Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Frederic Mompou'
Amosando noticias 1 a 5 de 5

Unha xornada analiza o legado musical de Risco e María del Carmen Fernández

Literatura, historia e música terán lugar mañá en Allariz, sábado 28 (10:00 horas) na xornada “A música ten ondas coma o mar”, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e a Fundación Vicente Risco Vicente Risco. Unha cita que versará sobre o legado musical do autor e a da súa dona, María del Carmen Fernández Gómez. A xornada non se emite en directo, pero será gravada para logo subirse a hemeroteca web do CCG. Samuel Diz e Xosé Rodríguez son coordinadores desta xornada que inaugura a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; a presidenta da Fundación Risco, Celia Pereira; a alcaldesa do Concello de Allariz, Cristina Cid Fernández, e a directora do Teatro Principal de Ourense, Olga Mojón Costela.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega dedica mañá unha xornada á música mecánica

lgunhas culturas como a chinesa construíron autómatas que bailaban e producían sons, o que deu lugar á mecanización da música. A automatización levou a inventar cilindros codificados con pugas utilizados en órganos de salón, carillóns, caixas de música etc. A finais do século XIX, os avances científicos e técnicos desembocarían nunha revolución tecnolóxica que cambiou, e segue cambiando, o mundo. Sobre estes temas trata a xornada que o Consello da Cultura Galega, a través da Sección de Música, Artes Escénicas e Audiovisuais, realizará mañá, día 29 de abril. A cita, coordinada por Alejo Amoedo, será previamente gravada e os relatorios subiranse á rede ese día.

Ler máis

Un concerto e unha nova publicación con partituras inéditas axuda a recuperar a figura de José Arriola

José Arriola (Betanzos, 1885-Barcelona, 1954) foi un neno prodixio que tocou o piano antes de que soubese ler. Pasou á historia por ser un virtuoso pianista e, aínda que había indicios da súa faceta compositiva, pensábase que todo se perdera cando o seu estudo de Berlín foi bombardeado na Segunda Guerra Mundial. Quixo a casualidade que no rocho dunha residencia de anciáns de Ferrol, onde finou unha das irmáns de Arriola, aparecesen unhas partituras que abriron o horizonte de recuperación da súa figura. O Consello da Cultura Galega (CCG) editou parte dese material en 2010 e agora completa ese traballo cunha nova publicación. A presentación deste novo volume, Arriola. Obra musical II, terá lugar mañá (19:00 horas) e estará acompañado dun concerto sobre pezas de Arriola a cargo da soprano Lucía Iglesias e do pianista Brais González. Por mor da situación sanitaria, cómpre inscribirse a través do sitio web da institución para asistir ao evento.

Ler máis

A mocidade cantou a poesía de Ramón Cabanillas na terceira edición de No bico un cantar

Un concerto conformado por un coro de 350 nenos e nenas de toda Galicia puxo fin á terceira edición de “No bico un cantar”. Unha cita organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que xunta poesía, música e mocidade. O poeta elixido foi Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959) polo que o concerto se celebrou na súa localidade natal, nun espazo tan emblemático como son os xardíns do Pazo de Torrado. Maximino Zumalave repetiu como director deste gran coro infantil que tivo un dos seus momentos máis destacados na estrea absoluta da versión musical do poema “Fala unha laverca”, que o CCG lle encargou á compositora Margarita Soto Viso. No inicio do concerto, o vicepresidente Francisco Díaz-Fierros anunciou que a vindeira edición desta proposta estará dedicada ás cancións dos xograres e trobadores medievais e se desenvolverá na Ría de Vigo.

Ler máis

350 nenas e nenos cantan a poesía de Ramón Cabanillas en Cambados

O poeta Ramón Cabanillas (1987-1959) é o protagonista da terceira edición de “No bico un cantar”, un programa que une poesía, música e mocidade e organizan o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A praza de Fefiñáns, en Cambados, acollerá este venres un gran coro de 350 nenas e nenos chegados dos conservatorios de música profesional de Galicia cantando poemas do poeta Cabanillas baixo a dirección de Maximino Zumalave. A cita suporá a estrea da versión musicada do poema “Fala unha laverca”, que o CCG lle encargou á compositora Margarita Soto Viso.

Ler máis