Temática: Historias de ida e volta

Temática: Historias de ida e volta [6]

Data Material Ver
Data Material Ver
O viveiro Josefa do Chao coa súa tripulación na badía da Habana, ca. 1900
Ver

Transcripción da O viveiro Josefa do Chao coa súa tripulación na badía da Habana, ca. 1900

Este barco de pesca, máis coñecido como viveiro, era propiedade de Manuel Suárez Casteleiro, nacido en Redes, que emigrou moi novo á illa de Cuba e acabou convertido nun importante empresario da pesca cubana. A maioría da tripulación dos seus barcos estaba formada por emigrantes aresáns. Este barco tivo como patróns a José Prego (veciño seu), que aparece na fotografía coa súa tripulación, e anos máis tarde ao seu paisano Isidoro Ríos.
Os viveiros eran barcos de vela de dous ou tres paus, cunha eslora de vinte a trinta metros, e tiñan a particularidade de albergar nas súas bodegas tanques cheos de auga de mar que se renovaba constantemente por uns furados no costado. Alí conservábase a pesca (pragos, chernas…) ata que chegaban a porto; o peixe pasábase a unhas cachuchas (especie de gaiolas de madeira) que se mergullaban no mar para mantelo vivo ata a súa venda no peirao co fin de alcanzar así mellor prezo.
Ata os anos 40 non se introduciron as técnicas do frío para conservar o peixe; será daquela cando predominen os barcos neveiros que pouco a pouco levará á desaparición destes barcos.


Facendo o corpo ao novo mar. A badía da Habana co Morro ao fondo, ca. 1906
Ver

Transcripción da Facendo o corpo ao novo mar. A badía da Habana co Morro ao fondo, ca. 1906

Ernesto López Naveiras, grande estudoso da emigración aresá a Cuba, describe claramente o que se atopaban os mozos da comarca de Ferrol cando navegaban nos seus viveiros para amigarse co mar do golfo de México: «Había que ser moi bo mariñeiro para facerse con estes barcos nun mar cheo de correntes, ventos, ás veces endiañados, e costas que os arrecifes de coral facían perigosas e dificultaban o acceso aos peiraos na busca de abrigo. […] As mareas eran de vinte días se collían un bo majal [banco de peixes] que producía nese tempo quince mil quilos de peixe…».
Segundo palabras do propio autor, as zonas de pesca abranguían as augas do litoral mexicano do cabo Catoche ata o límite occidental de Tabasco e fronte ao litoral de Florida.



Un día de traballo: o patrón Manuel Martínez ao temón cos seus mariñeiros, de pesca polo Caribe
Ver

Transcripción da Un día de traballo: o patrón Manuel Martínez ao temón cos seus mariñeiros, de pesca polo Caribe

Os viveiros eran barcos pesados con dificultade para manobrar, polo que precisaban unha tripulación con experiencia e competente. Por iso os donos dos barcos preferían contratar os mariñeiros da comarca de Ferrol, que, aínda que emigraban moi novos, xa sabían do duro traballo no mar. A marea, que duraba de media uns vinte días aínda que variaba segundo a situación dos bancos pesqueiros e da cantidade conseguida, comezaba no peirao dos Cocos en Casa Blanca, onde os viveiros estaban fondeados e onde vivía a maior parte dos mariñeiros galegos. A vida destes mariñeiros era difícil: á dureza do traballo e da climatoloxía do golfo engadíanse unhas condicións laborais pouco favorables. Moitos conseguiron subsistir co seu traballo e formaron alá unha familia; outros, con máis sorte, víronse recompensados e puideron retornar á súa terra cuns aforros que lles permitiron construír ou amañar as súas casas, dar estudos aos fillos, montar un pequeno negocio ou gozar dunha vellez sen atrancos.


Viveiristas de Caamouco na hora de xantar, Casa Blanca, badía da Habana, s.d.
Ver

Transcripción da Viveiristas de Caamouco na hora de xantar, Casa Blanca, badía da Habana, s.d.

A cantidade de galegos que formaban a tripulación dos viveiros era variable en función do tamaño da embarcación. As campañas de pesca da cherna e do prago, en augas do golfo de México, eran unha fonte de recursos económicos moi importante para os mariñeiros. Á hora de falar sobre os pescadores galegos procedentes das rías de Ferrol e Ares é preciso mencionar a coñecida Compañía Cubana de Pesca y Navegación, con Segundo Casteleiro como presidente. En 1919 esta empresa pesqueira tiña unha frota de 47 barcos-viveiro e cada un deles tiña unha capacidade para soportar de 80 a 150 toneladas de pesca. Ademais, contaba cunha ampla infraestrutura composta polo molle dos Cocos en Casa Blanca, vivendas para os seus empregados, talleres de reparación e varios almacéns.
Na imaxe vemos como a tripulación toma un descanso para xantar no barco, case todos co seu chapeu e camisa de manga longa para protexerse do sol tropical da illa, con suficiente comida nas potas e o viño, que non podía faltar.


1913-00-00
No estaleiro de Gabriel Palmer en Casa Blanca, 1913
Ver

Transcripción da No estaleiro de Gabriel Palmer en Casa Blanca, 1913 en 00/00/1913

Para manter en boas condicións a frota pesqueira había que contar con varadoiros e bos estaleiros onde se arranxaban e construían os barcos ou se adaptaban para que funcionasen como viveiros. Na fotografía podemos ver a Gabriel Palmer, en primeiro plano, de orixe mallorquina, cos seus homes de confianza inspeccionando a construción dun neveiro que se chamou Nando Palmer. Palmer era o dono dun dos mellores estaleiros de Cuba no que, ademais de construír barcos, confeccionaban velas e redes e facían as cachuchas para conservar o peixe nos peiraos, ou servía de almacén para os aparellos. Moitos dos seus traballadores eran galegos.


1939-00-00
Carné de socio do Centro Galego da Habana do mariñeiro de Redes José Pazos Deus, 1939
Ver

Transcripción da Carné de socio do Centro Galego da Habana do mariñeiro de Redes José Pazos Deus, 1939 en 00/00/1939

A miúdo, se tiñan posibilidades, os emigrantes galegos, tamén os aresáns, facíanse socios das grandes sociedades benéficas galegas creadas na illa: a Beneficencia de Naturales de Galicia e/ou o Centro Galego da Habana. Estas grandes entidades ofrecíanlles os servizos sanitarios, educativos e benéficos que precisaban para vivir con tranquilidade en Cuba. Grazas ao Centro Galego podían, en caso de continxencia, acceder a uns servizos médicos de primeira calidade. Nuns traballos tan duros como os de mariñeiro ou pescador era moi necesaria esa cobertura sanitaria. Tamén contaban cunha sección de educación que lles permitía asistir a clases nocturnas, ben para aprender a ler e escribir, ben para ampliar os seus estudos, co fin de así ascender na súa profesión, como por exemplo conseguir o título de patrón.
José Pazos Deus emigrou da súa Redes natal a Cuba moi novo e xa en 1913 conseguira o título de patrón de pesca para traballar «desde el Puerto de La Habana a Cabo de San Antonio». Seguramente para facilitar o seu traballo e integración na illa, ese mesmo ano conseguiu a cidadanía cubana. Pero nunca deixou de formar parte da colectividade e continuou vinculado coas asociacións creadas para a protección e axuda mutua dos emigrantes galegos.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: González, FlorCañas, PilarGonzález Laxe, FernandoPaz-Andrade, ValentínBlanco Campaña, Xose LuísPérez Alberti, AugustoPeña, Marina de laSandoval, RicardoTena, José Luis deGarcia Labandeira, Xosé LuísCabanas, ConstantinoArias Andreu, XanLorenzo, AntonioLuaces, AntónFigueroa, AdelaArrate Varela Vazquez, Maria JesusParmentiere, RemiFernandez, AlvaroArias, XoséMuro, AntonioLago Pita, PabloLouro, AntonLopez Saavedra, Francisco AurelioPerez, AnxoSaenz, ConchaSolchaga, CarlosLopez Paramo, Jose LuisCastro, TinoBazan, AngelesCadima, EmilioCunqueiro, ÁlvaroGomez Colomer, AlejandroSantiso Blanco, Jorge AntonioRemesal, AgustinLopez Menendez, JoaquinGonzalez Garcia-Estrada, NicolasSuarez, ElenaCampos, CarmenRobles, RafaelRodriguez Vilar, AlejandroOtamendi, SantiagoMartín Sarmiento, FreiLorenzo Fernández, XaquínVillamor, LuisPerez Castro, AnxoFernández, AlfredoBlanco Manciñeira, Jose LuisGomez, CharoCid, CarminaGozalo, Juan Manuel Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en GaliciaentrevistapolíticaetnografíaemigracióneconomíaHistorias de ida e voltaAres en Cuba: unha emigración mariñeiraxeografíanavegaciónmarisqueobioloxíaacuiculturaecoloxíaFosa AtlánticasanidaderadioactividadePorto da CoruñanaufraxioÁlbum de GaliciavendimiaviticulturaPorto de VigoeducaciónEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981gastronomíaoceanografíacontaminaciónGalegovídeoProxectorSecundariocursosdefunciónsviaxeasuntos particulares Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalCosta da MorteRío Miñoorografíaostriculturaindustriaagriculturaincendios forestaisUnión Europeafurtivismomedio ambienteCoalición Galegadeportessindicalismo

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0