Temática: prensa escrita [21]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
| 1910-02-00 | Primeiro número do Boletín de la Biblioteca «América» de la Universidad de Santiago de Compostela, febreiro de 1910 |
Ver
Transcripción da Primeiro número do Boletín de la Biblioteca «América» de la Universidad de Santiago de Compostela, febreiro de 1910 en 00/02/1910Este boletín foi publicado en Bos Aires a partir de 1910 e tivo continuidade ata 1936. Creouse tras a frustración de Gumersindo Busto por non poder inaugurar a Biblioteca América nese ano tan significativo para Arxentina, o seu país de acollida migratoria e un dos principais países doadores. Foi un medio máis para dar a coñecer os traballos realizados a prol da fundación da Biblioteca e tamén serviu como medio publicitario do proxecto para así atraer máis doantes coa publicación dos seus nomes e relación de doazóns. Tamén publicaban artigos de contido cultural e reproducían as noticias da prensa do momento sobre o proxecto. Unha vez editado, o Boletín enviábase ás redaccións de gran parte dos xornais e revistas de España e de todo o continente americano para que o seu labor tivese ampla repercusión. |
| 1937-07-00 | Cultura Gallega. Publicación quincenal: Literatura, Arte, Historia, Geografía, Gráfica, Informativa (A Habana, 1937) |
Ver
Transcripción da Cultura Gallega. Publicación quincenal: Literatura, Arte, Historia, Geografía, Gráfica, Informativa (A Habana, 1937) en 00/07/1937En 1936 sae á rúa o primeiro número desta revista ilustrada de información xeral, creada e dirixida por Adolfo V. Calveiro co obxectivo de divulgar a cultura galega na illa de Cuba. Nas súas páxinas percíbese unha exaltación de Galicia e os seus valores, colocando a figura de Rosalía de Castro como símbolo de identidade nacional (hai un número extraordinario dedicado á súa figura). Colaboran na revista importantes personalidades da cultura galega como Eladio Vázquez Ferro, Fuco G. Gómez, Ramón Marcote, Sinesio Fraga, Eduardo Blanco-Amor, Marcial Valladares, Ramón Fernández Mato, Ramón Otero Pedrayo ou Xerardo Álvarez Gallego, que ofrecen unha visión dos problemas de Galicia dende unha perspectiva galeguista e republicana, liña editorial que se vai abandonando segundo avanza a Guerra Civil española. En 1940 pasa a apoiar a causa franquista e cambia o seu nome polo de Cultura Hispánica, máis acorde co ideario da ditadura.
|
| 1948-07-00 | Golada. Boletín editado por la sociedad del Ayuntamiento de Golada (Bos Aires, 1948) |
Ver
Transcripción da Golada. Boletín editado por la sociedad del Ayuntamiento de Golada (Bos Aires, 1948) en 00/07/1948Moitas das asociacións microterritoriais en América publicaban xornais e boletíns para manter informados das súas actividades aos socios. Moitas tiñan unha tirada pequena e se cadra non contaban con colaboracións tan destacadas; eran froito do traballo e ilusión dun grupo de socios que conseguían editar anualmente un boletín ou unha revista de menos páxinas pero que lograba o seu obxectivo: informar do acontecer societario e manter presentes os costumes e tradicións das súas vilas natais na memoria colectiva dos seus socios e socias. Este boletín é un exemplo deles, publicado con motivo da conmemoración do 18º aniversario da fundación da asociación editora. Nas súas páxinas dábase conta aos socios das diversas actividades realizadas durante ese ano e publicábase a memoria e a contabilidade social correspondente. Ademais, aparecen reproducidos algúns poemas e textos literarios e predominan os artigos sobre a súa vila natal. Para financiarse aparecen numerosos anuncios de negocios de galegos, moitos deles nacidos en Agolada, nunha campaña de publicidade para dar a coñecer aos paisanos a súa actividade e bo facer.
|
| 1956-00-00 | Alborada. Órgano del Centro Gallego de Barcelona (1956) |
Ver
Transcripción da Alborada. Órgano del Centro Gallego de Barcelona (1956) en 00/00/1956O Centro Galego de Barcelona comeza a editar en 1948 esta revista como «portavoz oficial de nuestra entidad y un eco espiritual del basto mundo de la galleguidad y un balcón de cultura y de arte gallegos al que puedan asomarse los intelectuales amigos de Galicia». Dende esa data pasa por varias etapas editoriais ao longo dos anos: a primeira vai dende marzo de 1948 ata 1952; a segunda abarca dende xullo dese ano ata 1956; a terceira vai de 1961 a 1968; durante uns anos deixa de publicarse ata 1974, ano en que comeza a cuarta etapa; a quinta vai dende 1986 ata 1989 e en 1995 comeza de novo a súa andaina.
|
| 1958-00-00 | Casa de Galicia. Unidad Gallega (Nova York, 1958) |
Ver
Transcripción da Casa de Galicia. Unidad Gallega (Nova York, 1958) en 00/00/1958Máis que unha revista como tal, trátase dun «libro-memoria», de periodicidade anual, que nace en 1940 coa finalidade de informar sobre as principais actividades desenvolvidas pola Casa Galicia de Unidad Gallega, sociedade que acolle os e as emigrantes galegas residentes en Nova York.
|
| 1958-04-00 | La Vida Gallega en Cuba. Órgano Oficial de la Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia (A Habana, 1958) |
Ver
Transcripción da La Vida Gallega en Cuba. Órgano Oficial de la Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia (A Habana, 1958) en 00/04/1958Esta revista funcionou como voceiro da Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia, asociación étnica pioneira na illa de Cuba. O seu inicio data de 1950 e publicouse simultaneamente durante catro anos xunto á titulada Vida Gallega, pertencente á mesma entidade. Ata 1960, ano en que deixou de publicarse, recolleu información sobre todas as actividades desenvolvidas pola entidade, ademais de contidos sobre cultura, historia e lingua galegas. O volume de páxinas era considerable en determinadas épocas do ano, tendo en conta que se publicaba a memoria anual da sociedade, na que se daba conta dos balances financeiros, listaxes nominativas das contribucións, informes, axudas prestadas a socios necesitados, persoas falecidas etc.
|
| 1962-05-00 | Alén mar. Revista de la Asociación Argentina de Hijos de Gallegos (Bos Aires, 1962) |
Ver
Transcripción da Alén mar. Revista de la Asociación Argentina de Hijos de Gallegos (Bos Aires, 1962) en 00/05/1962Esta revista naceu no ano 1961. As súa traxectoria foi moi curta, pois en novembro de 1963 saíu o seu último número. Tivo como directores a Antonio Pérez Prado e a Perfecto López Romero. A súa periodicidade era irregular e o financiamento proviña de fondos particulares. Aínda que non pasaba das oito páxinas, contou coa colaboración de figuras destacadas da cultura galega: Ramón Piñeiro, Basilio Losada, Ricardo Palmás, Domingo García-Sabell, Perfecto López Romero, P. Leirado e o propio Antonio Pérez Prado. Os contidos publicados tiñan un carácter eminentemente cultural, aínda que nalgúns casos tamén reivindicativo da cultura galega na Arxentina e crítico coa situación social en Galicia.
|
| 1970-08-00 | Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas, 1970) |
Ver
Transcripción da Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas, 1970) en 00/08/1970A Hermandad Gallega de Venezuela, sociedade máis importante e representativa da colectividade galega residente no país, vén publicando revistas e boletíns informativos ao longo da súa historia co fin de manter informados aos seus socios e socias. Nesta ocasión presentamos a cuberta do número especial de Hermandad Gallega, órgano difusor da entidade, dedicado ás festas de Galicia e publicado en agosto de 1970, dez anos despois da súa creación (1960), logo da fusión das seguintes entidades antecesoras: Lar Gallego (1945), Centro Gallego (1948) e Casa de Galicia (1956).
|
| 1984-02-00 | Anduriña. Órgano del Centro Gallego de México (México D. F., 1984) |
Ver
Transcripción da Anduriña. Órgano del Centro Gallego de México (México D. F., 1984) en 00/02/1984A revista galega máis coñecida editada polos galegos de México é Vieiros. Revista do Padroado da Cultura Galega de México (1959-1968), cun claro ideario galeguista e literario. Porén, queremos dar a coñecer esta outra revista, voceiro do Centro Galego de México, a asociación que acolle o maior número de emigrantes galegos do país azteca. Esta publicación comeza a súa andaina en 1948 cuns claros obxectivos: informar aos seus socios e socias das diversas actividades da entidade, así como das súas propostas e logros, e servir de ponte entre a colectividade emigrada no país e a terra nai. Tamén informa dos feitos máis sobresaíntes da política, economía e cultura de Galicia. Conta con tres etapas editoriais, sempre baixo os auspicios do Centro Galego: unha primeira que empeza en 1948 e dura moi pouco tempo, unha segunda que se inicia en 1973 e unha terceira que comeza en 1990 e chega ata a actualidade.
|
| 1984-07-00 | Guieiro. Órgao do Patronato da Cultura Galega (Montevideo, 1984) |
Ver
Transcripción da Guieiro. Órgao do Patronato da Cultura Galega (Montevideo, 1984) en 00/07/1984Esta revista, voceiro oficial do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, ten dúas etapas editoriais. O seu primeiro número sae en 1965 como un suplemento a unha carta publicada polas sociedades galegas do Uruguai a prol do uso da lingua galega na liturxia católica. Nos seguintes números e ata 1968 pasa a informar das actividades do Patronato (autoridades, estatutos, visitas, campañas etc.), aínda que cunha clara orientación cultural, como podemos ver nos numerosos artigos que nos achegan a Galicia, á súa lingua (a revista está escrita en galego), á súa historia e á súa literatura, con colaboracións de intelectuais galegos.
|
| 1986-10-20 | A Lareira. Voceiro da Casa de Galicia, Asociación cultural (París, 1986) |
Ver
Transcripción da A Lareira. Voceiro da Casa de Galicia, Asociación cultural (París, 1986) en 20/10/1986A mediados do século XX a tendencia migratoria galega foi cambiando na elección dos países e comezou a etapa europea. Francia foi un dos destinos principais.
|
| 1987-00-00 | Revista Deportiva. Centro Gallego de Montreal (1987) |
Ver
Transcripción da Revista Deportiva. Centro Gallego de Montreal (1987) en 00/00/1987Se a comparamos coa doutros países americanos, a colectividade galega no Canadá é moito menos importante numericamente, pero aínda así nos seus principais lugares de asentamento —Montreal e Toronto— os galegos e galegas crearon as súas asociacións recreativas e culturais e deixaron a súa pegada. Os centros de ambas as dúas cidades publicaron varias revistas e boletíns para informar aos seus socios e socias das actividades e da marcha destas, sempre na defensa da súa identidade. Ademais dos voceiros sociais que se poden consultar nos fondos do AEG, destacamos, pola súa temática diferente, esta revista, que anualmente informaba e difundía as actividades deportivas desenvolvidas polos socios do Centro Galego de Montreal, ademais de recoller as noticias de interese das actividades deportivas que se organizaban nesta cidade canadense.
|
| 1988-03-00 | Revista de A Nosa Galiza (Xenebra, 1988) |
Ver
Transcripción da Revista de A Nosa Galiza (Xenebra, 1988) en 00/03/1988Este xornal aparece en 1973 cunha tirada inicial de 375 exemplares e os seus contidos en lingua galega. Foi creado pola Sociedade A Nosa Galiza, asociación étnica de emigrantes galegos residentes en Xenebra. A través das súas páxinas os socios e socias son debidamente informados sobre as actividades desenvolvidas pola entidade, xunto a outros temas de interese para a colectividade galega. Ao longo da súa historia sofre algúns cambios, e en marzo de 1988 reedítase e publica contidos literarios como relatos e poesías, ademais de obras inéditas da autoría de fieis colaboradores desta asociación galega en Suíza.
|
| 1988-09-00 | Fogar de Breogán. Voceiro do Centro Galego de Hannover (1988) |
Ver
Transcripción da Fogar de Breogán. Voceiro do Centro Galego de Hannover (1988) en 00/09/1988Os galegos e galegas residentes na capital alemá do estado da Baixa Saxonia, concretamente en Hannover, tamén contaron co seu voceiro, titulado Fogar de Breogán. Foi creado en 1988 como órgano de difusión do Centro Galego de Hannover, de curta extensión e publicado en lingua galega. Informaba sobre as diferentes actividades organizadas pola entidade editora. Contaba tamén con escritos sobre arte, cultura e tradicións galegas, así como cunha sección de pasatempos.
|
| 1989-10-01 | Anduriña. Portavoz del Lar Gallego de Sevilla (1989) |
Ver
Transcripción da Anduriña. Portavoz del Lar Gallego de Sevilla (1989) en 01/10/1989O órgano difusor da sociedade de emigrantes galegos Lar Gallego de Sevilla nace en 1959, baixo o título de Anduriña, e cesa co seu número de maio-xuño-xullo de 1962. Entendemos que a partir de entón a revista pasa a outra época, coa denominación que aparece na imaxe que expoñemos neste especial. Como a maioría das revistas societarias, a súa finalidade vén marcada pola necesidade de manter informados aos socios e socias sobre as distintas actividades desenvolvidas pola entidade (festivais musicais, concursos, obradoiros etc.). Por outra banda, a publicación achega aos seus lectores a cultura galega a través de páxinas literarias e artigos sobre lingua galega, gastronomía e historia dos lugares máis emblemáticos de Galicia. Tamén teñen lugar as notas de actualidade galega, entrevistas e reportaxes de diversa índole, sen descoidar o tratamento de aspectos da cultura tradicional sevillana.
|
| 1992-05-00 | Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires (1992) |
Ver
Transcripción da Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires (1992) en 00/05/1992Voceiro oficial dunha das máis importantes institucións da emigración galega na Arxentina, esta revista comezou a súa andaina en 1926 para informar das actividades e servizos que o Centro Galego ofrecía aos seus socios. Galicia destaca pola calidade e sinatura dos seus numerosos artigos sobre a cultura, a política, a economía, o patrimonio ou a literatura galegos, con extensas e interesantes reportaxes sobre a actualidade do momento. Nas súas páxinas pódense ler traballos de escritores galegos e arxentinos, así como de persoeiros da colectividade emigrada, como Antonio Pérez Prado, Ramón Suárez Picallo, Fiz Fernández, Xavier Bóveda, Ramón Rey Baltar, Francisco Camba, Alberto Vilanova Rodríguez, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade, Álvaro Cunqueiro, Domingo García-Sabell, Raimundo García Domínguez «Borobó», Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Xosé Neira Vilas, Xavier Alcalá ou Xosé Luís Méndez Ferrín, entre outros moitos; sen esquecer a Luís Seoane ou Eduardo Blanco-Amor, que foron os seus directores. Queremos destacar o labor xornalístico durante as décadas de 1940 e 1950 de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, quen na sección «Noticiero Gallego» informaba sobre os feitos culturais e sociais de Galicia.
|
| 1992-12-00 | Ecos da Terra. Órgano Oficial de Casa de Galicia (Montevideo, 1992) |
Ver
Transcripción da Ecos da Terra. Órgano Oficial de Casa de Galicia (Montevideo, 1992) en 00/12/1992Esta revista nace en Montevideo no ano 1981, constituída como o boletín informativo da Casa de Galicia e un dos seus difusores culturais. A maioría dos contidos versan sobre Galicia e a presenza dos galegos no Uruguai (actualidade, literatura, historia, notas biográficas, situación da cultura, lingua etc.). Tamén recolle todos os acontecementos sociais e culturais que se celebran na entidade e dá conta polo miúdo das actividades da institución (cursos, conferencias, actividades científicas…).
|
| 1993-07-00 | Alborada. Periódico de la Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio (São Paulo, 1993) |
Ver
Transcripción da Alborada. Periódico de la Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio (São Paulo, 1993) en 00/07/1993Esta sociedade foi creada en 1898 como Sociedad Española de Socorros Mutuos, coa finalidade de minimizar as dificultades que enfrontaban as e os inmigrantes españois que chegaban a São Paulo. A partir de 1950 cambia a súa denominación pola de Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio. Ademais, en 1975 pasa a ser integradora das antigas asociacións de emigrantes asentadas na cidade: Casa de Galicia, Centro Asturiano, Instituto Regional Valenciano, Centro Andaluz, Casa Aragón e Centro Dramático Hispanoamericano.
|
| 1995-00-00 | Lonxe da Terriña (Santiago de Chile, 1995) |
Ver
Transcripción da Lonxe da Terriña (Santiago de Chile, 1995) en 00/00/1995Con saída anual, este voceiro do Lar Galego de Chile comeza a editarse en 1989. Con abundantes fotografías (da entidade editora pero tamén das paisaxes e do patrimonio cultural galego), a revista pretende servir como medio para promover a finalidade e as actividades da institución e «ser el centro de unión de nuestra colectividad para mantener vivas la cultura y las tradiciones de la Galicia ancestral». Contén numerosos artigos, entrevistas e escritos que se poden agrupar en cinco grandes liñas temáticas: histórico-cultural, social, política, a Galicia actual e as actividades do Lar (complementadas cunha reportaxe fotográfica). Tamén ten abundante publicidade, principalmente anuncios de tipo comercial, entre os que podemos citar as panadarías e industrias vinculadas a estas, sector en que a presenza de galegos é moi importante no país.
|
| 1996-06-00 | Mundo Gallego. Revista del Centro Gallego de Madrid (1996) |
Ver
Transcripción da Mundo Gallego. Revista del Centro Gallego de Madrid (1996) en 00/06/1996Esta revista aparece por primeira vez en xuño de 1952, baixo a dirección de Manuel Fraga de Lis e coa colaboración de destacados persoeiros da cultura galega como Ramón Cabanillas, Wenceslao Fernández Flórez, Vicente Risco, Ramón
|
| 2001-00-00 | O Xistral. Voceiro do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo (2001) |
Ver
Transcripción da O Xistral. Voceiro do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo (2001) en 00/00/2001Continuación da revista Vagalume (1981), en 1987 este centro de emigrantes galegos residentes na vila de Barakaldo pasou a editar unha nova publicación baixo o nome de O Xistral. O seu obxectivo era informar sobre o centro: estado de contas, directiva, actividades (entre as que destaca a celebración da Semana das Letras Galegas e do Día de Euskadi) etc. Tamén inclúe numerosos artigos sobre diferentes ámbitos da cultura galega: lingua e literatura galegas na sección «Vendo e aprendendo: vocabulario castelán-galego», historia, cultura popular, reportaxes sobre vilas e lugares de Galicia, rutas turísticas… Complétase con novas de actualidade, colaboracións literarias e outras seccións de carácter máis xeral con informacións deportivas e sanitarias, páxinas de humor e pasatempos. Neste número que amosamos conmemoran o centenario da fundación da asociación. En 1989 o centro publica A Catrapola como voceiro dos intereses dos seus socios máis novos.
|


