Persoa: Eduardo Blanco Amor

Persoa: Eduardo Blanco Amor [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1929-00-00
Homenaxe de Eduardo Blanco-Amor a Rosalía de Castro, Santiago de Compostela, 1929
Ver

Transcripción da Homenaxe de Eduardo Blanco-Amor a Rosalía de Castro, Santiago de Compostela, 1929 en 00/00/1929

Eduardo Blanco-Amor foi un dos galeguistas máis activos da emigración en espallar o ideario autonomista e de defensa da cultura galega. En Bos Aires destaca o seu labor xornalístico na prensa étnica, pois dirixiu en diferentes etapas o xornal El Despertar Gallego (1921), a revista Terra (1923), a revista Céltiga (1924), a revista Galicia, voceiro do Centro Galego de Bos Aires, ou o xornal Galicia da Federación de Sociedades Gallegas (FSG), entre outros. En 1926 comezou a colaborar no diario arxentino La Nación, de gran prestixio no país. En 1929 foi nomeado correspondente deste xornal en España, posto que exerceu ata 1931. Durante este período visitou Galicia en numerosas ocasións e coñece a Castelao e outros líderes nacionalistas; a través deles establece unha intensa relación co Partido Galeguista e co grupo Nós.
Na imaxe vemos a Blanco-Amor posando diante do mausoleo de Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval. Este panteón fora financiado coas remesas da colonia galega de Cuba e da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Visita o lugar como homenaxe á poeta galega, un dos referentes culturais do pobo galego e símbolo da colectividade de alén mar. Grande orador, Blanco-Amor dará un mitin de propaganda galeguista diante da súa escultura erixida no parque da Alameda de Santiago.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Castelao, ;  Castro, Rosalía de;  Díaz, Avelino;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Afonso, José “Zeca”;  Tacholas, Fernando Iglesias;  Pereira Renda, Virxinia;  Curros Enríquez, Manuel;  Pondal, Eduardo;  Boga, Maruxa;  Viqueira Landa, Luisa;  Iglesias, Clotilde;  Pérez Parallé, Xosé María;  López Romero, Perfecto;  Fontenla Leal, José;  Seoane, Luís;  Losada Diéguez, Antón;  Calvo Sotelo, Leopoldo;  Blanco Amor, Eduardo;  Valenzuela, Ramón de;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Vieito Bouza, Mercedes;  García-Sabell, Domingo;  Díaz Gallego, Iolanda;  Reboiras, Moncho;  Neira Vilas, Xosé;  Viqueira López-Cortón, María Luisa;  Nan de Allariz, Alfredo;  Seoane, Maruxa;  Foxo, Xosé Lois;  Aróstegui, Alfredo;  Tettamancy, Francisco;  Fernández González, de Cabrera, Elsa;  Blanco Torres, Roberto;  Otero Pedrayo, Ramón;  Villaverde Otero, Mariví;  López Ferreiro, Antonio;  Miranda, Anisia;  Veiga Iglesias, Pascual;  Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  sociedade;  lingua;  nacionalismo;  axentes culturais;  Defensa da lingua;  acción política;  Asociacións culturais;  asociacións;  ensino;  emigración;  Historias de ida e volta;  Mulleres;  Álbum de Galicia;  Memoria e voces femininas da diáspora galega;  Acción sindical;  organizacións;  política;  exilio galego;  acción sociocultural;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  feminismo;  O galeguismo en América;  radio;  prensa escrita;  poesía;  emigrantes;  franquismo;  movementos sociais;  coros;  teatro;  artes plásticas;  literatura;  autores/as;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  república;  música tradicional;  política institucional; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0