Temática: asociacións [63]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Un trisco de Galicia en Lisboa |
Ver
Transcripción da Un trisco de Galicia en LisboaO conxunto coral e artístico denominado Anaquiños da Terra foi creado en 1955, formado por un grupo de rapaces e rapazas entusiastas e amantes da música e do baile tradicional galego. Foi a primeira agrupación coral galega existente en Portugal. As súas representacións musicais atenden a unha reafirmación da identidade cultural da colectividade galega residente en Lisboa.
|
|
Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, sede de manifestacións culturais de vangarda |
Ver
Transcripción da Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, sede de manifestacións culturais de vangardaEsta asociación de emigrantes galegos en Lisboa mantense conectada coa sociedade galega e portuguesa e manifesta unha continua e mutua consonancia co seu interese polas artes plásticas, a música, a danza ou as conferencias de distinta índole, entre outras actividades. Froito dese interese pola difusión cultural, adoita organizar diversas e variadas exposicións. Nesta fotografía vemos como os visitantes gozan con atención da mostra titulada Só 4, pintura con outra arte, acollida no Salón Nobre Leocadia Boullosa.
|
|
Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa, polo engrandecemento cultural e moral dos fillos da súas parroquias, ca. 1933 |
Ver
Transcripción da Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa, polo engrandecemento cultural e moral dos fillos da súas parroquias, ca. 1933Na acta fundacional desta sociedade barcalesa, creada na Habana en 1907, recóllese un obxectivo prioritario: «fundar una escuela en el punto más céntrico de Barcala, escuela en la que se proporcionará educación e instrucción a la niñez y juventud de ambos sexos». Entre os seus socios fundacionais figura o seu presidente, Romualdo Negreira Gosende, e o resto de membros da xunta directiva: Manuel Pastoriza, Francisco Ferreiro, Aureliano Mouro, Ramón Negreira, José Negreira, Generoso Negreira, José Mª Barbazán, Juan Suárez, Cipriano Casabiella, Segundo Negreira, Manuel Baña, José Leis, Manuel Negreira, José Negreira Gómez e Modesto Suárez.
|
|
Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua, ca. 1950Os emigrantes naturais do concello de Sarria non ían ser menos que os seus paisanos galegos residentes na Habana e tamén crearon unha sociedade instrutiva e mutualista, concretamente o 1 de febreiro de 1917. Eliseo Pallarés Pérez foi un dos promotores e o primeiro presidente desta asociación étnica microterritorial. Na busca da creación das súas propias escolas para a rapazada da vila de Sarria, en 1921 comezan a tramitación pertinente para a súa construción, co fin de cubrir as necesidades educativas de ensino que tiñan os máis cativos da comunidade de orixe.
|
|
La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica, 1936 |
Ver
Transcripción da La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica, 1936Esta sociedade foi fundada polos emigrantes naturais do concello da Baña residentes na Habana. A súa directiva fundacional estivo formada por Jacinto Rodríguez Recarey, presidente; José Suárez Ramos, vicepresidente; José Vilas Recarey, secretario; Manuel Mallón, vicesecretario; Manuel Agra Rodríguez, tesoureiro, e Manuel Cardeso Rey, vicetesoureiro, entre outros membros. |
|
A vida cotiá dunha asociación: xunta xeral de socios da Liga Santaballesa, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da A vida cotiá dunha asociación: xunta xeral de socios da Liga Santaballesa, ca. 1950Ademais das reunións semanais ou mensuais das directivas das sociedades para xestionar o seu funcionamento e finalidades, unha vez ao ano, ou en máis ocasións se procedía, convocábase a todos e todas as súas socias a unha reunión para informar das diversas actividades organizadas e do estado da contabilidade social. Nesas xuntanzas aprobábanse as futuras actuacións da entidade. Era un día de festa e de fraternidade para todos.
|
|
Xuntanza de camaradaría das e dos membros da sociedade Monterroso y Antas de Ulla, ca. 1955 |
Ver
Transcripción da Xuntanza de camaradaría das e dos membros da sociedade Monterroso y Antas de Ulla, ca. 1955Esta asociación foi fundada en 1911 na capital cubana polos naturais dos concellos veciños de Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei coa finalidade de construír escolas nestes municipios. En 1922, tras numerosos desacordos, os socios orixinarios de Palas de Rei decidiron deixar a entidade e crear unha independente. Isto acontecía en ocasións no seo da colectividade, pois pequenos grupos de asociados considerábanse agraviados na consecución dos seus obxectivos. Estes enfrontamentos e malentendidos levaban á creación de entidades máis pequenas e, polo tanto, con menores posibilidades de actuación.
|
|
Sociedad Unión de Baleira, ca. 1953 |
Ver
Transcripción da Sociedad Unión de Baleira, ca. 1953Fundada o 16 de febreiro de 1937 na cidade da Habana, esta sociedade foi unha iniciativa dos emigrantes do concello de Baleira que residían na illa. En realidade, un grupo de socios de Juventud de Baleira y su Comarca, debido ao estalido da Guerra Civil española e as profundas diverxencias ideolóxicas existentes, tomaron a iniciativa de desmarcarse e crear unha nova sociedade baixo a denominación de Unión de Baleira. Os seus fins eran comúns a outras tantas sociedades microterritoriais de emigrantes galegos en Cuba, é dicir, procurar a protección moral e material dos seus asociados en situación de risco social e por enfermidade, así como tamén establecer unha boa relación con outras asociacións de intereses comúns.
|
|
O crepúsculo do asociacionismo galego en Cuba: directivos da sociedade Progreso de Lousada, A Habana, ca. 1957 |
Ver
Transcripción da O crepúsculo do asociacionismo galego en Cuba: directivos da sociedade Progreso de Lousada, A Habana, ca. 1957Esta entidade foi fundada en 1916 por emigrantes da parroquia de Santo André de Lousada, en Xermade, para construír unha casa-escola no lugar do Pazo, que foi inaugurada dous anos máis tarde. Tamén sabemos da súa colaboración e apoio ao sindicato agrario da parroquia ou do envío de cartos para melloras na súa vila natal, como a construción dunha estrada ou do tendido de electricidade e de teléfono do concello.
|
|
Sociedad de Instrucción Progreso de Coles, ca. 1946 |
Ver
Transcripción da Sociedad de Instrucción Progreso de Coles, ca. 1946Fundada na Habana o 11 de novembro de 1910, esta sociedade de instrución e socorros mutuos foi creada por un grupo de emigrantes galegos naturais do concello de Coles.
|
|
O descanso eterno en terras afastadas, ca. 1940 |
Ver
Transcripción da O descanso eterno en terras afastadas, ca. 1940Na imaxe podemos ver os socios e socias de Hijos del Ayuntamiento de Cedeira no panteón social que posuían no Cemiterio Colón da capital cubana. Unha das prioridades destas asociacións foi ter a propiedade dun panteón funerario no que poder ser enterrados todos os socios que o desexasen, como se se atopasen no camposanto da súa aldea ou parroquia. A distancia e as dificultades para o regreso á terra natal provocan neles a necesidade de saber onde van ser soterrados, onde van permanecer para a eternidade. Nesta situación, o mellor era estaren acompañados dos seus amigos e veciños, compañeiros no soño migratorio. Unha vez inaugurado o panteón, de maior ou menor tamaño e distinción segundo as posibilidades económicas de cada entidade, ano tras ano os socios acudían ao cemiterio para rezar polos seus e ter un momento para recordar a todos e todas as que morreran fóra da súa terra. Como vemos, asistían todos os socios e socias cos seus fillos, que vestían as súas mellores galas para acudir a esta reunión. Na necrópole habaneira pódense ver magníficos exemplos de arquitectura funeraria propiedade de galegos residentes na illa.
|
|
Homenaxe a un dos seus veciños máis ilustres: os socios e socias de Hijos de Rianjo posan diante dun cadro de Castelao, ca. 1913 |
Ver
Transcripción da Homenaxe a un dos seus veciños máis ilustres: os socios e socias de Hijos de Rianjo posan diante dun cadro de Castelao, ca. 1913Esta sociedade foi creada como unha asociación instrutiva o 26 de abril de 1911 coa intención prioritaria de construír unha escola no seu concello natal. En Rianxo nacera o 29 de xaneiro de 1886 Daniel A. Castelao, referente da cultura e identidade de Galicia.
|
|
Reunión festiva da sociedade Hijos de Silleda de Protección Mutua, ca. 1920 |
Ver
Transcripción da Reunión festiva da sociedade Hijos de Silleda de Protección Mutua, ca. 1920O 15 de agosto de 1908 constituíuse esta sociedade de emigrantes do concello pontevedrés de Silleda residentes en Arxentina. O seu principal obxectivo foi o mantemento dos vínculos de amizade e veciñanza dos seus socios «haciendo revivir los sentimientos de fraternidad nacidos en la infancia». Nos primeiros estatutos prevaleceu a proposta de Antonio Alonso Ríos, un dos seus promotores, quen impuxo a súa finalidade instrutiva, coa creación de escolas nas distintas parroquias como un medio de progreso para os seus veciños e veciñas. A esta asociación deben os silledenses a creación e o mantemento de tres escolas que contribuíron á súa formación educativa. Nelas impartíase un plan educativo redactado por Alonso Ríos, seguindo os postulados didácticos do país de acollida. Desde Arxentina chegaban indicacións para priorizar a calidade da ensinanza, pero tamén para que os edificios dispuxesen de todas as comodidades e medidas hixiénicas máis modernas, ademais de dotar o alumnado de todo o material escolar necesario.
|
|
Convite para a inauguración da sede social de Hijos del Partido Judicial de Lalín, ca. 1936 |
Ver
Transcripción da Convite para a inauguración da sede social de Hijos del Partido Judicial de Lalín, ca. 1936Ter unha sede social en propiedade foi unha das aspiracións das asociacións microterritoriais en Arxentina. Cando se creaba unha destas entidades, a falta de recursos obrigaba as directivas a reunirse ben na casa ou negocio dalgún socio, ben en oficinas alugadas para tal fin. Cando o número de socios e socias crecía, as cotas sociais e os cartos recadados nos festivais e banquetes que organizaban dedicábanse ás necesidades máis perentorias: as axudas mutualistas para os socios máis desfavorecidos, o envío de remesas de cartos a Galicia para a construción de escolas, a loita agrarista e galeguista, o arranxo de estradas e camiños, etc. O logro de adquirir unha sede propia prestixiaba a asociación dentro da colectividade. Por iso, organizábase un grande acto festivo ao que se convidaba a todas as entidades e persoeiros da diáspora galega no país. |
|
Asemblea xeral de socios da Sociedad agrícola, cultural y recreativa de Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires, ca. 1920 |
Ver
Transcripción da Asemblea xeral de socios da Sociedad agrícola, cultural y recreativa de Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires, ca. 1920Esta sociedade foi creada o 2 de outubro de 1910 por un grupo de veciños do concello de Vedra que emigraran a Arxentina, coa finalidade expresa de «agrupar en su seno a los convecinos de las doce parroquias de Vedra, con el fin de apoyar moral y materialmente los esfuerzos de sus convecinos que luchaban por emanciparse del prepotente caciquismo imperante». A súa fundación tivo unha finalidade agrarista, coa prioridade de mandar axudas ao Sindicato Agrario de Vedra. No eido cultural e educativo destacan as numerosas remesas de cartos enviadas para o funcionamento de varias escolas creadas nos anos vinte nas parroquias de Vedra, tal como se pode ver no apartado As escolas da emigración do web do CCG.
|
|
Socios e socias de Hijos de Silleda nun mitin galeguista, Bos Aires, ca. 1930 |
Ver
Transcripción da Socios e socias de Hijos de Silleda nun mitin galeguista, Bos Aires, ca. 1930A gran maioría das asociacións de emigrantes de ámbito parroquial ou municipal tiveron como finalidade prioritaria acadar o progreso educativo e cultural dos seus lugares de procedencia, sen esquecer o apoio ás loitas agraristas dos seus compatriotas. Convértense así nun foco de atención preferente para os nacionalistas co fin de propagar as súas ideas entre esta ampla masa social. Ao longo da década de 1920 moitas destas sociedades apoiarán activamente o ideario nacionalista moderado asistindo a mitins e achegando cartos nas numerosas subscricións que se creaban con ese fin. Foi esencial o papel da prensa étnica: os principais xornais e revistas como Correo de Galicia —o xornal de J. R. Lence que tiña un maior número de lectores no seo da colectividade emigrada e que neses anos virou cara a un galeguismo moderado—, Céltiga, El Despertar Gallego etc., os mitins, conferencias e artigos dos intelectuais galeguistas tiveron un amplo eco na colectividade, e cada vez participaba máis público nos diferentes actos a prol da causa galeguista.
|
|
| 1906-00-00 | O labor fecundo e incansable da Alianza Aresana de Instrucción, 1906 |
Ver
Transcripción da O labor fecundo e incansable da Alianza Aresana de Instrucción, 1906 en 00/00/1906Ás oito da noite do 20 de marzo de 1904, na fermosa cidade da Habana, tivo lugar a xuntanza fundacional desta sociedade de emigrantes galegos orixinarios da vila de Ares. Domingo Troche, quen foi o presidente fundador, fixo un chamamento a todos os seus paisanos residentes na illa para manifestarlles o desexo e a necesidade de «fundar en su pueblo natal un colegio de instrucción elemental para niños». Deste xeito e coa antedita finalidade, a Alianza Aresana de Instrucción converteuse nunha sociedade étnica pioneira entre as numerosas asociacións microterritoriais galegas que se fundarían na illa. |
| 1908-00-00 | A música como elemento de unión e de identidade cultural: a Rondalla Ferrolana, A Habana, 1908 |
Ver
Transcripción da A música como elemento de unión e de identidade cultural: a Rondalla Ferrolana, A Habana, 1908 en 00/00/1908Na primeira década do século XX comezaron a agromar numerosas asociacións étnicas de implantación localista. Os emigrantes da comarca de Ferrol residentes na Habana comezaron a reunirse para organizar actividades festivas e culturais coa música como elemento definidor. Formaron unha rondalla que realizou numerosas actuacións no seo da colectividade galega da capital cubana. O 14 de xuño de 1909 os seus integrantes decidiron constituír unha asociación baixo a denominación de Ferrol y su Comarca, coa finalidade de crear e manter centros de ensino en cada un dos concellos da comarca. Este ambicioso obxectivo tivo que moderarse, e só temos constancia dos seus numerosos envíos de cartos para a construción dunha escola con todos os adiantos hixiénicos e educativos en Moeche. Foi dedicada ao ensino primario e chegou a contar no ano da súa inauguración, 1920, con 60 alumnos, que recibían un plan didáctico baseado nas máis modernas teorías pedagóxicas.
|
| 1909-00-00 | Directiva fundacional de Xuventude de Galicia, 1909 |
Ver
Transcripción da Directiva fundacional de Xuventude de Galicia, 1909 en 00/00/1909Os fundadores desta sociedade de emigrantes galegos residentes en Lisboa, creada en novembro de 1908, elixen unha directiva que se encargará de poñela en funcionamento. Axiña comeza unha campaña de difusión entre a colectividade para atraer novos integrantes e acadar o apoio dos seus membros máis destacados.
|
| 1909-00-00 | Rondalla social, 1909 |
Ver
Transcripción da Rondalla social, 1909 en 00/00/1909Nun primeiro momento o desexo dos fundadores da nova entidade de emigrantes era organizar unha rondalla para actuar nas diversas reunións festivas que se facían no seo da colectividade galega en Lisboa. Así, no número 3 da revista Vida Gallega dáse información da fundación de Xuventude de Galicia con estas palabras: «Aquellos paisanos nuestros han levantado una bandera de cultura. Van a consagrarse a las tareas artísticas. Van a hacer música gallega, a recordar a la patria entonando sus canciones amadas, las que nos siguen fuera de la terriña como himnos de amor a lo que jamás podemos olvidar […]». Nos primeiros anos este orfeón estivo dirixido polo compositor e pianista de orixe galega, Alfredo Motta, que aparece retratado no centro da fotografía. Portando a bandeira galega, no centro da imaxe, vemos a Ramiro Vidal. Outros compañeiros da agrupación musical e socios do centro eran Domingo Ribas, Indalecio García Eiró, Benigno Fernández Pérez, Ramón Carrera Carballo, José Lorenzo Cuevas, José Bermúdez Ramírez, Albino Lorenzo Cuevas, Evaristo Besada Santos ou Domingo Fernández Pereira.
|
| 1910-00-00 | Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín, 1910 |
Ver
Transcripción da Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín, 1910 en 00/00/1910Seguindo os pasos da súa homóloga antecesora en Arxentina e a instancias dela, esta sociedade de emigrantes procedentes da comarca de Deza foi fundada na cidade da Habana coa finalidade de protexer e axudar os seus asociados e co obxectivo, entre outros, de construír un hospital-asilo en Lalín, secundando deste xeito os conterráneos pioneiros da iniciativa que residían en Bos Aires. Así pois, o domingo 20 de marzo de 1910, hai 113 anos, aprobouse a creación da Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín, con sede no edificio do Centro Galego da Habana.
|
| 1914-00-00 | O Círculo Habanero de La Devesa, 1914 |
Ver
Transcripción da O Círculo Habanero de La Devesa, 1914 en 00/00/1914A Sociedad de Instrucción y Recreo Círculo Habanero de La Devesa constitúe unha das primeiras sociedades galegas de adscrición parroquial creadas na illa de Cuba. Foi fundada polos emigrantes orixinarios de Santalla da Devesa o 31 de decembro de 1911. Os seus obxectivos principais eran prestar socorro á veciñanza máis necesitada e recadar fondos para financiar as festas patronais nas respectivas parroquias de orixe, ademais de construír edificios escolares, lavadoiros e cemiterios, entre outras obras filantrópicas de interese para a comunidade. A súa directiva fundacional estaba formada por José Acevedo, primeiro presidente e un dos seus principais promotores e beneficiarios; José R. Alonso, secretario, e Ramón P. Murias, José A. Posada, Julio Raimundo, Melchor Rodríguez, Benito F. Fernández, José F. Fernández, José M. Graña, Ángel Ríos, Antonio Pérez, José Molejón, Isidro Martínez e Benito Fernández, vogais. |
| 1914-05-17 | Xornada de camaradaría dos socios de Xuventude de Galicia, 17 de maio de 1914 |
Ver
Transcripción da Xornada de camaradaría dos socios de Xuventude de Galicia, 17 de maio de 1914 en 17/05/1914Na imaxe podemos ver un grupo de emigrantes galegos gozando dunha xornada de lecer nunha excursión pola contorna de Lisboa. Non esquecen os seus costumes e a música da gaita, do tambor e do tamboril axuda a que a reunión sexa do máis festiva. Unha das prioridades da entidade é acadar a solidariedade e unión entre os galegos residentes na capital portuguesa e a organización deste tipo de reunións contribuía a fomentar a amizade entre os seus membros.
|
| 1918-00-00 | A instrución como motor de progreso e modernización: o proxecto educativo da sociedade habaneira San Miguel y Reinante, 1918 |
Ver
Transcripción da A instrución como motor de progreso e modernización: o proxecto educativo da sociedade habaneira San Miguel y Reinante, 1918 en 00/00/1918As asociacións instrutivas tiñan moi claro o proxecto educativo que querían implementar nos centros educativos que financiaban. Dende A Habana chegaban os regulamentos educativos e demais directrices para a súa aplicación. De carácter progresista e laico, seguindo o modelo da educación cubana, neles constaban polo miúdo todos os aspectos relativos ao funcionamento das escolas: a admisión do alumnado, o tipo de ensinanza, as materias que ían impartirse, os horarios, a contratación e o soldo dos mestres…, sen esquecer todo o relativo á construción dos centros. Para levar a cabo os seus plans contaban con delegacións das sociedades en Galicia, integradas por veciños da súa confianza, moitos deles emigrantes retornados que foran socios en Cuba. Pese a isto, non sempre lograban aplicar os regulamentos polas presións da Igrexa ou dos gobernos municipais, moitas veces en mans de caciques. |
| 1919-00-00 | Directivos da sociedade Chantada y su partido, 1919 |
Ver
Transcripción da Directivos da sociedade Chantada y su partido, 1919 en 00/00/1919Para os emigrantes, formar parte da directiva dunha asociación acreditaba ante a colectividade o éxito da súa experiencia migratoria e supoñía unha reafirmación do seu ascenso social e económico no novo país de acollida. Os emigrantes que lideraban a fundación destas sociedades adoitaban ser persoeiros comprometidos e con boa situación, que eran elixidos por quendas.
|
| 1933-00-00 | Fonte e lavadoiro público de San Xoán de Río, financiados pola Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa, 1933 |
Ver
Transcripción da Fonte e lavadoiro público de San Xoán de Río, financiados pola Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa, 1933 en 00/00/1933Esta sociedade comarcal foi fundada na Habana o 12 de xuño de 1921 polos emigrantes naturais do concello da Pobra de Trives. Foi creada coa finalidade de socorrer os asociados necesitados de axuda por motivos diversos: enfermidade, accidente, invalidez física para o traballo ou necesidade de repatriación a Galicia. Como o resto de asociacións étnicas, entre os seus obxectivos tamén figuraba a realización de actividades que contribuísen ao fomento da confraternidade entre os naturais do partido xudicial da Pobra de Trives e os demais paisanos residentes na illa, incluídos tamén os que eles chamaban fillos de Cuba e os procedentes doutras partes de España. Os variados actos culturais e de recreo eran as actividades máis recorridas á hora de recadar cartos para o fondo social da entidade.
|
| 1933-07-01 | Recibo do Centro Galego da Habana polo alugueiro das súas instalacións, 1 de xullo de 1933 |
Ver
Transcripción da Recibo do Centro Galego da Habana polo alugueiro das súas instalacións, 1 de xullo de 1933 en 01/07/1933A maioría das asociacións microterritoriais galegas creadas na illa de Cuba destinaban os seus recursos económicos (conseguidos co pago das cotas dos socios, con investimentos ou coa organización de actividades festivas) a envialos á súa parroquia ou municipio de orixe e non consideraban necesario ter unha sede social en propiedade. O Centro Galego da Habana, dono dun grandioso edificio no centro da capital cubana, poñía os seus salóns á disposición destas asociacións para levaren a cabo as xuntanzas de socios e socias e diversas actividades culturais. Tamén cedía escritorios ou pequenos despachos, situados nos espazos da súa secretaría, nos que as entidades instalaban as súas oficinas para as reunións das directivas e para gardar a documentación das súas actividades.
|
| 1935-00-00 | Estatutos sociais do Centro de Protección Agrícola del Distrito de Salceda, 1935 |
Ver
Transcripción da Estatutos sociais do Centro de Protección Agrícola del Distrito de Salceda, 1935 en 00/00/1935A fundación desta asociación agrarista xurdiu por iniciativa de Joaquín Fernández Sestelo, farmacéutico de Salceda de Caselas e loitador anticaciquil que fundou o xornal El Despertar, desde cuxas páxinas loitou pola formación de sindicatos agrarios no seu distrito; debido a súa actividade política foi desterrado e tivo que emigrar cara a Arxentina. Alí foi acollido polos residentes da súa comarca e promoveu a idea de crear unha asociación integrada polos residentes en Bos Aires de todas as parroquias do seu concello natal. O 26 de outubro de 1913 é a data fundacional desta entidade, presidida por Constantino Gil e que tiña como obxectivo principal cooperar no desenvolvemento agrario da súa comarca. Así, nas décadas de 1920 e 1930 achegou numerosas remesas económicas ao seu concello destinadas á propaganda agraria e a favor da República e da autonomía de Galicia. Os seus estatutos tamén inclúen a axuda mutua en casos de enfermidade ou necesidade económica para os seus socios e socias e mesmo a repatriación de quen precisase regresar ao terruño. En marzo de 1917 edita La Voz del Centro, un xornal agrarista de grande influencia na colectividade e que anos despois pasa a chamarse El Agrario. |
| 1935-11-23 | Banquete polo aniversario da fundación de Xuventude de Galicia, 23 de novembro de 1935 |
Ver
Transcripción da Banquete polo aniversario da fundación de Xuventude de Galicia, 23 de novembro de 1935 en 23/11/1935Nos anos 30 a asociación estaba plenamente integrada na vida social e cultural de Lisboa. Era moi recoñecida polos propios portugueses e as súas reunións aparecían referenciadas non só na prensa da colectividade española senón tamén na nacional. Contaba con numerosos asociados, entre os que estaban os membros máis destacados da colectividade. Aínda que mantiña a súa acción solidaria cos máis necesitados, primaba a súa finalidade recreativa como medio para manter os lazos de unión de todos os emigrantes galegos que alí residían. Periodicamente organizaba festas, xantares e homenaxes a intelectuais e persoeiros destacados, tanto galegos como portugueses, como podemos ver nesta imaxe.
|
| 1939-00-00 | Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos del Ayuntamiento de Cerdido, 1939 |
Ver
Transcripción da Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos del Ayuntamiento de Cerdido, 1939 en 00/00/1939Esta sociedade foi fundada na Habana en 1907 polos emigrantes naturais do concello de Cerdido baixo o nome de Pila Ancha. Fomentar a instrución na súa terra natal e facilitar a unión entre os seus asociados foron dúas das razóns da súa creación. Os seus fins están recollidos no seu primeiro regulamento (1908): «sus fines exclusivos serán fomentar y propagar la enseñanza entre los moradores o habitantes de Cerdido y de las aldeas limítrofes, si fuera posible. A este efecto se abrirán dos escuelas de primera enseñanza, una que funcionará en la parroquia de San Martín de Cerdido y otra en San Antonio de la Barquera». Entre os socios fundadores figuraban: José Piñón Abella, Secundino Candorcia, José Rodríguez, Andrés García Amador, Manuel Durán, José Lamigueiro, Severino T. Solloso, Carlos Bouso, José Couto, Vicente Sueiras, José García Peña, Eduardo Fraguela, José Martínez Piñón, Benito Peña, Manuel Gallego, Tomás Pita, José Candales, Faustino López, Guillermo López, José Pajón, Generoso López Valiño, Antonio Candales (primeiro presidente social), Vicente Candales Piñón, Eliseo García, Vicente Rodríguez Piñón, Benigno López, José Martínez Rodríguez, José Bellón Coba, Benigno Villadóniga, José López, Manuel Villar e Vicente López.
|
| 1940-00-00 | Socias do Centro Recreativo del Partido de Becerreá nun pícnic, anos 40 |
Ver
Transcripción da Socias do Centro Recreativo del Partido de Becerreá nun pícnic, anos 40 en 00/00/1940Esta entidade, fundada en 1927, axiña pasou a formar parte da Federación de Sociedades Gallegas, coa que compartía ideario republicano e agrarista. Foi creada como unha institución recreativa e un centro de cultura e protección para os seus asociados. Para eles era primordial a unión e sociabilidade dos seus membros, tal como acreditaba o seu lema «unidad y confraternidad».
|
| 1941-11-08 | Estatutos polos que se rexe a sociedade Naturales de Ortigueira, A Habana, 1941 |
Ver
Transcripción da Estatutos polos que se rexe a sociedade Naturales de Ortigueira, A Habana, 1941 en 08/11/1941Esta asociación fundouse en 1928, cando comezaba a decaer o agromar societario. Contou ademais coa particularidade de ser creada como unha sociedade de beneficencia e protección mutua, sen incluír a finalidade instrutiva. Isto quizais se debeu a que practicamente cada parroquia do concello de Ortigueira contaba xa cunha asociación que financiara a construción e mantemento de magníficos edificios escolares por todo o municipio. Xa dende moi cedo os e as naturais deste concello residentes na Habana constituíron varias asociacións instrutivas de ámbito parroquial, como a Sociedad de San Adrián, fundada en 1905; La Devesana, en 1907; Puente de Mera, en 1911; San Claudio, en 1912; El Progreso del Yermo, en 1914; Hijos de San Julián de Senra, en 1916, e Hijos de Santa María de Mera, en 1917. |
| 1948-07-00 | Golada. Boletín editado por la sociedad del Ayuntamiento de Golada (Bos Aires, 1948) |
Ver
Transcripción da Golada. Boletín editado por la sociedad del Ayuntamiento de Golada (Bos Aires, 1948) en 00/07/1948Moitas das asociacións microterritoriais en América publicaban xornais e boletíns para manter informados das súas actividades aos socios. Moitas tiñan unha tirada pequena e se cadra non contaban con colaboracións tan destacadas; eran froito do traballo e ilusión dun grupo de socios que conseguían editar anualmente un boletín ou unha revista de menos páxinas pero que lograba o seu obxectivo: informar do acontecer societario e manter presentes os costumes e tradicións das súas vilas natais na memoria colectiva dos seus socios e socias. Este boletín é un exemplo deles, publicado con motivo da conmemoración do 18º aniversario da fundación da asociación editora. Nas súas páxinas dábase conta aos socios das diversas actividades realizadas durante ese ano e publicábase a memoria e a contabilidade social correspondente. Ademais, aparecen reproducidos algúns poemas e textos literarios e predominan os artigos sobre a súa vila natal. Para financiarse aparecen numerosos anuncios de negocios de galegos, moitos deles nacidos en Agolada, nunha campaña de publicidade para dar a coñecer aos paisanos a súa actividade e bo facer.
|
| 1948-09-09 | A música galega como sinal de identidade cultural alén mar, 9 de setembro de 1948 |
Ver
Transcripción da A música galega como sinal de identidade cultural alén mar, 9 de setembro de 1948 en 09/09/1948Na fotografía vemos o Coro Castelao, integrado polos socios e socias de Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo, durante a gravación do Himno a Rianjo, escrito polo xornalista e músico José Arcos Moldes. Este himno era música obrigada nas festas organizadas por esta asociación de rianxeiros e rianxeiras en Arxentina.
|
| 1949-00-00 | Texto dunha conferencia impartida por Avelino Díaz na sociedade ABC del Partido Judicial de Corcubión. 1949 |
|
| 1953-00-00 | Folleto cos actos organizados para homenaxear a Castelo no terceiro aniversario do seu cabodano. Avelino Díaz impartiu unha conferencia
|
|
| 1956-00-00 | Nadal entre parentes e paisanos, Lisboa, 1956 |
Ver
Transcripción da Nadal entre parentes e paisanos, Lisboa, 1956 en 00/00/1956Como o resto das sociedades de emigrantes galegos no exterior, Xuventude de Galicia vén organizando desde a súa configuración as celebracións máis tradicionais e emotivas sinaladas cada ano. As festas do Nadal en compañía de familiares e paisanos alivian a distancia da terra de orixe e reforzan os lazos de confraternidade dentro da colectividade. Este tipo de celebracións adoitaban ser amenizadas pola agrupación coral e artística Anaquiños da Terra, con representacións teatrais e bailes para o divertimento dos socios e socias de todas as idades. |
| 1956-00-00 | Alborada. Órgano del Centro Gallego de Barcelona (1956) |
Ver
Transcripción da Alborada. Órgano del Centro Gallego de Barcelona (1956) en 00/00/1956O Centro Galego de Barcelona comeza a editar en 1948 esta revista como «portavoz oficial de nuestra entidad y un eco espiritual del basto mundo de la galleguidad y un balcón de cultura y de arte gallegos al que puedan asomarse los intelectuales amigos de Galicia». Dende esa data pasa por varias etapas editoriais ao longo dos anos: a primeira vai dende marzo de 1948 ata 1952; a segunda abarca dende xullo dese ano ata 1956; a terceira vai de 1961 a 1968; durante uns anos deixa de publicarse ata 1974, ano en que comeza a cuarta etapa; a quinta vai dende 1986 ata 1989 e en 1995 comeza de novo a súa andaina.
|
| 1956-07-06 | Paseo fluvial nocturno, Lisboa, 6 de xullo de 1956 |
Ver
Transcripción da Paseo fluvial nocturno, Lisboa, 6 de xullo de 1956 en 06/07/1956A bordo do vapor Lisbonense os mozos e mozas de Xuventude de Galicia pasan divertidos momentos durante o paseo fluvial organizado pola entidade. O embarque realizouse no molle da Ribeira das Naus e, nesta ocasión, o baile estivo amenizado pola orquestra Costa Rita, grupo musical asiduo na maioría das festas da colectividade galega en Lisboa.
|
| 1957-00-00 | Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957 |
Ver
Transcripción da Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957 en 00/00/1957A colectividade galega residente en Lisboa participou no acto de inauguración do monumento erixido polos padroneses emigrados a Uruguai en recordo a Rosalía de Castro, poeta inmortal para o pobo galego. Foi un acto moi concorrido, no que tamén estivo presente a comisión delegada de Xuventude de Galicia, xunto ás autoridades e o resto de personalidades representativas da elite cultural galega. O presidente do Centro Galego de Lisboa depositou o escudo floral ao pé do monumento da escritora, realizado polo escultor José Mateos.
|
| 1957-00-00 | Merecida homenaxe a Manuel Cordo Boullosa, Lisboa, 1995 |
Ver
Transcripción da Merecida homenaxe a Manuel Cordo Boullosa, Lisboa, 1995 en 00/00/1957O 18 de xuño de 1995 o socio honorario Manuel Cordo Boullosa foi homenaxeado por Xuventude de Galicia, entidade que tanto lle debe a este benfeitor. El foi o promotor e artífice da compra da actual sede social, adquirida en propiedade en 1988. É unha figura venerada por todos os socios e socias, considerada por moitos como o «patriarca» dos galegos de Lisboa. Socio número 1 benemérito e honorario, a grandeza da súa obra filantrópica sería relembrada de maneira simbólica a través dun busto de granito galego acompañado dunha placa que atribúe o seu nome ao edificio.
|
| 1958-00-00 | Casa de Galicia. Unidad Gallega (Nova York, 1958) |
Ver
Transcripción da Casa de Galicia. Unidad Gallega (Nova York, 1958) en 00/00/1958Máis que unha revista como tal, trátase dun «libro-memoria», de periodicidade anual, que nace en 1940 coa finalidade de informar sobre as principais actividades desenvolvidas pola Casa Galicia de Unidad Gallega, sociedade que acolle os e as emigrantes galegas residentes en Nova York.
|
| 1958-02-01 | Celebración infantil no luns de Entroido, 1958 |
Ver
Transcripción da Celebración infantil no luns de Entroido, 1958 en 01/02/1958A organización de festas tradicionais era unha das actividades que desde os seus inicios serviron para manter a unión dos socios. O Entroido foi unha delas. Cada ano organizábanse na súa sede, durante unha semana, distintos actos en que os socios se disfrazaban, comían orellas e filloas e bailaban ao son da música tradicional. O luns estaba dedicado aos máis pequenos, as novas xeracións deses emigrantes, nacidos en Portugal pero con Galicia e os seus costumes sempre presentes.
|
| 1958-04-00 | La Vida Gallega en Cuba. Órgano Oficial de la Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia (A Habana, 1958) |
Ver
Transcripción da La Vida Gallega en Cuba. Órgano Oficial de la Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia (A Habana, 1958) en 00/04/1958Esta revista funcionou como voceiro da Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia, asociación étnica pioneira na illa de Cuba. O seu inicio data de 1950 e publicouse simultaneamente durante catro anos xunto á titulada Vida Gallega, pertencente á mesma entidade. Ata 1960, ano en que deixou de publicarse, recolleu información sobre todas as actividades desenvolvidas pola entidade, ademais de contidos sobre cultura, historia e lingua galegas. O volume de páxinas era considerable en determinadas épocas do ano, tendo en conta que se publicaba a memoria anual da sociedade, na que se daba conta dos balances financeiros, listaxes nominativas das contribucións, informes, axudas prestadas a socios necesitados, persoas falecidas etc.
|
| 1959-03-29 | Concurso de «Señorita Juventud de Galicia 1959», 29 de marzo de 1959 |
Ver
Transcripción da Concurso de «Señorita Juventud de Galicia 1959», 29 de marzo de 1959 en 29/03/1959O papel tradicional da muller no seo desta entidade ao longo do século XX estivo condicionado pola realidade social do momento histórico. Como na maioría das asociacións galegas de emigrantes espalladas polo mundo, as mulleres tiñan un papel pouco definido e escasamente visible. Representaban a institución na vida cultural da cidade e colaboraban na obtención de fondos en casos de necesidade dos socios, así como na organización das diversas celebracións, ademais de seren parte integrante e activa dos seus grupos de baile, música e teatro. Nos estatutos sociais non se recollía a figura de asociada: as mulleres só podían participar nas actividades societarias como familiares dos socios (esposas, fillas ou nais). Actualmente as mulleres son socias de pleno dereito, participan no día a día da institución e ocupan cargos nas súas directivas.
|
| 1959-08-24 | «A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959 |
Ver
Transcripción da «A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959 en 24/08/1959Fernando Iglesias, máis coñecido como Tacholas, foi un dos actores galegos máis relevantes alén mar, dinamizador da vida cultural da emigración do Río da Prata. Ourensán de nacemento, emigrou cara a Arxentina en 1929. Axiña se integrou na vida cultural das asociacións galegas e participou nos seus festivais e celebracións con actuacións de gran sona. Actor de recoñecido prestixio, tamén no teatro e cine arxentinos, foi unha das grandes figuras da radio galega, fundador con Maruxa Boga e Alfredo Aróstegui da audición radiofónica Recordando a Galicia (1945), que o converteu nunha figura cotiá e familiar para miles de emigrantes. Nunca esqueceu a súa condición de galego e ourensán e durante toda a súa vida estivo vinculado coas entidades galegas, ben como socio, ben actuando e participando nas súas celebracións e festas, sempre na defensa da cultura e identidade galegas, con actuacións memorables cheas de amor e compromiso pola terra nai.
|
| 1962-05-00 | Alén mar. Revista de la Asociación Argentina de Hijos de Gallegos (Bos Aires, 1962) |
Ver
Transcripción da Alén mar. Revista de la Asociación Argentina de Hijos de Gallegos (Bos Aires, 1962) en 00/05/1962Esta revista naceu no ano 1961. As súa traxectoria foi moi curta, pois en novembro de 1963 saíu o seu último número. Tivo como directores a Antonio Pérez Prado e a Perfecto López Romero. A súa periodicidade era irregular e o financiamento proviña de fondos particulares. Aínda que non pasaba das oito páxinas, contou coa colaboración de figuras destacadas da cultura galega: Ramón Piñeiro, Basilio Losada, Ricardo Palmás, Domingo García-Sabell, Perfecto López Romero, P. Leirado e o propio Antonio Pérez Prado. Os contidos publicados tiñan un carácter eminentemente cultural, aínda que nalgúns casos tamén reivindicativo da cultura galega na Arxentina e crítico coa situación social en Galicia.
|
| 1970-08-00 | Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas, 1970) |
Ver
Transcripción da Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas, 1970) en 00/08/1970A Hermandad Gallega de Venezuela, sociedade máis importante e representativa da colectividade galega residente no país, vén publicando revistas e boletíns informativos ao longo da súa historia co fin de manter informados aos seus socios e socias. Nesta ocasión presentamos a cuberta do número especial de Hermandad Gallega, órgano difusor da entidade, dedicado ás festas de Galicia e publicado en agosto de 1970, dez anos despois da súa creación (1960), logo da fusión das seguintes entidades antecesoras: Lar Gallego (1945), Centro Gallego (1948) e Casa de Galicia (1956).
|
| 1984-02-00 | Anduriña. Órgano del Centro Gallego de México (México D. F., 1984) |
Ver
Transcripción da Anduriña. Órgano del Centro Gallego de México (México D. F., 1984) en 00/02/1984A revista galega máis coñecida editada polos galegos de México é Vieiros. Revista do Padroado da Cultura Galega de México (1959-1968), cun claro ideario galeguista e literario. Porén, queremos dar a coñecer esta outra revista, voceiro do Centro Galego de México, a asociación que acolle o maior número de emigrantes galegos do país azteca. Esta publicación comeza a súa andaina en 1948 cuns claros obxectivos: informar aos seus socios e socias das diversas actividades da entidade, así como das súas propostas e logros, e servir de ponte entre a colectividade emigrada no país e a terra nai. Tamén informa dos feitos máis sobresaíntes da política, economía e cultura de Galicia. Conta con tres etapas editoriais, sempre baixo os auspicios do Centro Galego: unha primeira que empeza en 1948 e dura moi pouco tempo, unha segunda que se inicia en 1973 e unha terceira que comeza en 1990 e chega ata a actualidade.
|
| 1984-07-00 | Guieiro. Órgao do Patronato da Cultura Galega (Montevideo, 1984) |
Ver
Transcripción da Guieiro. Órgao do Patronato da Cultura Galega (Montevideo, 1984) en 00/07/1984Esta revista, voceiro oficial do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, ten dúas etapas editoriais. O seu primeiro número sae en 1965 como un suplemento a unha carta publicada polas sociedades galegas do Uruguai a prol do uso da lingua galega na liturxia católica. Nos seguintes números e ata 1968 pasa a informar das actividades do Patronato (autoridades, estatutos, visitas, campañas etc.), aínda que cunha clara orientación cultural, como podemos ver nos numerosos artigos que nos achegan a Galicia, á súa lingua (a revista está escrita en galego), á súa historia e á súa literatura, con colaboracións de intelectuais galegos.
|
| 1986-10-20 | A Lareira. Voceiro da Casa de Galicia, Asociación cultural (París, 1986) |
Ver
Transcripción da A Lareira. Voceiro da Casa de Galicia, Asociación cultural (París, 1986) en 20/10/1986A mediados do século XX a tendencia migratoria galega foi cambiando na elección dos países e comezou a etapa europea. Francia foi un dos destinos principais.
|
| 1987-00-00 | Revista Deportiva. Centro Gallego de Montreal (1987) |
Ver
Transcripción da Revista Deportiva. Centro Gallego de Montreal (1987) en 00/00/1987Se a comparamos coa doutros países americanos, a colectividade galega no Canadá é moito menos importante numericamente, pero aínda así nos seus principais lugares de asentamento —Montreal e Toronto— os galegos e galegas crearon as súas asociacións recreativas e culturais e deixaron a súa pegada. Os centros de ambas as dúas cidades publicaron varias revistas e boletíns para informar aos seus socios e socias das actividades e da marcha destas, sempre na defensa da súa identidade. Ademais dos voceiros sociais que se poden consultar nos fondos do AEG, destacamos, pola súa temática diferente, esta revista, que anualmente informaba e difundía as actividades deportivas desenvolvidas polos socios do Centro Galego de Montreal, ademais de recoller as noticias de interese das actividades deportivas que se organizaban nesta cidade canadense.
|
| 1988-03-00 | Revista de A Nosa Galiza (Xenebra, 1988) |
Ver
Transcripción da Revista de A Nosa Galiza (Xenebra, 1988) en 00/03/1988Este xornal aparece en 1973 cunha tirada inicial de 375 exemplares e os seus contidos en lingua galega. Foi creado pola Sociedade A Nosa Galiza, asociación étnica de emigrantes galegos residentes en Xenebra. A través das súas páxinas os socios e socias son debidamente informados sobre as actividades desenvolvidas pola entidade, xunto a outros temas de interese para a colectividade galega. Ao longo da súa historia sofre algúns cambios, e en marzo de 1988 reedítase e publica contidos literarios como relatos e poesías, ademais de obras inéditas da autoría de fieis colaboradores desta asociación galega en Suíza.
|
| 1988-09-00 | Fogar de Breogán. Voceiro do Centro Galego de Hannover (1988) |
Ver
Transcripción da Fogar de Breogán. Voceiro do Centro Galego de Hannover (1988) en 00/09/1988Os galegos e galegas residentes na capital alemá do estado da Baixa Saxonia, concretamente en Hannover, tamén contaron co seu voceiro, titulado Fogar de Breogán. Foi creado en 1988 como órgano de difusión do Centro Galego de Hannover, de curta extensión e publicado en lingua galega. Informaba sobre as diferentes actividades organizadas pola entidade editora. Contaba tamén con escritos sobre arte, cultura e tradicións galegas, así como cunha sección de pasatempos.
|
| 1989-10-01 | Anduriña. Portavoz del Lar Gallego de Sevilla (1989) |
Ver
Transcripción da Anduriña. Portavoz del Lar Gallego de Sevilla (1989) en 01/10/1989O órgano difusor da sociedade de emigrantes galegos Lar Gallego de Sevilla nace en 1959, baixo o título de Anduriña, e cesa co seu número de maio-xuño-xullo de 1962. Entendemos que a partir de entón a revista pasa a outra época, coa denominación que aparece na imaxe que expoñemos neste especial. Como a maioría das revistas societarias, a súa finalidade vén marcada pola necesidade de manter informados aos socios e socias sobre as distintas actividades desenvolvidas pola entidade (festivais musicais, concursos, obradoiros etc.). Por outra banda, a publicación achega aos seus lectores a cultura galega a través de páxinas literarias e artigos sobre lingua galega, gastronomía e historia dos lugares máis emblemáticos de Galicia. Tamén teñen lugar as notas de actualidade galega, entrevistas e reportaxes de diversa índole, sen descoidar o tratamento de aspectos da cultura tradicional sevillana.
|
| 1992-05-00 | Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires (1992) |
Ver
Transcripción da Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires (1992) en 00/05/1992Voceiro oficial dunha das máis importantes institucións da emigración galega na Arxentina, esta revista comezou a súa andaina en 1926 para informar das actividades e servizos que o Centro Galego ofrecía aos seus socios. Galicia destaca pola calidade e sinatura dos seus numerosos artigos sobre a cultura, a política, a economía, o patrimonio ou a literatura galegos, con extensas e interesantes reportaxes sobre a actualidade do momento. Nas súas páxinas pódense ler traballos de escritores galegos e arxentinos, así como de persoeiros da colectividade emigrada, como Antonio Pérez Prado, Ramón Suárez Picallo, Fiz Fernández, Xavier Bóveda, Ramón Rey Baltar, Francisco Camba, Alberto Vilanova Rodríguez, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade, Álvaro Cunqueiro, Domingo García-Sabell, Raimundo García Domínguez «Borobó», Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Xosé Neira Vilas, Xavier Alcalá ou Xosé Luís Méndez Ferrín, entre outros moitos; sen esquecer a Luís Seoane ou Eduardo Blanco-Amor, que foron os seus directores. Queremos destacar o labor xornalístico durante as décadas de 1940 e 1950 de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, quen na sección «Noticiero Gallego» informaba sobre os feitos culturais e sociais de Galicia.
|
| 1992-12-00 | Ecos da Terra. Órgano Oficial de Casa de Galicia (Montevideo, 1992) |
Ver
Transcripción da Ecos da Terra. Órgano Oficial de Casa de Galicia (Montevideo, 1992) en 00/12/1992Esta revista nace en Montevideo no ano 1981, constituída como o boletín informativo da Casa de Galicia e un dos seus difusores culturais. A maioría dos contidos versan sobre Galicia e a presenza dos galegos no Uruguai (actualidade, literatura, historia, notas biográficas, situación da cultura, lingua etc.). Tamén recolle todos os acontecementos sociais e culturais que se celebran na entidade e dá conta polo miúdo das actividades da institución (cursos, conferencias, actividades científicas…).
|
| 1993-07-00 | Alborada. Periódico de la Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio (São Paulo, 1993) |
Ver
Transcripción da Alborada. Periódico de la Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio (São Paulo, 1993) en 00/07/1993Esta sociedade foi creada en 1898 como Sociedad Española de Socorros Mutuos, coa finalidade de minimizar as dificultades que enfrontaban as e os inmigrantes españois que chegaban a São Paulo. A partir de 1950 cambia a súa denominación pola de Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio. Ademais, en 1975 pasa a ser integradora das antigas asociacións de emigrantes asentadas na cidade: Casa de Galicia, Centro Asturiano, Instituto Regional Valenciano, Centro Andaluz, Casa Aragón e Centro Dramático Hispanoamericano.
|
| 1995-00-00 | Lonxe da Terriña (Santiago de Chile, 1995) |
Ver
Transcripción da Lonxe da Terriña (Santiago de Chile, 1995) en 00/00/1995Con saída anual, este voceiro do Lar Galego de Chile comeza a editarse en 1989. Con abundantes fotografías (da entidade editora pero tamén das paisaxes e do patrimonio cultural galego), a revista pretende servir como medio para promover a finalidade e as actividades da institución e «ser el centro de unión de nuestra colectividad para mantener vivas la cultura y las tradiciones de la Galicia ancestral». Contén numerosos artigos, entrevistas e escritos que se poden agrupar en cinco grandes liñas temáticas: histórico-cultural, social, política, a Galicia actual e as actividades do Lar (complementadas cunha reportaxe fotográfica). Tamén ten abundante publicidade, principalmente anuncios de tipo comercial, entre os que podemos citar as panadarías e industrias vinculadas a estas, sector en que a presenza de galegos é moi importante no país.
|
| 1996-06-00 | Mundo Gallego. Revista del Centro Gallego de Madrid (1996) |
Ver
Transcripción da Mundo Gallego. Revista del Centro Gallego de Madrid (1996) en 00/06/1996Esta revista aparece por primeira vez en xuño de 1952, baixo a dirección de Manuel Fraga de Lis e coa colaboración de destacados persoeiros da cultura galega como Ramón Cabanillas, Wenceslao Fernández Flórez, Vicente Risco, Ramón
|
| 2001-00-00 | O Xistral. Voceiro do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo (2001) |
Ver
Transcripción da O Xistral. Voceiro do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo (2001) en 00/00/2001Continuación da revista Vagalume (1981), en 1987 este centro de emigrantes galegos residentes na vila de Barakaldo pasou a editar unha nova publicación baixo o nome de O Xistral. O seu obxectivo era informar sobre o centro: estado de contas, directiva, actividades (entre as que destaca a celebración da Semana das Letras Galegas e do Día de Euskadi) etc. Tamén inclúe numerosos artigos sobre diferentes ámbitos da cultura galega: lingua e literatura galegas na sección «Vendo e aprendendo: vocabulario castelán-galego», historia, cultura popular, reportaxes sobre vilas e lugares de Galicia, rutas turísticas… Complétase con novas de actualidade, colaboracións literarias e outras seccións de carácter máis xeral con informacións deportivas e sanitarias, páxinas de humor e pasatempos. Neste número que amosamos conmemoran o centenario da fundación da asociación. En 1989 o centro publica A Catrapola como voceiro dos intereses dos seus socios máis novos.
|
| 2004-00-00 | Preservación do asociacionismo galego en Cuba: a custodia da súa memoria histórica, 2004 |
Ver
Transcripción da Preservación do asociacionismo galego en Cuba: a custodia da súa memoria histórica, 2004 en 00/00/2004Co triunfo da Revolución cubana as propiedades do Centro Galego foron expropiadas, incluída a súa magnífica sede social. Ás asociacións que tiñan asinado un contrato de arrendamento para o uso destas instalacións permitíuselles continuar gozando dun espazo para as súas actividades sociais. Destinóuselles un salón cuns armarios onde custodiar os seus documentos, fotografías e recordos, e alí tamén dispuñan dun espazo onde levar a cabo as súas reunións. Aínda que a deterioración e a decadencia son evidentes, a presenza de socios e socias dignifica o lugar.
|
| 2019-00-00 | Edificio do Plantel Concepción Arenal, o centro educativo das e dos galegos asentados na Habana, 2019 |
Ver
Transcripción da Edificio do Plantel Concepción Arenal, o centro educativo das e dos galegos asentados na Habana, 2019 en 00/00/2019Na actualidade este edificio continúa a ser un referente no sistema educativo cubano como centro de estudo de numerosas xeracións de nenos e nenas cubanas. O actual Plantel Escolar Concepción Arenal segue levando o nome que lle deran os seus creadores, os emigrantes galegos instalados na illa de Cuba. Isto debe ser un orgullo para Galicia como un símbolo das iniciativas dos nosos paisanos alén mar a prol da cultura e da educación.
|


