Temática: autores/as

Temática: autores/as [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1949-00-00
Obra colectiva de Lois Tobío Fernández, Viveiro (1906) - Madrid (2003); Plácido R. Castro del Río, Corcubión (1902) - Cambados (1967) e Florencio Delgado Gurriarán Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987)
Ver

Transcripción da Obra colectiva de Lois Tobío Fernández, Viveiro (1906) - Madrid (2003); Plácido R. Castro del Río, Corcubión (1902) - Cambados (1967) e Florencio Delgado Gurriarán Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) en 00/00/1949

Esta antoloxía xurdiu nun certame literario convocado pola Federación de Sociedades Gallegas, (FSG), no que participaron escritores exiliados ben coñecedores da poesía universal e das linguas orixinais nas que foran escritas. Entre eles Lois Tobío, destacado galeguista, tradutor e xornalista exiliado en Montevideo, Florencio Delgado Gurriarán dende México e Plácido Ramón Castro del Río dende Inglaterra. A calidade dos seus traballos levou á Federación a publicalos como unha obra colectiva que saíu do prelo en 1949. Contaba coa tradución de 57 textos poéticos, dos cales 24 eran obra de Plácido Castro, 13 de Gurriarán e 20 de Lois Tobío. Na nómina de autores traducidos figuran os escritores románticos ingleses Shelley, Keats, Tennyson e Longfellow e os franceses Baudelaire, Verlaine, Paul Bourget, Rimbaud, René Laporte e Louise de Vilmorin, entre outros. No limiar, redactado por Tobío, deféndese que a lingua e a literatura galegas se enriquecen polo contacto con outras literaturas pois “a voz de Galicia ten que se ouvir no mundo e as do mundo en Galicia”. Esta obra serviu para divulgar a moitos destes poetas entre os e as galegas.


1967-00-00
Alejandro Finisterre, Fisterra (1919) - Zamora (2007)
Ver

Transcripción da Alejandro Finisterre, Fisterra (1919) - Zamora (2007) en 00/00/1967

Alejandro Campos Ramírez foi máis coñecido como "Alejandro Finisterre", nome que toma da súa vila natal. Exiliado en Francia e despois en Ecuador, Guatemala e México, foi poeta, editor, xornalista e inventor, sendo coñecido popularmente por crear o xogo de mesa do futbolín. Na súa frutífera época mexicana dedicouse ás artes gráficas e á edición. Fundou e dirixiu a Editorial Finisterre Impresora, dende a que editou a revista do Centro Galego de México e unha antoloxía de libros de poesía de autores exiliados españois e escritores americanos, como León Felipe –de quen foi testamenteiro literario–, Juan Larrea, Francisco Ayala, Américo Castro, Max Aub, María Teresa León, Ernesto Cardenal etc.
Outro dos seus proxectos foi a edición de Compostela. Revista de Galicia. O número 1, o único publicado, é un volume de 908 páxinas, ricamente ilustrado, que contén vinte traballos –ensaios, poemas, críticas literarias...–, entre os que podemos destacar un artigo de Luisa Carnés sobre Rosalía de Castro e a edición case completa de Cantares gallegos como apéndice; o Paralelo de las lenguas castellana y francesa do Padre Feijóo, cunha análise de Amancio Bolaño; ou a reprodución fotográfica da Colección de estampas..., gravados de Pietro Bombelli sobre a vida do franciscano frei Sebastián de Aparicio, impresas en México en 1789.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Martínez López, RamónIsla Couto, RamiroDelgado Gurriarán, FlorencioViqueira Landa, LuisaFernández, JuanVillaverde, MarivíLamas Barreiro, ChitaViqueira López-Cortón, María LuisaCasares, MaríaLanda Vaz, JacintaViqueira, Xohán VicenteViqueira Landa, CarmenSeoane, LuísViqueira Landa, JacintoLaxeiro, Isla Couto, XaimeLamas Barreiro, FranciscoLiñares Giraut, Xosé AmancioCabanillas Álvarez, RamónPaz-Andrade, ValentínCastelao, Cela, Camilo JoséOtero Pedrayo, RamónLópez-Cortón Viqueira, CarmenVázquez-Monxardín, AfonsoToro, Antonio Raúl deMejía Ruiz, CarmenGuerra da Cal, ErnestoVelo, CarlosSoto, LuisCastelao, TeresaEleuter, Pérez Buján, JavierLamas Salgado, FarrucoLanda, RubenSantiago, SilvioRodríguez Viqueira, ManuelAbalo, José LuisPita, EmilioIsla Couto, FidelPaz, MartaTobío Fernández, LoisBen-Cho-Shey, Carballa, XanFerreiro Míguez, Celso EmilioHermida Mondelo, SabelaRisco, VicenteGómez Román, ManuelAlonso Montero, XesúsGarcía Domínguez, "Borobó", Raimundo Temáticas: Álbum de GalicialiteraturaMullereslinguaradiomigraciónsteatrocineemigraciónHistorias de ida e voltapoesíaLingua. Literaturaacción políticaMulleres no Álbum de Galicianacionalismopinturaidentidade culturalMemoria e voces femininas da diáspora galegaA literatura galega da posguerra en Ámerica artes plásticaspolíticaprensa escritaFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José CelaÁlbum de Galiciamúsicaartes escénicasautores/astraduciónacción socioculturalartesmúsica clásicaartistasempresasindustria editorialcrítica literariaensaionovelainfanciaexiliocienciafotografíaÁlbum da Ciencia

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0