Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Aquilino Iglesia Alvariño'
Amosando noticias 1 a 8 de 8

Unha mostra e un coloquio afondan en Lisboa na pegada de Camões na cultura galega

Portugal celebra o 500 aniversario do nacemento dunha das figuras máis sobranceiras da cultura portuguesa: Luís Vaz de Camões. O Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración coa Real Academia Galega (RAG) máis a Cátedra de Estudos Galegos da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa (FLUL), organizan varias actividades en Lisboa encamiñadas a estreitar as relacións entre a cultura galega e portuguesa no marco dos actos conmemorativos. Unha delas é a exposición “Sob o signo de Camões. Exposição do livro galego da FLUL” que a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, inaugura esta tarde. Outra é encontro-diálogo “Vidas paralelas” que terá lugar mañá mércores no que participan Hélio Alves e Xosé Manuel Dasilva e que afonda na pegada e no impacto creativo da obra camoniana nos autores máis importantes da literatura galega.

Ler máis

A biografía do poeta e tradutor guitiricense Díaz Castro súmase ao Álbum de Galicia

Xosé María Díaz Castro (Os Vilares, Guitiriz, 1914 – Lugo, 1990) foi un poeta e tradutor autor, entre outras obras en galego, de Nimbos (1961) e Nascida d’un soño (1947). Este persoeiro foi tamén tradutor ao castelán de autores como Rimbaud, Chesterton, Eliot, Whitman e Schiller. Cando se cumpren 34 anos do seu pasamento, a súa entrada incorpórase ao Álbum de Galicia, colección de biografías de figuras destacadas de Galicia promovido polo Consello da Cultura Galega (CCG). O autor do seu texto biográfico é o crítico literario e investigador Armando Requeixo.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega publica un inédito de Aquilino Iglesia Alvariño que explica o elo perdido do proxecto editorial Historia de Galiza

O 29 de xullo é o sesenta cabodano de Aquilino Iglesia Alvariño (Seivane, Abadín, 1909–Santiago de Compostela, 1961), recoñecido poeta e tradutor de poesía clásica á nosa lingua. Pero foi moito máis ca iso, foi unha figura fundamental na construción do galego culto. O Consello da Cultura Galega (CCG) recupera esa faceta coa publicación «Da fonte máis fonda». Historia do vocabulario e outros escritos sobre o idioma galego, que recupera un texto inédito de Aquilino de gran valor. Dunha banda porque explica o elo perdido do proxecto editorial Historia de Galiza dirixido por Otero Pedrayo e, da outra, porque axuda a coñecer un episodio ignorado na configuración do galego culto. Cartas, textos inéditos e varios estudos contextualizadores a cargo dos filólogos Rosario Álvarez e Henrique Monteagudo e do historiador Ramón Villares complementan esta publicación que se pode descargar desde o web do CCG. Ademais, a publicación enriquécese cun especial web que visibiliza eses materiais nun relato cronolóxico.

Ler máis

Un gran coro infantil cantou os poetas senlleiros de Mondoñedo

Con cinco edicións ás súas costas, a proposta “No bico un cantar” consolídase como unha referencia didáctica e musical para dar a coñecer a nosa literatura entre a mocidade. A praza da Catedral de Mondoñedo acolleu este serán o concerto en que cincocentos nenos e nenas cantaron cancións de poetas como Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesias Alvariño ou Manuel Leiras Pulpeiro. A cita contou coa asistencia de Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, e Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo, que destacaron o valor cultural e social desta iniciativa do CCG e da Consellería, e anunciaron que o vindeiro ano a cita terá lugar en Betanzos e xirará arredor dos alalás. O concerto supuxo tamén a estrea da versión musical dos poemas “Neniae” e “¡Non o sei!” realizados polo compositor compostelán Nico Casal.

Ler máis

“No bico un cantar” xuntará mañá en Mondoñedo un gran coro infantil para cantar os poetas senlleiros

As cancións de poetas mindonienses como Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesias Alvariño ou Manuel Leiras Pulpeiro protagonizan a quinta edición de “No bico un cantar”, un concerto de carácter didáctico e cultural que xunta música, poesía e mocidade. A cita contará coa presenza de Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, e Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo. A cita xuntará na praza da Catedral, ás 17:30 horas, un gran coro de cincocentos nenos e nenas chegados dos conservatorios profesionais e das escolas de música de toda Galicia, dirixidos por Maximino Zumalave. Nel estrearase a versión musical dos poemas “Neniae” e “¡Non o sei!” a cargo do compositor compostelán Nico Casal.

Ler máis

Un gran coro de cincocentos nenos participará en Mondoñedo no concerto No bico un cantar

Un gran coro de cincocentos nenos participará en Mondoñedo no concerto No bico un cantar

A praza da Catedral de Mondoñedo será o escenario da quinta edición de “No bico un cantar”, unha iniciativa que ten un marcado carácter didáctico e cultural organizada polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O concerto foi presentado hoxe na Casa do Concello mindoniense polo presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Maximino Zumalave, director artístico do concerto e Elena Candia, alcaldesa anfitrioa. A cita xuntará en Mondoñedo o vindeiro 2 de xuño ás 17:30 horas un gran coro de medio milleiro de nenas e nenos chegados dos conservatorios profesionais de música de Galicia para cantar a Álvaro Cunqueiro, A. Noriega Varela, Manuel Leiras Pulpeiro, Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé Díaz Jácome.

Ler máis

“No bico un cantar” xuntará un gran coro infantil en Mondoñedo para cantar os seus poetas senlleiros

As cancións dos poetas mindonienses protagonizan a quinta edición de “No bico un cantar”, un programa que ten un marcado carácter didáctico e cultural e xunta música, poesía e mocidade. O concerto foi presentado este luns 13 de marzo no Consello da Cultura Galega polo seu presidente, Ramón Villares, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo e Maximino Zumalave, director artístico do concerto.

Ler máis

Unha exposición itinerante, un congreso internacional e dez faladoiros, principais actos do “Ano Cunqueiro” conmemorativo do centenario do escritor

O Ano Cunqueiro empezou hoxe coa presentación pública do programa de actividades conmemorativas do centenario do escritor (1911-1981), que se iniciarán en Vigo en febreiro e rematarán en Mondoñedo a finais de decembro.

Ler máis