologado por Arturo Cuadrado, con quen a autora colaborara moitos anos no xornal Galicia da FSG. En 1987, xa retornada a España coa súa familia, Ediciós do Castro volve publicar esta obra na colección facsimilar Documentos para a Historia Contemporánea de Galicia; e no 2002 a editorial A Nosa Terra publica estas memorias, en galego, na súa colección Mulleres.


1967-00-00
Alejandro Finisterre, Fisterra (1919) - Zamora (2007)
Ver

Transcripción da Alejandro Finisterre, Fisterra (1919) - Zamora (2007) en 00/00/1967

Alejandro Campos Ramírez foi máis coñecido como "Alejandro Finisterre", nome que toma da súa vila natal. Exiliado en Francia e despois en Ecuador, Guatemala e México, foi poeta, editor, xornalista e inventor, sendo coñecido popularmente por crear o xogo de mesa do futbolín. Na súa frutífera época mexicana dedicouse ás artes gráficas e á edición. Fundou e dirixiu a Editorial Finisterre Impresora, dende a que editou a revista do Centro Galego de México e unha antoloxía de libros de poesía de autores exiliados españois e escritores americanos, como León Felipe –de quen foi testamenteiro literario–, Juan Larrea, Francisco Ayala, Américo Castro, Max Aub, María Teresa León, Ernesto Cardenal etc.
Outro dos seus proxectos foi a edición de Compostela. Revista de Galicia. O número 1, o único publicado, é un volume de 908 páxinas, ricamente ilustrado, que contén vinte traballos –ensaios, poemas, críticas literarias...–, entre os que podemos destacar un artigo de Luisa Carnés sobre Rosalía de Castro e a edición case completa de Cantares gallegos como apéndice; o Paralelo de las lenguas castellana y francesa do Padre Feijóo, cunha análise de Amancio Bolaño; ou a reprodución fotográfica da Colección de estampas..., gravados de Pietro Bombelli sobre a vida do franciscano frei Sebastián de Aparicio, impresas en México en 1789.


2022-00-00
Florencio Delgado Gurriarán, Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) et. al.
Ver

Transcripción da Florencio Delgado Gurriarán, Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) et. al. en 00/00/2022

Este libro fora publicado en 1943 na capital mexicana por iniciativa do Partido Galeguista. Trátase dunha antoloxía de textos poéticos cos que se quería homenaxear aos “compañeiros caídos na Guerra Civil española”. O editor literario desta obra colectiva foi Florencio Delgado Gurriarán, quen achegou catorce poemas da súa autoría. Tamén colaboraron Ramón Cabanillas Álvarez, fillo do poeta, Emilio Pita, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Bieito Búa Rivas e Ramón Rey Baltar, todos asinando con pseudónimos. Hai tamén un poema de Concepción Lamas Barreiro (Chita Lamas), considerada polo profesor Xesús Alonso Montero como a primeira voz feminina do exilio galego.
O Consello da Cultura Galega realizou unha edición facsimilar deste libro como homenaxe ao poeta Florencio Delgado Gurriarán e nomeadamente a todos os exiliados republicanos. Pódese consultar esta obra na súa páxina web.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Martínez López, RamónIsla Couto, RamiroDelgado Gurriarán, FlorencioRaimúndez, AlexandreViqueira Landa, LuisaVillaverde, MarivíLamas Barreiro, ChitaViqueira López-Cortón, María LuisaCasares, MaríaLanda Vaz, JacintaViqueira, Xohán VicenteViqueira Landa, CarmenSeoane, LuísLaxeiro, Viqueira Landa, JacintoIsla Couto, XaimeLamas Barreiro, FranciscoLiñares Giraut, Xosé AmancioCastelao, Cela, Camilo JoséOtero Pedrayo, RamónLópez-Cortón Viqueira, CarmenVázquez-Monxardín, AfonsoCabanillas Álvarez, RamónPaz-Andrade, ValentínPérez Buján, JavierLamas, FarrucoLanda, RubenSantiago, SilvioRodríguez Viqueira, ManuelAbalo, José LuisPita, EmilioIsla Couto, FidelPaz, MartaTobío Fernández, LoisBen-Cho-Shey, Carballa, XanFerreiro, Celso EmilioToro, Antonio Raúl deMejía Ruiz, CarmenGuerra da Cal, ErnestoVelo, CarlosSoto, LuisCastelao, TeresaLeuter González Salgado, EleuterioHeinze, UrsulaPulpeiro, EliseoBeiras García, ManuelCasas, VíctorGallegos, Rómulo Temáticas: Álbum de GalicialiteraturaMullereslinguaradiomigraciónsteatrocineemigraciónHistorias de ida e voltapoesíaLingua. Literaturaacción políticaMulleres no Álbum de Galicianacionalismopinturaidentidade culturalMemoria e voces femininas da diáspora galegaA literatura galega da posguerra en Ámerica artes plásticaspolíticaprensa escritaFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José CelaÁlbum de Galiciamúsicaartes escénicasautores/astraduciónacción socioculturalartesmúsica clásicaartistasempresasindustria editorialcrítica literariaensaionovelainfanciaexiliocienciafotografíaÁlbum da Ciencia

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0