Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'O Divino'
Amosando noticias 1 a 8 de 8

Os XXVII Encontros para a Normalización Lingüística analizan o papel dos servizos e equipos de normalización lingüística

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebra unha nova edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, que este ano chegan á súa vixésimo sétima edición baixo o título “Lingua en acción: pasado, presente e futuro dos equipos e servizos de normalización lingüística”. A xornada pon o foco en dous axentes fundamentais para o avance da lingua galega: os Servizos de Normalización Lingüística (SNL) e os Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), dous colectivos que contan con máis de tres décadas de traxectoria e que resultan esenciais para a revitalización e o uso social do galego. A xornada é presencial e pode seguirse en directo a través do sitio web e da canle de Youtube.

Ler máis

A entrada do poeta Francisco Añón incorpórase ao Álbum de Galicia

Francisco Añón (Boel, Outes, 1812 – Madrid, 1878) acadou un gran recoñecemento público como poeta de Galicia no século XIX cunha produción lírica que oscilou entre o costumismo ou tipismo e o compromiso patriótico, social e político. Premiado nos primeiros Xogos Florais da Coruña, erixiuse como “unha voz inaugural do Rexurdimento”, subliña Xurxo Martínez González. El é o autor da súa entrada no Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

O COLOQUIO DAS CANTIGAS DE SANTA MARÍA REMATA ABRINDO NOVAS VÍAS DE INVESTIGACIÓN DA OBRA

O COLOQUIO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA: TEXTOS E CONTEXTOS (Historia, Arte, Música e Literatura), organizado polo Consello da Cultura Galega, chega hoxe ao seu fin despois de dous días de debate e estudo. No balance, o director do evento, Antoni Rosell, destacou que deste Coloquio naceron "novas vías e apostas de futuro para a investigación multidisciplinar do repertorio mariano". Na súa opinión, o relevante é que "aparezan novas perspectivas epistemolóxicas para abordar un repertorio que posúe a virtude de ofrecer múltiples ámbitos de interese: literarios, musicais, artísticos (as miniaturas), pero que tamén permite afondar no estudo da lingua galega, na figura da muller na Idade Media e mesmo na estratexia política no rei Afonso X".

Ler máis

EXPERTOS INTERNACIONAIS REIVINDICAN O VALOR DAS CANTIGAS DE SANTA MARÍA DENTRO DA LINGUA GALEGA

O COLOQUIO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA: TEXTOS E CONTEXTOS (Historia, Arte, Música e Literatura) reúne desde esta mañá aos máis destacados especialistas internacionais no repertorio mariano no Pazo de Xelmírez. A primeira xornada do encontro comezou analizando e destacando o valor deste códice como un dos cumios da literatura e da lingua galega.

Ler máis

UN CONGRESO INTERNACIONAL REÚNE DESDE MAÑÁ AOS MELLORES EXPERTOS NAS CANTIGAS DE SANTA MARÍA

O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Museo da Catedral de Santiago celebrarán este xoves e venres, días 8 e 9, o COLOQUIO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA: TEXTOS E CONTEXTOS (Historia, Arte, Música e Literatura). O encontro reunirá no Pazo de Xelmírez de Santiago de Compostela aos maiores especialistas internacionais sobre Afonso X e as Cantigas de Santa María para abordar o repertorio mariano desde diversas perspectivas.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA MAÑÁ MÉRCORES O COLOQUIO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL SOBRE AS "CANTIGAS DE SANTA MARÍA"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá mércores, día 7 de xullo, ás 12´30 horas, o Coloquio Universitario Internacional "Cantigas de Santa María: textos e contextos. Historia, Arte, Música e Literatura".

Ler máis

EXPERTOS DO CONGRESO RECLAMAN PARA CURROS A CONSIDERACIÓN DE POETA TOTAL

A análise de Curros Enríquez como poeta total, moito máis aló do Curros social e civil do que habitualmente se fala, así como as relacións que o escritor celanovés mantivo cos seus contemporáneos, Emilia Pardo Bazán, Cástor Elices, Murguía ou Lugrís, son os aspectos que centran a xornada de hoxe no I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo", que se celebra ata o vindeiro sábado en Celanova.

Ler máis

ALONSO MONTERO EXPLORA A FIGURA DE CURROS ENRÍQUEZ COMO AUTOR COMPROMETIDO

A recuperación da figura de Curros Enríquez, outorgándolle no 150 aniversario do seu nacemento un recoñecemento que ata o de agora se lle negou, centra a xornada inaugural do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo", que se celebra na vila natal do escritor, Celanova, baixo a organización do Consello da Cultura Galega. O director do congreso, Xesús Alonso Montero, foi o encargado de ofrece-la primeira das conferencias, centrada nas ausencias que o nome e a figura de Curros sufriu durante a Guerra Civil e a posguerra.

Ler máis