Persoa: Gumersindo Busto

Persoa: Gumersindo Busto [3]

Data Material Ver
Data Material Ver
Gumersindo Busto Villanueva, gran filántropo compostelán (Santiago de Compostela 1872 - Bos Aires 1937)
Ver

Transcripción da Gumersindo Busto Villanueva, gran filántropo compostelán (Santiago de Compostela 1872 - Bos Aires 1937)

Fillo de María Manuela Busto y Villanueva, este compostelán naceu en 1872, na parroquia de San Martiño de Laraño. Pouco se sabe sobre a súa infancia e preadolescencia en Galicia, agás que ingresou no Seminario de Santiago e cursou os tres primeiros anos de Latinidade. Como moitos galegos da época, Gumersindo non escaparía á tentación de emprender a súa propia aventura migratoria. En 1887, con tan só 15 anos, embarcou cara a Uruguai, o seu o primeiro destino migratorio e onde desempeñou varias ocupacións, como telegrafista no Ferrocarril Central de Uruguai, mestre dunha escola rural en Tacuarembó e asistente nunha notaría en Montevideo. Esta última experiencia marcou o seu ingreso na Facultade de Dereito da Universidad de Montevideo en 1892. Nese mesmo ano Gumersindo marchou para Arxentina e volveu exercer de telegrafista no Ferrocarril de Bos Aires e Rosario. Coa intención de continuar cos seus estudos, decide solicitar traballo no Rexistro da capital ata conseguir o grao de escribán público da cidade de Bos Aires, en 1898. Dende entón a súa carreira profesional consolidouse cada vez máis. O 11 de maio de 1896 contrae matrimonio coa arxentina Felisa Gallardeo e forman unha familia numerosa de oito fillos varóns, dos que o segundo, chamado Julio César, seguiu os seus pasos profesionais e rexeu con el a notaría dende 1933.
O seu crecemento intelectual e profesional non fixo que emocionalmente se desligase da súa terra, senón todo o contrario. Coa mente sempre nela, Gumersindo Busto promoveu unha serie de iniciativas para estreitar lazos entre América e España, entre as que destacou o seu proxecto de creación da Universidad Libre Hispanoamericana, nado en 1904. Finalmente, só puido levar a cabo un dos elementos que complementaban ese grande ideal e que consistía na organización e fundación da Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela, froito de grandes esforzos e unha incansable persistencia e dedicación persoal, a cal foi inaugurada 22 anos despois, en 1926.


Fraguando un soño coa mente na súa terra
Ver

Transcripción da Fraguando un soño coa mente na súa terra

Gumersindo Busto pretendeu fundar a Biblioteca América co obxecto de que o alumnado dos distintos niveis de capacitación académica tivese a oportunidade de coñecer canto producía a intelectualidade hispanoamericana nos seus diferentes aspectos: científico, literario, histórico, xeográfico, antropolóxico, artístico etc.
Para dar a coñecer a súa obra, enviaba unha carta de petición de colaboración aos directores de numerosos xornais dos distintos países de interese, acompañada do exemplar dun folleto e, máis tarde, do Boletín, no que se publicaban todas as adhesións de institucións hispanoamericanas e particulares, xunto coa listaxe de doazóns recibidas para o proxecto. Deixamos aquí o contido dunha carta remitida a La Correspondencia de Puerto Rico (9 de maio de 1909):
«Muy señor mío: Conmemorando el centenario de la independencia americana, se inaugurará en la Universidad de Santiago de Galicia, España, una biblioteca americana denominada “América”, formándola las obras estadísticas, y mapas que sean donados por los que simpaticen con este pensamiento de difusión intelectual en la madre patria y de verdadera confraternidad hispano americana. Para obra tan buena, me permite rogar del señor director quiera dignarse a contribuir con el envío permanente á dicha biblioteca del diario de su digna dirección.
Ruégole quiera tener la bondad de informarme del resultado de esta solicitud, para su anotación en el catálogo que se lleva con ese fin.
Soy del señor director muy atto. y S.S. Gumersindo Busto».


1910-02-00
Primeiro número do Boletín de la Biblioteca «América» de la Universidad de Santiago de Compostela, febreiro de 1910
Ver

Transcripción da Primeiro número do Boletín de la Biblioteca «América» de la Universidad de Santiago de Compostela, febreiro de 1910 en 00/02/1910

Este boletín foi publicado en Bos Aires a partir de 1910 e tivo continuidade ata 1936. Creouse tras a frustración de Gumersindo Busto por non poder inaugurar a Biblioteca América nese ano tan significativo para Arxentina, o seu país de acollida migratoria e un dos principais países doadores. Foi un medio máis para dar a coñecer os traballos realizados a prol da fundación da Biblioteca e tamén serviu como medio publicitario do proxecto para así atraer máis doantes coa publicación dos seus nomes e relación de doazóns. Tamén publicaban artigos de contido cultural e reproducían as noticias da prensa do momento sobre o proxecto. Unha vez editado, o Boletín enviábase ás redaccións de gran parte dos xornais e revistas de España e de todo o continente americano para que o seu labor tivese ampla repercusión.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Zulueta, Alfonso;  Valcárcel, Marcos;  Rei, Luís;  Díaz, Avelino;  Castelao, ;  Domínguez, Francisco;  Isla Couto, Xaime;  Casares, Carlos;  Castelao, Teresa;  Busto, Gumersindo;  Fernández Cabaleiro, María Teresa;  Fernández del Riego, Domingo;  Isla Couto, Ramiro;  Fernández Rei, Francisco;  Castro, Rosalía de;  Mateo, Sesé;  Isla Couto, Fidel;  Alonso Ríos, Antón;  González Laxe, Fernando;  Cordo Boullosa, Manuel;  Velo Mosquera, Xosé;  Piñeiro López, Ramón;  Tojo Sieyro, Emma;  Suarez-Vence, Javier;  Ansias, César;  Gómez Román, Manuel;  Díaz Gallego, Iolanda;  Torres Queiruga, Andrés;  Canabal, Xesús;  Carrión González, Xosé Lois;  González López, Emilio;  Núñez Feijoó, Alberto;  Puente González, Manuel;  Méndez Ferrín, Xosé Luís;  Estévez Lavandeira, Arancha;  Quintana Garrido, Xosé Ramón;  Castromil, Ramón;  Losada, Benito;  Fernández González, de Cabrera, Elsa;  Cunqueiro, Álvaro;  Pereira, Virxinia;  Llamas, José Luis;  Tacholas, Fernando Iglesias;  Fernández del Riego, Francisco;  Insua López, Emilio Xosé;  Neira Vilas, Xosé;  Fernández Freixanes, Víctor;  Vázquez-Monxardín, Afonso;  Blanco Amor, Eduardo;  Figueiras, Manuel;  Temáticas: Historias de ida e volta;  asociacións;  emigración;  Álbum de Galicia;  industria editorial;  prensa escrita;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  literatura;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  emigrantes;  historia;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  remesas;  Mulleres;  identidade cultural;  axentes culturais;  artes plásticas;  A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto;  sociedade;  Memoria e voces femininas da diáspora galega;  relixión;  exilio galego;  ocio;  O galeguismo en América;  poesía;  lingua;  acción política;  cine;  música;  música tradicional;  arquitectura;  ciencia;  nacionalismo;  política;  coros;  A emigración galega nos Estados Unidos;  educación;  A pegada educativa da emigración galega en América; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0