Temática: Mulleres [95]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Artigo de Sabela Hermida na revista Madrigal |
||
Virxinia Pereira Renda. Muller de ideas propias, confidente de pensamentos e ideais |
Ver
Transcripción da Virxinia Pereira Renda. Muller de ideas propias, confidente de pensamentos e ideaisVirxinia Nicolasa María de Gracia Pereira Renda naceu na Estrada, o 20 de outubro de 1884. Filla de Peregrina Renda López e de Camilo Pereira Freigenedo, avogado de renome que encarrilou a súa educación contratando un mestre particular. En 1907 certas circunstancias familiares levaron a Virxinia a visitar con certa frecuencia a cidade de Santiago de Compostela, pois nela tiña fixada a residencia a súa irmá Sara, casada con Alfredo Pérez Viodi. Alí coñeceu ao que sería o seu compañeiro de vida, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, con quen casaría na Estrada no ano 1912. A aparición dunha desafortunada doenza ocular condicionaría o destino profesional de Castelao, afastándoo da práctica médica, que nunca chegou a exercer. A vida de Virxinia Pereira estivo marcada pola perda do seu único fillo, Afonso Xesús, que faleceu en 1928 con tan só catorce anos de idade. Co levantamento contra a República e o inicio inminente da Guerra Civil, Virxinia e Castelao comezaron o seu periplo por distintos lugares como Badaxoz, Valencia, Barcelona, a Unión Soviética, Estados Unidos, Cuba ou París. A súa condición nada tivo que ver coa vida acomodada propia da muller dun galeno. Na súa peregrinaxe con Castelao produciuse unha sutil participación de Virxinia en varios actos públicos (Nova York e Uruguai), chegando a substituílo na homenaxe a Manuel Irujo en Arxentina (1948). Durante o seu exilio en Bos Aires (1940), o matrimonio foi moi ben acollido. Castelao continuou coa súa carreira política e misión propagandística, ademais de desenvolver todas as súas facetas de artista global (novelista, debuxante, caricaturista, pintor, teórico da arte...). En todas elas estivo Virxinia presente, quen compartiu o seu fiel compromiso co galeguismo. De coidadora do seu fillo pasou a exercer de enfermeira do seu home. Castelao morreu o 7 de xaneiro de 1950 e Virxinia tivo que reiniciar un novo periplo cheo de reivindicacións, para que non morrese a súa memoria e o que iso representaba para Galicia. A partir dese momento a vida de Virxinia transcorrería entre Bos Aires e Galicia. Finalmente morreu en Madrid o 23 de decembro de 1969 e os seus restos descansan, xunto aos do seu querido fillo, no cemiterio de Figueroa.
|
|
Mariví Villaverde, memoria do exilio galego, ca. 1979 |
Ver
Transcripción da Mariví Villaverde, memoria do exilio galego, ca. 1979A experiencia vital de María Victoria Villaverde Otero estivo marcada polo exilio. Filla de Elpidio Villaverde, o último alcalde republicano de Vilagarcía de Arousa e deputado nas Cortes da República, tivo que exiliarse coa súa familia en Francia. Alí coñeceu a Ramón de Valenzuela. A II Guerra Mundial obrigou a familia a buscar un novo país de acollida e marchou cara a Arxentina. Ata 1944 non volve reunirse co seu mozo, que estaba no cárcere como preso político. Tras a súa voda en Vilagarcía e debido á represión franquista, deciden en 1949 marchar para Bos Aires. Alí traballa nas representacións de teatro galego da Federación de Sociedades Gallegas e dirixe xunto con Arturo Cuadrado o xornal Galicia, onde publica algúns artigos co pseudónimo de “Mª V. Arealonga”. Hai que destacar tamén as numerosas iniciativas que realizou a prol da defensa da muller emigrante na colectividade.
|
|
A
|
||
Retrato de María Casares |
||
Especial de Radio France no Centenario María Casares |
||
Luisa Viqueira Landa na Galipedia |
||
Entrevista a Manuel Rodríguez Viqueira, fillo de Luisa Viqueira Landa |
||
Ficha de Luisa Viqueira López-Cortón en Pares: portal de archivos españoles |
||
Retrato fotográfico de Luisa Viqueira López-Cortón |
||
Foto de Luisa Viqueira López-Cortón en Betanzos |
||
Fotografía de Luisa Viqueira López-Cortón e Rubén Landa, o seu esposo |
||
Luisa Viqueira López-Cortón nun retrato de mocidade |
||
De esquerda a dereita: Jacinta Landa Vaz, Rubén Landa Vaz, dúas persoas descoñecidas, Luisa Viqueira López-Cortón |
||
Julia Viqueira y Flores Calderón, Vicente Viqueira y Flores Calderón, Xohán Vicente Viqueira López-Cortón, Carmen López-Cortón Viqueira, Luisa Viqueira López-Cortón, Luisa López-Cortón Viqueira |
||
Luisa Viqueira López-Cortón |
||
Luisa Viqueira López-Cortón, co seu sobriño Jacinto Viqueira Landa no colo. Sentada, á dereita, Jacinta Landa Vaz coa súa filla Carmen no colo . De pé , a nena Luisa Viqueira Landa |
||
Entrada biográfica de Mariví Villaverde na Galipedia |
||
Artigo de Xosé Enrique Acuña sobre o fotógrafo José Luis Abalo |
||
Mariví Villaverde debuxada por Luís Seoane |
||
Resumo de Tres tempos e a esperanza de Mariví Villaverde, traducido para o francés |
||
| 1002-07-00 | Cuberta de Tres tempos e a esperanza de Mariví Villaverde, na colección Muleres d'A Nosa Terra |
|
| 1929-00-00 | Chita Lamas Barreiro co seu pai Farruco Lamas Salgado na Granxa Ceres. 1929 |
|
| 1929-00-00 | Chita Lamas e Farruco Lamas Salgado. 1929 |
|
| 1929-00-00 | Chita Lamas cunhas amigas en Mar del Plata. Sentada, a súa irma Vicenta |
|
| 1929-00-00 | Chita Lamas en Mar del Plata. 1929 |
|
| 1930-00-00 | De esquerda a dereita: Francisco Pérez y Pérez, Vicenta Lamas, Chita e Ramiro Isla. 1930 |
|
| 1931-00-00 | María Casares coa súa familia e partidarios de Casares Quiroga. Foto Cancelo, 1931 |
|
| 1932-00-00 | Retrato fotográfico de Chita Lamas. Madrid, 1932 |
|
| 1934-00-00 | Chita Lamas co seu sogro Fidel Isla Araújo polas rúas de Vigo. 1934 |
|
| 1935-00-00 | Chita e Vicenta Lamas na delegación do Seminario de Estudos Galegos durante a Semana Cultural Galega en Porto. 31 de marzo a 7 de abril de 1935 |
|
| 1940-00-00 | Tarxeta postal co retrato de María Casares. Ca.1940 |
|
| 1940-00-00 | Chita Lamas vestida de festa. Ca. 1940 |
|
| 1943-00-00 | Última foto conservada de Chita. Ca. 1943 |
|
| 1943-00-00 | Poema de Chita Lamas no Cancioneiro da Loita Galega |
|
| 1943-07-00 | Poema de Chita Lamas publicado na sección Poetas novos da revista Saudade. 1943 |
|
| 1944-00-00 | Salvoconducto de 1944 de María Casares, a súa tarxeta de identidade en Francia |
|
| 1945-00-00 | María Casares na portada da revista Mon Film. 1945 |
|
| 1950-00-00 | Fotograma da película Orphée de Jean Cocteau. 1950 |
|
| 1952-00-00 | Entrevista a Luisa Viqueira como delegada da U.M.E. de México na Conferencia Internacional para la Defensa de la Infancia, 1952 |
|
| 1952-03-01 | Artigo no voceiro oficial da Unión de Mujeres Españolas (U.M.E.) de México no que podemos ler a opinión de Luisa Viqueira sobre a situación política en España nese momento, 1952 |
|
| 1952-05-00 | Luisa Viqueira (primeira pola dereita) na Conferencia Internacional para la Defensa de la Infancia en que participou como delegada da UME de México, 1952 |
|
| 1954-10-00 | Declaracións de varias exiliadas españolas en México, entre as que podemos ler a entrevista a Luisa Viqueira como secretraria xeneral da UME, 1954 |
|
| 1957-00-00 | María Casares, símbolo e referente do exilio galego, en 1957 |
Ver
Transcripción da María Casares, símbolo e referente do exilio galego, en 1957 en 00/00/1957Filla de Santiago Casares Quiroga, último presidente do Goberno da República, con 14 anos tivo que fuxir a Francia coa súa nai. Alí viviu o seu exilio, tal como relata na súa biografía, Residente privilegiada, na que fai alusión ao permiso de residencia que lles outorgou o Goberno francés. |
| 1957-00-00 | En 1957 María Casares fai unha xira co TNP por Brasil, Uruguai, Arxentina, Chile e Perú. Na foto, con Eduardo Blanco Amor, Virxina Pereira e o actor Tacholas |
|
| 1958-00-00 | Con Gérard Philipe e Jean Vilar na xira do TNP por EUA e Canadá. Foto de Jean Rouvet, 1958 |
|
| 1959-00-00 | María Valverde. Unha das grandes voces líricas da nosa terra |
Ver
Transcripción da María Valverde. Unha das grandes voces líricas da nosa terra en 00/00/1959Esta artista galega, nacida en Santiago de Compostela, triunfou como cantante de ópera nos mellores teatros de Europa. Cunha excelente formación musical e dona dunha fermosa voz de contralto, debutou no Teatro Social de Milán coa ópera Il Trovatore. Triunfa axiña e actúa nos mellores teatros. A súa fama permitiulle integrar no seu repertorio a música galega tradicional e nas súas actuacións interpreta cancións populares galegas con grande éxito.
|
| 1962-00-00 | Maruxa Seoane, compañeira de vida e obra de Luís Seoane, 1962 |
Ver
Transcripción da Maruxa Seoane, compañeira de vida e obra de Luís Seoane, 1962 en 00/00/1962María Elvira Fernández López era coñecida por todos como Maruxa Seoane. Ela viviu sempre á beira do gran pintor e intelectual galego Luís Seoane, acompañándoo en todas as vicisitudes vitais polas que tiveron que pasar e apoiándoo en todas as súas iniciativas. Xuntos no exilio e xuntos no retorno ata a morte do artista.
|
| 1962-00-00 | Luisa Viqueira colaborou co Padroado da Cultura Galega de México e foi secretaria editorial da revista Vieiros. No número 2 da citada revista aparece unha relación dos artigos que sairían publicados no seguinte número que estaba no prelo. Entre eles figuraba un de Luisa Viqueira co título de «Mujeres españolas». Finalmente o artigo non foi publicado e descoñecemos o motivo |
|
| 1962-08-31 | Artigo de María Teresa León sobre Tres tiempos y la esperanza de Mariví Villaverde |
|
| 1963-00-00 | Ensaios de Yerma, en 1963 en Bos Aires, con Margarita Xirgu e Alfredo Alcón nunha foto de prensa |
|
| 1969-00-00 | Entrevista a María Casares no Correo de Galicia de Bos Aires |
|
| 1972-00-00 | Fotograma de Les deux memoires, documental de 1972 realizado por outro exiliado en Francia: Jorge Semprún. |
|
| 1975-00-00 | María Casares debuxada por Luís Seoane. O artista fixo os apuntes do debuxo cando coñeceu á actriz en Arxentina en 1957; o debuxo será publicado en febreiro de 1974 en La Voz de Galicia, como parte da serie «Figuracións» que entre 1971 e 1974 Seoane desenvolve no xornal |
|
| 1976-00-00 | A revista Triunfo publica unha reportaxe sobre a obra de teatro El Adefesio. 1976 |
|
| 1979-09-01 | Casa da familia Castelao, en Rianxo, con imaxes de Teresa Castelao e Emma Tojo. 1 de setembro de 1979 |
|
| 1985-11-00 | A escritora e xornalista Anunchi Bremon trata neste artigo o exilio da familia Viqueira |
|
| 1991-00-00 | Capítulo dedicado a María Casares no libro Mulleres de Ursula Heinze |
|
| 2002-11-07 | Mariví Villaverde en Revista das Letras. 7 de novembro de 2002 |
|
| 2003-00-00 | Os exilios de Mariví Villaverde |
|
| 2004-09-23 | Manuel M. Viqueira, fillo de Luisa Viqueira Landa, fala do exilio familiar en México nunha entrevista de Xan Carballa |
|
| 2005-10-00 | Mariví Villaverde, entrevistada por Marga Romero e Henrique Albor para Terra e tempo. 2005 |
|
| 2006-04-04 | Mariví Villaverde nunha charla no IES Bouza Brey. 4 de abril de 2006 |
|
| 2006-04-04 | Mariví Villaverde nunha charla no IES Bouza Brey. 4 de abril de 2006 |
|
| 2006-08-18 | Mariví Villaverde homenaxeada no Ano da Memoria. Faro de Vigo, 2006 |
|
| 2007-00-00 | Entradas das irmás Carmen e Luisa Viqueira Landa no Dicionario de mulleres galegas de Aurora Marco |
|
| 2007-00-00 | Con motivo do centenario da J.A.E. a Revista galega de educación publica un artigo sobre Xohán V. Viqueira e a súa familia |
|
| 2007-03-00 | Aurora Marco recolle a Luisa Viqueira López-Cortón no seu Dicionario de mulleres galgas |
|
| 2008-02-12 | Artigo de María Obelleiro n'A Nosa Terra sobre o ronsel de X.V. Viqueira a través das súas fillas e o seu fillo |
|
| 2008-02-12 | Luisa Viqueira Landa en México arredor de 2008 |
|
| 2009-03-28 | Mariví Villaverde homenaxeada pola AELG como
|
|
| 2010-03-19 | Homenaxe do concello de Bergondo á familia Viqueira |
|
| 2010-04-16 | Artigo de Paola Obelleiro en El país sobre Luisa Viqueira Landa |
|
| 2011-05-13 | Historias de Vida: Mariví Villaverde. 13 de maio de 2011 |
|
| 2012-01-23 | Fernando Franco entrevista a Mariví Villaverde en Faro de Vigo. 2012 |
|
| 2012-04-11 | Entrevista a Mariví Villaverde en Praza pública. 2012 |
|
| 2015-04-15 | Cartel da homenaxe a Luisa Viqueira Landa, co gallo do traslado das súas cinzas ao cemiterio de Ouces. Bergondo, 18 de abril de 2015 |
|
| 2016-04-08 | Luisa Viqueira Landa no proxecto MáisQuePublicanas. Mulleres na República, de Marta Paz |
|
| 2016-04-08 | Marta Paz retrata a Luisa Viqueira Landa para o proxecto MáisQuePublicanas. Mulleres na República. 2016 |
|
| 2017-00-00 | Xosé L. Pastoriza escribe sobre Ramiro Isla Couto e Chita Lamas Barreiro en Repensar Galicia |
|
| 2017-00-00 | Necrolóxica de Mariví Villaverde na revista Madrygal |
|
| 2017-04-24 | Noticia do falecemento de Mariví Villaverde en Faro de Vigo. 2017 |
|
| 2017-04-24 | Mariví Villaverde no Diario Cultural da Radio Galega. |
|
| 2017-04-26 | Entrevista de Carme Vidal a Mariví Villaverde en Nós Diario. 2017 |
|
| 2017-12-09 | Presentación d'O Legado Sonoro de Jacinta Landa Vaz, d'aCentralfolque, por Aurora Marco |
|
| 2021-00-00 | O legado de Castelao no Museo de Pontevedra |
|
| 2021-07-12 | Victor Fernández Freixanes homenaxea ao exilio galego en México e destaca a figura Luisa Viqueira Landa, gran descoñecida para os e as galegas |
|
| 2022-00-00 | José Luís Méndez Romeu aborda unha das facianas das relacións de María Casares con España. |
|
| 2022-03-13 | Quinta do Cortón, casa familiar en Vixoi (Bergondo) |
|
| 2022-05-05 | Biografía de María Casares na DB-e da Real Academia de la Historia |
|
| 2022-05-13 | Entrada de Francisco Lamas Barreiro, irmán de Chita Lamas, no Álbum de Galicia |
|
| 2022-05-13 | Biobibliografía de Ramiro Isla Couto no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega |
|
| 2022-05-13 | Edición facsimilar do Cancioneiro da loita galega realizada polo Consello da Cultura Galega co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Florecio Delgado Gurriarán |
|
| 2022-06-07 | Homenaxe do concello de Bergondo á figura de Luisa Viqueira Landa |
|
| 2022-06-14 | Biobibliografía de Luisa Viqueira Landa, sobriña de Luisa Viqueira López-Cortón, no Álbum de Galicia |



