Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Fernando Pereira'
Amosando noticias 1 a 3 de 3

Xa está na rede o arquivo completo da revista Teima

A historia de Teima durou apenas un ano, o que vai de novembro de 1976 a agosto de 1977, pero marcou un fito na historia das publicacións galegas. Foi a primeira revista xornalística que se editou integramente en galego e en Galicia. Nela colaboraron e traballaron Víctor Fernández Freixanes, Manuel Rivas, Xavier Navaza, Pepe Carreiro, Xaquín Marín, Xurxo Lobato e moitos outros nomes hoxe destacados da cultura e da comunicación do país. O Consello da Cultura Galega (CCG) pon na rede o seu arquivo completo neste 3 de maio, Día da Liberdade de Prensa.

Ler máis

Un recital de nove poetas galegas puxo o ramo á segunda sesión do congreso “Rosalía de Castro no século XXI”

Un recital de nove poetas galegas puxo o ramo á  segunda sesión do congreso  “Rosalía de Castro no século XXI”

Nove poetas galegas dialogaron cos versos rosalianos nun recital co que concluiu a segunda sesión do congreso internacional “Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada”, organizado polo Consello da Cultura Galega. Lupe Gómez, Luz Pozo, Mª Xosé Queizán, Olalla Cociña, Xiana Arias, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Ana Romaní e Lorena Souto, presentadas pola xornalista e actriz Comba Campoy, completaron unha xornada que subliñou “o eu autorial singular da escritora”, paradigma explicado pola profesora Pilar García Negro, a necesidade dunha auténtica biografía documental da autora de “Cantares gallegos”, salientada pola profesora Victoria Ruiz de Ojeda, e un percorrido pola imaxe icónica de Rosalía.

Ler máis

FERNANDO PEREIRA: "A RAZA É UN CONCEPTO NO QUE INTERVÉN O IMAXINARIO POLÍTICO, ÉTNICO E CULTURAL DE CADA ÉPOCA"

Na xornada da mañá de "Xenética e Historia no Noroeste Peninsular: unha perspectiva interdisciplinaria" foi a quenda da lingua e de que os lingüísticas que acudiron a este encontro que se celebra ata o sábado no Consello da Cultura Galega tentaran casar os seus coñecementos sobre linguas prerromanas coas achegas da xenéticas das poboacións. A idea da raza e a súa evolución histórica ata o século XIX foi o controvertido concepto co que se pechou a xornada da mañá.

Ler máis