Temática: emigrantes

Temática: emigrantes [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1957-00-00
Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957
Ver

Transcripción da Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957 en 00/00/1957

A colectividade galega residente en Lisboa participou no acto de inauguración do monumento erixido polos padroneses emigrados a Uruguai en recordo a Rosalía de Castro, poeta inmortal para o pobo galego. Foi un acto moi concorrido, no que tamén estivo presente a comisión delegada de Xuventude de Galicia, xunto ás autoridades e o resto de personalidades representativas da elite cultural galega. O presidente do Centro Galego de Lisboa depositou o escudo floral ao pé do monumento da escritora, realizado polo escultor José Mateos.


1965-00-00
Elsa Fernández. A defensa da cultura galega das novas xeracións da emigración
Ver

Transcripción da Elsa Fernández. A defensa da cultura galega das novas xeracións da emigración en 00/00/1965

Elsa Fernández González, filla de galegos nada en Arxentina, viviu desde moi nova o amor profundo por Galicia e a saudade por unha terra que nunca chegaría a visitar.
Sempre vinculada coas actividades culturais das entidades galegas, traballou como administrativa no Centro Galego, onde coñeceu a Luís Seoane e a Eduardo Blanco-Amor, co que chegará a ter unha grande amizade. Foi tamén secretaria da Comisión de Damas do Hogar Gallego para Ancianos e participou en numerosas iniciativas culturais como AGUEA, a Asociación Argentina de Hijos de Gallegos ou, xunto a Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, na editorial Follas Novas. De feito, en 1961, cando eles marchan para Cuba, queda ao cargo da editorial e continúa a organizar a Feira do Libro Galego. Representou en Arxentina as editoriais galegas Galaxia e Bibliófilos Gallegos e xestionou un espazo radial chamado Mirador Bibliográfico Galego, no que lía textos da literatura galega. Colaborou tamén nas revistas Galicia Emigrante e Vieiros, onde podemos ler algúns dos seus artigos.
A súa morte prematura, con apenas trinta anos, conmocionou a toda a colectividade. En 1965, como homenaxe, a editorial Alén Mar publicou de maneira póstuma un libro cos seus poemas titulado Lonxanía, en cuxa edición colaboraron Luís Seoane, Laxeiro, Ricardo Palmás, Carlos Zubillaga e Basilio Losada.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Castelao, ;  Castro, Rosalía de;  Díaz, Avelino;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Afonso, José “Zeca”;  Pereira Renda, Virxinia;  Curros Enríquez, Manuel;  Pondal, Eduardo;  Boga, Maruxa;  Viqueira Landa, Luisa;  Tacholas, Fernando Iglesias;  Calvo Sotelo, Leopoldo;  Blanco Amor, Eduardo;  Valenzuela, Ramón de;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Vieito Bouza, Mercedes;  García-Sabell, Domingo;  Díaz Gallego, Iolanda;  Reboiras, Moncho;  Neira Vilas, Xosé;  Viqueira López-Cortón, María Luisa;  Nan de Allariz, Alfredo;  Seoane, Maruxa;  Foxo, Xosé Lois;  Aróstegui, Alfredo;  Tettamancy, Francisco;  Fernández González, de Cabrera, Elsa;  Blanco Torres, Roberto;  Otero Pedrayo, Ramón;  Villaverde Otero, Mariví;  López Ferreiro, Antonio;  Miranda, Anisia;  Veiga Iglesias, Pascual;  Iglesias, Clotilde;  Pérez Parallé, Xosé María;  López Romero, Perfecto;  Fontenla Leal, José;  Seoane, Luís;  Losada Diéguez, Antón;  Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  sociedade;  lingua;  nacionalismo;  axentes culturais;  Defensa da lingua;  acción política;  Asociacións culturais;  asociacións;  ensino;  emigración;  Historias de ida e volta;  Mulleres;  Álbum de Galicia;  Memoria e voces femininas da diáspora galega;  Acción sindical;  organizacións;  política;  exilio galego;  acción sociocultural;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  feminismo;  O galeguismo en América;  radio;  prensa escrita;  poesía;  emigrantes;  franquismo;  movementos sociais;  coros;  teatro;  artes plásticas;  literatura;  autores/as;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  república;  música tradicional;  política institucional; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0