Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Montse Rivera'
Amosando noticias 1 a 4 de 4

Diferentes creadores destacan a relación do seu traballo coa lingua

“Vivo onde vivo, falo e penso en galego e para min non había outra opción” afirmou Xosé Antonio Touriñán no marco dos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística que se desenvolveron ao longo deste xoves no Consello da Cultura Galega (CCG). Unha cita que este ano buscaba ver a relación entre a arte e a lingua da man de numerosos creadores como a escritora Alba Cid, a artista de circo Natalia Outeiro “Pajarito”, a zoqueira Elena Ferro e moitas outras figuras que non so coincidiron coa posición de Touriñán senón que amosaron un compromiso firme co idioma e o co país. A presidenta da institución, Rosario Álvarez, destacou na inauguración desta cita que “estamos convencidos do potencial da creación como unha ferramenta de normalización”. Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entidade que colabora na organización dos encontros puxo o acento no feito de que as artes estiveron desde sempre no proceso normalizador.

Ler máis

Diferentes creadores abordarán o papel das artes na normalización da lingua

Xosé Antonio Touriñán, Guadi Galego, Alba Cid ou Quico Cadaval, entre moitos outros creadores coñecidos, debaten este xoves no Consello da Cultura Galega (CCG) sobre o poder das artes como unha ferramenta importante para a normalización do idioma. Esta xornada forma parte do programa dos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística, titulados “Arte e lingua como ferramentas de construción masiva” e organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do CCG coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha cita de referencia no debate, reflexión e análise da situación presente e futura da lingua galega. A presidenta da institución, Rosario Álvarez e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurarán esta cita, que se pode seguir en directo polo web e as redes sociais do CCG.

Ler máis

Os XXIV Encontros para a normalización lingüística analizan as artes como elementos normalizadores

Do teatro á videocreación, pasando polo cinema e o humor. As artes poden ser un elemento normalizador poderoso. Esta é a tese que defende o programa dos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística, unha cita de referencia no debate, reflexión e análise da situación presente e futura da lingua galega. Un encontro que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG). Creadores recoñecidos como Xosé Antonio Touriñán, Guadi Galego, Alba Cid ou Quico Cadaval, entre moitos outros, debaten sobre a arte como unha ferramenta de construción masiva. Está aberta a inscrición da xornada presencial destes encontros, que se desenvolverá o 20 de outubro. A xornada ten tamén unha parte virtual, que son os vídeos elaborados por Fran da Lobeira, da Lobeira Today, e Nee Barros, de Neeumatiko, nos que os creadores participantes debaten sobre a relación entre arte e lingua. Os vídeos pódense consultar desde hoxe no noso web.

Ler máis

A música e o baile tradicional centran a última entrega do verán dos Diálogos Confinados

A música e o baile tradicional centran a decimocuarta entrega dos Diálogos confinados, a última deste verán. Desta volta, a conversa contou con Montse Rivera, profesora de baile, pandeireta e canto tradicional, directora de Brincadeira e unha das seis integrantes de Leilía, así como con Xaneco Tubío, luthier, músico e mestre de percusión tradicional en numerosas asociacións da provincia de Lugo, ademais de presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos. A conversa estivo moderada por Xulia Feixóo, integrante do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.

Ler máis