Novas da lingua

Rexistros5251 a 5273 de 5273
04/09/2003. EMPREGO

Prazas para licenciados en filoloxía galego-portuguesa

A Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública convoca, segundo o disposto no DOG
do 26 de agosto
, prazas de titulado/a superior lingüista para o grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.


O proceso de selección é de concurso oposición e o prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no DOG.
02/09/2003. EMPREGO

Bolsas de colaboración en proxectos do Consello da Cultura Galega

Convócanse dez bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no CCG. Os/as licenciados/as en filoloxía galega poderán optar ás bolsas para traballar nos proxectos do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia e da Sección de Lingua.
(Máis información)
24/07/2003. INVESTIGACIóN

A psicolingüística, outra forma de abordar o estudio do galego

O Grupo de Investigación de Psicoloxía da Linguaxe da Univesidade de Santiago de Compostela está a desenvolver, baixo a dirección da profesora Isabel Fraga, diferentes proxectos de investigación arredor da lingua galega. Entre os seus froitos máis recentes atópase a memoria de licenciatura de Montserrat Comesaña, que avalía a incidencia do bilingüismo na aprendizaxe da lectura no ámbito da educación infantil.
(Máis información)
21/07/2003. AXUDAS E PREMIOS

I edición do premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve

Coa intención de homenaxear a figura do galeguista Ramón Piñeiro e ó mesmo tempo contribuír á difusión do ensaio breve en lingua galega, créase o premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve.
(Máis información)
18/07/2003. EMPREGO

Praza de normalizador lingüístico para o Concello de Melide

O Concello de Melide publica no DOG do 18 de xullo de 2003 o anuncio do proceso selectivo para cubrir a praza de normalizador lingüístico, incluída na oferta de emprego público de 2002..
(Máis información)
18/07/2003. EMPREGO

Adxudicadas as bolsas de colaboración en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fai pública a resolución pola que se adxudican once bolsas de colaboración en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
17/07/2003. CURSOS E CONGRESOS

Cursos de formación en lingua galega e de linguaxe xurídica galega para o persoal da Administración de xustiza

A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local convoca, segundo orde publicada no DOG do 16 de xullo de 2003, cursos de formación en lingua galega (niveis de iniciación e perfeccionamento) e de linguaxe xurídica galega (niveis básico, medio e superior) para o persoal ó servicio da Administración de xustiza. Todas as persoas interesadas teñen de prazo para presentar a súa solicitude ata o vindeiro 31 de xullo.
15/07/2003. EMPREGO

Ofertas laborais para traballar no ámbito da toponimia

A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia anuncia a contratación temporal de persoal para traballar no Proxecto Toponimia de Galicia.
(Máis información)
15/07/2003. OUTRAS

A Real Academia Galega aproba a "normativa da concordia"

A RAG aprobou, o pasado sábado 12 de xullo, a reforma ortográfica do galego. A proposta foi elaborada por unha comisión de especialistas, entre os que se contan académicos, representantes das tres universidades galegas e membros do Instituto da Lingua Galega.
(Máis información)
11/07/2003. AXUDAS E PREMIOS

Resolución da convocatoria de axudas á producción audiovisual en lingua galega

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo fai pública, no DOG do 11 de xullo de 2003, a resolución da concesión de axudas para apoiar o desenvolvemento de proxectos de producción audiovisual, así como a producción audiovisual en lingua galega para o ano 2003.
04/07/2003. AXUDAS E PREMIOS

Resólvese a concesión de axudas a entidades sen fin de lucro

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG de 4 de xullo de 2003 a resolución do concurso público de subvencións a sociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomentar o uso social da lingua galega.
28/07/2003. CURSOS E CONGRESOS

VII Encontros para a Normalización Lingüística

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia organiza unha nova edición dos “Encontros para a Normalización Lingüística”, que se celebrarán os vindeiros 23 e 24 de outubro en Santiago de Compostela.
(Máis información)
02/07/2003. OUTRAS

O eonaviego no camiño da estandarización

Publícase na rede unha nova gramática do eonaviego, elaborada polo profesor Xavier Frías Conde. A gramática pretende servir de achegamento ó galego falado en Asturias e ó mesmo tempo ofrecer unha proposta morfolóxica para a escrita da lingua.
(Máis información)
23/06/2003. EMPREGO

Bolsa de prácticas no traballo de recollida de toponimia do Concello de Fene

Convócase unha bolsa de prácticas nos traballos de campo e recollida de información no Concello de Fene para o Proxecto Toponimia de Galicia.
(Máis información)
20/06/2002. DINAMIZACIóN

Norlin: rolda de correo para promocionar a normalización do galego na Universidade de Vigo

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo crea unha lista de correo denominada “Normalización Lingüística” (Norlin), que pretende ofrecerlle á comunidade universitaria unha canle de comunicación orientada á difusión e promoción do noso idioma.
(Máis información)
16/06/2003. LEXISLACIóN

Primeiro formulario xurídico en lingua galega

O Consello da Avogacía Galega presentou en Ferrol a campaña de distribución dun formulario xurídico en lingua galega, dirixido tanto ó ámbito da avogacía como a todas aquelas persoas interesadas na normalización dos usos lingüísticos no eido da xustiza.
(Máis información)
09/06/2003. AXUDAS E PREMIOS

Subvencións para o audiovisual en galego

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo convoca subvencións para apoiar a comercialización de productos audiovisuais e a presencia en mercados de obras audiovisuais producidas en lingua galega.
(Máis información)
09/06/2003. EMPREGO

Praza de auxiliar administrativo de normalización lingüística

O Concello de Miño convoca unha praza de auxiliar administrativo de normalización lingüística dentro da oferta de emprego público de 2003.
(Máis información)
05/06/2003. EMPREGO

Bolsa de colaboración na Área de Innovación Académica da Universidade de Vigo

A Área de Innovación Académica da Universidade de Vigo anuncia a convocatoria dunha bolsa de colaboración para licenciados/as e estudiantes de Filoloxía Galega ou Hispánica.
(Máis información)
05/06/2003. CURSOS E CONGRESOS

Cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal da Administración local

A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local convoca, segundo a orde publicada no DOG do 4 de xuño de 2003, os cursos básico, medio e superior de linguaxe administrativa galega destinados ó persoal da Administración local.
O prazo de presentación de solicitudes será de corenta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da orde.
04/06/2003. DINAMIZACIóN

En liña o nº 8 do Cartafol Dixital

O Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela edita un novo número do Cartafol Dixital, boletín en liña que dá noticia do proceso de normalización lingüística no ámbito universitario.
(Máis información)
02/10/2003. INVESTIGACIóN

Novas publicacións nas áreas de traducción, interpretación e didáctica da lingua

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo vén de editar tres novas publicacións que queren contribuír á difusión da investigación lingüística que se está a desenvolver nesta universidade.
(Máis información)
28/05/2003. OUTRAS

Un chanzo máis na introducción do idioma na informática

Microsoft acaba de anunciar que o Office 2003, que se comercializará o vindeiro outono, contará cun corrector de galego.
(Máis información)
23/05/2003. INVESTIGACIóN

Nova achega ó proceso de normalización no sistema educativo

A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega presenta o vindeiro luns 26 de maio, ás 12 h., no salón de actos desta institución, O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume II. Educación.
(Máis información)
21/05/2003. INVESTIGACIóN

Lista de distribución para terminólogos/as galegos/as

A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega crea unha lista de correo especializada en terminoloxía galega coa intención de coordinar os esforzos e compilar os recursos que se producen en Galicia sobre esta materia.
(Máis información)
19/05/2003. INVESTIGACIóN

Na rúa o nº 18 do Boletín de Administración e Lingua

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) edita un novo número do seu Boletín de Administración e Lingua, publicación semestral onde se recolle documentación, estudios e comentarios relacionados co uso do galego na Administración.
(Máis información)
13/05/2003. OUTRAS

A comunicación entre Administración e administrado nas diferentes linguas do estado

O Ministerio de Administracións públicas presentou a nova versión do Portal do Cidadán, sitio de encontro virtual entre o cidadán e a Administración, que incorpora entre as novidades de deseño a introdución de menús en galego.
11/09/2003. CURSOS E CONGRESOS

Normalización lingüística no tempo libre

A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado organiza as VII xornadas “Interactuando no tempo libre”, que nesta edición incluirán un seminario sobre normalización lingüística no tempo libre, coordinado por Xabier Camba Sanmartín.
(Máis información)
08/09/2003. DINAMIZACIóN

Lingua Viva 36

Sae á luz un novo número de Lingua Viva, boletín de normalización lingüística do Concello de Vigo, con información xeral sobre a planificación e normalización do galego e datos concretos sobre as actividades de dinamización lingüística que se están a desenvolver neste concello.
(Máis información)
04/06/2003. AXUDAS E PREMIOS

Subvencións ós concellos de Galicia para a normalización da lingua galega

A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local convoca axudas destinadas a sufragar os custos de contratación de persoal nos concellos, para a realización das funcións de traducción ó galego de documentación, así como a subvención de campañas de normalización lingüística.
(Máis información)