Temática: Memoria e voces femininas da diáspora galega

Temática: Memoria e voces femininas da diáspora galega [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
Iolanda Díaz Gallego, sempre en movemento pero coa mente en Galicia
Ver

Transcripción da Iolanda Díaz Gallego, sempre en movemento pero coa mente en Galicia

Naceu en Sarria en 1934. A nai de Iolanda xa vivira de solteira en Uruguai cos seus padriños, que non tiñan fillos, e retornou con eles en 1931. O pai dela tamén tivera experiencia migratoria pero en Cuba, onde tan só estivo durante tres anos. Casan en Galicia e montan un ultramarinos e casa de comidas. Ambos eran republicanos e o pai de Iolanda viuse obrigado a fuxir, nunca máis souberon nada del. Os padriños de Iolanda marchan de novo a Uruguai en 1941. En 1953 a nai e dous irmáns de Iolanda marchan tamén a terras uruguaias, non sen antes “darlles estudos” aos fillos. Iolanda obtivo o título de Perito Mercantil na Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña, con tan só 19 anos. A súa nai dixéralle: “Iremos de aquí cando ti, que es a maior, remates a carreira, porque entón vas ser como o soporte”. Iolanda marchou cun certificado de penais falso, xa que ningunha muller cunha carreira podía saír ao estranxeiro se non fixo o Servizo Social. Se non tiña o certificado de penais non lle daban o pasaporte. De modo que un xoieiro de Sarria, que viñera de Arxentina, axudouna facendo unha carta en que constaba que ela estaba traballando para el como serventa. Aos seis días de chegar a Monteviedo, Iolanda xa estaba traballando na emblemática tenda London París, na sección de importación e exportación. A súa preparación académica permitiulle traballar no Banco de Galicia, posto que lle facilitou a oportunidade de coñecer moitas persoas influentes, entre as que atoparía varios membros do grupo de exiliados galegos que traballaban desde fóra por e para Galicia.
A través dun galego que traballaba nos Laboratorio Icu-Vita, Iolanda coñeceu a Meilán, quen estaba dirixindo unha emisión radial en Radio Carve, escoitada desde o sur de Brasil ata o norte de Arxentina. Na onda CX16 de Radio Carve, chegaríase a emitir o importante programa Sempre en Galicia, que comezou a retransmitirse cada domingo en lingua galega desde Montevideo desde o 3 de setembro de 1950. Iolanda participou asiduamente desde entón no dito programa radial, amosando os seus dotes artísticos, durante vinte e catro anos. Tamén tivo un papel activo na fundación do Teatro Popular Gallego e do Patronato da Cultura Galega, entre outras moitas actividades de dinamización da cultura e lingua galegas. En 1976 a familia retorna a España e establécese na cidade de Barcelona. Iolanda continuou alí co seu labor de difusión e posta en valor da identidade cultural galega, por exemplo coa creación da asociación de emigrantes “O Penedo”, entre outras actividades.


1965-00-00
Elsa Fernández. A defensa da cultura galega das novas xeracións da emigración
Ver

Transcripción da Elsa Fernández. A defensa da cultura galega das novas xeracións da emigración en 00/00/1965

Elsa Fernández González, filla de galegos nada en Arxentina, viviu desde moi nova o amor profundo por Galicia e a saudade por unha terra que nunca chegaría a visitar.
Sempre vinculada coas actividades culturais das entidades galegas, traballou como administrativa no Centro Galego, onde coñeceu a Luís Seoane e a Eduardo Blanco-Amor, co que chegará a ter unha grande amizade. Foi tamén secretaria da Comisión de Damas do Hogar Gallego para Ancianos e participou en numerosas iniciativas culturais como AGUEA, a Asociación Argentina de Hijos de Gallegos ou, xunto a Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, na editorial Follas Novas. De feito, en 1961, cando eles marchan para Cuba, queda ao cargo da editorial e continúa a organizar a Feira do Libro Galego. Representou en Arxentina as editoriais galegas Galaxia e Bibliófilos Gallegos e xestionou un espazo radial chamado Mirador Bibliográfico Galego, no que lía textos da literatura galega. Colaborou tamén nas revistas Galicia Emigrante e Vieiros, onde podemos ler algúns dos seus artigos.
A súa morte prematura, con apenas trinta anos, conmocionou a toda a colectividade. En 1965, como homenaxe, a editorial Alén Mar publicou de maneira póstuma un libro cos seus poemas titulado Lonxanía, en cuxa edición colaboraron Luís Seoane, Laxeiro, Ricardo Palmás, Carlos Zubillaga e Basilio Losada.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Zulueta, AlfonsoValcárcel, MarcosIsla Couto, XaimeRei, LuísDíaz, AvelinoCastelao, Domínguez, FranciscoCasares, CarlosCastelao, TeresaBusto, GumersindoFernández Cabaleiro, María TeresaIsla Couto, FidelFernández del Riego, DomingoIsla Couto, RamiroFernández Rei, FranciscoCastro, Rosalía deMateo, SeséFernández del Riego, FranciscoInsua López, Emilio XoséNeira Vilas, XoséFreixanes, Víctor F.Vázquez-Monxardín, AfonsoBlanco Amor, EduardoFigueiras, ManuelVidal Carrera, RamiroAlonso Ríos, AntónGonzález Laxe, FernandoCordo Boullosa, ManuelVelo Mosquera, XoséPiñeiro, RamónTojo Sieyro, EmmaSuarez-Vence, JavierAnsias, CésarGómez Román, ManuelDíaz Gallego, IolandaTorres Queiruga, AndrésCanabal, XesúsCarrión, Xosé LoisGonzález López, EmilioNúñez Feijoó, AlbertoPuente, ManuelMéndez Ferrín, Xosé LuísEstévez Lavandeira, AranchaQuintana Garrido, Xosé RamónCastromil, RamónLosada, BenitoFernández, ElsaCunqueiro, ÁlvaroPereira, VirxiniaLlamas, José Luis Temáticas: Historias de ida e voltaasociaciónsemigraciónÁlbum de Galiciaindustria editorialprensa escritaVoceiros da colectividade galega na emigracionliteraturaAs asociacións microterritoriais da emigración galega en CubaGalegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de LisboaemigranteshistoriaAs asociacións microterritoriais da emigración galega en ArxentinaremesasMulleresidentidade culturalaxentes culturaisartes plásticasA Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo BustosociedadeMemoria e voces femininas da diáspora galegarelixiónexilio galegoocioO galeguismo en Américapoesíalinguaacción políticacinemúsicamúsica tradicionalarquitecturaciencianacionalismopolíticacorosA emigración galega nos Estados UnidoseducaciónA pegada educativa da emigración galega en América

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0