Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Mercedes Peón'
Amosando noticias 1 a 5 de 5

“Galicia no centro” sitúa a creación galega no festival de literatura ampliada Kosmópolis 25

A cultura galega cobra protagonismo en Barcelona no marco do festival internacional de literatura amplificada Kosmópolis 25, organizado polo Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB). A proposta titulada “Galicia no centro” está organizada en colaboración co Consello da Cultura Galega e inclúe conversas, recitais e concertos que poñen en valor a vitalidade e a proxección internacional da creación galega contemporánea. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, xunto coa coordinadora da Sección de Creación de Artes Visuais Contemporáneas, Paula Cabaleiro, asisten a esta cita que se estende ata o domingo.

Ler máis

A institución leva ao festival Kosmópolis unha selección da creación galega actual

O Consello da Cultura Galega (CCG) participa na nova edición de Kosmópolis 25, o festival internacional de literatura amplificada organizado polo Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB), cun programa que abre unha xanela á cultura galega contemporánea. Baixo o título Galicia no centro, esta proposta reúne conversas, recitais e concertos que amosan a vitalidade e a proxección internacional da creación galega actual. A programación das actividades, desenvolvidas entre o venres 24 e o domingo 26 de outubro, contou co asesoramento de Paula Cabaleiro.

Ler máis

Preséntanse no Culturgal os últimos produtos audiovisuais da institución

O Consello da Cultura Galega (CCG) acode á 16ª edición da Culturgal, que se desenvolve ata o domingo 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con dúas actividades para presentar os traballos audiovisuais producidos pola institución nos últimos meses ao redor de diferentes disciplinas artísticas contemporáneas. A presidenta, Rosario Álvarez, e mais os responsables da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, do Arquivo Sonoro de Galicia e da Comisión Técnica de Relacións Institucionais e Acción Exterior, Cristina Domínguez, Alejo Amoedo e Xavier Queipo, respectivamente, acompañados de diferentes profesionais que participan nestes proxectos, asistirán ás dúas presentacións, que terán lugar mañá domingo (12:00 e 17:00 horas).

Ler máis

O proxecto audiovisual Crossing borders profunda no momento actual da música de raíz

A música de raíz galega está a traspasar fronteiras e a vivir un momento dourado sobre o que o Consello da Cultura Galega (CCG) profunda nun novo proxecto audiovisual. A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e o coordinador do proxecto, Manuel Gago, presentaron en rolda de prensa Crossing borders. A música TRAD galega atravesando fronteiras, tres pezas audiovisuais subtituladas en inglés que, da man de creadores como Mercedes Peón, Baiuca (Alejandro Guillán) e Uxía Senlle, entre outros, mais os expertos Óscar Losada e Marina Fernández, percorren a evolución, as especificidades e as claves do éxito da música de raíz.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega analiza en San Simón a influencia de Afonso X no eido musical

A illa de San Simón acolle este sábado, 2 de outubro, unha nova edición do ciclo “Seíam´eu en San Simón” un programa do Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela para realizar actividades relacionadas co pasado histórico da illa. Nesta ocasión, cando se cumpren 800 anos do nacemento do Rei Sabio, o programa está orientado a rastrexar a influencia do monarca na música. Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Digna Rivas, alcaldesa do Concello de Redondela; e Xosé Ramón Pousa, coordinador do Arquivo Sonoro de Galicia son os encargados de inaugurar este encontro titulado “A pegada de Afonso X o Sabio na música galega”. A sesión vai ser gravada e subirase á hemeroteca para consultas futuras.

Ler máis