Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Arantxa Fernández'
Amosando noticias 1 a 6 de 6

Presentadas as XVIII Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño” que homenaxean a mestra Andrea López Chao

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu esta mañá a presentación das XVIII Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”, que poñen o foco na figura de Andrea López Chao (Mondoñedo, 1874 - A Habana, 1954), destacada mestra do galeguismo na emigración. Rosario Álvarez, presidenta do CCG, subliñou que “Andrea foi muller, docente, emigrante, militou no asociacionismo, feminista... constantes que nos convocan constantemente”. Pola súa parte, Isabel Martínez, subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta, puxo o énfase en que foi “un referente e unha pioneira no compromiso social coas mulleres”. Tamén interviñeron Alberto García, concelleiro de Cultura de Mondoñedo, e Luís Fernández Ansedes, membro da asociación Abrindo Camiño, quen destacaron a importancia das actividades que se desenvolverán o vindeiro día 15 en Mondoñedo. Ademais da presentación do documental sobre a súa figura, da man dos seus directores Violeta Ramos e Daniel Vázquez, estivo presente a bisneta da homenaxeada, Patricia Ares.

Ler máis

A presidenta do Consello da Cultura Galega recibe o comité organizador das Xornadas Abrindo Camiño

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, recibiu esta mañá a visita dos responsables de diferentes entidades organizadoras das Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño, coas que o CCG colabora. Esta edición, a número 16, leva por título "Camiño de Santiago e emigración" e servirá de homenaxe á mestra galega emigrada en Cuba Andrea López Chao. As xornadas terán lugar en diversos espazos de Mondoñedo e Santaballa (Vilalba) entre o 30 de xuño e o 2 de xullo.

Ler máis

A presidenta do Consello da Cultura Galega inicia unha viaxe institucional a Cuba

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, inicia este xoves unha viaxe institucional a Cuba na que participará nun programa de actividades sobre o patrimonio cultural común entre Galicia e Cuba. Ademais de reunirse co embaixador de España en Cuba, asistirá á investidura de Pilar Cagiao como membro da Academia Cubana de Historia.

Ler máis

Chega a Cuba a mostra do Consello da Cultura Galega que amosa a conexión galega co Rei Sabio

A exposición Afonso X e Galicia, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) para ofrecer a conexión galega do Rei Afonso X, chega a Cuba no marco do programa da VII edición de “Confluencias medievais. 800 años de sabidurías”. A Cátedra de Estudos Galegos da Universidad de la Habana organiza esta cita anual que busca difundir o patrimonio artístico e cultural da Idade Media, prestando especial atención á cultura galega, cun programa centrado no Rei Sabio. A mostra inaugúrase mañá, 25 de xaneiro, na Facultade de Artes e Letras coa presenza de Arantxa Fernández, directora da Cátedra de Estudos Galegos e de Laura López García, consejera Cultural da embaixada de España en Cuba.

Ler máis

O proxecto Roteiros suma unha nova proposta cun percorrido pola Habana vella

Do porto ao Palacio do Centro Galego da Habana e polo medio, o Diario de La Marina ou o cruceiro galego chantado do Centro Histórico da Habana Vella. O proxecto Roteiros, iniciativa do Consello da Cultura Galega (CCG), cruza o Atlántico para ofrecer un percorrido, deseñado por Arantxa Fernández Crespo, presidenta da Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana, que pretende ser unha homenaxe ao pobo galego na diáspora.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega recupera a relación histórica coa Habana no quinto centenario da súa creación

O 16 de novembro de 2019, a cidade da Habana cumprirá cinco séculos. Unha efeméride que o Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará cun intenso programa que arrinca mañá na capital cubana coa inauguración dunha exposición. “O soño cubano da emigración galega é moito máis que unha mostra, é o percorrido que ilustra a fortaleza, a continuidade e a visibilidade da presenza galega na Habana” explica o vicepresidente do CCG, Xosé Manoel Núñez Seixas. Xunto con María Xosé Porteiro son os comisarios desta aposta que percorre por primeira vez a relación histórica que Galicia mantivo coa Habana, onde se xestou a Galicia moderna e na que naceron os nosos símbolos: a bandeira, o himno e o escudo. O programa deseñado para conmemorar esta cita inclúe, alén da mostra, conferencias e un congreso que se realizará en novembro en Santiago.

Ler máis