Temática: O galeguismo en América

Temática: O galeguismo en América [3]

Data Material Ver
Data Material Ver
O «espíritu rexional» da Galicia emigrante e o himno galego
Ver

Transcripción da O «espíritu rexional» da Galicia emigrante e o himno galego

Os símbolos institucionais de Galicia foron oficializados definitivamente a través da Lei 5/1984, do 29 de maio, de símbolos de Galicia, aprobada polo Parlamento galego (DOG nº 120, 23/06/1984). Tal como consta no artigo 1, o himno —xunto coa bandeira e o escudo— simboliza a súa identidade como nacionalidade histórica.
A historia do himno galego non é tan recente como a promulgación da lei que o fixo oficial. En realidade, ten a súa orixe no certame musical organizado polo compositor Pascual Veiga Iglesias (Mondoñedo, 1842 – Madrid, 1906) e o seu Orfeón Coruñés Número 4, levado a cabo na cidade da Coruña en agosto de 1890. Na súa elaboración conxugáronse o poema titulado “Os pinos”, escrito por Eduardo Pondal y Abente (Ponteceso, 1835 – A Coruña, 1917), cunha composición musical do propio Veiga.
O himno galego constitúe un símbolo fortemente ligado ao fenómeno da emigración. A estrea tivo lugar no Gran Teatro da Habana o 20 de decembro de 1907, cando se celebraba unha homenaxe póstuma a Pascual Veiga, alma máter da súa melodía, co fin de recadar fondos para erixir un monumento no seu Mondoñedo natal. Os asistentes ao acto foron testemuñas da maxestade do himno. Podemos imaxinar esa prolongada ovación froito da emoción profunda sentida no gran salón, máis intensa aínda polo feito de ser escoitado tan lonxe da terra.
O 13 de decembro de 1908, o Centro Galego da Habana declarouno himno oficial para todos os actos organizados pola entidade. A partitura pronto chegou a Galicia e a peza musical foi tocada como pasodobre nas festas celebradas nos distintos lugares da xeografía galega. A súa reprodución estivo prohibida durante a ditadura de Primo de Rivera e no franquismo, pero a colectividade galega en América soubo mantelo vivo e difundiuno como elemento constituínte da súa identidade cultural.


1905-00-00
Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega (A Habana, 1905)
Ver

Transcripción da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega (A Habana, 1905) en 00/00/1905

Os galegos emigrados a América sempre foron conscientes das necesidades e aspiracións da súa terra. Tiveron unha participación moi activa no progreso e desenvolvemento das institucións culturais creadas en Galicia. A colectividade galega residente en Cuba e na Arxentina estivo á cabeza de movementos impulsores do rexurdir cultural e político, que serviron como elementos catalizadores do cambio no contexto social galego.
Unha das iniciativas máis importantes foi a creación da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, a cal aprobou o seu regulamento na Habana o 15 de xuño de 1905, asinado por Manuel Curros Enríquez (presidente) e Alfredo Nan de Allariz (secretario).
O emigrante ferrolán José María Benito Fontenla Leal (1864-1919) tamén tivo un papel decisivo na fundación da antedita asociación, cuxo obxectivo de creación foi o seguinte: «Constituir en el punto que mejor convenga de Galicia una Academia Gallega ajena á toda idea política y religiosa sin más carácter que el de dar unidad al idioma gallego por medio de la publicación de una Gramática y un Diccionario; estudiar nuestras ciencias; cultivar la literatura y las artes, inclusas las industriales; recoger nuestros cantos populares y nuestros monumentos arqueológicos, y realizando cuanto tienda á enaltecer y glorificar el buen nombre de Galicia».
Esta sociedade sería a xénese da futura Real Academia Galega (1906), da que Fontenla Leal tamén foi impulsor xunto a Murguía e Curros. Nesta imaxe aparece Fontenla Leal xunto ao historiador e literato coruñés Francisco Tettamancy Gastón.


1929-00-00
Homenaxe de Eduardo Blanco-Amor a Rosalía de Castro, Santiago de Compostela, 1929
Ver

Transcripción da Homenaxe de Eduardo Blanco-Amor a Rosalía de Castro, Santiago de Compostela, 1929 en 00/00/1929

Eduardo Blanco-Amor foi un dos galeguistas máis activos da emigración en espallar o ideario autonomista e de defensa da cultura galega. En Bos Aires destaca o seu labor xornalístico na prensa étnica, pois dirixiu en diferentes etapas o xornal El Despertar Gallego (1921), a revista Terra (1923), a revista Céltiga (1924), a revista Galicia, voceiro do Centro Galego de Bos Aires, ou o xornal Galicia da Federación de Sociedades Gallegas (FSG), entre outros. En 1926 comezou a colaborar no diario arxentino La Nación, de gran prestixio no país. En 1929 foi nomeado correspondente deste xornal en España, posto que exerceu ata 1931. Durante este período visitou Galicia en numerosas ocasións e coñece a Castelao e outros líderes nacionalistas; a través deles establece unha intensa relación co Partido Galeguista e co grupo Nós.
Na imaxe vemos a Blanco-Amor posando diante do mausoleo de Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval. Este panteón fora financiado coas remesas da colonia galega de Cuba e da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Visita o lugar como homenaxe á poeta galega, un dos referentes culturais do pobo galego e símbolo da colectividade de alén mar. Grande orador, Blanco-Amor dará un mitin de propaganda galeguista diante da súa escultura erixida no parque da Alameda de Santiago.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Castelao, Castro, Rosalía deDíaz, AvelinoFerreiro, Celso EmilioAfonso, José “Zeca”Tacholas, Fernando IglesiasPereira Renda, VirxiniaCurros Enríquez, ManuelPondal, EduardoBoga, MaruxaViqueira Landa, LuisaIglesias, ClotildePérez Parallé, Xosé MaríaLópez Romero, PerfectoFontenla Leal, JoséSeoane, LuísLosada Diéguez, AntónCalvo Sotelo, LeopoldoBlanco Amor, EduardoVillaverde, MarivíValle-Inclán, Ramón MaríaVieito Bouza, MercedesGarcía-Sabell, DomingoDíaz Gallego, IolandaReboiras, MonchoNeira Vilas, XoséViqueira López-Cortón, María LuisaNan de Allariz, AlfredoSeoane, MaruxaFoxo, Xosé LoisAróstegui, AlfredoTettamancy, FranciscoFernández, ElsaBlanco Torres, RobertoOtero Pedrayo, RamónValenzuela, Ramón deLópez Ferreiro, AntonioMiranda, AnisiaVeiga, Pascual Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transiciónsociedadelinguanacionalismoaxentes culturaisDefensa da linguaacción políticaAsociacións culturaisasociaciónsensinoemigraciónHistorias de ida e voltaMulleresÁlbum de GaliciaMemoria e voces femininas da diáspora galegaAcción sindicalorganizaciónspolíticaexilio galegoacción socioculturalEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981feminismoO galeguismo en Américaradioprensa escritapoesíaemigrantesfranquismomovementos sociaiscorosteatroartes plásticasliteraturaautores/as100º Aniversario da ABC del Partido de CorcubiónGalegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de LisboaAs asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentinarepúblicamúsica tradicionalpolítica institucional

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0