Temática: identidade cultural

Temática: identidade cultural [300]

Data Material Ver
Data Material Ver
Virxinia Pereira Renda. Muller de ideas propias, confidente de pensamentos e ideais
Ver

Transcripción da Virxinia Pereira Renda. Muller de ideas propias, confidente de pensamentos e ideais

Virxinia Nicolasa María de Gracia Pereira Renda naceu na Estrada, o 20 de outubro de 1884. Filla de Peregrina Renda López e de Camilo Pereira Freigenedo, avogado de renome que encarrilou a súa educación contratando un mestre particular. En 1907 certas circunstancias familiares levaron a Virxinia a visitar con certa frecuencia a cidade de Santiago de Compostela, pois nela tiña fixada a residencia a súa irmá Sara, casada con Alfredo Pérez Viodi. Alí coñeceu ao que sería o seu compañeiro de vida, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, con quen casaría na Estrada no ano 1912. A aparición dunha desafortunada doenza ocular condicionaría o destino profesional de Castelao, afastándoo da práctica médica, que nunca chegou a exercer. A vida de Virxinia Pereira estivo marcada pola perda do seu único fillo, Afonso Xesús, que faleceu en 1928 con tan só catorce anos de idade. Co levantamento contra a República e o inicio inminente da Guerra Civil, Virxinia e Castelao comezaron o seu periplo por distintos lugares como Badaxoz, Valencia, Barcelona, a Unión Soviética, Estados Unidos, Cuba ou París. A súa condición nada tivo que ver coa vida acomodada propia da muller dun galeno. Na súa peregrinaxe con Castelao produciuse unha sutil participación de Virxinia en varios actos públicos (Nova York e Uruguai), chegando a substituílo na homenaxe a Manuel Irujo en Arxentina (1948). Durante o seu exilio en Bos Aires (1940), o matrimonio foi moi ben acollido. Castelao continuou coa súa carreira política e misión propagandística, ademais de desenvolver todas as súas facetas de artista global (novelista, debuxante, caricaturista, pintor, teórico da arte...). En todas elas estivo Virxinia presente, quen compartiu o seu fiel compromiso co galeguismo. De coidadora do seu fillo pasou a exercer de enfermeira do seu home. Castelao morreu o 7 de xaneiro de 1950 e Virxinia tivo que reiniciar un novo periplo cheo de reivindicacións, para que non morrese a súa memoria e o que iso representaba para Galicia. A partir dese momento a vida de Virxinia transcorrería entre Bos Aires e Galicia. Finalmente morreu en Madrid o 23 de decembro de 1969 e os seus restos descansan, xunto aos do seu querido fillo, no cemiterio de Figueroa.


Mariví Villaverde, memoria do exilio galego, ca. 1979
Ver

Transcripción da Mariví Villaverde, memoria do exilio galego, ca. 1979

A experiencia vital de María Victoria Villaverde Otero estivo marcada polo exilio. Filla de Elpidio Villaverde, o último alcalde republicano de Vilagarcía de Arousa e deputado nas Cortes da República, tivo que exiliarse coa súa familia en Francia. Alí coñeceu a Ramón de Valenzuela. A II Guerra Mundial obrigou a familia a buscar un novo país de acollida e marchou cara a Arxentina. Ata 1944 non volve reunirse co seu mozo, que estaba no cárcere como preso político. Tras a súa voda en Vilagarcía e debido á represión franquista, deciden en 1949 marchar para Bos Aires. Alí traballa nas representacións de teatro galego da Federación de Sociedades Gallegas e dirixe xunto con Arturo Cuadrado o xornal Galicia, onde publica algúns artigos co pseudónimo de “Mª V. Arealonga”. Hai que destacar tamén as numerosas iniciativas que realizou a prol da defensa da muller emigrante na colectividade.
En 1962 a editorial Alborada de Luís Seoane publica a súa obra máis coñecida, Tres tiempos y la esperanza, na que dá testemuño do que foi a República e o exilio para tantos e tantas galegas. En 1966 retorna coa súa familia definitivamente a España e instálase en Madrid pero con Galicia sempre presente.


Iolanda Díaz Gallego, sempre en movemento pero coa mente en Galicia
Ver

Transcripción da Iolanda Díaz Gallego, sempre en movemento pero coa mente en Galicia

Naceu en Sarria en 1934. A nai de Iolanda xa vivira de solteira en Uruguai cos seus padriños, que non tiñan fillos, e retornou con eles en 1931. O pai dela tamén tivera experiencia migratoria pero en Cuba, onde tan só estivo durante tres anos. Casan en Galicia e montan un ultramarinos e casa de comidas. Ambos eran republicanos e o pai de Iolanda viuse obrigado a fuxir, nunca máis souberon nada del. Os padriños de Iolanda marchan de novo a Uruguai en 1941. En 1953 a nai e dous irmáns de Iolanda marchan tamén a terras uruguaias, non sen antes “darlles estudos” aos fillos. Iolanda obtivo o título de Perito Mercantil na Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña, con tan só 19 anos. A súa nai dixéralle: “Iremos de aquí cando ti, que es a maior, remates a carreira, porque entón vas ser como o soporte”. Iolanda marchou cun certificado de penais falso, xa que ningunha muller cunha carreira podía saír ao estranxeiro se non fixo o Servizo Social. Se non tiña o certificado de penais non lle daban o pasaporte. De modo que un xoieiro de Sarria, que viñera de Arxentina, axudouna facendo unha carta en que constaba que ela estaba traballando para el como serventa. Aos seis días de chegar a Monteviedo, Iolanda xa estaba traballando na emblemática tenda London París, na sección de importación e exportación. A súa preparación académica permitiulle traballar no Banco de Galicia, posto que lle facilitou a oportunidade de coñecer moitas persoas influentes, entre as que atoparía varios membros do grupo de exiliados galegos que traballaban desde fóra por e para Galicia.
A través dun galego que traballaba nos Laboratorio Icu-Vita, Iolanda coñeceu a Meilán, quen estaba dirixindo unha emisión radial en Radio Carve, escoitada desde o sur de Brasil ata o norte de Arxentina. Na onda CX16 de Radio Carve, chegaríase a emitir o importante programa Sempre en Galicia, que comezou a retransmitirse cada domingo en lingua galega desde Montevideo desde o 3 de setembro de 1950. Iolanda participou asiduamente desde entón no dito programa radial, amosando os seus dotes artísticos, durante vinte e catro anos. Tamén tivo un papel activo na fundación do Teatro Popular Gallego e do Patronato da Cultura Galega, entre outras moitas actividades de dinamización da cultura e lingua galegas. En 1976 a familia retorna a España e establécese na cidade de Barcelona. Iolanda continuou alí co seu labor de difusión e posta en valor da identidade cultural galega, por exemplo coa creación da asociación de emigrantes “O Penedo”, entre outras actividades.


«17 de maio: dia das letras galegas»
Ver Panfleto

Transcripción da «17 de maio: dia das letras galegas»

Proclama do MGR en defensa do galego, con motivo do día das letras galegas. Debuxo de dous homes tendo a seguinte conversa: "-Con isto da Xunta hatra os Rosones falanche galego - A democracia, home,a democracia, non hai moito estabannos dando labazadas"


Rosalía de Castro
«Intersindical. Especial Letras Galegas»
«Prá Mocedade»
«Liga en galego...paga a pena»
«En galego tamen se liga»
Bandeira de Galicia
«Sendo galego soio podo ser galeguista»
«Si pra ti o importante e Galiza, pra nos eres ti»
«Partido Galeguista. O partido de Castelao»
«Mozo, moza, home, muller, xuntate cos galeguistas»
«Se non les, cala, nótase»
«Asociación cultural castelao»
ERGA Rosalia de Castro.
«LEA VOSTÉ TERRA»
«Fálame galego que non te entendo»
«...si, claro en galego»
«Fálame galego. Carballo»
«17 de maio. Días das Letras Galegas»
«Non mánte-la túa lingua»
«Non rompa-la cadea !Fala Galego¡»
«Seman das Letras Galegas»
«Asociación Cultural Breogán»
«eu en galego»
«Plataforma Galega da Cultura»
«Plataforma Galega da Cultura»
«Iniciativas de Cultura Popular. Cara ao Congreso da Cultura Galega»
«Dia das Letras Galegas. Por uns medios de comunicación galegos»
«17 de maio. Un día de liberdade provicional para o galego»
«3ª Festa Popular pola defensa e normalización da nosa lingoa e cultura»
«Polo dereito irrenunciable ó uso do noso idioma»
«Seman da Cultura Galega»
«Polo uso do galego a todolos niveles»
«Día das Letras Galegas»
«17 de maio. Día das Letras Galegas»
«Polo desenrolo da Cultura Galega»
«Leva a cultura ó pobo»
Sobre a importancia de Alexandre Bóveda
«Seman da Cultura Galega»
«Polo rexurdimento da nosa historia»
Pegatina da Asociación Cultural O Teixeiro
«Pra que a osa cultura y a nosa lingua medren»
«Lembremos os nosos escritores»
«Pola Xuventude. Pola Cultura. Polo desenrolo. Por Galiza»
«Día das Letras Galegas»
Bandeira galega
«En galego. Gracias»
«Día das Letras Galegas»
«Son Galego. Falo Galego»
«¿Falas Galego? É o noso»
«Axudemos a cultura popular galega»
«Por un teatro popular galego»
«Belida»
«Non nos van mover»
«Axuda a cultura galega»
«O galego é o noso idioma»
«Escola galega»
«Queremos a escola galega»
«Escola galega xa»
«Por unha cultura galega ao servicio do pobo»
Pegatina promocionando a figura de Rosalía de Castro
«Para face-lo noso futuro. Ensino en galego»
«Falemos Galego»
Pegatina da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, Cornella
«Por un pais galego ceibe falemos a nosa lingoa e defendamos a nosa cultura»
«En galego facede o favor»
«Non sei o que fala meu mestre»
«Pola normalización do noso idioma é a recuperación da nosa cultura»
Bandeira galega
Bandeira galega
«Por un pais galego ceibe falemos a nosa lingoa e defendamos a nosa cultura»
Sindicato Galego da Música
«Sindicato Galego da Música»
«Sindicato Galego da Música»
«Sindicato Galego da Música»
«Sindicato Galego da Música»
«Juiñeira»
«Pro Excursión Fin de Curso»
Bandeira de Galicia cun G
«Galiza Ceibe»
«A Nosa Terra. Periódico Galego Semanal. Mérqueo aquí»
«A Nosa Terra. Periodico Galego Semanal»
«A Nosa Terra. Periódigo Galego Semanal»
«Eles tamén len A Nosa Terra»
«A Nosa Terra. Periódico Galego Semanal. Á venda aqui»
«Galiza Nación»
«A Nosa Terra. Nación»
«A Nosa Terra»
«A Nosa Terra»
«Por un sindicato galego da información»
«Galeusca»
«Galeusca»
«Ceibes! Askatutak! Liures!»
«¡Desperta do teu sono fogar de Breogán!»
«Teima. Revista Galega de Informacion Xeral»
«Libreiría Alfonso R. Castelao»
Lume. Aula de cultura, libros, diseños, discos, posters
«Galicia un pais unha cultura unha editorial Galaxia»
«Por unhas festas mais galegas»
«Librouro»
Mapa toponímico galego da cidade da Coruña
Eu quero Castelao
«Homenaxe a Jose Afonso»
«Jose Afonso. Agora e sempre»
«Non á desgaleguización»
«O home que foi ladrón e despois fíxose filántropo»
«O home que mercou un can pra ter en quen mandar»
«Autorretrato de Castelao»
Pegatina pro-viaxe fin de curso 8º E.X.B
«O home a quen se lle perdoa todo porque ten doce fillos»
«Aos galegos que andan polo mundo»
«Yo nunca sentí la necesidad de saber gallego»
«O que sinto eu e que o que maltratou a miña nai morra denantes que eu chegue a home»
Pegatina editada polo Instituto de Canido (Ferrol)
Pegatina editada polo Instituto de Canido (Ferrol)
Pegatina de participante no Correlingua
«¿Por qué no habla castellano, señor Pedro?»
«Nelas está o futuro»
«Pola Cultura Galega»
«A noite nova da zona vella en Compostela»
«Ser galego e mais que nascer na Galiza»
«Itaca. Asociacion Xuvenil e Cultural»
«Coñece o teu pais»
«Axudemos as festas. Defendamos as tradicións»
Bandeira galega
«Axuda a nosa cultura»
«Non rompas co pasado»
«Merque cousas galegas»
«¿Conoces a O? ¡¡Vamos!!»
«Domingo de Furabolos»
«Irmán, escoita, irmán, as verbas miñas»
«Liga Gaiteira Galega»
«Colectivo Paseniño»
«Agrupación Cultural Galega A Carauta»
«Breamo. Obradoiro da Cultura»
«Grupo Folclórico Terra Meiga»
«Iº Festival Folklórico Cidade do Ferrol»
«Iº Festival Folklórico Cidade do Ferrol»
«Interceltic. Ortigueira Corao Lorient»
«Banda de Gaitas Elviña-Castro»
«Escola Toxos e Xestas Font-Trobada»
«Día da Muiñeira»
«Recuperar as tradicions»
«IIº Festival Asociación de Gaiteiros Galegos»
«Festas do Carmen»
«Festas do Carme. Porto do Son»
«Iste neno vai pra político ¡Como chupa!»
«Festas do San Ciprián»
«E agora sin traballar vou tolear»
«Se ti calas, Galicia morre»
«Ti fas a língua. Normaliza-te»
«Galiza co Galego»
«Transmítello galego»
«Sen dobraxe... Non falan galego»
«Aquí tamén atendemos en galego»
«Eu en galego. E ti?»
«De ti depende. Libérao»
«Etiquetados en galego»
«Tes un idioma, non o escondas!»
«Gaiteiros da Ponte Vella»
«Sen galego non hai Galicia»
«Arte e Galeguismo»
«Traxicomedia de Aldea Ba»
«Defendamos o noso folklore»
Bandeira intercéltica
«Novas da Galiza»
«Proxecto Didáctico A Gamela Coruxeira»
«I Mostra de Artesania Galega»
«Polo rexurdimento do folk galego»
Pegatina conmemorativa de Moncho Reboiras
Bandeira de Galicia con símbolo non identificado
O «espíritu rexional» da Galicia emigrante e o himno galego
Ver

Transcripción da O «espíritu rexional» da Galicia emigrante e o himno galego

Os símbolos institucionais de Galicia foron oficializados definitivamente a través da Lei 5/1984, do 29 de maio, de símbolos de Galicia, aprobada polo Parlamento galego (DOG nº 120, 23/06/1984). Tal como consta no artigo 1, o himno —xunto coa bandeira e o escudo— simboliza a súa identidade como nacionalidade histórica.
A historia do himno galego non é tan recente como a promulgación da lei que o fixo oficial. En realidade, ten a súa orixe no certame musical organizado polo compositor Pascual Veiga Iglesias (Mondoñedo, 1842 – Madrid, 1906) e o seu Orfeón Coruñés Número 4, levado a cabo na cidade da Coruña en agosto de 1890. Na súa elaboración conxugáronse o poema titulado “Os pinos”, escrito por Eduardo Pondal y Abente (Ponteceso, 1835 – A Coruña, 1917), cunha composición musical do propio Veiga.
O himno galego constitúe un símbolo fortemente ligado ao fenómeno da emigración. A estrea tivo lugar no Gran Teatro da Habana o 20 de decembro de 1907, cando se celebraba unha homenaxe póstuma a Pascual Veiga, alma máter da súa melodía, co fin de recadar fondos para erixir un monumento no seu Mondoñedo natal. Os asistentes ao acto foron testemuñas da maxestade do himno. Podemos imaxinar esa prolongada ovación froito da emoción profunda sentida no gran salón, máis intensa aínda polo feito de ser escoitado tan lonxe da terra.
O 13 de decembro de 1908, o Centro Galego da Habana declarouno himno oficial para todos os actos organizados pola entidade. A partitura pronto chegou a Galicia e a peza musical foi tocada como pasodobre nas festas celebradas nos distintos lugares da xeografía galega. A súa reprodución estivo prohibida durante a ditadura de Primo de Rivera e no franquismo, pero a colectividade galega en América soubo mantelo vivo e difundiuno como elemento constituínte da súa identidade cultural.


Bandeira galega cun G
«Breamo. Obradoiro da Cultura»
Ver

Transcripción da «Breamo. Obradoiro da Cultura»

Pegatina publicitaria de Breamo, Obradoiro de Cultura co lema «cultura viva».


«1.ª FESTA do LEIXOSO. CIMADEVILA»
«CANTIGAS E FRORES»
Bandeira galega
«AUTODETERMINACIÓN»
25 XULIO. Dia da Patria Galega pola Independencia!
«INSUBMISSOM»
«GALEGO REINTEGRACIONISTA. ESPANHOL OFICIALISTA»
Estreleira
«Trocar a orotografía galega pola espanhola é como trocar a nossa bandeira pola do colonizador»
«LINGUA E NAÇOM NOM DIALECTO E REGIOM»
«EM GALIZA SEMPRE EM GALEGO»
«ontem, hoje e amanhá SEMPRE e COM ORGULHO»
«hoje mais que nunca, somos reintegracionistas»
«SEMPRE. 25 DE ABRIL. 25 DE JULHO»
«25 DE XULIO. Dia da Patria Galega»
«SEMPRE GALIZA»
«Seat "arosa"? boicote!»
«a nossa língua magna portuguesa»
«PASSA POLO ARO. FALA EM GALEGO-PORTUGUÊS»
«PATRIA GALEGA 25 XULIO»
«Idioma Galego Oficial»
«17 de maio. Dia das Letras Galegas. Cultura Galega, Cultura Popular. Comisions Culturales»
«Dia Nacional de Galicia»
«25 de xullo. Dia Nacional Galego»
«25 de xullo. Día Nacional Galego»
«Fai Galicia»
Bandeira galega.
«25 xullo. Día da Patria Galega. POG»
Folleto da Lliga Comunista Revolucionària
1905-00-00
Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega (A Habana, 1905)
Ver

Transcripción da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega (A Habana, 1905) en 00/00/1905

Os galegos emigrados a América sempre foron conscientes das necesidades e aspiracións da súa terra. Tiveron unha participación moi activa no progreso e desenvolvemento das institucións culturais creadas en Galicia. A colectividade galega residente en Cuba e na Arxentina estivo á cabeza de movementos impulsores do rexurdir cultural e político, que serviron como elementos catalizadores do cambio no contexto social galego.
Unha das iniciativas máis importantes foi a creación da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, a cal aprobou o seu regulamento na Habana o 15 de xuño de 1905, asinado por Manuel Curros Enríquez (presidente) e Alfredo Nan de Allariz (secretario).
O emigrante ferrolán José María Benito Fontenla Leal (1864-1919) tamén tivo un papel decisivo na fundación da antedita asociación, cuxo obxectivo de creación foi o seguinte: «Constituir en el punto que mejor convenga de Galicia una Academia Gallega ajena á toda idea política y religiosa sin más carácter que el de dar unidad al idioma gallego por medio de la publicación de una Gramática y un Diccionario; estudiar nuestras ciencias; cultivar la literatura y las artes, inclusas las industriales; recoger nuestros cantos populares y nuestros monumentos arqueológicos, y realizando cuanto tienda á enaltecer y glorificar el buen nombre de Galicia».
Esta sociedade sería a xénese da futura Real Academia Galega (1906), da que Fontenla Leal tamén foi impulsor xunto a Murguía e Curros. Nesta imaxe aparece Fontenla Leal xunto ao historiador e literato coruñés Francisco Tettamancy Gastón.


1922-09-03
Mercedes Vieito, xornalista pioneira na prensa da colectividade en Cuba, 1922
Ver

Transcripción da Mercedes Vieito, xornalista pioneira na prensa da colectividade en Cuba, 1922 en 03/09/1922

A cubano-galega Mercedes Vieito Bouza naceu na Habana, filla duns humildes emigrantes naturais das Somozas que lle fomentaron a identidade galega desde moi pequena. Estes sentimentos de pertenza e orgullo por unha cultura e un país, que non chegou a coñecer ata finais de 1920, aparecen en todos os seus escritos na prensa da colectividade. Mais tamén se consideraba cubana plenamente integrada no seu país de nacemento. Na Universidade da Habana estudou maxisterio, profesión que exerceu coa creación dunha academia chamada "La Aurora" –nome que nos retrotrae ao concello natal dos seus pais–, dedicada ao ensino primario para nenos e nenas.
Como xornalista comezou a traballar en 1903 na revista Galicia, onde asina co pseudónimo de “Zoraida”. En 1910 publicou tamén en Eco de Galicia artigos en que chegaba ao corazón das masas de emigrantes chegadas á illa. Na súa defensa dun rexionalismo patriótico, promoveu cos seus escritos o envío de remesas para a creación de escolas e bibliotecas en Galicia e impulsou o movemento agrarista deste período. De 1930 ata 1934 foi nomeada directora da revista, o que supuxo un fito na prensa da colectividade.


1929-00-00
Homenaxe de Eduardo Blanco-Amor a Rosalía de Castro, Santiago de Compostela, 1929
Ver

Transcripción da Homenaxe de Eduardo Blanco-Amor a Rosalía de Castro, Santiago de Compostela, 1929 en 00/00/1929

Eduardo Blanco-Amor foi un dos galeguistas máis activos da emigración en espallar o ideario autonomista e de defensa da cultura galega. En Bos Aires destaca o seu labor xornalístico na prensa étnica, pois dirixiu en diferentes etapas o xornal El Despertar Gallego (1921), a revista Terra (1923), a revista Céltiga (1924), a revista Galicia, voceiro do Centro Galego de Bos Aires, ou o xornal Galicia da Federación de Sociedades Gallegas (FSG), entre outros. En 1926 comezou a colaborar no diario arxentino La Nación, de gran prestixio no país. En 1929 foi nomeado correspondente deste xornal en España, posto que exerceu ata 1931. Durante este período visitou Galicia en numerosas ocasións e coñece a Castelao e outros líderes nacionalistas; a través deles establece unha intensa relación co Partido Galeguista e co grupo Nós.
Na imaxe vemos a Blanco-Amor posando diante do mausoleo de Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval. Este panteón fora financiado coas remesas da colonia galega de Cuba e da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Visita o lugar como homenaxe á poeta galega, un dos referentes culturais do pobo galego e símbolo da colectividade de alén mar. Grande orador, Blanco-Amor dará un mitin de propaganda galeguista diante da súa escultura erixida no parque da Alameda de Santiago.


1940-00-00
Castelao e Virxinia Pereira, con Avelino Díaz e outros destacados persoeiros da colectividade galega na Arxentina. Década de 1940
1945-00-00
Avelino Díaz nun banquete-homenaxe a Castelao no Centro Noia-Rianxo de Bos Aires. Ca. 1945
1948-00-00
O poeta Avelino Díaz no programa radiofónico Recordando a Galicia
1948-08-22
Castelao na celebración do 26º aniversario fundacional da ABC, 1948.
ABC caracterízouse pola súa acción progresista e defensora do ideario republicano e galeguista. Durante a Guerra Civil será unha das sociedades que colabora coa Cruz Vermella e a Federación de Sociedades Gallegas no envío de axuda ao bando republicano e aos exiliados que arribaban a terras arxentinas
Ver

Transcripción da Castelao na celebración do 26º aniversario fundacional da ABC, 1948.
ABC caracterízouse pola súa acción progresista e defensora do ideario republicano e galeguista. Durante a Guerra Civil será unha das sociedades que colabora coa Cruz Vermella e a Federación de Sociedades Gallegas no envío de axuda ao bando republicano e aos exiliados que arribaban a terras arxentinas en 22/08/1948

A ABC caracterízouse pola súa acción progresista e defensora do ideario republicano e galeguista. Durante a Guerra Civil será unha das sociedades que colabora coa Cruz Vermella e a Federación de Sociedades Gallegas no envío de axuda ao bando republicano e aos exiliados que arribaban a terras arxentinas. Coa chegada ao país de Alfonso R. Castelao comeza unha intensa relación entre a entidade e o político e artista. A súa amizade con directivos da ABC como Perfecto López fai que asista a numerosas actividades culturais e festivas da entidade nas que era convidado de honra, como podemos ver na imaxe. A ABC organizou varias homenaxes tributadas ao político, como o banquete de despedida cando foi nomeado ministro da República e marcha a París e, como non, ao seu regreso.
A morte do «guieiro da patria» foi moi sentida no seo da entidade. O traslado dos seus restos ao cemiterio de Chacarita foi realizado por amigos e directivos das sociedades máis afíns ao ideario galeguista, e Perfecto López como representante da ABC portou o cadaleito.


1957-00-00
Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957
Ver

Transcripción da Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957 en 00/00/1957

A colectividade galega residente en Lisboa participou no acto de inauguración do monumento erixido polos padroneses emigrados a Uruguai en recordo a Rosalía de Castro, poeta inmortal para o pobo galego. Foi un acto moi concorrido, no que tamén estivo presente a comisión delegada de Xuventude de Galicia, xunto ás autoridades e o resto de personalidades representativas da elite cultural galega. O presidente do Centro Galego de Lisboa depositou o escudo floral ao pé do monumento da escritora, realizado polo escultor José Mateos.


1959-00-00
Anisia Miranda, unha vida chea de literatura. Bos Aires, 1959
Ver

Transcripción da Anisia Miranda, unha vida chea de literatura. Bos Aires, 1959 en 00/00/1959

Ese ano, aproveitando a visita de Ramón Otero Pedrayo a Bos Aires, na editorial Follas Novas organizaron varias actividades arredor da súa figura e dedicáronlle esta feira.
Anisia nacera en 1932 en Ciego de Ávila, de pais ourensáns. Para que ela puidese estudar, trasladáronse á Habana, onde fixo xornalismo e maxisterio. En 1953 a familia volveu coller as maletas e instalouse en Bos Aires. Alí Anisia integrouse nos círculos intelectuais da colectividade galega e coñeceu ao escritor Xosé Neira Vilas. Casaron en 1957 e ese mesmo ano inauguraron a editorial Follas Novas coa pretensión de promover a literatura galega e ampliar o mercado latinoamericano para os libros escritos na nosa lingua.
Co triunfo da Revolución castrista decidiron marchar para Cuba. Na Habana Anisia realizou un frutífero labor como xornalista e escritora, e chegou a colaborar con Alejo Carpentier na revista Pueblo y Cultura e a conducir un programa de radio; ademais foi cofundadora de dúas revistas cubanas dirixidas ao público infantil: Zunzún e Bijirita. Gozou dun grande éxito como escritora de literatura infantil e xuvenil, labor polo que é moi coñecida nas letras cubanas.
En 1972 viaxou por vez primeira a Galicia xunto co seu marido. En 1992 instaláronse aquí definitivamente e crearon a Fundación Xosé Neira Vilas.


1959-08-24
«A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959
Ver

Transcripción da «A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959 en 24/08/1959

Fernando Iglesias, máis coñecido como Tacholas, foi un dos actores galegos máis relevantes alén mar, dinamizador da vida cultural da emigración do Río da Prata. Ourensán de nacemento, emigrou cara a Arxentina en 1929. Axiña se integrou na vida cultural das asociacións galegas e participou nos seus festivais e celebracións con actuacións de gran sona. Actor de recoñecido prestixio, tamén no teatro e cine arxentinos, foi unha das grandes figuras da radio galega, fundador con Maruxa Boga e Alfredo Aróstegui da audición radiofónica Recordando a Galicia (1945), que o converteu nunha figura cotiá e familiar para miles de emigrantes. Nunca esqueceu a súa condición de galego e ourensán e durante toda a súa vida estivo vinculado coas entidades galegas, ben como socio, ben actuando e participando nas súas celebracións e festas, sempre na defensa da cultura e identidade galegas, con actuacións memorables cheas de amor e compromiso pola terra nai.
Na imaxe, a sociedade Hijos del Ayuntamiento de Maside y sus Contornos agradécelle a súa colaboración nun dos seus festivais. Esta entidade foi creada en 1915 con fins instrutivos e mutualistas.


1962-00-00
Maruxa Seoane, compañeira de vida e obra de Luís Seoane, 1962
Ver

Transcripción da Maruxa Seoane, compañeira de vida e obra de Luís Seoane, 1962 en 00/00/1962

María Elvira Fernández López era coñecida por todos como Maruxa Seoane. Ela viviu sempre á beira do gran pintor e intelectual galego Luís Seoane, acompañándoo en todas as vicisitudes vitais polas que tiveron que pasar e apoiándoo en todas as súas iniciativas. Xuntos no exilio e xuntos no retorno ata a morte do artista.
Grazas ao seu empeño, en Galicia podemos contar e gozar da Fundación Luís Seoane, que se encarga de difundir e preservar a obra do xenial artista. Ela mesma se ocupou de recuperar gran parte dos seus cadros e debuxos e traelos a Galicia para todos os galegos e galegas.
Foron mozos desde que eran moi cativos e sempre estivo ao seu carón. Mesmo cando, tras o estalido da Guerra Civil, Seoane tivo que fuxir a Arxentina, ela toma, pouco despois, o camiño do exilio para reunirse con el e tan pronto chega a porto casan para que as autoridades arxentinas permitan a súa entrada no país. Pasa a ser unha ama de casa dilixente e unha excelente anfitrioa para os seus numerosos amigos e colegas, así como a súa asistente no seu traballo como pintor, a súa axudante e mecanógrafa... e tamén colaborou activamente na edición da revista Galicia Emigrante, onde se encargou das seccións de “Gastronomía”, “Moreas de Humor” e “A Ramallada Florida” (dedicada á cultura popular galega, cantigas, refráns, trabalinguas...). Foi, así mesmo, unha presenza constante e participativa nas actividades culturais e sociais da colectividade.


1962-00-00
Luisa Viqueira colaborou co Padroado da Cultura Galega de México e foi secretaria editorial da revista Vieiros. No número 2 da citada revista aparece unha relación dos artigos que sairían publicados no seguinte número que estaba no prelo. Entre eles figuraba un de Luisa Viqueira co título de «Mujeres españolas». Finalmente o artigo non foi publicado e descoñecemos o motivo
1965-00-00
Elsa Fernández. A defensa da cultura galega das novas xeracións da emigración
Ver

Transcripción da Elsa Fernández. A defensa da cultura galega das novas xeracións da emigración en 00/00/1965

Elsa Fernández González, filla de galegos nada en Arxentina, viviu desde moi nova o amor profundo por Galicia e a saudade por unha terra que nunca chegaría a visitar.
Sempre vinculada coas actividades culturais das entidades galegas, traballou como administrativa no Centro Galego, onde coñeceu a Luís Seoane e a Eduardo Blanco-Amor, co que chegará a ter unha grande amizade. Foi tamén secretaria da Comisión de Damas do Hogar Gallego para Ancianos e participou en numerosas iniciativas culturais como AGUEA, a Asociación Argentina de Hijos de Gallegos ou, xunto a Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, na editorial Follas Novas. De feito, en 1961, cando eles marchan para Cuba, queda ao cargo da editorial e continúa a organizar a Feira do Libro Galego. Representou en Arxentina as editoriais galegas Galaxia e Bibliófilos Gallegos e xestionou un espazo radial chamado Mirador Bibliográfico Galego, no que lía textos da literatura galega. Colaborou tamén nas revistas Galicia Emigrante e Vieiros, onde podemos ler algúns dos seus artigos.
A súa morte prematura, con apenas trinta anos, conmocionou a toda a colectividade. En 1965, como homenaxe, a editorial Alén Mar publicou de maneira póstuma un libro cos seus poemas titulado Lonxanía, en cuxa edición colaboraron Luís Seoane, Laxeiro, Ricardo Palmás, Carlos Zubillaga e Basilio Losada.


1966-11-00
Homenaxe a Avelino Díaz no Centro Lucense, novembro de 1966
1976-00-00
«Asociación Cultural Alexandre Bóveda. 1976»
1976-00-00
Pegatina da Asociación Cultural O Brittón
1977-00-00
«Dia de Nadal: Estatuto non autoderminacion»
1977-00-00
«Festa nacional popular do S.Martiño»
1977-00-00
«Recuperemos as festas populares galegas»
1977-00-00
«II Xornadas Culturais en Padrón. Outono de 1977»
1978-00-00
Calendario do ano 1978
1978-00-00
Calendario do ano 1978
1978-00-00
«III Feira do Libro Galego»
1978-00-00
«Homaxe a Lopez Ferreiro»
1978-00-00
«64 cabodano e novo lar»
1978-05-00
«1ª Xira da Cultura»
1979-00-00
«Galicia Nacion»
1979-00-00
«Dia das Letras Galegas 1978»
1979-00-00
«Letras galegas 79»
1979-00-00
«Día da Patria Galega. 1979. Sanxenxo»
1979-00-00
«Melide. Festas de San Roque»
1979-00-00
«Eu tamen vou a Breamo»
1979-00-00
«Irimia. Semanario de Crentes Galegos»
1979-06-00
«Fiestas en Freixo»
1980-00-00
«Día das Letras galegas»
1980-00-00
«Festival Galego. Guísamo»
1980-00-00
«Centenario de Follas Novas»
1980-02-00
Propaganda contra o Estatuto de 1980
1980-07-00
«IIº Festival do Castro»
1981-00-00
«25 de xulio dia da patria galega»
1981-00-00
«Semán das Letras Galegas»
1981-00-00
«1º Festival de Poesía no Condado»
1981-00-00
«Cuarto Festival Internacional do Mundo Celta»
1981-04-00
«I Congreso de Escritores en Lingua Galega»
1982-00-00
«Día das Letras Galegas. 1982»
1982-03-00
«Gwendal en concerto»
1982-05-00
«II Festival da Poesia Condado 82»
1982-07-00
«XXX Festa do Viño Albariño»
1983-05-00
«3ª Festival da Poesía no Condado»
1983-08-00
«XXXI Festa do Viño Albariño»
1984-00-00
«En las Orillas del Sar. Rosalía de Castro 1884»
1984-05-00
«Semana das Letras Galegas»
1984-06-00
«Castelao»
1984-08-00
VI Xuntanza da Federación Mundial de Sociedades Galegas
1984-10-00
«San Froilán 1984»
1985-00-00
«Lembranza dos cen anos do pasamento»
1985-00-00
Calendario de 1985 como homenaxe a Rosalía de Castro
1985-00-00
«Festival Rock»
1985-05-00
«Letras galegas. Maio de 1985»
1986-00-00
«Día das Letras Galegas. Sempre en galego»
1986-00-00
«VIII Festival de Mucesa Galega»
1986-00-00
«III Mostra de Teatro Infantil Galego»
1986-05-00
«Dia de Galicia en Euskadi»
1986-08-00
«XXXIV Festa do Viño Albariño»
1987-00-00
«Día das Letras Galegas 1987. Concello de Fene»
1987-00-00
«Festas de San Cristobal 87 en Riorto»
1987-00-00
«Compostela, en galego»
1987-08-00
«VIII Feira e Festa da Música e da Arte»
1988-00-00
«I Congreso de Fillos de Emigrantes Galegos en Europa»
1988-00-00
«Agrupación Cultural O Facho»
1988-00-00
«DÍA DAS LETRAS GALEGAS»
1988-04-00
«V Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós»
1988-05-00
«Vigo. Maios 1988»
1988-05-00
«II Festa do Choco»
1989-00-00
«Un antroido que vai facer historia»
1989-05-00
«IV Dia de Galicia en Euskadi»
1990-00-00
«Entroido 90. Laza»
1990-05-00
«Polo respeto a nosa identidade»
1990-08-00
«XI Feira e Festa da Música e da Arte. Guitiriz»
1991-00-00
«Constantino Bellón. Ateneo Ferrolán»
1992-00-00
«Mostra de Música Popular Galega»
1992-05-00
«En galego todo o ano»
1993-11-00
«Mostra de Música Popular Galega»
1994-12-00
«1ª fase Liga Galega Bandas de Baitas»
1996-00-00
«Grupo Folc Luar na Lubre. 10º Aniversario»
1996-00-00
«VIII Xuntanza de Xoves Gaiteiros»
1997-08-00
«XVIII Festival Pardiñas»
1998-00-00
«Correlingua 98»
1999-00-00
«Correlingua 99»
1999-06-00
«Cultura Quente»
1999-06-00
«Culleredo. Sempre en Galego»
2000-07-25
Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000
Ver

Transcripción da Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000 en 25/07/2000

Mª Josefina Boga Romaní, máis coñecida como Maruxa Boga, foi a voz por excelencia dos e das galegas na sociedade arxentina. Filla de emigrantes, naceu en Bos Aires en 1916. Cun profundo amor pola terra dos seus pais, desde moi nova participou nos festivais e recitais organizados polas asociacións galegas, nos que se intentaba preservar e defender a identidade cultural e lingüística de noso. Con 17 anos comezou a traballar na radio coa actriz Maruxa Villanueva e en 1941 participou na estrea mundial de Os vellos non deben de namorarse, que supuxo un fito para a nosa cultura.
Foi unha das fundadoras do programa de radio Recordando a Galicia. Este espazo semanal, creado en 1945 para defender e valorizar a imaxe da colectividade galega emigrada na sociedade arxentina, estivo en antena ata 1984. Por el pasaron as principais figuras da cultura do exilio e da emigración. Maruxa Boga converteuse nun símbolo da identidade de miles de emigrantes galegos e galegas que poñían a radio todas as semanas para escoitala.
Nesta imaxe está acompañada por Clotilde Iglesias, filla de Fernando Iglesias “Tacholas”, o seu compañeiro de tantos proxectos culturais e co que chegou a montar unha compañía teatral galega.


2022-03-17
Páxina web da Asociación Cultural «Avelino Díaz»
2022-06-07
Homenaxe do concello de Bergondo á figura de Luisa Viqueira Landa
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Castelao, Castro, Rosalía deDíaz, AvelinoFerreiro, Celso EmilioAfonso, José “Zeca”Curros Enríquez, ManuelPondal, EduardoBoga, MaruxaViqueira Landa, LuisaTacholas, Fernando IglesiasPereira Renda, VirxiniaViqueira López-Cortón, María LuisaNan de Allariz, AlfredoSeoane, MaruxaFoxo, Xosé LoisAróstegui, AlfredoTettamancy, FranciscoFernández, ElsaBlanco Torres, RobertoOtero Pedrayo, RamónValenzuela, Ramón deLópez Ferreiro, AntonioMiranda, AnisiaVeiga, PascualIglesias, ClotildePérez Parallé, Xosé MaríaLópez Romero, PerfectoFontenla Leal, JoséSeoane, LuísLosada Diéguez, AntónCalvo Sotelo, LeopoldoBlanco Amor, EduardoVillaverde, MarivíValle-Inclán, Ramón MaríaVieito Bouza, MercedesGarcía-Sabell, DomingoDíaz Gallego, IolandaReboiras, MonchoNeira Vilas, Xosé Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transiciónsociedadelinguanacionalismoaxentes culturaisDefensa da linguaacción políticaAsociacións culturaisasociaciónsensinoemigraciónHistorias de ida e voltaMulleresÁlbum de GaliciaMemoria e voces femininas da diáspora galegaAcción sindicalorganizaciónspolíticaexilio galegoacción socioculturalEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981feminismoO galeguismo en Américaradioprensa escritapoesíaemigrantesfranquismomovementos sociaiscorosteatroartes plásticasliteraturaautores/as100º Aniversario da ABC del Partido de CorcubiónGalegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de LisboaAs asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentinarepúblicamúsica tradicionalpolítica institucional

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0