O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza este martes (14 de xullo, 9:30 horas) en Santiago de Compostela o primeiro dos dous encontros sectoriais dedicados a analizar a situación dos espazos expositivos e das institucións de arte contemporánea en Galicia. “A xestión dos espazos expositivos a debate” é o título da iniciativa promovida pola Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas que coordina Paula Cabaleiro e toma como punto de partida a crise producida no sector trala recente designación da dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para abrir un proceso de reflexión sobre os modelos de xestión, gobernanza e políticas culturais públicas. A cita, coordinada por Paula Cabaleiro, Anxela Caramés, Silvia García, Luisa Pita e Patricia Verdial, é presencial e pode seguirse en directo desde o web e a canle de YouTube.
Ler máis
Resultados da busca para: 'Ignacio Barcia RodrÃguez'
Amosando noticias 1 a 1 de 1


