Temática: acción sociocultural

Temática: acción sociocultural [131]

Data Material Ver
Data Material Ver
Iolanda Díaz Gallego, sempre en movemento pero coa mente en Galicia
Ver

Transcripción da Iolanda Díaz Gallego, sempre en movemento pero coa mente en Galicia

Naceu en Sarria en 1934. A nai de Iolanda xa vivira de solteira en Uruguai cos seus padriños, que non tiñan fillos, e retornou con eles en 1931. O pai dela tamén tivera experiencia migratoria pero en Cuba, onde tan só estivo durante tres anos. Casan en Galicia e montan un ultramarinos e casa de comidas. Ambos eran republicanos e o pai de Iolanda viuse obrigado a fuxir, nunca máis souberon nada del. Os padriños de Iolanda marchan de novo a Uruguai en 1941. En 1953 a nai e dous irmáns de Iolanda marchan tamén a terras uruguaias, non sen antes “darlles estudos” aos fillos. Iolanda obtivo o título de Perito Mercantil na Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña, con tan só 19 anos. A súa nai dixéralle: “Iremos de aquí cando ti, que es a maior, remates a carreira, porque entón vas ser como o soporte”. Iolanda marchou cun certificado de penais falso, xa que ningunha muller cunha carreira podía saír ao estranxeiro se non fixo o Servizo Social. Se non tiña o certificado de penais non lle daban o pasaporte. De modo que un xoieiro de Sarria, que viñera de Arxentina, axudouna facendo unha carta en que constaba que ela estaba traballando para el como serventa. Aos seis días de chegar a Monteviedo, Iolanda xa estaba traballando na emblemática tenda London París, na sección de importación e exportación. A súa preparación académica permitiulle traballar no Banco de Galicia, posto que lle facilitou a oportunidade de coñecer moitas persoas influentes, entre as que atoparía varios membros do grupo de exiliados galegos que traballaban desde fóra por e para Galicia.
A través dun galego que traballaba nos Laboratorio Icu-Vita, Iolanda coñeceu a Meilán, quen estaba dirixindo unha emisión radial en Radio Carve, escoitada desde o sur de Brasil ata o norte de Arxentina. Na onda CX16 de Radio Carve, chegaríase a emitir o importante programa Sempre en Galicia, que comezou a retransmitirse cada domingo en lingua galega desde Montevideo desde o 3 de setembro de 1950. Iolanda participou asiduamente desde entón no dito programa radial, amosando os seus dotes artísticos, durante vinte e catro anos. Tamén tivo un papel activo na fundación do Teatro Popular Gallego e do Patronato da Cultura Galega, entre outras moitas actividades de dinamización da cultura e lingua galegas. En 1976 a familia retorna a España e establécese na cidade de Barcelona. Iolanda continuou alí co seu labor de difusión e posta en valor da identidade cultural galega, por exemplo coa creación da asociación de emigrantes “O Penedo”, entre outras actividades.


Entrevista a Xaime Isla Couto
Faro de Vigo informa do falecemento de Alfonso Zulueta
Páxina web de SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos), editorial de pensamento cristián
Retrato de Alfonso Zulueta de Haz
Páxina web do Consello da Cultura Galega
Biobibliografía de Marcos Valcárcel na Galipedia
Marcos Valcárcel na páxina web da Fundación Carlos Casares
Un trisco de Galicia en Lisboa
Ver

Transcripción da Un trisco de Galicia en Lisboa

O conxunto coral e artístico denominado Anaquiños da Terra foi creado en 1955, formado por un grupo de rapaces e rapazas entusiastas e amantes da música e do baile tradicional galego. Foi a primeira agrupación coral galega existente en Portugal. As súas representacións musicais atenden a unha reafirmación da identidade cultural da colectividade galega residente en Lisboa.
Nesta imaxe aparecen os compoñentes do grupo acompañados polo seu director, Artemio Lage Carracedo, no seu debut o 6 de xaneiro de 1956. Desde a súa consolidación o grupo comezou a participar na Rádiotelevisão Portuguesa e na Emissora Nacional.Tamén actuou no Coliseo, o maior teatro de Portugal, e en moitos outros espazos da cidade de certa relevancia.
Os seus alalás, pandeiradas e muiñeiras gustan tamén aos portugueses, amantes das variadas e harmónicas expresións folclóricas galegas.


Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, sede de manifestacións culturais de vangarda
Ver

Transcripción da Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, sede de manifestacións culturais de vangarda

Esta asociación de emigrantes galegos en Lisboa mantense conectada coa sociedade galega e portuguesa e manifesta unha continua e mutua consonancia co seu interese polas artes plásticas, a música, a danza ou as conferencias de distinta índole, entre outras actividades. Froito dese interese pola difusión cultural, adoita organizar diversas e variadas exposicións. Nesta fotografía vemos como os visitantes gozan con atención da mostra titulada Só 4, pintura con outra arte, acollida no Salón Nobre Leocadia Boullosa.


Gumersindo Busto Villanueva, gran filántropo compostelán (Santiago de Compostela 1872 - Bos Aires 1937)
Ver

Transcripción da Gumersindo Busto Villanueva, gran filántropo compostelán (Santiago de Compostela 1872 - Bos Aires 1937)

Fillo de María Manuela Busto y Villanueva, este compostelán naceu en 1872, na parroquia de San Martiño de Laraño. Pouco se sabe sobre a súa infancia e preadolescencia en Galicia, agás que ingresou no Seminario de Santiago e cursou os tres primeiros anos de Latinidade. Como moitos galegos da época, Gumersindo non escaparía á tentación de emprender a súa propia aventura migratoria. En 1887, con tan só 15 anos, embarcou cara a Uruguai, o seu o primeiro destino migratorio e onde desempeñou varias ocupacións, como telegrafista no Ferrocarril Central de Uruguai, mestre dunha escola rural en Tacuarembó e asistente nunha notaría en Montevideo. Esta última experiencia marcou o seu ingreso na Facultade de Dereito da Universidad de Montevideo en 1892. Nese mesmo ano Gumersindo marchou para Arxentina e volveu exercer de telegrafista no Ferrocarril de Bos Aires e Rosario. Coa intención de continuar cos seus estudos, decide solicitar traballo no Rexistro da capital ata conseguir o grao de escribán público da cidade de Bos Aires, en 1898. Dende entón a súa carreira profesional consolidouse cada vez máis. O 11 de maio de 1896 contrae matrimonio coa arxentina Felisa Gallardeo e forman unha familia numerosa de oito fillos varóns, dos que o segundo, chamado Julio César, seguiu os seus pasos profesionais e rexeu con el a notaría dende 1933.
O seu crecemento intelectual e profesional non fixo que emocionalmente se desligase da súa terra, senón todo o contrario. Coa mente sempre nela, Gumersindo Busto promoveu unha serie de iniciativas para estreitar lazos entre América e España, entre as que destacou o seu proxecto de creación da Universidad Libre Hispanoamericana, nado en 1904. Finalmente, só puido levar a cabo un dos elementos que complementaban ese grande ideal e que consistía na organización e fundación da Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela, froito de grandes esforzos e unha incansable persistencia e dedicación persoal, a cal foi inaugurada 22 anos despois, en 1926.


Fraguando un soño coa mente na súa terra
Ver

Transcripción da Fraguando un soño coa mente na súa terra

Gumersindo Busto pretendeu fundar a Biblioteca América co obxecto de que o alumnado dos distintos niveis de capacitación académica tivese a oportunidade de coñecer canto producía a intelectualidade hispanoamericana nos seus diferentes aspectos: científico, literario, histórico, xeográfico, antropolóxico, artístico etc.
Para dar a coñecer a súa obra, enviaba unha carta de petición de colaboración aos directores de numerosos xornais dos distintos países de interese, acompañada do exemplar dun folleto e, máis tarde, do Boletín, no que se publicaban todas as adhesións de institucións hispanoamericanas e particulares, xunto coa listaxe de doazóns recibidas para o proxecto. Deixamos aquí o contido dunha carta remitida a La Correspondencia de Puerto Rico (9 de maio de 1909):
«Muy señor mío: Conmemorando el centenario de la independencia americana, se inaugurará en la Universidad de Santiago de Galicia, España, una biblioteca americana denominada “América”, formándola las obras estadísticas, y mapas que sean donados por los que simpaticen con este pensamiento de difusión intelectual en la madre patria y de verdadera confraternidad hispano americana. Para obra tan buena, me permite rogar del señor director quiera dignarse a contribuir con el envío permanente á dicha biblioteca del diario de su digna dirección.
Ruégole quiera tener la bondad de informarme del resultado de esta solicitud, para su anotación en el catálogo que se lleva con ese fin.
Soy del señor director muy atto. y S.S. Gumersindo Busto».


Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa, polo engrandecemento cultural e moral dos fillos da súas parroquias, ca. 1933
Ver

Transcripción da Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa, polo engrandecemento cultural e moral dos fillos da súas parroquias, ca. 1933

Na acta fundacional desta sociedade barcalesa, creada na Habana en 1907, recóllese un obxectivo prioritario: «fundar una escuela en el punto más céntrico de Barcala, escuela en la que se proporcionará educación e instrucción a la niñez y juventud de ambos sexos». Entre os seus socios fundacionais figura o seu presidente, Romualdo Negreira Gosende, e o resto de membros da xunta directiva: Manuel Pastoriza, Francisco Ferreiro, Aureliano Mouro, Ramón Negreira, José Negreira, Generoso Negreira, José Mª Barbazán, Juan Suárez, Cipriano Casabiella, Segundo Negreira, Manuel Baña, José Leis, Manuel Negreira, José Negreira Gómez e Modesto Suárez.
Despois de varias desavinzas e deliberacións referidas ao lugar axeitado para construír as escolas, finalmente optouse polas parroquias con maior número de socios: San Vicenzo de Aro e Santa María de Covas, no concello de Negreira, e polo lugar de Seoane, no concello da Baña. Ata 1921 non comezaron as obras da primeira escola financiada pola sociedade, situada en Aro. Continuaron coa de Covas e xa na década de 1930 construíron a de Seoane. O 18 de agosto de 1922 o inspector Manuel Díaz Ron concedeu o permiso de apertura das Escuelas Barcalesas, promovidas pola Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa da Habana.
Na imaxe que aquí amosamos aparece un grupo representativo dos emigrantes asociados á Unión Barcalesa coas súas familias. Esta sociedade segue a funcionar baixo a presidencia de Manuel Rodríguez Barreiro.


Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua, ca. 1950
Ver

Transcripción da Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua, ca. 1950

Os emigrantes naturais do concello de Sarria non ían ser menos que os seus paisanos galegos residentes na Habana e tamén crearon unha sociedade instrutiva e mutualista, concretamente o 1 de febreiro de 1917. Eliseo Pallarés Pérez foi un dos promotores e o primeiro presidente desta asociación étnica microterritorial. Na busca da creación das súas propias escolas para a rapazada da vila de Sarria, en 1921 comezan a tramitación pertinente para a súa construción, co fin de cubrir as necesidades educativas de ensino que tiñan os máis cativos da comunidade de orixe.
Como asociación tamén ofrecían asistencia e auxilio aos socios enfermos ou presos e financiaban a repatriación dos paisanos necesitados que o requirisen por motivos diversos.
A sociedade Hijos del Distrito de Sarria na Habana xa conta con 106 anos de existencia, mantén as súas raíces galegas e desenvolve actividades que promoven a lingua e os costumes da nosa comunidade.
Esta imaxe reflicte a gran cantidade de mulleres de todas as idades que participaban activamente nas iniciativas da sociedade.


La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica, 1936
Ver

Transcripción da La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica, 1936

Esta sociedade foi fundada polos emigrantes naturais do concello da Baña residentes na Habana. A súa directiva fundacional estivo formada por Jacinto Rodríguez Recarey, presidente; José Suárez Ramos, vicepresidente; José Vilas Recarey, secretario; Manuel Mallón, vicesecretario; Manuel Agra Rodríguez, tesoureiro, e Manuel Cardeso Rey, vicetesoureiro, entre outros membros.
No seu primeiro regulamento social, publicado en 1916, figuran como obxectivos principais: «fomentar la amistad entre todos los hijos de la Comarca, aumentar y propagar la enseñanza, construyendo a este efecto una casa escuela para ser dedicada a la instrucción elemental superior y de comercio, artes y oficios. […] implantará y fomentará las industrias rurales y granjas agrícolas en la cuantía que lo vayan permitiendo los fondos sociales. […] El edificio de la casa escuela será construido en San Vicente de La Baña, o sus cercanías».
Jacinto Rodríguez, como presidente, e José Vilas, como secretario, subscribían o regulamento desta sociedade o 3 de xaneiro de 1915 na Habana. A dirección do Colegio Cuba estivo a cargo do mestre José Juan Fernández Ponte, natural de Tabeirós, concello da Estrada, e residente na vila da Baña. A tramitación dos permisos foise resolvendo entre 1921 e 1922, polo que se calcula que a inauguración oficial foi neste último ano.
Na actualidade, as instalacións en que un día foron atendidas as necesidades educativas de primeiro ensino da veciñanza albergan os servizos do xulgado, rexistro e correos do concello bañés.
Presentamos parte do libro de actas das xuntas xerais da sociedade publicado o 5 de xuño de 1936, cando a presidía Ramón Antelo.


A vida cotiá dunha asociación: xunta xeral de socios da Liga Santaballesa, ca. 1950
Ver

Transcripción da A vida cotiá dunha asociación: xunta xeral de socios da Liga Santaballesa, ca. 1950

Ademais das reunións semanais ou mensuais das directivas das sociedades para xestionar o seu funcionamento e finalidades, unha vez ao ano, ou en máis ocasións se procedía, convocábase a todos e todas as súas socias a unha reunión para informar das diversas actividades organizadas e do estado da contabilidade social. Nesas xuntanzas aprobábanse as futuras actuacións da entidade. Era un día de festa e de fraternidade para todos.
A Liga Santaballesa de Educación e Instrucción foi fundada en 1907 por un grupo de emigrantes orixinarios da Terra Chá que residían na illa de Cuba. Tivo como finalidade a construción dun edificio escolar para dar instrución aos rapaces e rapazas das parroquias dos concellos de Vilalba e Xermade. Este magnífico edificio foi inaugurado en 1916 e hoxe en día mantén viva a memoria dos seus promotores reconvertido nun centro sociocultural e nun museo pedagóxico coa misión de difundir e salvagardar o seu legado. Ademais, a entidade financiou a construción doutras dúas escolas, no lugar de Barreiro e en San Pedro de Santalla.


Xuntanza de camaradaría das e dos membros da sociedade Monterroso y Antas de Ulla, ca. 1955
Ver

Transcripción da Xuntanza de camaradaría das e dos membros da sociedade Monterroso y Antas de Ulla, ca. 1955

Esta asociación foi fundada en 1911 na capital cubana polos naturais dos concellos veciños de Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei coa finalidade de construír escolas nestes municipios. En 1922, tras numerosos desacordos, os socios orixinarios de Palas de Rei decidiron deixar a entidade e crear unha independente. Isto acontecía en ocasións no seo da colectividade, pois pequenos grupos de asociados considerábanse agraviados na consecución dos seus obxectivos. Estes enfrontamentos e malentendidos levaban á creación de entidades máis pequenas e, polo tanto, con menores posibilidades de actuación.
A asociación primixenia cambia a súa denominación pola actual, pero mantén a finalidade de «propagar y fomentar la enseñanza gratuita contribuyendo a la unión de los socios», tal como aparece no novo regulamento dese ano. Logran financiar a construción de cinco escolas na súa terra natal. Co cambio dos tempos e das necesidades, en 1955 ceden a súa titularidade aos concellos respectivos. Ese ano a directiva social merca un edificio na rúa 10 de Octubre da capital cubana, que pasa a ser a súa sede social, lugar en que hoxe en día continúan a reunirse, con obxectivos culturais e recreativos.


Sociedad Unión de Baleira, ca. 1953
Ver

Transcripción da Sociedad Unión de Baleira, ca. 1953

Fundada o 16 de febreiro de 1937 na cidade da Habana, esta sociedade foi unha iniciativa dos emigrantes do concello de Baleira que residían na illa. En realidade, un grupo de socios de Juventud de Baleira y su Comarca, debido ao estalido da Guerra Civil española e as profundas diverxencias ideolóxicas existentes, tomaron a iniciativa de desmarcarse e crear unha nova sociedade baixo a denominación de Unión de Baleira. Os seus fins eran comúns a outras tantas sociedades microterritoriais de emigrantes galegos en Cuba, é dicir, procurar a protección moral e material dos seus asociados en situación de risco social e por enfermidade, así como tamén establecer unha boa relación con outras asociacións de intereses comúns.
Nesta imaxe pódese apreciar a Sección de Damas nun acto de recoñecemento polo seu labor, sempre de grande utilidade para o bo funcionamento de Unión de Baleira.
Na actualidade esta asociación conta con arredor de 288 asociados, dos que 6 son naturais de Galicia e o resto, descendentes de emigrantes galegos. Hoxe en día continúa a levar a cabo xuntas xerais de asociados con normalidade, baixo a presidencia de Julio Antonio Gallo Pérez.


O crepúsculo do asociacionismo galego en Cuba: directivos da sociedade Progreso de Lousada, A Habana, ca. 1957
Ver

Transcripción da O crepúsculo do asociacionismo galego en Cuba: directivos da sociedade Progreso de Lousada, A Habana, ca. 1957

Esta entidade foi fundada en 1916 por emigrantes da parroquia de Santo André de Lousada, en Xermade, para construír unha casa-escola no lugar do Pazo, que foi inaugurada dous anos máis tarde. Tamén sabemos da súa colaboración e apoio ao sindicato agrario da parroquia ou do envío de cartos para melloras na súa vila natal, como a construción dunha estrada ou do tendido de electricidade e de teléfono do concello.
En 1957, debido á diminución e envellecemento dos seus socios, decide fusionarse coa sociedade irmá Hijos de Roupar, e xuntan así os seus recursos a prol dos seus socios. Pasan a denominarse Roupar y Lousada e centran os seus esforzos en actividades recreativas e benéficas.
Na imaxe destacan os símbolos patrióticos cubanos: a bandeira en primeiro plano e a fotografía do heroe nacional, José Martí, presidindo a reunión. Xa avanzado o século XX, moitos dos seus socios e socias naceran en Cuba e sentíanse plenamente integrados no país, mais non esquecían a terra dos seus devanceiros.


Sociedad de Instrucción Progreso de Coles, ca. 1946
Ver

Transcripción da Sociedad de Instrucción Progreso de Coles, ca. 1946

Fundada na Habana o 11 de novembro de 1910, esta sociedade de instrución e socorros mutuos foi creada por un grupo de emigrantes galegos naturais do concello de Coles.
A súa primeira directiva estivo presidida por Manuel García Vázquez e contaba con membros como José Otero, José Rivero, Antonio Cintas, Gerardo González e Aquilino Requejo. A construción dunha escola en Coles foi un claro obxectivo para os asociados desta entidade. Despois dun proceso un pouco complicado, finalmente foi inaugurado un centro educativo o 26 de novembro de 1913, denominado Colegio La Luz. En 1917 o centro escolar contaba con 105 estudantes e, máis adiante, en 1920, engadíase unha nova aula para que as nenas recibisen clase de corte e confección.
A casa do concello de Coles ocupa hoxe as instalacións da antiga escola e na actualidade esta asociación segue a funcionar con normalidade na Habana, presidida por Blas Nabel Pérez-Camejo.
Esta imaxe amosa membros da directiva e asociados de Progreso de Coles compartindo ideas de interese para a sociedade mentres degustan o menú servido en La Tropical, lugar de encontro típico entre os membros de todas as entidades microterritoriais de emigrantes galegos con sede na Habana.


O descanso eterno en terras afastadas, ca. 1940
Ver

Transcripción da O descanso eterno en terras afastadas, ca. 1940

Na imaxe podemos ver os socios e socias de Hijos del Ayuntamiento de Cedeira no panteón social que posuían no Cemiterio Colón da capital cubana. Unha das prioridades destas asociacións foi ter a propiedade dun panteón funerario no que poder ser enterrados todos os socios que o desexasen, como se se atopasen no camposanto da súa aldea ou parroquia. A distancia e as dificultades para o regreso á terra natal provocan neles a necesidade de saber onde van ser soterrados, onde van permanecer para a eternidade. Nesta situación, o mellor era estaren acompañados dos seus amigos e veciños, compañeiros no soño migratorio. Unha vez inaugurado o panteón, de maior ou menor tamaño e distinción segundo as posibilidades económicas de cada entidade, ano tras ano os socios acudían ao cemiterio para rezar polos seus e ter un momento para recordar a todos e todas as que morreran fóra da súa terra. Como vemos, asistían todos os socios e socias cos seus fillos, que vestían as súas mellores galas para acudir a esta reunión. Na necrópole habaneira pódense ver magníficos exemplos de arquitectura funeraria propiedade de galegos residentes na illa.


Homenaxe a un dos seus veciños máis ilustres: os socios e socias de Hijos de Rianjo posan diante dun cadro de Castelao, ca. 1913
Ver

Transcripción da Homenaxe a un dos seus veciños máis ilustres: os socios e socias de Hijos de Rianjo posan diante dun cadro de Castelao, ca. 1913

Esta sociedade foi creada como unha asociación instrutiva o 26 de abril de 1911 coa intención prioritaria de construír unha escola no seu concello natal. En Rianxo nacera o 29 de xaneiro de 1886 Daniel A. Castelao, referente da cultura e identidade de Galicia.
Na imaxe vemos os socios e socias de Hijos de Rianjo admirando un dos seus cadros, que ten como nome Camiño da festa de Guadalupe, a festa da súa patroa. A obra estivo durante uns anos na sede da entidade rianxeira en Bos Aires como unha das súas propiedades máis queridas, aínda que despois pasou a formar parte dos fondos do Centro Galego de Bos Aires.
Os emigrantes do concello de Rianxo crearon varias asociacións na capital bonaerense, como a Sociedad Protectora Agrícola y Cultural del Ayuntamiento de Rianjo (1923) ou o Centro Cultural de Rianjo (1929). Fusionáronse todas en 1930 baixo a denominación de Sociedad Cultural y Protectora de Rianjo. Castelao, durante o seu exilio, estivo moi vinculado a esta asociación, que lle tributou numerosas homenaxes.


Reunión festiva da sociedade Hijos de Silleda de Protección Mutua, ca. 1920
Ver

Transcripción da Reunión festiva da sociedade Hijos de Silleda de Protección Mutua, ca. 1920

O 15 de agosto de 1908 constituíuse esta sociedade de emigrantes do concello pontevedrés de Silleda residentes en Arxentina. O seu principal obxectivo foi o mantemento dos vínculos de amizade e veciñanza dos seus socios «haciendo revivir los sentimientos de fraternidad nacidos en la infancia». Nos primeiros estatutos prevaleceu a proposta de Antonio Alonso Ríos, un dos seus promotores, quen impuxo a súa finalidade instrutiva, coa creación de escolas nas distintas parroquias como un medio de progreso para os seus veciños e veciñas. A esta asociación deben os silledenses a creación e o mantemento de tres escolas que contribuíron á súa formación educativa. Nelas impartíase un plan educativo redactado por Alonso Ríos, seguindo os postulados didácticos do país de acollida. Desde Arxentina chegaban indicacións para priorizar a calidade da ensinanza, pero tamén para que os edificios dispuxesen de todas as comodidades e medidas hixiénicas máis modernas, ademais de dotar o alumnado de todo o material escolar necesario.
Esta asociación, ademais, financiou numerosas actividades a prol da loita anticaciquil, agrarista e galeguista no concello de Silleda. Para recadar fondos cos que levar a cabo o seu ideario progresista organizaba festivais e banquetes, como o da imaxe, con carácter benéfico.


Convite para a inauguración da sede social de Hijos del Partido Judicial de Lalín, ca. 1936
Ver

Transcripción da Convite para a inauguración da sede social de Hijos del Partido Judicial de Lalín, ca. 1936

Ter unha sede social en propiedade foi unha das aspiracións das asociacións microterritoriais en Arxentina. Cando se creaba unha destas entidades, a falta de recursos obrigaba as directivas a reunirse ben na casa ou negocio dalgún socio, ben en oficinas alugadas para tal fin. Cando o número de socios e socias crecía, as cotas sociais e os cartos recadados nos festivais e banquetes que organizaban dedicábanse ás necesidades máis perentorias: as axudas mutualistas para os socios máis desfavorecidos, o envío de remesas de cartos a Galicia para a construción de escolas, a loita agrarista e galeguista, o arranxo de estradas e camiños, etc. O logro de adquirir unha sede propia prestixiaba a asociación dentro da colectividade. Por iso, organizábase un grande acto festivo ao que se convidaba a todas as entidades e persoeiros da diáspora galega no país.
Neste documento pódese ver unha relación de todas as asociacións de emigrantes que Hijos del Partido Judicial de Lalín invita para celebrar a inauguración da súa sede social, sita na bonaerense rúa Moreno, nº 1920. Podemos coñecer así máis de 150 asociacións galegas de ámbito local que existían nese momento. Era habitual este tipo de convites para participar nas actividades recreativas das entidades máis afíns.


Asemblea xeral de socios da Sociedad agrícola, cultural y recreativa de Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires, ca. 1920
Ver

Transcripción da Asemblea xeral de socios da Sociedad agrícola, cultural y recreativa de Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires, ca. 1920

Esta sociedade foi creada o 2 de outubro de 1910 por un grupo de veciños do concello de Vedra que emigraran a Arxentina, coa finalidade expresa de «agrupar en su seno a los convecinos de las doce parroquias de Vedra, con el fin de apoyar moral y materialmente los esfuerzos de sus convecinos que luchaban por emanciparse del prepotente caciquismo imperante». A súa fundación tivo unha finalidade agrarista, coa prioridade de mandar axudas ao Sindicato Agrario de Vedra. No eido cultural e educativo destacan as numerosas remesas de cartos enviadas para o funcionamento de varias escolas creadas nos anos vinte nas parroquias de Vedra, tal como se pode ver no apartado As escolas da emigración do web do CCG.
A falta de entendemento nas prioridades provocou que os emigrantes vedreses en Arxentina, como os doutros concellos galegos, fundasen varias entidades de carácter local e co mesmo ámbito de actuación. O Comité Auxiliar de la Sociedad de Agricultores de Vedra en Buenos Aires, que acabaría fusionado con esta sociedade en 1917 e pasa a chamarse Residentes del Municipio de Vedra en Sud-América; a Sociedad Mutua y Auxiliar de Agricultores del Municipio de Vedra (1920); Unión y Progreso de San Julián de Sales (1913); Nueva Era de Vilanova y sus Contornos (1922); Comisión Pro-Escuelas de Puente Ulla (1926), e Cultura y Progreso Parroquial de Vedra (1917), a única que existe na actualidade.


Socios e socias de Hijos de Silleda nun mitin galeguista, Bos Aires, ca. 1930
Ver

Transcripción da Socios e socias de Hijos de Silleda nun mitin galeguista, Bos Aires, ca. 1930

A gran maioría das asociacións de emigrantes de ámbito parroquial ou municipal tiveron como finalidade prioritaria acadar o progreso educativo e cultural dos seus lugares de procedencia, sen esquecer o apoio ás loitas agraristas dos seus compatriotas. Convértense así nun foco de atención preferente para os nacionalistas co fin de propagar as súas ideas entre esta ampla masa social. Ao longo da década de 1920 moitas destas sociedades apoiarán activamente o ideario nacionalista moderado asistindo a mitins e achegando cartos nas numerosas subscricións que se creaban con ese fin. Foi esencial o papel da prensa étnica: os principais xornais e revistas como Correo de Galicia —o xornal de J. R. Lence que tiña un maior número de lectores no seo da colectividade emigrada e que neses anos virou cara a un galeguismo moderado—, Céltiga, El Despertar Gallego etc., os mitins, conferencias e artigos dos intelectuais galeguistas tiveron un amplo eco na colectividade, e cada vez participaba máis público nos diferentes actos a prol da causa galeguista.
Dende as sociedades máis progresistas —vemos na imaxe os socios e socias de Hijos de Silleda nun acto político, co puño levantado en sinal de loita— mandaban cartos a Galicia para axudar a financiar centros educativos e sindicatos agrarios, así como a publicación de libros e folletos de propaganda das ideas nacionalistas no seu lar. Ademais, a nivel particular moitos emigrantes informaban e exhortaban os seus amigos e familiares a favor da República e da autonomía de Galicia nun discreto labor de concienciación.


1906-00-00
O labor fecundo e incansable da Alianza Aresana de Instrucción, 1906
Ver

Transcripción da O labor fecundo e incansable da Alianza Aresana de Instrucción, 1906 en 00/00/1906

Ás oito da noite do 20 de marzo de 1904, na fermosa cidade da Habana, tivo lugar a xuntanza fundacional desta sociedade de emigrantes galegos orixinarios da vila de Ares. Domingo Troche, quen foi o presidente fundador, fixo un chamamento a todos os seus paisanos residentes na illa para manifestarlles o desexo e a necesidade de «fundar en su pueblo natal un colegio de instrucción elemental para niños». Deste xeito e coa antedita finalidade, a Alianza Aresana de Instrucción converteuse nunha sociedade étnica pioneira entre as numerosas asociacións microterritoriais galegas que se fundarían na illa.
A este ambicioso proxecto uniríanse as delegacións homólogas creadas en Sagua (Cuba), Veracruz (México) e Tampa (Estados Unidos). En Ares, os delegados desta asociación encargaríanse de seguir as indicacións dos seus compatriotas residentes en Cuba.
Para un maior coñecemento sobre a historia das escolas creadas por esta asociación de emigrantes, pódese consultar: «As escolas da emigración: un proxecto do Arquivo da Emigración Galega».
Expoñemos aquí un fragmento do balance semestral da xunta directiva (1 de xuño a 31 de decembro de 1905), así como os detalles concernentes á creación da escola na vila de Ares.


1908-00-00
A música como elemento de unión e de identidade cultural: a Rondalla Ferrolana, A Habana, 1908
Ver

Transcripción da A música como elemento de unión e de identidade cultural: a Rondalla Ferrolana, A Habana, 1908 en 00/00/1908

Na primeira década do século XX comezaron a agromar numerosas asociacións étnicas de implantación localista. Os emigrantes da comarca de Ferrol residentes na Habana comezaron a reunirse para organizar actividades festivas e culturais coa música como elemento definidor. Formaron unha rondalla que realizou numerosas actuacións no seo da colectividade galega da capital cubana. O 14 de xuño de 1909 os seus integrantes decidiron constituír unha asociación baixo a denominación de Ferrol y su Comarca, coa finalidade de crear e manter centros de ensino en cada un dos concellos da comarca. Este ambicioso obxectivo tivo que moderarse, e só temos constancia dos seus numerosos envíos de cartos para a construción dunha escola con todos os adiantos hixiénicos e educativos en Moeche. Foi dedicada ao ensino primario e chegou a contar no ano da súa inauguración, 1920, con 60 alumnos, que recibían un plan didáctico baseado nas máis modernas teorías pedagóxicas.


1909-00-00
Directiva fundacional de Xuventude de Galicia, 1909
Ver

Transcripción da Directiva fundacional de Xuventude de Galicia, 1909 en 00/00/1909

Os fundadores desta sociedade de emigrantes galegos residentes en Lisboa, creada en novembro de 1908, elixen unha directiva que se encargará de poñela en funcionamento. Axiña comeza unha campaña de difusión entre a colectividade para atraer novos integrantes e acadar o apoio dos seus membros máis destacados.
Na imaxe vemos a primeira directiva de Xuventude de Galicia. De esquerda a dereita, sentados: José Lorenzo Cuevas, que ocupaba o cargo de vicepresidente; Manuel Álvarez Cobas, como presidente; e Ramiro Vidal Carrera, primeiro secretario. De pé: Francisco Sánchez, xornalista e correspondente de Vida Gallega en Lisboa; Marcelino Outerelo Rocha, contador; Emilio Mobilla Rodríguez, tesoureiro, e Ramiro Martín y Martín, segundo secretario. Todos eles eran emigrantes cunha posición consolidada na vida económica e cultural do país veciño.


1909-00-00
Rondalla social, 1909
Ver

Transcripción da Rondalla social, 1909 en 00/00/1909

Nun primeiro momento o desexo dos fundadores da nova entidade de emigrantes era organizar unha rondalla para actuar nas diversas reunións festivas que se facían no seo da colectividade galega en Lisboa. Así, no número 3 da revista Vida Gallega dáse información da fundación de Xuventude de Galicia con estas palabras: «Aquellos paisanos nuestros han levantado una bandera de cultura. Van a consagrarse a las tareas artísticas. Van a hacer música gallega, a recordar a la patria entonando sus canciones amadas, las que nos siguen fuera de la terriña como himnos de amor a lo que jamás podemos olvidar […]». Nos primeiros anos este orfeón estivo dirixido polo compositor e pianista de orixe galega, Alfredo Motta, que aparece retratado no centro da fotografía. Portando a bandeira galega, no centro da imaxe, vemos a Ramiro Vidal. Outros compañeiros da agrupación musical e socios do centro eran Domingo Ribas, Indalecio García Eiró, Benigno Fernández Pérez, Ramón Carrera Carballo, José Lorenzo Cuevas, José Bermúdez Ramírez, Albino Lorenzo Cuevas, Evaristo Besada Santos ou Domingo Fernández Pereira.
Foron famosas as súas actuacións na vida cultural lisboeta, que aparecen referenciadas na prensa galega e portuguesa da época.


1910-00-00
Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín, 1910
Ver

Transcripción da Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín, 1910 en 00/00/1910

Seguindo os pasos da súa homóloga antecesora en Arxentina e a instancias dela, esta sociedade de emigrantes procedentes da comarca de Deza foi fundada na cidade da Habana coa finalidade de protexer e axudar os seus asociados e co obxectivo, entre outros, de construír un hospital-asilo en Lalín, secundando deste xeito os conterráneos pioneiros da iniciativa que residían en Bos Aires. Así pois, o domingo 20 de marzo de 1910, hai 113 anos, aprobouse a creación da Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín, con sede no edificio do Centro Galego da Habana.
Cándido Lamas, Manuel Lorenzo e Maximino López encabezaron o seu comité organizador, ademais doutros socios fundadores que representaron os concellos de Silleda, Lalín, Carbia, Agolada, Rodeiro e Dozón. Deles saíu a primeira xunta directiva baixo a presidencia de Cándido Lamas, destacado membro da colonia dezá en Cuba.
Nesta imaxe pódese percibir a boa disposición dos membros da xunta directiva para afrontar o gran reto proposto polos paisanos residentes en terras bonaerenses.


1910-02-00
Primeiro número do Boletín de la Biblioteca «América» de la Universidad de Santiago de Compostela, febreiro de 1910
Ver

Transcripción da Primeiro número do Boletín de la Biblioteca «América» de la Universidad de Santiago de Compostela, febreiro de 1910 en 00/02/1910

Este boletín foi publicado en Bos Aires a partir de 1910 e tivo continuidade ata 1936. Creouse tras a frustración de Gumersindo Busto por non poder inaugurar a Biblioteca América nese ano tan significativo para Arxentina, o seu país de acollida migratoria e un dos principais países doadores. Foi un medio máis para dar a coñecer os traballos realizados a prol da fundación da Biblioteca e tamén serviu como medio publicitario do proxecto para así atraer máis doantes coa publicación dos seus nomes e relación de doazóns. Tamén publicaban artigos de contido cultural e reproducían as noticias da prensa do momento sobre o proxecto. Unha vez editado, o Boletín enviábase ás redaccións de gran parte dos xornais e revistas de España e de todo o continente americano para que o seu labor tivese ampla repercusión.


1914-00-00
O Círculo Habanero de La Devesa, 1914
Ver

Transcripción da O Círculo Habanero de La Devesa, 1914 en 00/00/1914

A Sociedad de Instrucción y Recreo Círculo Habanero de La Devesa constitúe unha das primeiras sociedades galegas de adscrición parroquial creadas na illa de Cuba. Foi fundada polos emigrantes orixinarios de Santalla da Devesa o 31 de decembro de 1911. Os seus obxectivos principais eran prestar socorro á veciñanza máis necesitada e recadar fondos para financiar as festas patronais nas respectivas parroquias de orixe, ademais de construír edificios escolares, lavadoiros e cemiterios, entre outras obras filantrópicas de interese para a comunidade. A súa directiva fundacional estaba formada por José Acevedo, primeiro presidente e un dos seus principais promotores e beneficiarios; José R. Alonso, secretario, e Ramón P. Murias, José A. Posada, Julio Raimundo, Melchor Rodríguez, Benito F. Fernández, José F. Fernández, José M. Graña, Ángel Ríos, Antonio Pérez, José Molejón, Isidro Martínez e Benito Fernández, vogais.
En 1919 quedou inaugurada unha primeira escola destinada a ofrecer os servizos educativos gratuítos aos nenos e nenas da Devesa, Rinlo e Vilaframil. En 1921 inauguraron o recinto co edificio social e dúas escolas.
Que mellor maneira de recadar fondos que a celebración de festas e xantares cos paisanos e compañeiros de aventura migratoria. As actividades de lecer eran multifuncionais, pois servían para pasar tempo de lecer e interacción social, reforzadas coas manifestacións de solidariedade coa terra natal. Temos aquí un exemplo, o programa da «Gran Jira» celebrada nos xardíns da cervexaría La Tropical, na que recreaban as tradicións galaicas con bailes, alimentos e bebidas da Galicia natal. A música tradicional galega non podía faltar e deleitaba sempre aos asistentes de todas as idades.


1914-05-17
Xornada de camaradaría dos socios de Xuventude de Galicia, 17 de maio de 1914
Ver

Transcripción da Xornada de camaradaría dos socios de Xuventude de Galicia, 17 de maio de 1914 en 17/05/1914

Na imaxe podemos ver un grupo de emigrantes galegos gozando dunha xornada de lecer nunha excursión pola contorna de Lisboa. Non esquecen os seus costumes e a música da gaita, do tambor e do tamboril axuda a que a reunión sexa do máis festiva. Unha das prioridades da entidade é acadar a solidariedade e unión entre os galegos residentes na capital portuguesa e a organización deste tipo de reunións contribuía a fomentar a amizade entre os seus membros.


1918-00-00
A instrución como motor de progreso e modernización: o proxecto educativo da sociedade habaneira San Miguel y Reinante, 1918
Ver

Transcripción da A instrución como motor de progreso e modernización: o proxecto educativo da sociedade habaneira San Miguel y Reinante, 1918 en 00/00/1918

As asociacións instrutivas tiñan moi claro o proxecto educativo que querían implementar nos centros educativos que financiaban. Dende A Habana chegaban os regulamentos educativos e demais directrices para a súa aplicación. De carácter progresista e laico, seguindo o modelo da educación cubana, neles constaban polo miúdo todos os aspectos relativos ao funcionamento das escolas: a admisión do alumnado, o tipo de ensinanza, as materias que ían impartirse, os horarios, a contratación e o soldo dos mestres…, sen esquecer todo o relativo á construción dos centros. Para levar a cabo os seus plans contaban con delegacións das sociedades en Galicia, integradas por veciños da súa confianza, moitos deles emigrantes retornados que foran socios en Cuba. Pese a isto, non sempre lograban aplicar os regulamentos polas presións da Igrexa ou dos gobernos municipais, moitas veces en mans de caciques.
Este regulamento é unha clara demostración. Nel pódense ler todas as condicións que esta sociedade poñía para a xestión do centro educativo que acababa de inaugurar na parroquia de Santiago de Reinante: «Esta Escuela será de primera enseñanza elemental ampliada y tiene por objeto desarrollar la actividad e inteligencia de los alumnos haciendo uso de los medios con los que cuenta y de los métodos de la Pedagogía moderna para que reciba la educación e instrucción necesaria a fin de conseguir hombres y mujeres robustos, instruídos, laboriosos e útiles a sí mismos, a sus familias y a la sociedad».


1919-00-00
Directivos da sociedade Chantada y su partido, 1919
Ver

Transcripción da Directivos da sociedade Chantada y su partido, 1919 en 00/00/1919

Para os emigrantes, formar parte da directiva dunha asociación acreditaba ante a colectividade o éxito da súa experiencia migratoria e supoñía unha reafirmación do seu ascenso social e económico no novo país de acollida. Os emigrantes que lideraban a fundación destas sociedades adoitaban ser persoeiros comprometidos e con boa situación, que eran elixidos por quendas.
Nesta imaxe publicada na revista Vida Gallega aparecen os integrantes da xunta directiva do ano 1919 de Chantada y su Partido, presidida por Manuel Costa (no centro), un dos seus fundadores e quen xa participara na primeira directiva co cargo de contador. Esta entidade foi creada en 1915 e tiña finalidades recreativas e mutualistas, tal como se recollía nos seus estatutos: «construir, cooperar y fomentar la unión de los inmigrantes que un día por causas diversas tuvieron que abandonar su tierra». Na década de 1920 aparecen numerosas mencións na prensa sobre os seus banquetes, reunións sociais e festivais, nos que tiñan moita sona as actuacións do cadro escénico integrado polos seus socios e socias.


1929-00-00
Homenaxe de Eduardo Blanco-Amor a Rosalía de Castro, Santiago de Compostela, 1929
Ver

Transcripción da Homenaxe de Eduardo Blanco-Amor a Rosalía de Castro, Santiago de Compostela, 1929 en 00/00/1929

Eduardo Blanco-Amor foi un dos galeguistas máis activos da emigración en espallar o ideario autonomista e de defensa da cultura galega. En Bos Aires destaca o seu labor xornalístico na prensa étnica, pois dirixiu en diferentes etapas o xornal El Despertar Gallego (1921), a revista Terra (1923), a revista Céltiga (1924), a revista Galicia, voceiro do Centro Galego de Bos Aires, ou o xornal Galicia da Federación de Sociedades Gallegas (FSG), entre outros. En 1926 comezou a colaborar no diario arxentino La Nación, de gran prestixio no país. En 1929 foi nomeado correspondente deste xornal en España, posto que exerceu ata 1931. Durante este período visitou Galicia en numerosas ocasións e coñece a Castelao e outros líderes nacionalistas; a través deles establece unha intensa relación co Partido Galeguista e co grupo Nós.
Na imaxe vemos a Blanco-Amor posando diante do mausoleo de Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval. Este panteón fora financiado coas remesas da colonia galega de Cuba e da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Visita o lugar como homenaxe á poeta galega, un dos referentes culturais do pobo galego e símbolo da colectividade de alén mar. Grande orador, Blanco-Amor dará un mitin de propaganda galeguista diante da súa escultura erixida no parque da Alameda de Santiago.


1933-00-00
Fonte e lavadoiro público de San Xoán de Río, financiados pola Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa, 1933
Ver

Transcripción da Fonte e lavadoiro público de San Xoán de Río, financiados pola Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa, 1933 en 00/00/1933

Esta sociedade comarcal foi fundada na Habana o 12 de xuño de 1921 polos emigrantes naturais do concello da Pobra de Trives. Foi creada coa finalidade de socorrer os asociados necesitados de axuda por motivos diversos: enfermidade, accidente, invalidez física para o traballo ou necesidade de repatriación a Galicia. Como o resto de asociacións étnicas, entre os seus obxectivos tamén figuraba a realización de actividades que contribuísen ao fomento da confraternidade entre os naturais do partido xudicial da Pobra de Trives e os demais paisanos residentes na illa, incluídos tamén os que eles chamaban fillos de Cuba e os procedentes doutras partes de España. Os variados actos culturais e de recreo eran as actividades máis recorridas á hora de recadar cartos para o fondo social da entidade.
Nesta imaxe aparece a delegación encargada de inaugurar, en 1933, a fonte e o lavadoiro en San Xoán de Río, financiados con cartos de Unión Trivesa, baixo petición previa da veciñanza da parroquia.


1933-03-24
Noticia sobre a creación, en Vigo, da Sección de Ciencias Aplicadas do Seminario de Estudos Galegos e o nomeamento de Manuel Gómez Román como director
1933-07-01
Recibo do Centro Galego da Habana polo alugueiro das súas instalacións, 1 de xullo de 1933
Ver

Transcripción da Recibo do Centro Galego da Habana polo alugueiro das súas instalacións, 1 de xullo de 1933 en 01/07/1933

A maioría das asociacións microterritoriais galegas creadas na illa de Cuba destinaban os seus recursos económicos (conseguidos co pago das cotas dos socios, con investimentos ou coa organización de actividades festivas) a envialos á súa parroquia ou municipio de orixe e non consideraban necesario ter unha sede social en propiedade. O Centro Galego da Habana, dono dun grandioso edificio no centro da capital cubana, poñía os seus salóns á disposición destas asociacións para levaren a cabo as xuntanzas de socios e socias e diversas actividades culturais. Tamén cedía escritorios ou pequenos despachos, situados nos espazos da súa secretaría, nos que as entidades instalaban as súas oficinas para as reunións das directivas e para gardar a documentación das súas actividades.
A entidade Calo y Viduido, Sociedad de Instrucción, Recreo y Socorros Mutuos, creada na Habana o 20 de agosto de 1920, tiña asinado un contrato de arrendamento co Centro Galego, como a gran maioría das sociedades de ámbito local. Por estes servizos o Centro cobraba un pequeno alugueiro: dous pesos mensuais que se pagaban semestralmente; esta cantidade foi variando co paso do tempo.


1935-00-00
Estatutos sociais do Centro de Protección Agrícola del Distrito de Salceda, 1935
Ver

Transcripción da Estatutos sociais do Centro de Protección Agrícola del Distrito de Salceda, 1935 en 00/00/1935

A fundación desta asociación agrarista xurdiu por iniciativa de Joaquín Fernández Sestelo, farmacéutico de Salceda de Caselas e loitador anticaciquil que fundou o xornal El Despertar, desde cuxas páxinas loitou pola formación de sindicatos agrarios no seu distrito; debido a súa actividade política foi desterrado e tivo que emigrar cara a Arxentina. Alí foi acollido polos residentes da súa comarca e promoveu a idea de crear unha asociación integrada polos residentes en Bos Aires de todas as parroquias do seu concello natal. O 26 de outubro de 1913 é a data fundacional desta entidade, presidida por Constantino Gil e que tiña como obxectivo principal cooperar no desenvolvemento agrario da súa comarca. Así, nas décadas de 1920 e 1930 achegou numerosas remesas económicas ao seu concello destinadas á propaganda agraria e a favor da República e da autonomía de Galicia. Os seus estatutos tamén inclúen a axuda mutua en casos de enfermidade ou necesidade económica para os seus socios e socias e mesmo a repatriación de quen precisase regresar ao terruño. En marzo de 1917 edita La Voz del Centro, un xornal agrarista de grande influencia na colectividade e que anos despois pasa a chamarse El Agrario.


1935-11-23
Banquete polo aniversario da fundación de Xuventude de Galicia, 23 de novembro de 1935
Ver

Transcripción da Banquete polo aniversario da fundación de Xuventude de Galicia, 23 de novembro de 1935 en 23/11/1935

Nos anos 30 a asociación estaba plenamente integrada na vida social e cultural de Lisboa. Era moi recoñecida polos propios portugueses e as súas reunións aparecían referenciadas non só na prensa da colectividade española senón tamén na nacional. Contaba con numerosos asociados, entre os que estaban os membros máis destacados da colectividade. Aínda que mantiña a súa acción solidaria cos máis necesitados, primaba a súa finalidade recreativa como medio para manter os lazos de unión de todos os emigrantes galegos que alí residían. Periodicamente organizaba festas, xantares e homenaxes a intelectuais e persoeiros destacados, tanto galegos como portugueses, como podemos ver nesta imaxe.


1937-07-00
Cultura Gallega. Publicación quincenal: Literatura, Arte, Historia, Geografía, Gráfica, Informativa (A Habana, 1937)
Ver

Transcripción da Cultura Gallega. Publicación quincenal: Literatura, Arte, Historia, Geografía, Gráfica, Informativa (A Habana, 1937) en 00/07/1937

En 1936 sae á rúa o primeiro número desta revista ilustrada de información xeral, creada e dirixida por Adolfo V. Calveiro co obxectivo de divulgar a cultura galega na illa de Cuba. Nas súas páxinas percíbese unha exaltación de Galicia e os seus valores, colocando a figura de Rosalía de Castro como símbolo de identidade nacional (hai un número extraordinario dedicado á súa figura). Colaboran na revista importantes personalidades da cultura galega como Eladio Vázquez Ferro, Fuco G. Gómez, Ramón Marcote, Sinesio Fraga, Eduardo Blanco-Amor, Marcial Valladares, Ramón Fernández Mato, Ramón Otero Pedrayo ou Xerardo Álvarez Gallego, que ofrecen unha visión dos problemas de Galicia dende unha perspectiva galeguista e republicana, liña editorial que se vai abandonando segundo avanza a Guerra Civil española. En 1940 pasa a apoiar a causa franquista e cambia o seu nome polo de Cultura Hispánica, máis acorde co ideario da ditadura.
Cultura Gallega contaba con varias seccións, como «Noticias de Galicia», na que informaba das novas da actualidade galega, ou «Vida social de la colonia», na que relataba a vida cotiá da colectividade, ademais de dar a coñecer as actividades de asociacións senlleiras de Cuba como Hijas de Galicia, o Centro Galego da Habana ou a Agrupación Artística Gallega.


1939-00-00
Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos del Ayuntamiento de Cerdido, 1939
Ver

Transcripción da Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos del Ayuntamiento de Cerdido, 1939 en 00/00/1939

Esta sociedade foi fundada na Habana en 1907 polos emigrantes naturais do concello de Cerdido baixo o nome de Pila Ancha. Fomentar a instrución na súa terra natal e facilitar a unión entre os seus asociados foron dúas das razóns da súa creación. Os seus fins están recollidos no seu primeiro regulamento (1908): «sus fines exclusivos serán fomentar y propagar la enseñanza entre los moradores o habitantes de Cerdido y de las aldeas limítrofes, si fuera posible. A este efecto se abrirán dos escuelas de primera enseñanza, una que funcionará en la parroquia de San Martín de Cerdido y otra en San Antonio de la Barquera». Entre os socios fundadores figuraban: José Piñón Abella, Secundino Candorcia, José Rodríguez, Andrés García Amador, Manuel Durán, José Lamigueiro, Severino T. Solloso, Carlos Bouso, José Couto, Vicente Sueiras, José García Peña, Eduardo Fraguela, José Martínez Piñón, Benito Peña, Manuel Gallego, Tomás Pita, José Candales, Faustino López, Guillermo López, José Pajón, Generoso López Valiño, Antonio Candales (primeiro presidente social), Vicente Candales Piñón, Eliseo García, Vicente Rodríguez Piñón, Benigno López, José Martínez Rodríguez, José Bellón Coba, Benigno Villadóniga, José López, Manuel Villar e Vicente López.
En 1929, coa aprobación dun novo regulamento social, cambia de nome e pasa a denominarse Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos del Ayuntamiento de Cerdido. Non será ata 1931 cando comece a construír as escolas, mesmo co plano arquitectónico enviado dende Cuba pola entidade. A inauguración destas escolas tivo lugar no ano 1932.
Nesta imaxe aparecen os membros da xunta directiva no acto de toma de posesión en 1939.


1940-00-00
Socias do Centro Recreativo del Partido de Becerreá nun pícnic, anos 40
Ver

Transcripción da Socias do Centro Recreativo del Partido de Becerreá nun pícnic, anos 40 en 00/00/1940

Esta entidade, fundada en 1927, axiña pasou a formar parte da Federación de Sociedades Gallegas, coa que compartía ideario republicano e agrarista. Foi creada como unha institución recreativa e un centro de cultura e protección para os seus asociados. Para eles era primordial a unión e sociabilidade dos seus membros, tal como acreditaba o seu lema «unidad y confraternidad».
Na imaxe podemos ver unha de tantas festas campestres celebradas polos emigrantes alén mar, neste caso organizada no campo de recreo de Vicente López propiedade da Federación. Alí xuntábanse periodicamente os socios e socias das entidades federadas para manter vivos os lazos de camaradaría e de identidade. Gozaban dunha xornada de ocio seguindo os costumes da súa terra natal (música, gastronomía…) mesturados cos autóctonos do país de acollida, como os asados. Nestes festexos campestres, ademais do lecer que precisaban tras xornadas de duro traballo, lembraban as súas festas patronais e reproducían a solidariedade comunitaria nun contexto perfecto para crear vencellos de amizade e veciñanza. Potenciábase así no imaxinario dos socios e socias a idea da asociación como un referente, un lugar ao que poder acudir en caso de necesidade e no que poder achegar a súa solidariedade cos paisanos máis desfavorecidos.


1941-11-08
Estatutos polos que se rexe a sociedade Naturales de Ortigueira, A Habana, 1941
Ver

Transcripción da Estatutos polos que se rexe a sociedade Naturales de Ortigueira, A Habana, 1941 en 08/11/1941

Esta asociación fundouse en 1928, cando comezaba a decaer o agromar societario. Contou ademais coa particularidade de ser creada como unha sociedade de beneficencia e protección mutua, sen incluír a finalidade instrutiva. Isto quizais se debeu a que practicamente cada parroquia do concello de Ortigueira contaba xa cunha asociación que financiara a construción e mantemento de magníficos edificios escolares por todo o municipio. Xa dende moi cedo os e as naturais deste concello residentes na Habana constituíron varias asociacións instrutivas de ámbito parroquial, como a Sociedad de San Adrián, fundada en 1905; La Devesana, en 1907; Puente de Mera, en 1911; San Claudio, en 1912; El Progreso del Yermo, en 1914; Hijos de San Julián de Senra, en 1916, e Hijos de Santa María de Mera, en 1917.
Grazas a elas podemos dicir que Ortigueira é un dos concellos galegos cun maior número de escolas (oito en total) financiadas pola súa colectividade emigrante, das que son exemplo a Escola A Devesana, fundada en 1912; o Escolar de Santiago de Cuiña, de 1923; as Escolas de San Adrián, de 1912, ou os Grupos Escolares de San Claudio e da Senra, inaugurados en 1929.


1948-07-00
Golada. Boletín editado por la sociedad del Ayuntamiento de Golada (Bos Aires, 1948)
Ver

Transcripción da Golada. Boletín editado por la sociedad del Ayuntamiento de Golada (Bos Aires, 1948) en 00/07/1948

Moitas das asociacións microterritoriais en América publicaban xornais e boletíns para manter informados das súas actividades aos socios. Moitas tiñan unha tirada pequena e se cadra non contaban con colaboracións tan destacadas; eran froito do traballo e ilusión dun grupo de socios que conseguían editar anualmente un boletín ou unha revista de menos páxinas pero que lograba o seu obxectivo: informar do acontecer societario e manter presentes os costumes e tradicións das súas vilas natais na memoria colectiva dos seus socios e socias. Este boletín é un exemplo deles, publicado con motivo da conmemoración do 18º aniversario da fundación da asociación editora. Nas súas páxinas dábase conta aos socios das diversas actividades realizadas durante ese ano e publicábase a memoria e a contabilidade social correspondente. Ademais, aparecen reproducidos algúns poemas e textos literarios e predominan os artigos sobre a súa vila natal. Para financiarse aparecen numerosos anuncios de negocios de galegos, moitos deles nacidos en Agolada, nunha campaña de publicidade para dar a coñecer aos paisanos a súa actividade e bo facer.


1948-09-09
A música galega como sinal de identidade cultural alén mar, 9 de setembro de 1948
Ver

Transcripción da A música galega como sinal de identidade cultural alén mar, 9 de setembro de 1948 en 09/09/1948

Na fotografía vemos o Coro Castelao, integrado polos socios e socias de Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo, durante a gravación do Himno a Rianjo, escrito polo xornalista e músico José Arcos Moldes. Este himno era música obrigada nas festas organizadas por esta asociación de rianxeiros e rianxeiras en Arxentina.
A sociedade fundouse en 1934 con finalidades culturais e recreativas. O seu obxectivo principal foi «fomentar entre los asociados el arte musical y escénico y todo lo que se considere útil para la elevación del nivel moral, social, cultural y económico de los socios y sus familiares en particular, y en general, ocuparse del mejoramiento de la clase trabajadora», e para iso creou este coro, de gran sona nas celebracións da colectividade.
En 1963 participou na fusión de todas as entidades microterritoriais do concello de Rianxo, para constituír o Centro Ayuntamiento de Rianjo. A fusión foi o instrumento de supervivencia de moitas destas pequenas asociacións en número de socios, que, co paso do tempo e o descenso da corrente migratoria nos anos sesenta, contaban cunha masa societaria moi envellecida e diminuída. En 1986 as e os rianxeiros e noieses, paisanos de concellos veciños, únense e crean o Centro Noia-Rianxo, que hoxe en día continúa co seu labor de defensa da cultura galega e a fraternidade dos seus integrantes.


1949-00-00
Texto dunha conferencia impartida por Avelino Díaz na sociedade ABC del Partido Judicial de Corcubión. 1949
1953-00-00
Folleto cos actos organizados para homenaxear a Castelo no terceiro aniversario do seu cabodano. Avelino Díaz impartiu unha conferencia pola coleitividade galega. 1953
1956-00-00
Visita dos delegados do I Congreso da Emigración Galega ás instalacións do diario arxentino La Prensa. 1956
1956-00-00
Nadal entre parentes e paisanos, Lisboa, 1956
Ver

Transcripción da Nadal entre parentes e paisanos, Lisboa, 1956 en 00/00/1956

Como o resto das sociedades de emigrantes galegos no exterior, Xuventude de Galicia vén organizando desde a súa configuración as celebracións máis tradicionais e emotivas sinaladas cada ano. As festas do Nadal en compañía de familiares e paisanos alivian a distancia da terra de orixe e reforzan os lazos de confraternidade dentro da colectividade. Este tipo de celebracións adoitaban ser amenizadas pola agrupación coral e artística Anaquiños da Terra, con representacións teatrais e bailes para o divertimento dos socios e socias de todas as idades.


1956-00-00
Alborada. Órgano del Centro Gallego de Barcelona (1956)
Ver

Transcripción da Alborada. Órgano del Centro Gallego de Barcelona (1956) en 00/00/1956

O Centro Galego de Barcelona comeza a editar en 1948 esta revista como «portavoz oficial de nuestra entidad y un eco espiritual del basto mundo de la galleguidad y un balcón de cultura y de arte gallegos al que puedan asomarse los intelectuales amigos de Galicia». Dende esa data pasa por varias etapas editoriais ao longo dos anos: a primeira vai dende marzo de 1948 ata 1952; a segunda abarca dende xullo dese ano ata 1956; a terceira vai de 1961 a 1968; durante uns anos deixa de publicarse ata 1974, ano en que comeza a cuarta etapa; a quinta vai dende 1986 ata 1989 e en 1995 comeza de novo a súa andaina.
De edición esmerada, nas súas páxinas pódese atopar información da acción cultural realizada polo centro (na sección «Labor cultural»). Conta tamén con numerosos artigos de contido variado sobre Galicia, con páxinas dedicadas á literatura (contos, poesía, estudos sobre escritores), á cultura popular galega e a cuestións referentes á lingua galega; opinións e vivencias persoais dos emigrantes galegos en Cataluña; artigos sobre personalidades galegas; etc., sen esquecer a cultura e as realidades catalás que están a vivir. Neste número en concreto, de xullo de 1956, podemos admirar na súa portada unha obra do pintor e gravador galego Julio Prieto Nespereira, cuxo orixinal se conserva na sede do Centro Galego.


1956-07-06
Paseo fluvial nocturno, Lisboa, 6 de xullo de 1956
Ver

Transcripción da Paseo fluvial nocturno, Lisboa, 6 de xullo de 1956 en 06/07/1956

A bordo do vapor Lisbonense os mozos e mozas de Xuventude de Galicia pasan divertidos momentos durante o paseo fluvial organizado pola entidade. O embarque realizouse no molle da Ribeira das Naus e, nesta ocasión, o baile estivo amenizado pola orquestra Costa Rita, grupo musical asiduo na maioría das festas da colectividade galega en Lisboa.


1957-00-00
Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957
Ver

Transcripción da Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957 en 00/00/1957

A colectividade galega residente en Lisboa participou no acto de inauguración do monumento erixido polos padroneses emigrados a Uruguai en recordo a Rosalía de Castro, poeta inmortal para o pobo galego. Foi un acto moi concorrido, no que tamén estivo presente a comisión delegada de Xuventude de Galicia, xunto ás autoridades e o resto de personalidades representativas da elite cultural galega. O presidente do Centro Galego de Lisboa depositou o escudo floral ao pé do monumento da escritora, realizado polo escultor José Mateos.


1957-00-00
Merecida homenaxe a Manuel Cordo Boullosa, Lisboa, 1995
Ver

Transcripción da Merecida homenaxe a Manuel Cordo Boullosa, Lisboa, 1995 en 00/00/1957

O 18 de xuño de 1995 o socio honorario Manuel Cordo Boullosa foi homenaxeado por Xuventude de Galicia, entidade que tanto lle debe a este benfeitor. El foi o promotor e artífice da compra da actual sede social, adquirida en propiedade en 1988. É unha figura venerada por todos os socios e socias, considerada por moitos como o «patriarca» dos galegos de Lisboa. Socio número 1 benemérito e honorario, a grandeza da súa obra filantrópica sería relembrada de maneira simbólica a través dun busto de granito galego acompañado dunha placa que atribúe o seu nome ao edificio.
O acto estivo cargado de emocións, tanto para os socios e autoridades participantes como para o propio homenaxeado. Boullosa afirmou: «O Centro Galego continua a mostrar a grandeza das letras galegas ao mundo, e para que Portugal conheça o alto valor intelectual do povo galego».
O insigne filántropo manifestou un profundo sentimento que atendía á súa orixe e que reproducimos seguidamente: «O respeito e gratidão a meus antepassados, a lembrança saudosa da gente boa da minha aldeia, dão a explicação do oferecimento desta casa do Centro Galego».


1958-00-00
Casa de Galicia. Unidad Gallega (Nova York, 1958)
Ver

Transcripción da Casa de Galicia. Unidad Gallega (Nova York, 1958) en 00/00/1958

Máis que unha revista como tal, trátase dun «libro-memoria», de periodicidade anual, que nace en 1940 coa finalidade de informar sobre as principais actividades desenvolvidas pola Casa Galicia de Unidad Gallega, sociedade que acolle os e as emigrantes galegas residentes en Nova York.
Nesta publicación aparece a memoria anual das actividades e feitos máis salientables da vida societaria, na que se describe o traballo desenvolvido por cada unha das seccións organizativas que estruturan a entidade (Sección de Intereses, de Ayuda Mutua, de Cultura y Propaganda, de Recreo y Orden, de Arte y Folclore, de Damas e de Juventudes). Ademais de dar conta da intensa actividade desta sociedade a prol da colectividade galega que habita na Gran Mazá, coa presentación dos seus balances económicos dun xeito exhaustivo, contén numerosos artigos sobre Galicia e a súa cultura, economía e historia, redactados por intelectuais galegos de prestixio recoñecido. As súas páxinas contaban con artigos de figuras invitadas a colaborar, tales como Francisco Fernández del Riego (baixo o pseudónimo de Salvador Lorenzana), Ramón Piñeiro, Enrique Santamarina, Manuel María, Carballo Calero ou Salvador García Bodaño, entre outros autores.


1958-02-01
Celebración infantil no luns de Entroido, 1958
Ver

Transcripción da Celebración infantil no luns de Entroido, 1958 en 01/02/1958

A organización de festas tradicionais era unha das actividades que desde os seus inicios serviron para manter a unión dos socios. O Entroido foi unha delas. Cada ano organizábanse na súa sede, durante unha semana, distintos actos en que os socios se disfrazaban, comían orellas e filloas e bailaban ao son da música tradicional. O luns estaba dedicado aos máis pequenos, as novas xeracións deses emigrantes, nacidos en Portugal pero con Galicia e os seus costumes sempre presentes.
Nesta imaxe vemos os nenos premiados na celebración do ano 1958. Vestidos co traxe tradicional, nuns casos galego, noutros portugués e incluso andaluz, os nenos seguro que gozaban da festa.


1958-04-00
La Vida Gallega en Cuba. Órgano Oficial de la Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia (A Habana, 1958)
Ver

Transcripción da La Vida Gallega en Cuba. Órgano Oficial de la Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia (A Habana, 1958) en 00/04/1958

Esta revista funcionou como voceiro da Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia, asociación étnica pioneira na illa de Cuba. O seu inicio data de 1950 e publicouse simultaneamente durante catro anos xunto á titulada Vida Gallega, pertencente á mesma entidade. Ata 1960, ano en que deixou de publicarse, recolleu información sobre todas as actividades desenvolvidas pola entidade, ademais de contidos sobre cultura, historia e lingua galegas. O volume de páxinas era considerable en determinadas épocas do ano, tendo en conta que se publicaba a memoria anual da sociedade, na que se daba conta dos balances financeiros, listaxes nominativas das contribucións, informes, axudas prestadas a socios necesitados, persoas falecidas etc.
Caracterízase tamén pola abundancia de imaxes ilustrativas de numerosos actos sociais na cidade da Habana, así como de viñetas e debuxos de motivos galegos, realizados por autores como Castelao ou Cuevas. Nesta ocasión expoñemos esta colorida cuberta da revista do primeiro cuadrimestre do ano 1958, na que aparece a madriña social da entidade.


1959-03-29
Concurso de «Señorita Juventud de Galicia 1959», 29 de marzo de 1959
Ver

Transcripción da Concurso de «Señorita Juventud de Galicia 1959», 29 de marzo de 1959 en 29/03/1959

O papel tradicional da muller no seo desta entidade ao longo do século XX estivo condicionado pola realidade social do momento histórico. Como na maioría das asociacións galegas de emigrantes espalladas polo mundo, as mulleres tiñan un papel pouco definido e escasamente visible. Representaban a institución na vida cultural da cidade e colaboraban na obtención de fondos en casos de necesidade dos socios, así como na organización das diversas celebracións, ademais de seren parte integrante e activa dos seus grupos de baile, música e teatro. Nos estatutos sociais non se recollía a figura de asociada: as mulleres só podían participar nas actividades societarias como familiares dos socios (esposas, fillas ou nais). Actualmente as mulleres son socias de pleno dereito, participan no día a día da institución e ocupan cargos nas súas directivas.
Na imaxe vemos as mozas gañadoras do concurso de señoritas que se organizaba cada ano na sede social. As gañadoras tiñan que representar a Xuventude de Galicia nas diversas celebracións que se organizaban ese ano no seo da colectividade española.


1959-08-24
«A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959
Ver

Transcripción da «A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959 en 24/08/1959

Fernando Iglesias, máis coñecido como Tacholas, foi un dos actores galegos máis relevantes alén mar, dinamizador da vida cultural da emigración do Río da Prata. Ourensán de nacemento, emigrou cara a Arxentina en 1929. Axiña se integrou na vida cultural das asociacións galegas e participou nos seus festivais e celebracións con actuacións de gran sona. Actor de recoñecido prestixio, tamén no teatro e cine arxentinos, foi unha das grandes figuras da radio galega, fundador con Maruxa Boga e Alfredo Aróstegui da audición radiofónica Recordando a Galicia (1945), que o converteu nunha figura cotiá e familiar para miles de emigrantes. Nunca esqueceu a súa condición de galego e ourensán e durante toda a súa vida estivo vinculado coas entidades galegas, ben como socio, ben actuando e participando nas súas celebracións e festas, sempre na defensa da cultura e identidade galegas, con actuacións memorables cheas de amor e compromiso pola terra nai.
Na imaxe, a sociedade Hijos del Ayuntamiento de Maside y sus Contornos agradécelle a súa colaboración nun dos seus festivais. Esta entidade foi creada en 1915 con fins instrutivos e mutualistas.


1960-00-00
Noticia dunha das homenaxes que a colectividade organizou ao poeta galego e patriota Avelino Díaz. 1960
1962-05-00
Alén mar. Revista de la Asociación Argentina de Hijos de Gallegos (Bos Aires, 1962)
Ver

Transcripción da Alén mar. Revista de la Asociación Argentina de Hijos de Gallegos (Bos Aires, 1962) en 00/05/1962

Esta revista naceu no ano 1961. As súa traxectoria foi moi curta, pois en novembro de 1963 saíu o seu último número. Tivo como directores a Antonio Pérez Prado e a Perfecto López Romero. A súa periodicidade era irregular e o financiamento proviña de fondos particulares. Aínda que non pasaba das oito páxinas, contou coa colaboración de figuras destacadas da cultura galega: Ramón Piñeiro, Basilio Losada, Ricardo Palmás, Domingo García-Sabell, Perfecto López Romero, P. Leirado e o propio Antonio Pérez Prado. Os contidos publicados tiñan un carácter eminentemente cultural, aínda que nalgúns casos tamén reivindicativo da cultura galega na Arxentina e crítico coa situación social en Galicia.
Este grupo de mozos, fillos de emigrantes galegos en Bos Aires, autodefiníase como «nueva y hermosa semilla de la galleguidad en la gran Galicia ultramarina».


1965-00-00
Elsa Fernández. A defensa da cultura galega das novas xeracións da emigración
Ver

Transcripción da Elsa Fernández. A defensa da cultura galega das novas xeracións da emigración en 00/00/1965

Elsa Fernández González, filla de galegos nada en Arxentina, viviu desde moi nova o amor profundo por Galicia e a saudade por unha terra que nunca chegaría a visitar.
Sempre vinculada coas actividades culturais das entidades galegas, traballou como administrativa no Centro Galego, onde coñeceu a Luís Seoane e a Eduardo Blanco-Amor, co que chegará a ter unha grande amizade. Foi tamén secretaria da Comisión de Damas do Hogar Gallego para Ancianos e participou en numerosas iniciativas culturais como AGUEA, a Asociación Argentina de Hijos de Gallegos ou, xunto a Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, na editorial Follas Novas. De feito, en 1961, cando eles marchan para Cuba, queda ao cargo da editorial e continúa a organizar a Feira do Libro Galego. Representou en Arxentina as editoriais galegas Galaxia e Bibliófilos Gallegos e xestionou un espazo radial chamado Mirador Bibliográfico Galego, no que lía textos da literatura galega. Colaborou tamén nas revistas Galicia Emigrante e Vieiros, onde podemos ler algúns dos seus artigos.
A súa morte prematura, con apenas trinta anos, conmocionou a toda a colectividade. En 1965, como homenaxe, a editorial Alén Mar publicou de maneira póstuma un libro cos seus poemas titulado Lonxanía, en cuxa edición colaboraron Luís Seoane, Laxeiro, Ricardo Palmás, Carlos Zubillaga e Basilio Losada.


1965-01-07
Homenaxe a Castelao no seu cabodano, 7 de xaneiro de 1965
Ver

Transcripción da Homenaxe a Castelao no seu cabodano, 7 de xaneiro de 1965 en 07/01/1965

En 1946 nunha segunda viaxe que Castelao realizou a Nova York foi nomeado «Primer socio de honor» da Casa de Galicia de Unidad Gallega. A súa figura xa estaba consolidada na colectividade galega alén mar como o guieiro do galeguismo e da defensa dos intereses de Galicia ante o Goberno republicano no exilio, sen esquecer a súa valía como artista e escritor. Era todo un símbolo para os galegos e galegas que vivían fóra das nosas fronteiras.
A súa morte foi un episodio moi emotivo e triste para todos e todas as galegas espalladas polo mundo. A Casa de Galicia, que consideraba a Castelao como un dos seus principais promotores e valedor das súas ideas, celebra dende 1951 un acto na súa honra e memoria. Nesta imaxe de 1965 vemos a Emilio González López impartindo unha conferencia sobre a cultura galega na que fixo unha loa da súa figura.
Emilio González López (A Coruña 1903 - Nova York 1991) foi un dos intelectuais galegos exiliados máis destacados nos Estados Unidos. Foi profesor de Lingua e Literatura Españolas no Hunter College da City University of New York. Alí asumiu a xefatura do Departamento de Linguas Romances e desenvolveu un destacado labor docente e investigador sobre a historia e literatura galegas. Moi vinculado coa colectividade galega alén mar, participaba nas actividades da Casa de Galicia como membro da Sección de Cultura, impartía conferencias e colaboraba con numerosos artigos na súa revista.


1965-07-00
Nota informativa na revista Grial sobre a creación da Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT). 1965
1970-08-00
Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas, 1970)
Ver

Transcripción da Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas, 1970) en 00/08/1970

A Hermandad Gallega de Venezuela, sociedade máis importante e representativa da colectividade galega residente no país, vén publicando revistas e boletíns informativos ao longo da súa historia co fin de manter informados aos seus socios e socias. Nesta ocasión presentamos a cuberta do número especial de Hermandad Gallega, órgano difusor da entidade, dedicado ás festas de Galicia e publicado en agosto de 1970, dez anos despois da súa creación (1960), logo da fusión das seguintes entidades antecesoras: Lar Gallego (1945), Centro Gallego (1948) e Casa de Galicia (1956).
A revista contén abundante información, gráfica e escrita, sobre as actividades de carácter cultural e social desenvolvidas por esta asociación étnica de emigrantes galegos residentes en Caracas, ademais doutros aspectos que fan referencia ás instalacións que prestan servizos aos asociados, relacións institucionais, decisións dos órganos directivos etc. Combina a información propia da prensa institucional con escritos de carácter cultural sobre Galicia, España e Venezuela (literatura, arte, costumes, notas biográficas, artigos de opinión escritos por intelectuais destacados etc.)


1977-12-04
Alfonso Zulueta, primeiro pola dereita, representando o PGSD na Xornada pola autonomía do 4 de nadal 1977
1979-09-01
Casa da familia Castelao, en Rianxo, con imaxes de Teresa Castelao e Emma Tojo. 1 de setembro de 1979
1984-02-00
Anduriña. Órgano del Centro Gallego de México (México D. F., 1984)
Ver

Transcripción da Anduriña. Órgano del Centro Gallego de México (México D. F., 1984) en 00/02/1984

A revista galega máis coñecida editada polos galegos de México é Vieiros. Revista do Padroado da Cultura Galega de México (1959-1968), cun claro ideario galeguista e literario. Porén, queremos dar a coñecer esta outra revista, voceiro do Centro Galego de México, a asociación que acolle o maior número de emigrantes galegos do país azteca. Esta publicación comeza a súa andaina en 1948 cuns claros obxectivos: informar aos seus socios e socias das diversas actividades da entidade, así como das súas propostas e logros, e servir de ponte entre a colectividade emigrada no país e a terra nai. Tamén informa dos feitos máis sobresaíntes da política, economía e cultura de Galicia. Conta con tres etapas editoriais, sempre baixo os auspicios do Centro Galego: unha primeira que empeza en 1948 e dura moi pouco tempo, unha segunda que se inicia en 1973 e unha terceira que comeza en 1990 e chega ata a actualidade.
A portada que mostramos é de febreiro de 1984. Nela aparece recollida a visita ás instalacións do Centro Gallego dun mito para a sociedade mexicana: o actor e cómico Mario Moreno, Cantinflas, que aparece fotografado mentres asina no libro de persoeiros da entidade.


1984-07-00
Guieiro. Órgao do Patronato da Cultura Galega (Montevideo, 1984)
Ver

Transcripción da Guieiro. Órgao do Patronato da Cultura Galega (Montevideo, 1984) en 00/07/1984

Esta revista, voceiro oficial do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, ten dúas etapas editoriais. O seu primeiro número sae en 1965 como un suplemento a unha carta publicada polas sociedades galegas do Uruguai a prol do uso da lingua galega na liturxia católica. Nos seguintes números e ata 1968 pasa a informar das actividades do Patronato (autoridades, estatutos, visitas, campañas etc.), aínda que cunha clara orientación cultural, como podemos ver nos numerosos artigos que nos achegan a Galicia, á súa lingua (a revista está escrita en galego), á súa historia e á súa literatura, con colaboracións de intelectuais galegos.
Tras un parón de bastantes anos, volve publicarse en 1984 baixo a dirección de Manuel Canabal Fuentes ou Manuel Meilán Martínez, destacados persoeiros da colectividade no Uruguai, moi implicados na directiva do Patronato. Nesta segunda etapa continúa coa mesma liña editorial de portavoz do Patronato da Cultura Galega, que, como o seu nome indica, ten a defensa da nosa identidade cultural como un dos seus principais obxectivos. Na súa portada aparece sempre un autorretrato de Castelao, guieiro do pobo galego.


1985-01-00
Sobre o cineclubismo en Galicia
1986-10-20
A Lareira. Voceiro da Casa de Galicia, Asociación cultural (París, 1986)
Ver

Transcripción da A Lareira. Voceiro da Casa de Galicia, Asociación cultural (París, 1986) en 20/10/1986

A mediados do século XX a tendencia migratoria galega foi cambiando na elección dos países e comezou a etapa europea. Francia foi un dos destinos principais.
Nos anos setenta, a Casa de Galicia de París xa publicara varios boletíns en que informaba aos socios e socias das súas actividades. En 1984 edita o primeiro número de A Voz da Lareira. Voceiro da Casa de Galicia, que a partir do seu número 4 (1985) cambia de nome e pasa a chamarse A Lareira. Esta revista ten como obxectivo informar sobre temas de interese para as e os emigrantes galegos asentados na capital francesa. Unha parte importante da publicación está dedicada a temas referidos a Galicia e á súa cultura, historia, lingua etc., asumindo un compromiso cultural e político de carácter nacionalista, tal como vemos nesta portada dedicada á celebración do Día da Identidade Galega, con referentes culturais como Rosalía de Castro, Castelao, Concepción Arenal e Alfonso X o Sabio. Tamén analiza a situación da emigración; cómpre resaltar a información específica ofrecida aos traballadores galegos sobre seguridade social, pensións e xubilacións en España e en Francia. No resto da publicación descríbense as actividades da asociación con numerosas fotografías.


1987-00-00
Revista Deportiva. Centro Gallego de Montreal (1987)
Ver

Transcripción da Revista Deportiva. Centro Gallego de Montreal (1987) en 00/00/1987

Se a comparamos coa doutros países americanos, a colectividade galega no Canadá é moito menos importante numericamente, pero aínda así nos seus principais lugares de asentamento —Montreal e Toronto— os galegos e galegas crearon as súas asociacións recreativas e culturais e deixaron a súa pegada. Os centros de ambas as dúas cidades publicaron varias revistas e boletíns para informar aos seus socios e socias das actividades e da marcha destas, sempre na defensa da súa identidade. Ademais dos voceiros sociais que se poden consultar nos fondos do AEG, destacamos, pola súa temática diferente, esta revista, que anualmente informaba e difundía as actividades deportivas desenvolvidas polos socios do Centro Galego de Montreal, ademais de recoller as noticias de interese das actividades deportivas que se organizaban nesta cidade canadense.
O voceiro oficial desta asociación chamado Breogán, nome de raíces celtas e galeguistas, foi editado en 1972 pero tivo unha escasa duración. En 1974 edita Aturuxo, publicación divulgativa coa que se pretende «informar ós galegos residentes en Canadá, de novas sobre feitos e obras da terra galega, as súas xentes e as súas cousas» e que presta unha especial atención á cultura, relatos, gastronomía e biografías de intelectuais galegos.


1988-03-00
Revista de A Nosa Galiza (Xenebra, 1988)
Ver

Transcripción da Revista de A Nosa Galiza (Xenebra, 1988) en 00/03/1988

Este xornal aparece en 1973 cunha tirada inicial de 375 exemplares e os seus contidos en lingua galega. Foi creado pola Sociedade A Nosa Galiza, asociación étnica de emigrantes galegos residentes en Xenebra. A través das súas páxinas os socios e socias son debidamente informados sobre as actividades desenvolvidas pola entidade, xunto a outros temas de interese para a colectividade galega. Ao longo da súa historia sofre algúns cambios, e en marzo de 1988 reedítase e publica contidos literarios como relatos e poesías, ademais de obras inéditas da autoría de fieis colaboradores desta asociación galega en Suíza.


1988-09-00
Fogar de Breogán. Voceiro do Centro Galego de Hannover (1988)
Ver

Transcripción da Fogar de Breogán. Voceiro do Centro Galego de Hannover (1988) en 00/09/1988

Os galegos e galegas residentes na capital alemá do estado da Baixa Saxonia, concretamente en Hannover, tamén contaron co seu voceiro, titulado Fogar de Breogán. Foi creado en 1988 como órgano de difusión do Centro Galego de Hannover, de curta extensión e publicado en lingua galega. Informaba sobre as diferentes actividades organizadas pola entidade editora. Contaba tamén con escritos sobre arte, cultura e tradicións galegas, así como cunha sección de pasatempos.
Nesta ocasión amosamos unha cuberta en que aparece unha viñeta humorística de Quessada, que ilustra a forma en que un galego elixe o seu destino migratorio.


1989-07-00
Zulueta con Francisco Domínguez. Entrega ao presidente Fernando González Laxe, acompañado de Xavier Suárez-Vence, da Biblia en edición especial para o Papa Xoán Paulo II na visita a Compostela. Xullo de 1989
1989-10-01
Anduriña. Portavoz del Lar Gallego de Sevilla (1989)
Ver

Transcripción da Anduriña. Portavoz del Lar Gallego de Sevilla (1989) en 01/10/1989

O órgano difusor da sociedade de emigrantes galegos Lar Gallego de Sevilla nace en 1959, baixo o título de Anduriña, e cesa co seu número de maio-xuño-xullo de 1962. Entendemos que a partir de entón a revista pasa a outra época, coa denominación que aparece na imaxe que expoñemos neste especial. Como a maioría das revistas societarias, a súa finalidade vén marcada pola necesidade de manter informados aos socios e socias sobre as distintas actividades desenvolvidas pola entidade (festivais musicais, concursos, obradoiros etc.). Por outra banda, a publicación achega aos seus lectores a cultura galega a través de páxinas literarias e artigos sobre lingua galega, gastronomía e historia dos lugares máis emblemáticos de Galicia. Tamén teñen lugar as notas de actualidade galega, entrevistas e reportaxes de diversa índole, sen descoidar o tratamento de aspectos da cultura tradicional sevillana.
A continuidade da revista sufriu varias interrupcións, pero non decaeu e na actualidade segue activa. Pódense consultar os números publicados a partir de 2012 na seguinte ligazón: Anduriña. Portavoz del Lar Gallego de Sevilla


1991-00-00
Primeira directiva do Clube Alexandre Bóveda. 1991. Ángeles Fernández, Benito Losada, Dacunha, Manuel Figueiras. Sentados: César Ansias, Xosé Ramón Quintana, Marcos Valcárcel, José Luís Llamas e Xosé Lois Carrión
1992-05-00
Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires (1992)
Ver

Transcripción da Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires (1992) en 00/05/1992

Voceiro oficial dunha das máis importantes institucións da emigración galega na Arxentina, esta revista comezou a súa andaina en 1926 para informar das actividades e servizos que o Centro Galego ofrecía aos seus socios. Galicia destaca pola calidade e sinatura dos seus numerosos artigos sobre a cultura, a política, a economía, o patrimonio ou a literatura galegos, con extensas e interesantes reportaxes sobre a actualidade do momento. Nas súas páxinas pódense ler traballos de escritores galegos e arxentinos, así como de persoeiros da colectividade emigrada, como Antonio Pérez Prado, Ramón Suárez Picallo, Fiz Fernández, Xavier Bóveda, Ramón Rey Baltar, Francisco Camba, Alberto Vilanova Rodríguez, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade, Álvaro Cunqueiro, Domingo García-Sabell, Raimundo García Domínguez «Borobó», Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Xosé Neira Vilas, Xavier Alcalá ou Xosé Luís Méndez Ferrín, entre outros moitos; sen esquecer a Luís Seoane ou Eduardo Blanco-Amor, que foron os seus directores. Queremos destacar o labor xornalístico durante as décadas de 1940 e 1950 de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, quen na sección «Noticiero Gallego» informaba sobre os feitos culturais e sociais de Galicia.


1992-12-00
Ecos da Terra. Órgano Oficial de Casa de Galicia (Montevideo, 1992)
Ver

Transcripción da Ecos da Terra. Órgano Oficial de Casa de Galicia (Montevideo, 1992) en 00/12/1992

Esta revista nace en Montevideo no ano 1981, constituída como o boletín informativo da Casa de Galicia e un dos seus difusores culturais. A maioría dos contidos versan sobre Galicia e a presenza dos galegos no Uruguai (actualidade, literatura, historia, notas biográficas, situación da cultura, lingua etc.). Tamén recolle todos os acontecementos sociais e culturais que se celebran na entidade e dá conta polo miúdo das actividades da institución (cursos, conferencias, actividades científicas…).
A cuberta que aquí presentamos correspóndese co número conmemorativo dos 75 anos de existencia da entidade, que foi fundada en 1917.


1993-07-00
Alborada. Periódico de la Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio (São Paulo, 1993)
Ver

Transcripción da Alborada. Periódico de la Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio (São Paulo, 1993) en 00/07/1993

Esta sociedade foi creada en 1898 como Sociedad Española de Socorros Mutuos, coa finalidade de minimizar as dificultades que enfrontaban as e os inmigrantes españois que chegaban a São Paulo. A partir de 1950 cambia a súa denominación pola de Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio. Ademais, en 1975 pasa a ser integradora das antigas asociacións de emigrantes asentadas na cidade: Casa de Galicia, Centro Asturiano, Instituto Regional Valenciano, Centro Andaluz, Casa Aragón e Centro Dramático Hispanoamericano.
Por medio deste boletín ou xornal étnico queda establecida unha canle propia de comunicación directa coa colectividade española (maioritariamente galega) integrada na sociedade pauleira e a través dela achégase información sobre a terra natal, a prestación de servizos aos socios e socias, cursos de formación e actividades sociais, deportivas e culturais.
En xullo de 1993 publícase este número extra dedicado á colonia galega.


1994-12-00
Alfonso Zulueta no Consello de Administración de Galaxia. Decembro de 1994
1995-00-00
Marcos Valcárcel no
1995-00-00
Lonxe da Terriña (Santiago de Chile, 1995)
Ver

Transcripción da Lonxe da Terriña (Santiago de Chile, 1995) en 00/00/1995

Con saída anual, este voceiro do Lar Galego de Chile comeza a editarse en 1989. Con abundantes fotografías (da entidade editora pero tamén das paisaxes e do patrimonio cultural galego), a revista pretende servir como medio para promover a finalidade e as actividades da institución e «ser el centro de unión de nuestra colectividad para mantener vivas la cultura y las tradiciones de la Galicia ancestral». Contén numerosos artigos, entrevistas e escritos que se poden agrupar en cinco grandes liñas temáticas: histórico-cultural, social, política, a Galicia actual e as actividades do Lar (complementadas cunha reportaxe fotográfica). Tamén ten abundante publicidade, principalmente anuncios de tipo comercial, entre os que podemos citar as panadarías e industrias vinculadas a estas, sector en que a presenza de galegos é moi importante no país.
Como antecedente desta revista o Lar Galego de Chile xa publicara en 1980 Lar. Revista de la Juventud, creada con finalidades moi parecidas e obra da mocidade da asociación, de aí o seu nome.


1996-06-00
Mundo Gallego. Revista del Centro Gallego de Madrid (1996)
Ver

Transcripción da Mundo Gallego. Revista del Centro Gallego de Madrid (1996) en 00/06/1996

Esta revista aparece por primeira vez en xuño de 1952, baixo a dirección de Manuel Fraga de Lis e coa colaboración de destacados persoeiros da cultura galega como Ramón Cabanillas, Wenceslao Fernández Flórez, Vicente Risco, Ramón
O voceiro pasou por varias etapas. A cuberta que presentamos aquí correspóndese coa cuarta época, iniciada en 1996. Ofrece aos seus socios e socias información sobre as actividades máis relevantes organizadas polo Centro Galego de Madrid (homenaxes, exposicións, conferencias etc.), ademais de publicar amplas reportaxes sobre galegos ilustres, cultura, tradicións, literatura e historia de Galicia. Os seus contidos son variados, pois poden atoparse artigos e crónicas de actualidade sobre a vida social, económica e política de Galicia, notas bibliográficas...


1996-11-00
Presentación de Alfonso Zulueta do XI Foro Relixión e Cultura
1996-11-13
Alfonso Zulueta presidindo o Consello Social da UVIGO. 13 de novembro de 1996
1999-00-00
Alfonso e Teresa nunha comida cos tutelados da Fundación Sálvora. 1999
2000-03-30
Artigo de Arancha Estévez sobre Teresa Castelao n'A Nosa Terra
2001-00-00
O Xistral. Voceiro do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo (2001)
Ver

Transcripción da O Xistral. Voceiro do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo (2001) en 00/00/2001

Continuación da revista Vagalume (1981), en 1987 este centro de emigrantes galegos residentes na vila de Barakaldo pasou a editar unha nova publicación baixo o nome de O Xistral. O seu obxectivo era informar sobre o centro: estado de contas, directiva, actividades (entre as que destaca a celebración da Semana das Letras Galegas e do Día de Euskadi) etc. Tamén inclúe numerosos artigos sobre diferentes ámbitos da cultura galega: lingua e literatura galegas na sección «Vendo e aprendendo: vocabulario castelán-galego», historia, cultura popular, reportaxes sobre vilas e lugares de Galicia, rutas turísticas… Complétase con novas de actualidade, colaboracións literarias e outras seccións de carácter máis xeral con informacións deportivas e sanitarias, páxinas de humor e pasatempos. Neste número que amosamos conmemoran o centenario da fundación da asociación. En 1989 o centro publica A Catrapola como voceiro dos intereses dos seus socios máis novos.


2003-00-00
Biografía de Alfonso Zulueta de Haz en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
2003-00-00
Entrada biobibliográfica de marcos Valcárcel na Enciclopedia Galega
2003-05-04
Alfonso Zulueta fala de Alexandre Bóveda nunha entrevista no programa A solaina do miradoiro da Radio Galega. 4 de xuño de 2003
2004-00-00
Alfonso Zulueta rememora a figura de Carlos Casares, predecesor seu na presidencia do Consello da Cultura Galega
2004-00-00
Marcos Valcárcel lembra a Carlos Casares, entre a memoria e o mito
2004-00-00
Preservación do asociacionismo galego en Cuba: a custodia da súa memoria histórica, 2004
Ver

Transcripción da Preservación do asociacionismo galego en Cuba: a custodia da súa memoria histórica, 2004 en 00/00/2004

Co triunfo da Revolución cubana as propiedades do Centro Galego foron expropiadas, incluída a súa magnífica sede social. Ás asociacións que tiñan asinado un contrato de arrendamento para o uso destas instalacións permitíuselles continuar gozando dun espazo para as súas actividades sociais. Destinóuselles un salón cuns armarios onde custodiar os seus documentos, fotografías e recordos, e alí tamén dispuñan dun espazo onde levar a cabo as súas reunións. Aínda que a deterioración e a decadencia son evidentes, a presenza de socios e socias dignifica o lugar.
Vivero y su Comarca é unha das sociedades que teñen a súa sede social alí instalada. Fundada en 1910, foi unha das máis importantes sociedades de instrución da nosa emigración en canto aos seus logros no eido educativo de Galicia. Tivo como prioridade a creación de escolas en todas as parroquias do partido xudicial de Viveiro e chegou a custear a construción de 57 escolas nas 49 parroquias do distrito, ademais do mantemento e arranxo de edificios xa existentes, así como o envío de material docente. Na imaxe podemos ver as vitrinas do seu escritorio con fotografías dalgúns destes centros educativos. Por este labor a prol da educación e do desenvolvemento da súa terra, o 30 de abril de 1919 o Goberno español concedeulle a Cruz de Beneficencia de Primeira Clase e a honra de pasar a denominarse «Ilustrísima».


2004-07-11
Zulueta como presidente do Consello da Cultura Galega. 11 de xullo de 2004
2005-11-22
Alfonso Zulueta. Presidente Consello da Cultura Galega, acompañando a Andrés Torres Queiruga nunha conferencia. 22 de novembro de 2005
2006-02-17
Méndez Ferrín escribe sobre a editorial SEPT a partir dunha aclaración de Alfonso Zulueta
2006-09-13
Alfonso e Teresa recibindo da alcaldesa de Vigo o Premio á Solidariedade. 13 de setembro de 2006
2009-00-00
Dous artigos de Luís Rei no número 5 da revista Ardentía
2010-05-24
«Un lóstrego», texto de despedida de Marcos Valcárcel das súas amizades. Ourense, 24 de maio de 2010
2010-11-30
No enterro das cinzas de Paco del Riego na Ramallosa. 30 de novembro de 2010
2010-12-01
Na homenaxe da Xunta de Galicia a Paco del Riego. 1 de decembro de 2010
2010-12-14
Monxardín escribe sobre o texto de despedida de Marcos Valcárcel
2011-05-21
Entrevista a Alfonso Zulueta en Crónica de Galicia da RTVG. 21 de maio de 2011
2011-06-08
Alfonso Zulueta presidindo o Padroado da Fundación Penzol. 8 de xuño de 2011
2011-10-00
Alfonso Zulueta inaugura, con esta presentación, a exposición No niño novo do vento, conmemorativa do centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro
2013-07-22
Homenaxe a Alfonso Zulueta e María Teresa Fernández Cabaleiro
2013-11-19
Alfonso Zulueta recibindo a Medalla de Galicia outorgada á Fundación Penzol. 19 de novembro de 2013
2014-10-26
Artigo de Víctor Freixanes sobre a Biblia da editorial SEPT
2015-00-00
Vídeo conmemorativo do centenario do nacemento de Xaime Isla Couto. 2015
2015-10-00
Alfonso Zulueta na inauguración da exposición do centenario de Xaime Isla. Outubro de 2015
2015-10-00
Lembranza de Luís por Francisco Fernández Rei, na revista A trabe de ouro
2017-00-00
Artigo de Emilio Insua sobre a relación de Luís Rei e a revista Ardentía
2017-00-00
Luís Rei e a revista Ardentía, por Francisco Fernández Rei
2017-06-28
Nova do falecementos de Alfonso Zulueta no diario Nós
2017-06-29
Enterro de Alfonso Zulueta no cemiterio de Pereiró, Vigo. 29 de xuño de 2017
2017-06-29
Alfonso Zulueta visto polo debuxante Gogue, nun artigo de Francisco Domínguez en Faro de Vigo. 29 de xuño de 2017
2017-06-29
Artigo de Francisco Domínguez polo falecemento de Alfonso Zulueta. 29 de xuño de 2017
2017-07-19
Nova da morte de Alfonso Zulueta na páxina web da Asociación Irimia de Crentes Galegos
2017-09-00
En memoria de Alfonso Zulueta, por Francisco Domínguez
2017-11-00
Lembranza de Alfonso Zulueta, por Bieito Santos
2018-07-10
María Teresa Fernández Cabaleiro, esposa de Alfonso Zulueta, o día da doazón dos fondos de Alfonso á Fundación Penzol. 10 de xullo de 2018
2019-00-00
Edificio do Plantel Concepción Arenal, o centro educativo das e dos galegos asentados na Habana, 2019
Ver

Transcripción da Edificio do Plantel Concepción Arenal, o centro educativo das e dos galegos asentados na Habana, 2019 en 00/00/2019

Na actualidade este edificio continúa a ser un referente no sistema educativo cubano como centro de estudo de numerosas xeracións de nenos e nenas cubanas. O actual Plantel Escolar Concepción Arenal segue levando o nome que lle deran os seus creadores, os emigrantes galegos instalados na illa de Cuba. Isto debe ser un orgullo para Galicia como un símbolo das iniciativas dos nosos paisanos alén mar a prol da cultura e da educación.
O 23 de novembro de 1879 un grupo de persoeiros galegos residentes na Habana fundou o Centro Galego da Habana, Sociedad de Instrucción y Recreo, unha das asociacións da emigración galega máis senlleiras. A comezos de 1880 a directiva aluga como sede social este edificio situado na rúa Prado esquina Dragones, inmoble que pasaría a ser da súa propiedade uns anos despois. Axiña instala unhas aulas no primeiro piso, nas que se imparten cursos nocturnos de alfabetización para os socios e diúrnos para os seus fillos. En 1907 o Centro Galego comeza a construír na rúa Prado un magnífico palacio —inaugurado como sede social en 1914— e, co obxecto de que todos os servizos académicos estean reunidos nun mesmo edificio, aproba reformar a súa antiga sede para instalar alí un gran centro educativo, o Plantel Concepción Arenal, denominación aprobada na asemblea de socios do 16 de decembro de 1914 como homenaxe á gran xurista e pensadora galega, autora —entre outras obras— de La instrucción del pueblo (1878).


2020-12-04
Ciclo do Liceo de Ourense Recordando a … Marcos Valcárcel. 2 de decembro de 2020
2021-00-00
O legado de Castelao no Museo de Pontevedra
2021-01-01
Espazo web sesemateo.es
2021-11-12
Sesé Mateo na Galipedia
2022-07-12
Información da homenaxe a Alfonso Zulueta e a Teresa Fernández na páxina web da editorial Galaxia. 12 de xullo de 2022
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Zulueta, AlfonsoValcárcel, MarcosDíaz, AvelinoCastelao, Domínguez, FranciscoIsla Couto, XaimeRei, LuísBusto, GumersindoFernández Cabaleiro, María TeresaCasares, CarlosCastelao, TeresaFernández del Riego, DomingoIsla Couto, RamiroFernández Rei, FranciscoCastro, Rosalía deMateo, SeséIsla Couto, FidelCanabal, XesúsCarrión, Xosé LoisGonzález López, EmilioNúñez Feijoó, AlbertoPuente, ManuelMéndez Ferrín, Xosé LuísEstévez Lavandeira, AranchaQuintana Garrido, Xosé RamónCastromil, RamónLosada, BenitoFernández, ElsaCunqueiro, ÁlvaroPereira, VirxiniaLlamas, José LuisTacholas, Fernando IglesiasFernández del Riego, FranciscoInsua López, Emilio XoséNeira Vilas, XoséFreixanes, Víctor F.Vázquez-Monxardín, AfonsoBlanco Amor, EduardoFigueiras, ManuelVidal Carrera, RamiroAlonso Ríos, AntónGonzález Laxe, FernandoCordo Boullosa, ManuelVelo Mosquera, XoséPiñeiro, RamónTojo Sieyro, EmmaSuarez-Vence, JavierAnsias, CésarGómez Román, ManuelDíaz Gallego, Iolanda Temáticas: Historias de ida e voltaasociaciónsemigraciónÁlbum de Galiciaindustria editorialprensa escritaVoceiros da colectividade galega na emigracionliteraturaAs asociacións microterritoriais da emigración galega en CubaGalegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de LisboaemigranteshistoriaAs asociacións microterritoriais da emigración galega en ArxentinaremesasMulleresidentidade culturalaxentes culturaisartes plásticasA Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo BustosociedadeMemoria e voces femininas da diáspora galegarelixiónexilio galegoocioO galeguismo en Américapoesíalinguaacción políticacinemúsicamúsica tradicionalarquitecturaciencianacionalismopolíticacorosA emigración galega nos Estados UnidoseducaciónA pegada educativa da emigración galega en América

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0