Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Abel Martín'
Amosando noticias 1 a 8 de 8

Presentadas as XVIII Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño” que homenaxean a mestra Andrea López Chao

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu esta mañá a presentación das XVIII Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”, que poñen o foco na figura de Andrea López Chao (Mondoñedo, 1874 - A Habana, 1954), destacada mestra do galeguismo na emigración. Rosario Álvarez, presidenta do CCG, subliñou que “Andrea foi muller, docente, emigrante, militou no asociacionismo, feminista... constantes que nos convocan constantemente”. Pola súa parte, Isabel Martínez, subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta, puxo o énfase en que foi “un referente e unha pioneira no compromiso social coas mulleres”. Tamén interviñeron Alberto García, concelleiro de Cultura de Mondoñedo, e Luís Fernández Ansedes, membro da asociación Abrindo Camiño, quen destacaron a importancia das actividades que se desenvolverán o vindeiro día 15 en Mondoñedo. Ademais da presentación do documental sobre a súa figura, da man dos seus directores Violeta Ramos e Daniel Vázquez, estivo presente a bisneta da homenaxeada, Patricia Ares.

Ler máis

Francisco María de la Iglesia e Salvador Golpe entran no Álbum de Galicia

O Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora as entradas de Francisco María de la Iglesia (Santiago de Compostela, 1827 – A Coruña, 1897) e Salvador Golpe Varela (San Pedro de Oza, A Coruña, 1850 – A Coruña, 1909). Malia diferir na súa formación, ambos foron escritores e desenvolveron unha importante actividade xornalística como colaboradores e directores de diferentes cabeceiras. Ademais, foron activos militantes políticos cun marcado compromiso coa lingua galega. Asina as súas entradas Xurxo Martínez González.

Ler máis

O Álbum de Galicia incorpora a biografía do trobador Afonso Eanes do Cotón

O poeta e músico medieval Afonso Eanes do Cotón foi o autor de numerosas cantigas de amor, de amigo e de escarnio e maldicir. Contemporáneo dos mestres da lírica medieval compostelá, “destacou polo atrevido das súas composicións, sobre todo cargadas de sátira, erotismo e rexouba”, subliña Xosé Amancio Liñares Giraut. El é o autor da entrada que incorporamos ao Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

A entrada do arquitecto e compositor Eduardo Rodríguez-Losada incorpórase ao Álbum de Galicia

A vida de Eduardo Ramón Rodríguez-Losada (A Coruña, 1886–1973) centrouse en dous ámbitos: a arquitectura e a composición musical. No eido arquitectónico, foi considerado como un dos máis importantes arquitectos rexionalistas galegos. No campo musical, compuxo máis de setenta obras de diferentes xéneros, aínda que foi recoñecido principalmente polas súas óperas. Nelly Iglesias é a autora da entrada que sumamos hoxe ao Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

O Álbum de Galicia incorpora a biografía de Pablo Pérez Costanti

Pablo Pérez Costanti (Santiago de Compostela, 1857-1938) foi arquivista, paleógrafo, xornalista e historiador. Desde 1885, estivo á fronte do Arquivo Municipal de Santiago, onde desenvolveu un importante labor de ordenación dos protocolos que alí se custodiaban. A título persoal, rexistrou durante lustros unha gran parte dos arquivos notariais de Galicia. Froito dese traballo é o seu Diccionario de artistas que florecieron en los siglos XVI y XVII (1930), un libro considerado como unha das grandes obras galegas do século XX pola crítica especializada. A súa entrada no Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG), é autoría de Xosé Ramón Fandiño.

Ler máis

A biografía de Isabel Martínez-Barbeito entra no Álbum de Galicia

Con motivo da conmemoración do Día das Bibliotecas, o Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora a entrada da bibliotecaria e arquiveira Isabel Martínez-Barbeito (A Coruña, 1918-2007). Intelectual comprometida coa preservación e difusión do patrimonio cultural, amosou ao longo de toda a súa vida unha preocupación constante por “contribuír ao acceso á cultura”, sobre todo “á relacionada coa promoción e a historia da Coruña”. Así o subliña a autora da súa biografía, Susana Guitar Novo.

Ler máis

O I SIMPOSIO GALEGO DE TERMINOLOXÍA REMATOU COA PRESENTACIÓN DE DIFERENTES FERRAMENTAS E PRODUCTOS TERMINOLÓXICOS

O idioma galego dispón xa de ferramentas e productos terminolóxicos numerosos e sistematizados e conta asemade cunha "Metodoloxía do traballo terminográfico puntual en lingua galega", presentada no curso da derradeira sesión de traballo do I Simposio Galego de Terminoloxía, celebrado nas dependencias do Consello da Cultura Galega (CCG). Ás sesións asistiron máis de cen investigadores, lingüistas e traductores. Os traballos completáronse coas IV Xornadas da Asociación Española de Terminoloxía (Aeter). O Simposio, terá continuidade e carácter bianual e abriu xa a consulta para unha consulta sobre a posible creación da Asociación Galega de Terminoloxía.

Ler máis

O PRIMEIRO SIMPOSIO GALEGO DE TERMINOLOXÍA SERÁ INAUGURADO HOXE EN SANTIAGO

A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega (CCG) e o Servicio de Terminoloxía Galega (Termigal) promoveron o I Simposio Galego de Terminoloxía "Terminoloxía e planificación lingüística", que hoxe, xoves, ás 16´30 horas, vai ser inaugurado no salón de actos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, en Santiago.

Ler máis