Temática: exilio galego

Temática: exilio galego [247]

Data Material Ver
Data Material Ver
Artigo de Sabela Hermida na revista Madrigal
Retrato fotográfico de Florencio Delgado Gurriarán
Virxinia Pereira Renda. Muller de ideas propias, confidente de pensamentos e ideais
Ver

Transcripción da Virxinia Pereira Renda. Muller de ideas propias, confidente de pensamentos e ideais

Virxinia Nicolasa María de Gracia Pereira Renda naceu na Estrada, o 20 de outubro de 1884. Filla de Peregrina Renda López e de Camilo Pereira Freigenedo, avogado de renome que encarrilou a súa educación contratando un mestre particular. En 1907 certas circunstancias familiares levaron a Virxinia a visitar con certa frecuencia a cidade de Santiago de Compostela, pois nela tiña fixada a residencia a súa irmá Sara, casada con Alfredo Pérez Viodi. Alí coñeceu ao que sería o seu compañeiro de vida, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, con quen casaría na Estrada no ano 1912. A aparición dunha desafortunada doenza ocular condicionaría o destino profesional de Castelao, afastándoo da práctica médica, que nunca chegou a exercer. A vida de Virxinia Pereira estivo marcada pola perda do seu único fillo, Afonso Xesús, que faleceu en 1928 con tan só catorce anos de idade. Co levantamento contra a República e o inicio inminente da Guerra Civil, Virxinia e Castelao comezaron o seu periplo por distintos lugares como Badaxoz, Valencia, Barcelona, a Unión Soviética, Estados Unidos, Cuba ou París. A súa condición nada tivo que ver coa vida acomodada propia da muller dun galeno. Na súa peregrinaxe con Castelao produciuse unha sutil participación de Virxinia en varios actos públicos (Nova York e Uruguai), chegando a substituílo na homenaxe a Manuel Irujo en Arxentina (1948). Durante o seu exilio en Bos Aires (1940), o matrimonio foi moi ben acollido. Castelao continuou coa súa carreira política e misión propagandística, ademais de desenvolver todas as súas facetas de artista global (novelista, debuxante, caricaturista, pintor, teórico da arte...). En todas elas estivo Virxinia presente, quen compartiu o seu fiel compromiso co galeguismo. De coidadora do seu fillo pasou a exercer de enfermeira do seu home. Castelao morreu o 7 de xaneiro de 1950 e Virxinia tivo que reiniciar un novo periplo cheo de reivindicacións, para que non morrese a súa memoria e o que iso representaba para Galicia. A partir dese momento a vida de Virxinia transcorrería entre Bos Aires e Galicia. Finalmente morreu en Madrid o 23 de decembro de 1969 e os seus restos descansan, xunto aos do seu querido fillo, no cemiterio de Figueroa.


Mariví Villaverde, memoria do exilio galego, ca. 1979
Ver

Transcripción da Mariví Villaverde, memoria do exilio galego, ca. 1979

A experiencia vital de María Victoria Villaverde Otero estivo marcada polo exilio. Filla de Elpidio Villaverde, o último alcalde republicano de Vilagarcía de Arousa e deputado nas Cortes da República, tivo que exiliarse coa súa familia en Francia. Alí coñeceu a Ramón de Valenzuela. A II Guerra Mundial obrigou a familia a buscar un novo país de acollida e marchou cara a Arxentina. Ata 1944 non volve reunirse co seu mozo, que estaba no cárcere como preso político. Tras a súa voda en Vilagarcía e debido á represión franquista, deciden en 1949 marchar para Bos Aires. Alí traballa nas representacións de teatro galego da Federación de Sociedades Gallegas e dirixe xunto con Arturo Cuadrado o xornal Galicia, onde publica algúns artigos co pseudónimo de “Mª V. Arealonga”. Hai que destacar tamén as numerosas iniciativas que realizou a prol da defensa da muller emigrante na colectividade.
En 1962 a editorial Alborada de Luís Seoane publica a súa obra máis coñecida, Tres tiempos y la esperanza, na que dá testemuño do que foi a República e o exilio para tantos e tantas galegas. En 1966 retorna coa súa familia definitivamente a España e instálase en Madrid pero con Galicia sempre presente.


A Maison Maria Casarès en Alloue é tamén arquivo da memoria e da xenerosidade da actriz
Retrato de María Casares
Especial de Radio France no Centenario María Casares
Retrato de Ramiro feito polo seu irmán Xaime Isla Couto. Sen data
Na universidade de Texas, rodeado de libros
Retrato de Luisa Viqueira Landa
Luisa Viqueira Landa de nena cos seus pais, Jacinta Landa Vaz e o filósofo e pedagogo galeguista Johán Vicente Viqueira. Ca. 1920
Luisa Viqueira Landa na Galipedia
Entrevista a Manuel Rodríguez Viqueira, fillo de Luisa Viqueira Landa
Ficha de Luisa Viqueira López-Cortón en Pares: portal de archivos españoles
Retrato fotográfico de Luisa Viqueira López-Cortón
Foto de Luisa Viqueira López-Cortón en Betanzos
Fotografía de Luisa Viqueira López-Cortón e Rubén Landa, o seu esposo
Luisa Viqueira López-Cortón nun retrato de mocidade
De esquerda a dereita: Jacinta Landa Vaz, Rubén Landa Vaz, dúas persoas descoñecidas, Luisa Viqueira López-Cortón
Julia Viqueira y Flores Calderón, Vicente Viqueira y Flores Calderón, Xohán Vicente Viqueira López-Cortón, Carmen López-Cortón Viqueira, Luisa Viqueira López-Cortón, Luisa López-Cortón Viqueira
Luisa Viqueira López-Cortón
Luisa Viqueira López-Cortón, co seu sobriño Jacinto Viqueira Landa no colo. Sentada, á dereita, Jacinta Landa Vaz coa súa filla Carmen no colo . De pé , a nena Luisa Viqueira Landa
Lápida de Alexandre Raimúndez no cemiterio de Torqay (Devón). Con cruz de Santiago e vieiras xacobeas, foi enviada desde Ourense. Leva a inscrición Inda que lonxe da súa terra, o esprito está sempre nela. Sempre en Galiza
Participantes no Galician Programme: Alexandre Raimúndez (Xavier Fernández), Fernández Armesto (Augusto Assía), Eleuterio González (Leuter) e X. Ramón Fernández-Oxea (Ben-Cho-Shey)
Conferencia de Afonso Vázquez-Morxardín sobre as emisións en galego da BBC
Entrada na Galipedia de Alexandre Raimúndez
A historia do Galician Programme na páxina web da Real Academia Galega
Galician Programme na Galipedia
Artigo no xornal praza.gal sobre o Galician Programme
Mariví Villaverde retratada por José Luís Abalo
Entrada biográfica de Mariví Villaverde na Galipedia
Artigo de Xosé Enrique Acuña sobre o fotógrafo José Luis Abalo
Mariví Villaverde debuxada por Luís Seoane
Resumo de Tres tempos e a esperanza de Mariví Villaverde, traducido para o francés
1002-07-00
Cuberta de Tres tempos e a esperanza de Mariví Villaverde, na colección Muleres d'A Nosa Terra
1905-00-00
Familia Isla Couto. De pé, primeiro pola esquerda, Ramiro canda aos seus pais e tres (Ana, Fidel e Blanca Sara) dos seus oito irmáns. Ca. 1905
1919-01-13
«Orense después de una ausencia»,, artigo de Alexandre Raimúndez publicado en El pueblo gallego. 1929
1920-00-00
Cartel publicitario do trasatlántico Espagne, no que viaxou Laxeiro a Cuba
1920-01-01
Grupo Musical de Córgomo. Ca. 1920
1921-00-00
Ramiro Isla, primeiro pola dereita, nos estaleiros de San Filipe en Ferrol. 1921
1925-09-15
Colaboracións de Martínez López na revista Nós
1925-11-02
Algúns artigos de Ramón Martínez López no xornal El Compostelano
1926-00-00
Un exemplo da súa serie xornalística Lambizos. Compostela, 1926
1926-03-14
Socios e colaboradores do Seminario de Estudos Galegos na súa IIª Xuntanza Xeral, celebrada na Sociedade Económica de Santiago. No centro, Ramón Martínez López, un dos fundadores do SEG. Fotografía de Ksado, 14 de marzo de 1926
1926-09-01
Artigo de Martínez López en A Nosa Terra
1929-00-00
Chita Lamas Barreiro co seu pai Farruco Lamas Salgado na Granxa Ceres. 1929
1929-00-00
Chita Lamas e Farruco Lamas Salgado. 1929
1929-00-00
Chita Lamas cunhas amigas en Mar del Plata. Sentada, a súa irma Vicenta
1929-00-00
Chita Lamas en Mar del Plata. 1929
1929-05-17
Información sobre a voda de Chita Lamas e Ramiro Isla, celebrada o 20 de abril de 1929 en Bos Aires
1930-00-00
De esquerda a dereita, Ramiro Isla, un amigo, e Eliseo Pulpeiro. Ca. 1930
1930-00-00
De esquerda a dereita: Francisco Pérez y Pérez, Vicenta Lamas, Chita e Ramiro Isla. 1930
1931-00-00
María Casares coa súa familia e partidarios de Casares Quiroga. Foto Cancelo, 1931
1931-00-00
Martínez López nunha caricatura realizada por Luís Seoane en 1931
1931-00-00
Cabeceira La Conquista del Estado (Madrid, 1931), publicación na que colaboraron os galegos Santiago Montero Díaz, Alexandre Raimúndez, Ramón Iglesia Parga e Manuel Souto Vilas
1931-00-00
Catro artigos de Alexandre Raimúndez no semanario La Conquista del Estado. Madrid, 1931
1931-01-15
Artigo de Ramiro Isla Couto en A Fouce sobre nacionalismo e federalismo
1931-03-14
Raimúndez asina o manifesto impulsado por Ramiro Ledesma La Conquista del Estado, plataforma impulsora do fascismo en España.
1932-00-00
Xantar galeguista. De esquerda a dereita de pé, Ramón Obella, Xaime Isla Couto, Valentín Paz-Andrade, Ramiro Isla, Chita Lamas e dous galeguistas. Sentados, Enrique Peinador, Rodolfo Prada e Manuel Gómez Román
1932-00-00
Chita Lamas en Madrid. 1932
1932-00-00
Retrato fotográfico de Chita Lamas. Madrid, 1932
1932-08-00
Ramón Martínez López nunha foto do mes de agosto de 1932
1932-08-00
Retrato de Ramón Martínez López
1933-02-10
Retrato fotográfico de Ramón Martínez López publicado na revista Vida gallega
1933-06-16
Ramiro no banquete de homenaxe á galeguista Emilia Docet, Miss España, celebrado o 16 de xuño no Hotel Miño de Ourense. 1933
1934-00-00
Chita Lamas co seu sogro Fidel Isla Araújo polas rúas de Vigo. 1934
1934-00-00
Retrato fotográfico de Alexandre Reimúndez. Ca. 1934
1934-07-24
A noitiña do 24 de xullo ante a estatua de Rosalía de Castro no Paseo da Ferradura de Compostela despois do Mitin das Arengas. Ramiro sentado no centro da imaxe. Alexandre Bóveda póusalle a man no ombreiro. 1934
1935-00-00
De esquerda a dereita e de abaixo arriba: Celso Isla Couto, Ramón Obella, Chita e Ramiro, Vicenta Lamas e Fidel Isla, e mais un amigo. 1935
1935-00-00
Chita e Vicenta Lamas na delegación do Seminario de Estudos Galegos durante a Semana Cultural Galega en Porto. 31 de marzo a 7 de abril de 1935
1936-06-28
Artigo co gallo do referendo do Estatuto de Autonomía de 1936
1938-03-28
Carné de Socors Roig de Catalunya, organización na que ingresa o 28 de marzo de 1938
1938-12-14
Carné do Partigo Galeguista, no que ingresou en 1933
1939-01-01
Acabado de chegar a México, Florencio Delgado Gurriarán pasea polas rúas da capital. Ca. 1939
1939-05-09
Carné de refuxiado de Ramiro en Francia. 1939
1939-07-01
Parada do barco Ipanema na Martinica. Delgado Gurriarán e outros pasaxeiros conversan con mulleres da illa. Xullo de 1939
1939-07-04
Poema de Florencio Delgado Gurriarán no xornal El Compostelano. 1939
1939-08-06
Documentación da entrada en México de Luisa Viqueira Landa como «asilada política», 6 de agosto de 1939
1939-09-04
Poema «Romanzo da terra doente» de Delgado Gurriarán
1940-00-00
Tarxeta postal co retrato de María Casares. Ca.1940
1940-00-00
Chita Lamas vestida de festa. Ca. 1940
1940-00-00
Pouco despois da súa chegada aos Estados Unidos (1940). En Estes Park (Colorado), convidado polo seu mestre e amigo, o historiador Américo Castro.
1940-01-01
Polas rúas de México DF cun grupo de amigos, entre eles o tamén ourensán Benito Guitián, con traxe claro. Ca. 1940
1942-01-01
Camiño da feira. Á dereita, no coche, Pipa, Florencio e Ramón Cabanillas Álvarez. Ca. 1942
1942-07-00
Martínez López no centro da fotografía, en Down Lake – Estes Park, no verán de 1942
1943-00-00
Última foto conservada de Chita. Ca. 1943
1943-00-00
Poema de Chita Lamas no Cancioneiro da Loita Galega
1943-07-00
Ramiro Isla trata o problema lingüístico de Galicia na revista Saudade con motivo da creación da sección Language and Literature of Galiza, Portugal and Brazil na Modern Language Association of America
1943-07-00
Poema de Chita Lamas publicado na sección Poetas novos da revista Saudade. 1943
1944-00-00
Salvoconducto de 1944 de María Casares, a súa tarxeta de identidade en Francia
1944-07-01
Con Celia, de viaxe de noivos en Verecruz. Verán de 1944
1945-00-00
María Casares na portada da revista Mon Film. 1945
1945-00-00
Ramiro (de pé, primeiro pola esquerda) nun acto da Comunitat Catalá en Bogotá. Diante súa, o seu presidente, o prestixioso doutor Antoni Trías i Pujol. Ca. 1945
1947-02-01
Documento dirixido a Josep Manyé e Alexandre Raimúndez por Mr. Stordy, xefe das emisións para o sur de Europa, comunicando o 1 de febreiro de 1947 a aceptación por parte da BBC das «Spanish talks other than in castilian»
1947-10-04
Fragmento de carta de Leuter González a Ben-Cho-Shey sobre os contactos con Alexandre Raimúndez e o seu encargo para o impulso das emisións en galego na BBC. 4 outubro 1947
1948-00-00
Alexandre Raimúndez. 1948
1948-00-00
Día da voda entre Alexandre Raimúndez e Louisa Elizabeth Stevens. 1948.
1948-00-00
Retrato de Alexandre Raimúndez. 1948
1948-01-01
Delgado Gurriarán con Ramón Cabanillas Álvarez e Elixio Rodríguez. México, ca. 1948
1949-00-00
Obra colectiva de Lois Tobío Fernández, Viveiro (1906) - Madrid (2003); Plácido R. Castro del Río, Corcubión (1902) - Cambados (1967) e Florencio Delgado Gurriarán Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987)
Ver

Transcripción da Obra colectiva de Lois Tobío Fernández, Viveiro (1906) - Madrid (2003); Plácido R. Castro del Río, Corcubión (1902) - Cambados (1967) e Florencio Delgado Gurriarán Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) en 00/00/1949

Esta antoloxía xurdiu nun certame literario convocado pola Federación de Sociedades Gallegas, (FSG), no que participaron escritores exiliados ben coñecedores da poesía universal e das linguas orixinais nas que foran escritas. Entre eles Lois Tobío, destacado galeguista, tradutor e xornalista exiliado en Montevideo, Florencio Delgado Gurriarán dende México e Plácido Ramón Castro del Río dende Inglaterra. A calidade dos seus traballos levou á Federación a publicalos como unha obra colectiva que saíu do prelo en 1949. Contaba coa tradución de 57 textos poéticos, dos cales 24 eran obra de Plácido Castro, 13 de Gurriarán e 20 de Lois Tobío. Na nómina de autores traducidos figuran os escritores románticos ingleses Shelley, Keats, Tennyson e Longfellow e os franceses Baudelaire, Verlaine, Paul Bourget, Rimbaud, René Laporte e Louise de Vilmorin, entre outros. No limiar, redactado por Tobío, deféndese que a lingua e a literatura galegas se enriquecen polo contacto con outras literaturas pois “a voz de Galicia ten que se ouvir no mundo e as do mundo en Galicia”. Esta obra serviu para divulgar a moitos destes poetas entre os e as galegas.


1950-00-00
No Centro Gallego de Buenos Aires (1950)
1950-00-00
Fotograma da película Orphée de Jean Cocteau. 1950
1952-00-00
Luís Seoane, Bos Aires (1910) - A Coruña (1979)
Ver

Transcripción da Luís Seoane, Bos Aires (1910) - A Coruña (1979) en 00/00/1952

O seu autor, Luís Seoane, foi o paradigma do intelectual polifacético, unha das personalidades máis activas e creativas da nosa cultura. Como defensor da integración de todas as artes, destacou en todas as iniciativas que emprendeu: pintor, debuxante e ilustrador; editor; escritor: poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta ou crítico literario; e promotor de multitude de iniciativas a prol da cultura galega.
A súa obra poética iniciouse en 1952 coa publicación de Fardel de eisilado, libro en que relata, dende a súa visión máis persoal, a epopea anónima da emigración galega e do exilio, vítimas da situación sociopolítica que se estaba a vivir. Considerado como a primeira obra de poesía social da posguerra, é un libro icónico da lírica galega cheo de ideais sociais e artísticos, no que prevalece unha linguaxe prosaica con remorsos épicos.


1952-00-00
Entrevista a Luisa Viqueira como delegada da U.M.E. de México na Conferencia Internacional para la Defensa de la Infancia, 1952
1952-01-01
Florencio co seu veciño valdeorrés Inocencio Ferrer, tamén exiliado en México. Ca. 1952
1952-03-01
Artigo no voceiro oficial da Unión de Mujeres Españolas (U.M.E.) de México no que podemos ler a opinión de Luisa Viqueira sobre a situación política en España nese momento, 1952
1952-05-00
Luisa Viqueira (primeira pola dereita) na Conferencia Internacional para la Defensa de la Infancia en que participou como delegada da UME de México, 1952
1953-08-26
O poema titulado «A cadea» de Delgado Gurriarán aparece publicado no centro da páxina 7 do xornalEl pueblo gallego: rotativo de la mañana. 1953
1954-01-01
Florencio cos seus fillos e fillas. Ca. 1954
1954-10-00
Declaracións de varias exiliadas españolas en México, entre as que podemos ler a entrevista a Luisa Viqueira como secretraria xeneral da UME, 1954
1955-00-00
Xantar na súa honra de Martínez López celebrado no Hotel Compostela de Santiago. Ano 1955. Un don Ramón que sorrí, sentado no centro, entre J. Piel e R. Otero Pedrayo
1955-06-10
Carta de Silvio Santiago (Cándido) a Camilo José Cela (Evaristo Expósito). 1955
1956-00-00
Visita de Ramón Otero Pedrayo á Casa de Galicia de Caracas (Venezuela). Sentado, á esquerda, Ramiro e á dereita, Silvio Santiago. 1956
1956-01-10
Comunicación do Foreing Office do 10 de xaneiro de 1956 dando orde de finalización das emisións en catalán, vasco e galego antes de fin de mes.
1957-00-00
María Casares, símbolo e referente do exilio galego, en 1957
Ver

Transcripción da María Casares, símbolo e referente do exilio galego, en 1957 en 00/00/1957

Filla de Santiago Casares Quiroga, último presidente do Goberno da República, con 14 anos tivo que fuxir a Francia coa súa nai. Alí viviu o seu exilio, tal como relata na súa biografía, Residente privilegiada, na que fai alusión ao permiso de residencia que lles outorgou o Goberno francés.
Estudou interpretación e chegou a converterse nunha das grandes damas do teatro francés. No cume da súa brillante carreira, viaxou a Arxentina coa compañía do Teatro Nacional Popular, dirixida por Jean Vilar. Para todos os galegos emigrados e exiliados a súa presenza e actuacións teatrais supuxeron momentos de afirmación colectiva e de orgullo. María Casares, ademais dunha actriz de gran sona, era unha muller que defendía nas súas declaracións as súas ideas republicanas e democráticas. E, como non, amosábase orgullosa da súa condición de galega, como podemos ler nunha entrevista realizada nesta viaxe por Víctor Luis Molinari, a quen lle afirma: «En este futuro yo me veo en Galicia, por los caminos de Galicia, representando para mi pueblo y dándole a él lo mejor de mi espíritu».
Nesta visita a Bos Aires participou en varios eventos coa colectividade: fixo unha ofrenda floral á estatua de Rosalía de Castro no Centro Galego e recibiu diversas homenaxes de varias entidades como o Centro Lucense, AGUEA ou o Consello de Galiza, con cuxos membros aparece retratada.
O Consello da Cultura Galega ten publicado un libro de María Lopo no que podemos coñecer máis en profundidade a súa vinculación coa súa terra natal baixo o título de O tempo das mareas. María Casares e Galicia.


1957-00-00
En 1957 María Casares fai unha xira co TNP por Brasil, Uruguai, Arxentina, Chile e Perú. Na foto, con Eduardo Blanco Amor, Virxina Pereira e o actor Tacholas
1957-00-00
Ramiro a bordo do transatlántico na viaxe de regreso a Galicia. 1957
1957-07-25
No Centro Gallego de Buenos Aires (25/07/1957)
1958-00-00
Con Gérard Philipe e Jean Vilar na xira do TNP por EUA e Canadá. Foto de Jean Rouvet, 1958
1958-00-00
Colaboración de Alexandre Raimúndez no libro Homaxe da Galicia Universal a Otero Pedrayo
1959-00-00
María Valverde. Unha das grandes voces líricas da nosa terra
Ver

Transcripción da María Valverde. Unha das grandes voces líricas da nosa terra en 00/00/1959

Esta artista galega, nacida en Santiago de Compostela, triunfou como cantante de ópera nos mellores teatros de Europa. Cunha excelente formación musical e dona dunha fermosa voz de contralto, debutou no Teatro Social de Milán coa ópera Il Trovatore. Triunfa axiña e actúa nos mellores teatros. A súa fama permitiulle integrar no seu repertorio a música galega tradicional e nas súas actuacións interpreta cancións populares galegas con grande éxito.
Tras un duro periplo camiño do exilio, instálase en Montevideo co seu home, o médico xienense Virgilio Garrido. Continúa a actuar nos principais teatros e desenvolve unha intensa actividade como docente. Muller progresista, estivo moi vinculada coa colectividade galega exiliada en Uruguai.
Pouco antes da súa morte en 1959, Xosé Neira Vilas publica en Galicia Emigrante unha entrevista na que podemos ler sobre a súa brillante carreira na que destaca a súa saudade de Galicia e a pena por non poder volver á terra. O escritor define a María como unha “galega íntegra, sin eufemismos, [que] deu xerarquía á nosa canzón popular, a que levou nos beizos polos máis prestixiosos escearios do mundo”.


1959-00-00
Foto familiar de Luisa Viqueira Landa no exilio en México. 1959
1959-11-03
Carta de Celso Emilio Ferreiro a Camilo José Cela. 1959
1960-00-00
Reunión do Consello da Editorial Galaxia e do padroado da Fundación Penzol. Ca. 1960
1960-09-13
En Washington, nas proximidades da Casa Branca. Coa súa dona -Isabel- e a súa filla -Maribel-. 12 de setembro de 1960
1961-00-00
The Texas Quarterly: Image of Spain, prestixiosa publicación coordinada por Ramón Martínez López en 1961
1961-03-04
Carta de Celso Emilio Ferreiro a Camilo José Cela. 1961
1962-00-00
Maruxa Seoane, compañeira de vida e obra de Luís Seoane, 1962
Ver

Transcripción da Maruxa Seoane, compañeira de vida e obra de Luís Seoane, 1962 en 00/00/1962

María Elvira Fernández López era coñecida por todos como Maruxa Seoane. Ela viviu sempre á beira do gran pintor e intelectual galego Luís Seoane, acompañándoo en todas as vicisitudes vitais polas que tiveron que pasar e apoiándoo en todas as súas iniciativas. Xuntos no exilio e xuntos no retorno ata a morte do artista.
Grazas ao seu empeño, en Galicia podemos contar e gozar da Fundación Luís Seoane, que se encarga de difundir e preservar a obra do xenial artista. Ela mesma se ocupou de recuperar gran parte dos seus cadros e debuxos e traelos a Galicia para todos os galegos e galegas.
Foron mozos desde que eran moi cativos e sempre estivo ao seu carón. Mesmo cando, tras o estalido da Guerra Civil, Seoane tivo que fuxir a Arxentina, ela toma, pouco despois, o camiño do exilio para reunirse con el e tan pronto chega a porto casan para que as autoridades arxentinas permitan a súa entrada no país. Pasa a ser unha ama de casa dilixente e unha excelente anfitrioa para os seus numerosos amigos e colegas, así como a súa asistente no seu traballo como pintor, a súa axudante e mecanógrafa... e tamén colaborou activamente na edición da revista Galicia Emigrante, onde se encargou das seccións de “Gastronomía”, “Moreas de Humor” e “A Ramallada Florida” (dedicada á cultura popular galega, cantigas, refráns, trabalinguas...). Foi, así mesmo, unha presenza constante e participativa nas actividades culturais e sociais da colectividade.


1962-00-00
María Victoria Villaverde Otero, Vilagarcía de Arousa (1922) - Ribadumia (2017)
Ver

Transcripción da María Victoria Villaverde Otero, Vilagarcía de Arousa (1922) - Ribadumia (2017) en 00/00/1962

Esta obra autobiográfica narra as experiencias de Mariví Villaverde (tamén coñecida polo apelido do seu marido) durante a República, a Guerra Civil e o exilio coa súa familia en Francia e Arxentina, así como os seus anos no réxime franquista tras a súa volta a Galicia para casar con Ramón de Valenzuela. Nestas memorias relata, cunha profunda nostalxia, os fitos e ideais do período republicano e os seus recordos dunha infancia e xuventude feliz; tamén a loita e o sufrimento nos anos de exilio, baixo unha mirada feminista de defensa do papel das mulleres e da igualdade de xénero. Tres tiempos y la esperanza foi publicado en Bos Aires en 1962, prologado por Arturo Cuadrado, con quen a autora colaborara moitos anos no xornal Galicia da FSG. En 1987, xa retornada a España coa súa familia, Ediciós do Castro volve publicar esta obra na colección facsimilar Documentos para a Historia Contemporánea de Galicia; e no 2002 a editorial A Nosa Terra publica estas memorias, en galego, na súa colección Mulleres.


1962-00-00
Luisa Viqueira colaborou co Padroado da Cultura Galega de México e foi secretaria editorial da revista Vieiros. No número 2 da citada revista aparece unha relación dos artigos que sairían publicados no seguinte número que estaba no prelo. Entre eles figuraba un de Luisa Viqueira co título de «Mujeres españolas». Finalmente o artigo non foi publicado e descoñecemos o motivo
1962-00-00
Fotografía tomada en México D.F. en 1962 na que aparecen, entre outras persoas: Lois Soto, coa revista Vierios; Carlos Velo, con gafas é, á súa esquerda Luisa Viqueira
1962-03-00
Diante do edificio universitario de Austin (Texas). De esquerda a dereita: Roger Shattuck, Ramón Martínez López, Jorge Luis Borges e Ricardo Gullón. Marzo de 1962
1962-08-31
Artigo de María Teresa León sobre Tres tiempos y la esperanza de Mariví Villaverde
1962-09-07
Ao final desta páxina de El Progreso, Luís Soto, nunha entrevista que lle fai Neumandro, menciona a Delgado Gurriarán, codirector da revista Vieiros. 1962
1963-00-00
Ensaios de Yerma, en 1963 en Bos Aires, con Margarita Xirgu e Alfredo Alcón nunha foto de prensa
1963-00-00
Portada da General Estoria, en edición de Ramón Martínez López, publicada pola Universidade de Oviedo en 1963
1965-00-00
Ramiro con Eduardo Blanco Amor en Vigo. Ca. 1965
1966-11-00
Nunha das viaxes a Madrid, volvendo dos EE. UU. Novembro de 1966
1967-00-00
Alejandro Finisterre, Fisterra (1919) - Zamora (2007)
Ver

Transcripción da Alejandro Finisterre, Fisterra (1919) - Zamora (2007) en 00/00/1967

Alejandro Campos Ramírez foi máis coñecido como "Alejandro Finisterre", nome que toma da súa vila natal. Exiliado en Francia e despois en Ecuador, Guatemala e México, foi poeta, editor, xornalista e inventor, sendo coñecido popularmente por crear o xogo de mesa do futbolín. Na súa frutífera época mexicana dedicouse ás artes gráficas e á edición. Fundou e dirixiu a Editorial Finisterre Impresora, dende a que editou a revista do Centro Galego de México e unha antoloxía de libros de poesía de autores exiliados españois e escritores americanos, como León Felipe –de quen foi testamenteiro literario–, Juan Larrea, Francisco Ayala, Américo Castro, Max Aub, María Teresa León, Ernesto Cardenal etc.
Outro dos seus proxectos foi a edición de Compostela. Revista de Galicia. O número 1, o único publicado, é un volume de 908 páxinas, ricamente ilustrado, que contén vinte traballos –ensaios, poemas, críticas literarias...–, entre os que podemos destacar un artigo de Luisa Carnés sobre Rosalía de Castro e a edición case completa de Cantares gallegos como apéndice; o Paralelo de las lenguas castellana y francesa do Padre Feijóo, cunha análise de Amancio Bolaño; ou a reprodución fotográfica da Colección de estampas..., gravados de Pietro Bombelli sobre a vida do franciscano frei Sebastián de Aparicio, impresas en México en 1789.


1969-00-00
Entrevista a María Casares no Correo de Galicia de Bos Aires
1970-00-00
Manuela Couto cos seus fillos varóns. De pé, de esquerda a dereita: Ramiro, Fidel e Xaime. Sentados, Celso e Manolo
1970-00-00
Con Luís Seoane no Castro (Sada). Década de 1970
1971-10-00
Martínez López publica en Grial unha nova lectura dos Cancioneiros
1972-00-00
Fotograma de Les deux memoires, documental de 1972 realizado por outro exiliado en Francia: Jorge Semprún.
1975-00-00
María Casares debuxada por Luís Seoane. O artista fixo os apuntes do debuxo cando coñeceu á actriz en Arxentina en 1957; o debuxo será publicado en febreiro de 1974 en La Voz de Galicia, como parte da serie «Figuracións» que entre 1971 e 1974 Seoane desenvolve no xornal
1975-01-00
Tres cartas de Castelao a Ramón Martínez López
1976-00-00
A revista Triunfo publica unha reportaxe sobre a obra de teatro El Adefesio. 1976
1978-11-00
Martínez López dirixíndose aos asistentes do congreso constituínte do renacido Partido Galeguista. Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. Novembro, 1978
1979-09-01
Casa da familia Castelao, en Rianxo, con imaxes de Teresa Castelao e Emma Tojo. 1 de setembro de 1979
1981-01-01
Fotografía de Delgado Gurriarán en Sargadelos. 1981
1981-07-01
Epistolario de Fermín Penzol e Ramiro Isla publicado en Grial
1983-00-00
O matrimonio Martínez-Castromán no día da celebración das súas vodas de ouro, en 1983
1984-05-27
O intelectual galeguista RML no claustro da Facultade de Xeografía e Historia da USC. 27 de maio de 1984
1984-12-28
Na sinatura da acta de constitución da Fundación Castelao. 28 de decembro de 1984
1985-11-00
A escritora e xornalista Anunchi Bremon trata neste artigo o exilio da familia Viqueira
1986-00-00
Retrato de Ramiro Isla Couto. Xan Carballa, 1986
1986-00-00
Ramiro entrevistado por Xan Carballa co gallo da concesión da Medalla Castelao pola Xunta de Galicia. 1986
1986-07-03
Entrevista de Xan Carballa a Ramiro Isla Couto. 1986
1986-11-00
Don Ramón no balcón do Pazo de Martelo, en Rianxo, pronunciando o discurso de clausura do Congreso Castelao (novembro, 1986). Xusto á súa esquerda, gravadora en man, Fernando Quintela Novoa, presidente da Fundación Alexandre Bóveda
1987-00-00
Cuberta do libro de RML A literatura galega no exilio, editado pola Fundación Otero Pedrayo, 1987
1988-01-01
Lembranza de Ramiro Isla escrita por Luís González Tosar
1989-09-21
Manuel Beiras lembra a Martínez López n'A Nosa Terra
1990-00-00
Entrada de Martínez López no Diccionario de escritores en lingua galega de Fernández del Riego
1990-00-00
Cuberta do libro Homenaxe a Ramón Martínez López, publicado polo SEG en 1990
1990-05-17
Placa conmemorativa na súa casa natal boirense, descuberta o Día das Letras Galegas do ano 1990
1991-00-00
Capítulo dedicado a María Casares no libro Mulleres de Ursula Heinze
1992-00-00
En 1992, Elixio Villaverde e Amancio Liñares editan a monografía didáctica para o ensino secundario, Ramón Martínez López. Pola universalidade de Galicia
1994-00-00
Cuberta da edición de 1994 de Galicia desde Londres
1996-07-23
Noticia en El País sobre o falecemento de Laxeiro
2001-00-00
Ficha de Alexandre Raimúndez (Alejandro Manuel Raimúndez Fernández) en O exilio galego. Repertorio bibliográfico, do Consello da Cultura Galega
2001-09-20
Borobó lembra a Ramón Martínez López n'A Nosa Terra
2001-09-24
Relatorio de Víctor Fuentes sobre as relacións nas obras dos exiliados galegos en Estados Unidos
2001-09-24
Comuniciación de Amancio Liñares Giraut sobre Ramón Martínez López no Congreso Internacional do Exilio Galego
2002-07-00
Introdución de Tres tempos e a esperanza de Mariví Villaverde
2002-11-07
Mariví Villaverde en Revista das Letras. 7 de novembro de 2002
2003-00-00
Biobibliografía de Ramón Martínez López na Gran Enciclopedia Galega
2003-00-00
Os exilios de Mariví Villaverde
2004-09-23
Manuel M. Viqueira, fillo de Luisa Viqueira Landa, fala do exilio familiar en México nunha entrevista de Xan Carballa
2005-07-23
Sobre Ramiro Isla e a cátedra que leva o seu nome na Universidade de Vigo
2005-10-00
Mariví Villaverde, entrevistada por Marga Romero e Henrique Albor para Terra e tempo. 2005
2006-04-04
Mariví Villaverde nunha charla no IES Bouza Brey. 4 de abril de 2006
2006-04-04
Mariví Villaverde nunha charla no IES Bouza Brey. 4 de abril de 2006
2006-05-01
Colaboración do escritor Miro Villar sobre Florencio Delgado Gurriarán na revista Raigame. 2006
2006-08-18
Mariví Villaverde homenaxeada no Ano da Memoria. Faro de Vigo, 2006
2007-00-00
Ramón Martínez López, obra publicada o ano do centenario do seu nacemento. 3C3 Editores, 2007; (Ser biografías)
2007-00-00
Entradas das irmás Carmen e Luisa Viqueira Landa no Dicionario de mulleres galegas de Aurora Marco
2007-00-00
Con motivo do centenario da J.A.E. a Revista galega de educación publica un artigo sobre Xohán V. Viqueira e a súa familia
2007-03-00
Aurora Marco recolle a Luisa Viqueira López-Cortón no seu Dicionario de mulleres galgas
2008-02-12
Artigo de María Obelleiro n'A Nosa Terra sobre o ronsel de X.V. Viqueira a través das súas fillas e o seu fillo
2008-02-12
Luisa Viqueira Landa en México arredor de 2008
2009-03-28
Mariví Villaverde homenaxeada pola AELG como Boa e Xenerosa. Vieiros, 28 de marzo de 2009
2010-03-19
Homenaxe do concello de Bergondo á familia Viqueira
2010-04-16
Artigo de Paola Obelleiro en El país sobre Luisa Viqueira Landa
2011-05-13
Historias de Vida: Mariví Villaverde. 13 de maio de 2011
2012-01-23
Fernando Franco entrevista a Mariví Villaverde en Faro de Vigo. 2012
2012-04-11
Entrevista a Mariví Villaverde en Praza pública. 2012
2013-00-00
Galicia desde Londres de Raúl de Toro Santos. A Coruña: Galebook, 2013
2013-10-00
Invitación aos actos na memoria de Ramón Martínez López no seu Concello natal de Boiro. Outubro de 2013
2014-00-00
Necrolóxica dedicada Jacinto, irmán de Luísa Viqueira Landa
2015-04-15
Cartel da homenaxe a Luisa Viqueira Landa, co gallo do traslado das súas cinzas ao cemiterio de Ouces. Bergondo, 18 de abril de 2015
2016-04-08
Luisa Viqueira Landa no proxecto MáisQuePublicanas. Mulleres na República, de Marta Paz
2016-04-08
Marta Paz retrata a Luisa Viqueira Landa para o proxecto MáisQuePublicanas. Mulleres na República. 2016
2017-00-00
Xosé L. Pastoriza escribe sobre Ramiro Isla Couto e Chita Lamas Barreiro en Repensar Galicia
2017-00-00
Necrolóxica de Mariví Villaverde na revista Madrygal
2017-04-24
Noticia do falecemento de Mariví Villaverde en Faro de Vigo. 2017
2017-04-24
Mariví Villaverde no Diario Cultural da Radio Galega.
2017-04-26
Retrato de Mariví Villaverde. 2017
2017-04-26
Retrato de Mariví Villaverde publicado en Nós Diario. 2017
2017-04-26
Entrevista de Carme Vidal a Mariví Villaverde en Nós Diario. 2017
2017-12-09
Presentación d'O Legado Sonoro de Jacinta Landa Vaz, d'aCentralfolque, por Aurora Marco
2019-03-27
María Casares en Mujeres malditas de RTVE
2021-00-00
O legado de Castelao no Museo de Pontevedra
2021-07-12
Victor Fernández Freixanes homenaxea ao exilio galego en México e destaca a figura Luisa Viqueira Landa, gran descoñecida para os e as galegas
2021-08-07
Artigo de Javier Pérez Buján sobre a relación vital e artística de Laxeiro e a cidade de Bos Aires
2021-10-14
Versión rock do «Romanzo da terra doente», de Xermán Son
2022-00-00
Florencio Delgado Gurriarán, Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) et. al.
Ver

Transcripción da Florencio Delgado Gurriarán, Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) et. al. en 00/00/2022

Este libro fora publicado en 1943 na capital mexicana por iniciativa do Partido Galeguista. Trátase dunha antoloxía de textos poéticos cos que se quería homenaxear aos “compañeiros caídos na Guerra Civil española”. O editor literario desta obra colectiva foi Florencio Delgado Gurriarán, quen achegou catorce poemas da súa autoría. Tamén colaboraron Ramón Cabanillas Álvarez, fillo do poeta, Emilio Pita, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Bieito Búa Rivas e Ramón Rey Baltar, todos asinando con pseudónimos. Hai tamén un poema de Concepción Lamas Barreiro (Chita Lamas), considerada polo profesor Xesús Alonso Montero como a primeira voz feminina do exilio galego.
O Consello da Cultura Galega realizou unha edición facsimilar deste libro como homenaxe ao poeta Florencio Delgado Gurriarán e nomeadamente a todos os exiliados republicanos. Pódese consultar esta obra na súa páxina web.


2022-00-00
José Luís Méndez Romeu aborda unha das facianas das relacións de María Casares con España.
2022-00-00
O galego na BBC de Londres. 75 aniversario do Galician Programme
2022-01-03
Vídeo sobre Florencio Delgado Gurriarán, Letras Galegas de 2022
2022-01-03
Saudade (Verba Galega nas Américas). México D.F., 1942-1953
2022-01-03
Historias de ida e volta: e exilio galego. Consello da Cultura Galega
2022-01-03
«O cantar dos topónimos», en versión de Anxo Rei dentro do disco Fronteira de cigoñas. 2002
2022-01-03
Bibliografía de Florencio Delgado Gurriarán
2022-03-13
Quinta do Cortón, casa familiar en Vixoi (Bergondo)
2022-03-18
Artigo de Iria-Friné Rivera sobre a relación entre Vicente Risco e Laxeiro
2022-03-29
Páxina web da Fundación Laxeiro
2022-03-29
Biografía de Laxeiro na DB-e da Real Academia de la Historia
2022-04-15
As emisións en galego da BBC en La Opinión
2022-04-19
Artigo de Xesús Alonso Montero sobre o Cancioneiro da loita galega
2022-05-05
Biografía de María Casares na DB-e da Real Academia de la Historia
2022-05-11
Ramiro Isla na páxina web da Fundación Isla Couto
2022-05-11
Florencio Delgado Gurriarán no Álbum de Galicia
2022-05-12
Biobibliografía de Ramiro Isla Couto na Galipedia
2022-05-13
Entrada de Francisco Lamas Barreiro, irmán de Chita Lamas, no Álbum de Galicia
2022-05-13
Biobibliografía de Ramiro Isla Couto no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega
2022-05-13
Edición facsimilar do Cancioneiro da loita galega realizada polo Consello da Cultura Galega co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Florecio Delgado Gurriarán
2022-05-16
Francisco Lamas Salgado, pai de Chita Lamas, na Galipedia
2022-05-31
Ramón Martínez López na DB-e da Real Academia de la Historia
2022-05-31
Entrada de Ramón Martínez López na Galipedia
2022-05-31
Relación de obras de Ramón Martínez López, realizada por Amancio Liñares Giraut
2022-05-31
Revista Yunque
2022-06-07
Homenaxe do concello de Bergondo á figura de Luisa Viqueira Landa
2022-06-14
Biobibliografía de Luisa Viqueira Landa, sobriña de Luisa Viqueira López-Cortón, no Álbum de Galicia
2022-06-21
As emisións en galego na BBC. 2
2022-06-21
As emisións en galego na BBC. 3
2022-06-21
As emisións en galego na BBC. 1
2022-08-19
Especial de Amigos de la onda corta, de RTVE, sobre os 75 anos da primeira emisión do Galician Programme da BBC
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Martínez López, RamónIsla Couto, RamiroDelgado Gurriarán, FlorencioRaimúndez, AlexandreViqueira Landa, LuisaVillaverde, MarivíLamas Barreiro, ChitaViqueira López-Cortón, María LuisaCasares, MaríaLanda Vaz, JacintaViqueira, Xohán VicenteViqueira Landa, CarmenSeoane, LuísLaxeiro, Viqueira Landa, JacintoIsla Couto, XaimeLamas Barreiro, FranciscoLiñares Giraut, Xosé AmancioCastelao, Cela, Camilo JoséOtero Pedrayo, RamónLópez-Cortón Viqueira, CarmenVázquez-Monxardín, AfonsoCabanillas Álvarez, RamónPaz-Andrade, ValentínPérez Buján, JavierLamas, FarrucoLanda, RubenSantiago, SilvioRodríguez Viqueira, ManuelAbalo, José LuisPita, EmilioIsla Couto, FidelPaz, MartaTobío Fernández, LoisBen-Cho-Shey, Carballa, XanFerreiro, Celso EmilioToro, Antonio Raúl deMejía Ruiz, CarmenGuerra da Cal, ErnestoVelo, CarlosSoto, LuisCastelao, TeresaLeuter González Salgado, EleuterioHeinze, UrsulaPulpeiro, EliseoBeiras García, ManuelCasas, VíctorGallegos, Rómulo Temáticas: Álbum de GalicialiteraturaMullereslinguaradiomigraciónsteatrocineemigraciónHistorias de ida e voltapoesíaLingua. Literaturaacción políticaMulleres no Álbum de Galicianacionalismopinturaidentidade culturalMemoria e voces femininas da diáspora galegaA literatura galega da posguerra en Ámerica artes plásticaspolíticaprensa escritaFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José CelaÁlbum de Galiciamúsicaartes escénicasautores/astraduciónacción socioculturalartesmúsica clásicaartistasempresasindustria editorialcrítica literariaensaionovelainfanciaexiliocienciafotografíaÁlbum da Ciencia

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0