Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Bieito Pérez Outeiriño'
Amosando noticias 1 a 6 de 6

Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural abordan a conservación preventiva

A prevención é clave cando falamos de conservación do patrimonio. Por iso, a nova entrega dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural, que organiza a Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG), afonda no concepto de “conservación preventiva”. Rosa Benavides coordina esta cita que reflexionará, entre outros ámbitos, sobre a prevención do patrimonio xestionado pola Igrexa e polos concellos. Rosario Álvarez, presidenta do CCG inaugura esta xornada que ten as prazas cubertas pero que se pode seguirse en directo a través da web e das redes da institución.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega destaca a colaboración cidadá como un factor estratéxico para as institucións da memoria

As institucións da memoria (bibliotecas, arquivos e museos) deben “adaptarse aos retos e aproveitar as oportunidades” que ofrece o paradigma dixital no que conviven, especialmente a “colaboración aberta” cos cidadáns, que pode contribuir a mellorar a relación entre institucións e cidadanía. Así o aseguran os coordinadores no documento de conclusións do encontro “O patrimonio común? Colaboración aberta e institucións da memoria” , que hoxe rematou no Consello da Cultura Galega.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega debate sobre a participación cidadá nas xornadas “O patrimonio compartido? Colaboración aberta e institucións da memoria”

O Consello da Cultura Galega organiza, a través da Sección de Patrimonio e Bens Culturais, as xornadas “O patrimonio compartido? Colaboración aberta e institucións da memoria”, que se celebrarán o mércores 10 e o xoves 11 de maio no Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. As xornadas inauguráronse hoxe mércores 10 de maio ás 10 horas, por Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega aproba e remite á Consellería de Cultura as “Recomendacións para o acceso ao patrimonio moble de Galicia”

O Consello da Cultura Galega remitiu á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o informe “Recomendacións para o acceso ao patrimonio moble de Galicia”, unha serie de directrices que teñen en conta as recomendacións da Unesco ao respecto e consideran “o importante papel que o patrimonio moble ten hoxe no desenvolvemento económico e social”. O texto alenta á Biblioteca, o Arquivo e o Museo de Galicia “a que asuman este liderado, non limitando a acción patrimonial ás súas coleccións, senón converténdose en institucións ao servizo de todas as institucións patrimoniais e do conxunto da cidadanía galega”. O texto pode lerse e/ou descargarse aqui

Ler máis

O Pleno do Consello da Cultura aprobou un presuposto de 2,5 millóns de euros para 2013 e un programa de actos no que destaca o congreso internacional “Rosalía no século XXI”

O Pleno do Consello da Cultura aprobou un presuposto de 2,5 millóns de euros para 2013 e un programa de actos no que destaca o congreso internacional “Rosalía no século XXI”

O Plenario do Consello da Cultura Galega aprobou onte a última hora do serán un presuposto de 2,5 millóns de euros para 2013, que supón unha diminución do 5´5 por cento con relación ao ano anterior. As cifras, integradas nos presupostos da Comunidade Autónoma, serán sometidas agora á consideración do Parlamento Galego. Á sesión asistiu por vez primeira Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, en calidade de presidente de honra da institución. O pleno aprobou tamén o programa de actividades para o 2013, no que destaca o congreso internacional “Rosalía no século XXI. Unha nova ollada” a celebrarse entre os meses de febreiro e xuño.

Ler máis

27-Set: III xornadas sobre “Boas prácticas na conservación do patrimonio cultural”

O Consello da Cultura Galega acollerá mañá xoves as “III xornadas sobre boas prácticas na conservación do patrimonio cultural. (O patrimonio inmoble: interaccións holísticas e calidade)”. Organizadas en colaboración coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia e tres asociacións profesionais do sector, as xornadas contarán coa asistencia de máis de cen expertos e estudiosos. Os debates poderán ser seguidos tamén vía streaming a través de www.consellodacultura.org

Ler máis