1975
Rama acusa o amable escrito do 8 e di ter encargado a Tecnos que lle remitan a Tobío a «Teoría de la Historia» e «Historia y la novela». Discute se o compoñente da historia é irracional, defendendo a sólida fe dos racionalistas do XVIII e o seu desconfío dos irracionalistas, e comenta que loita coa súa tradución do italiano de teoría socioloxía (Pareto). Confesa que rematou pronto o libro de Tobío sobre Gondomar: comezou por Gondomar (que non coñecía), parécelle a parte mellor e máis orixinal, e despois leu Raleigh, polo que suxire que o titulase simplemente «Gondomar»; gaba canto Tobío di dos galegos, que encontra simpático e útil para coñecer o seu tempo e, por extensión, os españois. Dá noticia dos seus asuntos: leva tres capítulos dos cinco da súa Historia de América, remata a tradución, ten invitacións a cursos en Francia, un congreso en México e un cursiño en Venezuela. Comenta o seu propósito de mercar un «pied à terre» en Barcelona cunhas economías de Montevideo, onde a súa irmá vende propiedades legadas polo pai, e denuncia que funcionarios dun servizo (C-2) visitan e fichan os uruguaios e chilenos, negándolles a residencia definitiva, e que prenderon a Jesualdo e ao profesor Washington Buño.
Notas:
Carta mecanografiada con sinatura autógrafa. Documento de grande interese: contén unha valoración crítica do libro de Lois Tobío sobre Gondomar, con reflexións sobre os galegos. «Pareto»: Vilfredo Pareto. «Trabal»: o coronel Ramón Trabal, asasinado en París en 1974. «Jesualdo» (Jesualdo Sosa) e «Washington Buño»: intelectuais uruguaios presos.