Temática: Galegos na canle de Panamá, os mellores europeos da Silver Roll (1904-1914) [1]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
| 1909-00-00 | Payday ou día de cobro dos silver roll men (Isthmian Canal Commission), ca. 1909 |
Ver
Transcripción da Payday ou día de cobro dos silver roll men (Isthmian Canal Commission), ca. 1909 en 00/00/1909A importación, categorización e ordenación espacial dos traballadores constituíu un dos primeiros pasos do procedemento norteamericano, xunto ás medidas urxentes de saúde pública destinadas á erradicación, principalmente, da malaria e da febre amarela. Os norteamericanos adoptaron un sistema de distribución da forza laboral con claras connotacións de segregación racial. Para os traballos denominados de “pico e pa” utilizaban traballadores importados de distintas nacionalidades. Neste caso, a dita segregación aparecía enmascarada polo pretexto da variada procedencia dos obreiros, con costumes e linguas diferentes, ambos posibles factores capaces de entorpecer o ritmo rápido e fluído que tiña que reinar ao pé de obra. A categorización da forza de traballo configurouse basicamente da maneira seguinte: os traballadores adscritos á categoría de gold roll e os adscritos ao silver roll. Esta clasificación baseábase no sistema de pagamento salarial (en ouro ou prata) que implantara Estados Unidos para o proxecto da canle de Panamá.
|


